Alfonso Rueda súmase a Caballero e Jácome e elimina as roldas de prensa da Xunta

O presidente argumentou que manterá a súa decisión ata despois das eleccións, xa que, din desde a Xunta, as súas intervencións poden ser interpretadas como electoralistas a raíz doutras denuncias ante a Xunta Electoral. Xa o fixo en 2024.
Alfonso Rueda rueda de prensa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto da Cámara de Comercio onde se entregou un premio a ‘La Voz de Galicia’.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, limitará as súas intervencións tras o Consello a informar dos acordos do Goberno galego ata as eleccións xerais do 29 de novembro. O PSdeG denunciara dúas comparecencias por posibles vulneracións da normativa electoral.

Alfonso Rueda anunciou que deixará de responder ás preguntas dos xornalistas nas roldas de prensa posteriores ao Consello da Xunta mentres estea vixente o período electoral. A medida prolongarase ata as eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro e chega despois de que dúas denuncias do PSdeG provocasen sendas amoestacións das xuntas electorais.

O presidente galego explicou que pretende evitar declaracións que poidan interpretarse como propaganda electoral. A partir de agora, as súas intervencións desde o atril de San Caetano limitaranse a comunicar os acordos adoptados polo Executivo autonómico, con explicacións máis breves e sen valoracións adicionais.

A decisión prodúcese despois de que as autoridades electorais apercibisen a Xunta por dúas actuacións recentes. Unha delas foi un acto de promoción de vivenda pública celebrado no barrio vigués de Navia. A outra, as declaracións realizadas por Rueda tras o Consello que aprobou os Orzamentos de 2027, nunha comparecencia xunto co conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.

Neste segundo caso, a xunta electoral lembroulle ao Goberno galego que debe absterse de difundir mensaxes sobre os logros da súa xestión durante o período electoral, tanto en precampaña como en campaña.

Rueda recoñeceu que o cambio de formato responde ás denuncias socialistas e ás resolucións das xuntas electorais. Ata agora, as comparecencias posteriores ao Consello servían tamén para que os xornalistas lle preguntasen ao presidente por cuestións de actualidade alleas aos asuntos tratados na reunión do Goberno.

Non é a primeira vez que o presidente da Xunta adopta esta fórmula durante un proceso electoral. Antes das eleccións autonómicas de febreiro de 2024, Rueda xa restrinxira as súas respostas nas roldas de prensa posteriores ao Consello.

Tanto Abel Caballero en Vigo como Gonzalo Pérez Jácome en Ourense xa o fan

Tanto o alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE), como o de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (DO), levaron a estratexia de limitar o traballo dos e das xornalistas ao extremo. Hai anos que ambos os dous mandatarios se limitan a responder soamente aos medios que eles e os seus equipos de prensa elixen. Do mesmo xeito, só aceptan entrevistas baixo eses criterios.

A pesar de que ambos os dous concellos teñen infraestruturas equipadas para exercer unha parte fundamental das relacións democráticas dun sistema político, ningún dos dous quixo volver á senda da participación pública: converteron a comunicación oficial nunha estrada de sentido único. Nos dous casos, o Colexio de Xornalistas de Galiza emitiu instancias en informes solicitándolles que non coarten o traballo da prensa.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...