A Xunta paga 45.000 euros por un videoclip de Cómplices: “Galicia é Inditex e Rosalía”

A Axencia de Turismo, controlada polo Partido Popular, considera beneficioso para a imaxe de Galiza financiar con diñeiro público e sen concurso un videoclip da canción “Galicia tiene flow”.
Calvo Rueda
O vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, xunto ao presidente, Alfonso Rueda.

A Xunta segue adiante coa súa estratexia cultural desde a Axencia de Turismo de Galicia. O Goberno galego de Alfonso Rueda pagou 45.000 euros, en calidade de patrocinio turístico, pola elaboración dun videoclip da canción de Teo Cardalda “Galicia tiene flow”, interpretada polo grupo que conforma coa súa parella: Cómplices. A letra, valorada como beneficiosa para os intereses turísticos do Partido Popular, fala por si soa:

Galicia es un incendio en tu mirada.
Galicia es un piano en la autovía.
Galicia es Inditex y Rosalía.
(...)
Galicia es una lata de conservas,
el reino del marisco y el buen tiempo.

Ocorre apenas unha semana despois de que O Salto revelara como o organismo dirixido polo dedo de Xosé Merelles e controlado polo gabinete de Rueda repartiu 1,2 millóns a dedo ao sobriño do presidente do PP da Coruña para montar dous festivais, un deles nacido do nada. O método é o mesmo aínda que por unha cantidade menor: repartir decenas de miles de euros de diñeiro público, supostamente destinados ao turismo, ás empresas e artistas que a Merelles e Rueda lles parece oportuno. Sen concurso público. Sen concorrencia competitiva.

Como ocorre sempre nestes casos, a transparencia da Xunta brilla pola súa ausencia. Na plataforma de contratos oficial non consta ningunha outra xustificación que o obxecto do contrato: “Servizo de interpretación artística do videoclip do tema musical 'Galicia tiene flow' interpretado polo grupo Cómplices”. Unha canción, por certo, publicada en 2022. O demais é un baleiro. Nin memoria xustificativa nin idoneidade do contrato nin nada. Soamente a empresa adxudicataria, a madrileña Doscondos Management.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...