A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame

O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Poraz Gamallo
O encargado de Negocios da Embaixada de Israel en España, Dan Poraz, e o director de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo.
28 may 2025 18:12

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Elena Candia (PP), e o director xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, mantiveron este xoves un encontro con Dan Poraz, actual encargado de negocios da Embaixada de Israel en España e embaixador en funcións. Esta reunión prodúcese nun momento no que o pobo palestino en Gaza atópase ao bordo da peor fame da súa historia e sofre o enésimo bombardeo sobre poboación civil no marco dunha orde de evacuación masiva de Benjamín Netanyahu.

A escenificación de simpatía do Goberno de Alfonso Rueda co Estado sionista provocou unha oleada de críticas por parte do maior partido da oposición, o BNG, cuxa portavoz nacional, Ana Pontón, arremeteu contra o Partido Popular por recibir a un representante dun goberno que cualifica de xenocida.

Ademais, Dan Poraz asume temporalmente as funcións de embaixador, xa que o posto permanece vacante desde maio de 2024, cando Rodica Radian-Gordon foi chamada a consultas tras a decisión do Goberno español de recoñecer oficialmente ao Estado palestino.

Pontón, a través das súas redes sociais, expresou o seu rotundo rexeitamento, cualificando de “indigno e inhumano que o goberno do señor Rueda reciba ao embaixador en funcións do goberno xenocida de Israel na Xunta e no Parlamento”. E engade: “Esta é a verdadeira cara do PP, ao lado de quen practica o exterminio do pobo palestino en Gaza”.

O BNG solicitou explicacións ao Executivo autonómico, facendo fincapé no papel do Parlamento galego, onde presentará unha queixa formal. Os deputados da formación aseguran non ter sido informados desta visita con antelación, xa que non foi anunciada publicamente. Por iso, esixen ao PP que “deixe de amparar a un Estado que está violando os dereitos humanos máis elementais”.

Universidad
Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Cargando valoraciones...
Ver comentarios 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios 1

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...