Violencia machista
Denuncian a Casa da Muller de Lugo tras o feminicidio de Ana Gómez

Martina Gómez leva ao Contencioso-Administrativo as neglixencias no caso da súa irmá, asasinada en Becerreá no 2016, para poder evitar máis mortes por violencia machista.
Casa da Muller de Lugo
Vista exterior da Casa da Muller de Lugo. Fran Pérez

Martina Gómez Nieto perdeu a súa irmá, Ana, un 11 de febreiro de 2016. José Manuel Carballo Neira, coñecido como O Chamaco, matouna cunha escopeta no domicilio que compartían en Herbón (Becerreá). Ana acudira á Casa da Muller de Lugo esa mesma mañá, despois de 20 días agardando por unha cita, malia estar ameazada de morte polo seu marido e atoparse en situación de alto risco. Martina está convencida de que a inacción dos servizos públicos puido ser un factor determinante para o devir dos acontecementos no caso da súa irmá. Por este motivo, segundo comunicou a semana pasada, acompañada da Plataforma Feminista de Lugo e apoiada por unha trintena de colectivos, interpuxo unha demanda ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo para “que se recoñezan as neglixencias e deficiencias manifestas do centro” e que feminicidios como o de Ana Gómez “se poidan evitar”.

20 días agardando auxilio

O 22 de xaneiro de 2016, Ana contactou coa Asociación Alar, que a atendeu ese mesmo día. Trasladoulle que había dous días saíra á casa da sogra a secar a roupa sen darlle explicacións a José Manuel de onde ía, cansada de que el fixese o mesmo constantemente á vez que exercía un forte control sobre ela. Ao volver, tiña 34 chamadas telefónicas. José Manuel mandouna saír da casa e apuntouna coa escopeta de caza, ameazándoa insistentemente con que a ía “deixar seca”. Unha chamada da sogra a Ana nese momento disuadiu a José Manuel de proseguir coas súas intencións, pero desde ese día deixaba a escopeta desenfundada sobre a mesa de noite a modo de ameaza. José Manuel xa tivera outros episodios violentos: desde apuntar cunha escopeta a un irmán ata matar un can por estrangulamento coas súas propias mans porque os ladridos non o deixaban durmir.

A traballadora de Alar que atendeu a Ana acordou con ela pedirlle cita para que a recibisen na Casa da Muller de Lugo, algo que solicitaron ese mesmo día. O Salto Galiza tivo acceso á súa declaración na vista oral do xuízo polo asasinato de Ana, na que relata que lle deron vez para o 11 de febreiro, ante o que detallou a urxencia do caso: “Insistín na Casa da Muller, relatando os datos da situación que houbera de ameaza directa coa escopeta”, pero responderon “que non estaban” e “que o sentían, pero que non se podía adiantar esa cita”. “Entendo que non se podería, pola falta de recursos ou polo que fose”.

A Casa da Muller denegoulle a asistencia, recomendoulle abandonar paulatinamente o domicilio e emprazouna a agardar ao día 11.

Con todo, Ana acudiu o 5 de febreiro á Casa da Muller para solicitar axuda. O servizo municipal non deixou constancia e nega esta visita, pero o seu propio fillo maior deu testemuño deste feito durante o proceso de investigación porque el mesmo acompañou a súa nai. Foi nese momento cando Ana lle explicou a situación e lle dixo que debían actuar con cautela. Durante aquela chamada de auxilio, a Casa da Muller denegoulle a asistencia, recomendoulle abandonar paulatinamente o domicilio e emprazouna a agardar ao día 11. Ana saíu cunha sensación de desprotección por parte do centro.

Aos tres días Ana abandonou Herbón. A ex parella da sogra facilitáralle unha vivenda á que non permitía acceder ao marido. Eses días recibía ducias de chamadas diarias de José Manuel para que regresara ao domicilio, algo que ela trataba de facer o menos posible, segundo as declaracións que fixeran os seus fillos, o xusto para calmalo e gañar tempo con evasivas.

O día 11 foi atendida por M.J.C.Á., traballadora social da Casa da Muller. Segundo a súa declaración no xuízo, Ana trasladoulle unha situación de desesperación pola ausencia total de ingresos para ela e os seus fillos, xa que se atopaba no paro desde que a súa parella a obrigara a deixar o traballo. “Non teño nin para darlles de comer”, díxolle á traballadora social naquel momento. De feito, o día anterior renunciara a reunirse coa Asociación Alar por falta de cartos para o combustible. Tamén lle explicou que José Manuel “desde a ruptura non me deixa en paz, chamadas de teléfono, whatsapps...”. M.J.C.Á. recomendoulle denunciar “sobre todo para que lle retiren a escopeta”, algo ao que Ana se amosou reticente. A funcionaria valorou que “a súa prioridade” estaba “determinada pola necesidade de recursos económicos” e que a “situación de dependencia dos achegados do seu propio marido” podía orixinar “dificultades para tomar a decisión de denunciar”.

M.J.C.Á. indicoulle a Ana que á mañá seguinte solicitase axuda económica aos servizos sociais de Becerreá, xa que desde o municipio lugués carecían de competencias para brindarlla, e que despois volvese poñerse en contacto con ela para avaliar como proceder. Segundo a súa declaración, tratábase de estudar opcións, a posibilidade dunha praza nunha casa de acollida e como actuar con respecto á denuncia, motivo polo que a funcionaria da Casa da Muller di que tampouco a interpuxo antes pola súa conta. Pero a mañá seguinte xa foi tarde. Ás poucas horas de volver de Lugo, José Manuel requiriulle con insistencia que fose falar con el. Ela foi acompañada polos seus fillos e a súa sogra, pero iso non impediu o tráxico desenlace. “Parecía importante que alguén dos servizos sociais de Becerreá a acompañase e que entre profesionais valorásemos cal era a alternativa, o que pasa é que non nos deu tempo”, declarou M.J.C.Á.

7 anos agardando melloras no servizo

O asasinato de Ana Gómez Nieto fixo saltar as alarmas con respecto ás fallas no funcionamento da Casa da Muller. Na vista oral do xuízo, M.J.C.Á. explicou que “estamos tres profesionais en intervención, non estamos máis”, e que o órgano non tiña traballadoras contratadas para os días festivos: “Non había persoal, estabamos en vacacións porque era o Entroido naquela época”. Ademais, revelou que tampouco se estaban a repoñer as baixas, xa que de facerse “normalmente esta cita a collería a avogada”. Aquelas declaracións, como xustificación á tardanza, quedaron gravadas na memoria da irmá. “Que nunha sala de xuízo a familia teña que oír que non atenderon antes a miña irmá porque era Entroido...”, comenta para O Salto Galiza

“Non había persoal, estabamos en vacacións porque era o Entroido naquela época”, declarou no xuízo a traballadora social da Casa da Muller de Lugo que atendeu a Ana Gómez.

Martina entende que na asistencia que recibiu Ana se produciu unha serie de neglixencias, como non poñer os feitos inmediatamente en coñecemento das autoridades ou delegar na vítima a tarefa de acudir aos servizos sociais de Becerreá en vez de contactar desde Lugo e coordinarse entre eles: “Ademais de non darlle ningún tipo de axuda, como unha vivenda, unha axuda económica para estar cos fillos aínda que sexa dous días nun hotel, o que fose, sacala de alí, emprázana a ir o día seguinte a falar cunha traballadora social que terá, ou non, nocións de violencia de xénero en Becerreá. Nin sequera se molestaron en chamala”.

“Son o suficientemente consciente como para saber que a miña irmá non a recuperamos. O que pretendo é que outras o teñan máis doado”, comenta Martina Gómez.

Por este motivo, unha vez ditada a sentenza do 2019 que condenou a José Manuel Carballo a 25 anos e medio de prisión, Martina, veciña de Lugo, comezou a dirixir os seus esforzos a demandar unha adecuada asistencia ás vítimas de violencia de xénero por parte das institucións públicas, e particularmente do Concello, ademais de brindar apoio altruísta a estas mulleres cando acoden a ela. “Faga o que faga son o suficientemente consciente como para saber que a miña irmá non a recuperamos. O que pretendo é que outras o teñan máis doado. Porque cando sofren maltrato imaxino a miña irmá indo alí unha vez antes do día 11 porque vía o perigo e que lle digan que non”.

Despois dun intento frustrado de levar polo penal as neglixencias que apreciaba no caso da súa irmá, Martina rexistrou no Concello en outubro de 2020 unha reclamación administrativa na que lle solicitaba o recoñecemento das deficiencias da Casa da Muller a cambio da indemnización simbólica dun euro e da formación dunha mesa de traballo conxunta para, segundo figuraba no escrito, “procurar que futuras mulleres maltratadas sexan asesoradas de forma correcta” por medio dunha serie de medidas.

Estas medidas estaban relacionadas, entre outros, coa cobertura asistencial, os protocolos de actuación e a coordinación entre administracións, xa que se o Concello de Lugo defende que non era a súa competencia asistir a Ana por estar empadroada no Concello de Becerreá. Martina, que non subscribe esa versión, considera que o que non pode ocorrer é que en vez de resolver coa maior brevidade quen asumiría este apoio tivesen a súa irmá agardando tres semanas nunha situación de risco para logo indicarlle que debía acudir a Becerreá.

Nin se puxeron en contacto en ningún momento con ela nin recibiu resposta á proposta de formar unha mesa de traballo, incorrendo polo tanto no silencio administrativo.

Martina lembra que, ao día seguinte de presentar a reclamación, a alcaldesa Lara Méndez (PSOE) negou aos medios de comunicación calquera neglixencia e defendeu que se seguiran os protocolos, pero que nin se puxeron en contacto en ningún momento con ela nin recibiu resposta á proposta de formar unha mesa de traballo, incorrendo polo tanto no silencio administrativo. En consecuencia, e dado que segundo Martina o Concello de Lugo continúa “empeorando os seus servizos”, o pasado 11 de abril rexistrou unha denuncia ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo “para que se recoñezan as neglixencias e deficiencias” do centro.

Comunicado Martina Gómez Nieto
Martina Gómez comunicou á prensa os motivos polos que denuncia a Casa da Muller acompañada da Plataforma Feminista de Lugo. Fran Pérez

Segundo comunicou na rolda de prensa do día seguinte, aínda que non recibiu resposta á demanda do 2020, o que si recibiu foi unha campaña de descrédito por parte das institucións: “Chegaron a invalidar as miñas propias queixas cara ao órgano argumentando que entendían a dor da familia, pero que eu era unha muller doída polo asasinato da miña irmá e que non era capaz de avaliar a situación con obxectividade”.

Porén, desde o feminicidio de Ana distintos colectivos e organizacións sindicais e políticas veñen denunciando as deficiencias da Casa da Muller. Un dos primeiros colectivos en facelo foi a Asociación Si, hai saída, que o mesmo mes no que asasinaron a Ana Gómez solicitou á Fiscalía que investigase a actuación do centro.

En febreiro de 2016, durante os días nos que Ana se atopaba á espera dunha cita, o Concello de Lugo presumía paradoxalmente de xestión e capacidade de asistencia por parte da Casa da Muller. Segundo Ana González Abelleira, daquela concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, durante o 2015 a Casa da Muller atendera máis de 5 mil consultas, un 35% relacionadas con violencia de xénero, das que máis de 1.300 se correspondían con atención psicolóxica e case 1.200 con asesoramento xurídico.

No 2018, mentres estaba na oposición, o BNG de Lugo denunciou que había baixas sen cubrir e que o goberno local asinara un decreto polo que encomendaba funcións administrativas ao único psicólogo da Casa da Muller, de maneira que “o tempo de espera para as mulleres que solicitan atención psicolóxica na Casa da Muller podería pasar dunha semana a un mes”.

Houbo un tempo no que “estaba unha auxiliar administrativa que atendía o teléfono. Era todo o persoal que había na Casa da Muller durante ao mellor cerca dun mes”, sinala Chus Rodríguez (EU).

Un ano máis tarde, Esquerda Unida alertaba dunha situación crítica: dúas baixas e unhas vacacións sen cubrir mantiñan a Casa da Muller sen atención psicolóxica e baixo mínimos. Chus Rodríguez, psicóloga social da Xunta de Galicia que encabeza actualmente a candidatura conxunta de EU e UP, lembra para O Salto Galiza que houbo baixas de ata máis dun ano que tardaron meses en cubrirse e que houbo un tempo no que “estaba unha auxiliar administrativa que atendía o teléfono. Era todo o persoal que había na Casa da Muller durante ao mellor cerca dun mes”.

“Desde o asasinato machista de Ana Gómez no 2016 ata o día de hoxe a atención ás vítimas de violencia de xénero non fixo máis que empeorar, quedando indefensas e deixadas á súa sorte”.

Xa no 2022, esta formación tamén denunciou que tras o nomeamento do psicólogo da Casa da Muller como xefe do Servizo de Igualdade no mes de febreiro se estaba producindo “unha falta de atención psicolóxica na Casa da Muller” debido a que “non se está a cubrir o posto”. Segundo comenta Chus, a dispoñibilidade de psicólogo reduciuse a “unha vez ao mes”, unha situación que aínda segue vixente un ano despois. Así o denunciou tamén o pasado 12 de abril na rolda de prensa a Plataforma Feminista de Lugo, para a que “desde o asasinato machista de Ana Gómez no 2016 ata o día de hoxe a atención ás vítimas de violencia de xénero non fixo máis que empeorar, quedando indefensas e deixadas á súa sorte”. O Concello enviou unha comunicación á prensa ese mesmo día na que indicaba que está traballando “na cobertura definitiva da praza” de psicóloga e prevía sacala a concurso “en breve”.

En xullo do ano pasado, Comisións Obreiras denunciou a Casa da Muller ante a Inspección de Traballo por riscos laborais, debidos en parte á atribución de funcións que non correspondían aos traballadores sociais. O sindicato enviou tamén unha nota á prensa en setembro de “queixa pola falta de persoal” e vacantes non cubertas na Casa da Muller e nos pisos de acollida. Nela indicábase que o escrito presentado ao Concello en xullo aínda non fora respondido.

Desde CC.OO. aseguran para O Salto Galiza que desde aquela veñen sufrindo un “acoso brutal” e fortes presións por parte da dirección do servizo. Explican tamén que o Concello ten contratados cinco psicólogos en total, e aos cinco lles asignaron atribucións administrativas, de maneira que mentres as desempeñan non están realizando o seu traballo.

Desde o sindicato consideran que os funcionarios están “moi queimados” pola sobrecarga de traballo e estiman que cómpre, polo menos, duplicar o persoal da Casa da Muller e os pisos de acollida, xa que as tres vivendas que ten o Concello dispoñen de catro funcionarias para atendelas as 24 horas do día os 7 días da semana. Desde CC.OO. cualifican de “marketing” os fondos destinados ás campañas de visibilidade da loita feminista, como a iluminación da muralla, se ao mesmo tempo non se inviste “no que é fundamental”. Para eles, “trátase de vontade política”.

Nesta crítica coincide Laura Arrojo, responsable da Secretaría das Mulleres da CIG en Lugo: “Os nosos delegados e delegadas sindicais dinnos que o que pasa na Casa da Muller vén a ser o que pasa en Servizos Sociais: escaseza de persoal, de recursos humanos”, problemas como “sobre todo, a axilidade na cobertura de baixas”, que “se agudizan nun servizo como o da Casa da Muller”. “Estamos falando de cousas moi graves que requiren urxencia inmediata”, e do contrario “as consecuencias poden ser catastróficas”. A CIG reclama recursos humanos suficientes e formación: “Está moi ben que cando é o 8M ou o 25N saquen bufandas, panos, globos e paraugas contra a violencia machista, pero despois hai que destinar cartos no que realmente é preciso”.

Marta R. Engroba, presidenta da Asociación Si, hai saída, valora que unha “eiva moi importante” é que “un servizo desas características teña horario de oficina”.

Debido a este carácter de urxencia, Marta R. Engroba, presidenta da Asociación Si, hai saída, valora que unha “eiva moi importante” é que “un servizo desas características teña horario de oficina”. “Entendemos que o persoal ten dereito a descanso, obviamente”, pero “alguén haberá que substitúa. Estamos falando de violencia de xénero, que a moitas mulleres polas mañás lles resulta imposible facer calquera tipo de xestión”.

Martina Gómez coincide. Leva anos solicitando unha ampliación do horario de apertura da Casa da Muller de Lugo e que, aínda que “non poidamos pretender” que se manteña aberta día e noite, “ten que haber un número de teléfono ao que chamar as 24 horas cunha avogada e unha psicóloga de garda”. Con respecto ao financiamento preciso para contratar persoal, non cre que haxa un problema de fondos e critica a “falta de transparencia” do Concello cos orzamentos. Reclámalle que presente desagregado “en que se vai o diñeiro do Pacto de Estado que, lembremos, é para dar unha saída real ás vítimas. Por suposto que estou de acordo en que é necesaria a educación e outro tipo de visibilizacións, pero terá que saír doutras partidas”. Martina foi unha das oito mulleres que se puxeron en folga de fame en Madrid ata conseguir a aprobación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero de 2017.

Na carta de servizos da Casa da Muller, o Concello de Lugo comprométese a “atender ás vítimas de violencia de xénero de maneira inmediata, durante as 24 horas do día, 7 días á semana”, pero indica que só atende os días laborables e o horario de atención presencial é de 9 a 14h de luns a venres, mentres que o de atención telefónica é de 8:30 a 20:30h de luns a venres e de 9 a 14h os sábados. Ademais, tamén se comprometen a “atender todas as solicitudes de información presencial nun prazo inferior a 15 días dende a solicitude de cita previa”.

Tanto a Casa da Muller como o Concello de Lugo foron contactados para a elaboración desta reportaxe. Non nos concederon entrevista e toda a resposta que recibimos foi o comunicado enviado á prensa o mesmo día da rolda de prensa que presentaba a denuncia. Nel, o Concello indica que “en ningún caso, se descoida a atención presencial e telefónica ás vítimas, xa que esta se atopa protocolizada e tanto a Policía Local como a Nacional coñecen cal é o operativo a seguir” fóra do horario de atención da Casa da Muller. 

Chus Rodríguez (EU) considera que “a policía sería o recurso se hai unha situación de risco para a integridade e queres denunciar”, pero que o Concello non debería propoñer “como alternativa a unha muller en situación de violencia de xénero que primeiro quere un asesoramento que chame á policía”: “Como se pode ser tan pouco sensible e ter tan pouca formación?”

Na rolda de prensa do 12 de abril, Ana Torrón, voceira da Plataforma Feminista de Lugo, asegurou que cando lles chegaba unha muller en situación de maltrato lles caía “a cara de vergoña, porque o lóxico é derivala á Casa da Muller, pero con que criterio facemos iso? Estamos nunha situación horrible, porque á plataforma chégannos vía redes sociais cantidade de situacións durísimas a calquera hora do día e da noite e non sabemos exactamente que facer”.

Desigualdade territorial

Segundo a páxina oficial da Xunta , nos 313 municipios galegos hai 84 Centros de Información á Muller (CIM), pero non en todas as provincias se distribúen por igual. Mentres que os 61 municipios da provincia de Pontevedra dispoñen de 27 CIMs, na provincia de Lugo, conformada por 67 concellos, as mulleres só teñen 11 centros aos que acudir, ningún deles na montaña luguesa. Becerreá dispón unicamente dun Punto de Información da Muller aberto dúas horas á semana e sen asistencia psicolóxica.

“Evidentemente prodúcese unha desigualdade territorial en canto á cobertura que poden ter as mulleres. É unha das fallas graves que existen no mapa galego, que hai zonas que non teñen centros”, opina Montse González, presidenta de ASOCIM.

“Evidentemente prodúcese unha desigualdade territorial en canto á cobertura que poden ter as mulleres. É unha das fallas graves que existen no mapa galego, que hai zonas que non teñen centros”, opina Montse González, presidenta da Asociación de Profesionais dos Centros de Información Á Muller (ASOCIM). “O bo sería que as administracións se puxesen de acordo para regular isto, porque ten que haber máis centros en Galiza. A zona rural é xa unha zona moi castigada”.

Aclara que se ben é certo que os CIMs, como a Casa da Muller de Lugo, son de titularidade municipal, e é decisión do concello asumila ou non, a regulación é autonómica e vén recollida no Decreto 130/2016. “Ao mellor habería que estudar outro modelo. Hai comunidades autónomas que teñen unha ratio entre centros e habitantes”. “Alguén cuestiona que haxa un centro de saúde? Alguén cuestiona que teñan que existir servizos sociais —que obrigan a ter traballadoras sociais en función dos habitantes—? Por que se cuestiona que ten que haber CIMs? Esa é unha pregunta moi importante na sociedade na que vivimos. Ao mellor resulta que non estamos concienciados ou non nos importa”.

O propio decreto, detalla a presidenta de ASOCIM, “establece que se pode dar atención a mulleres que non estean empadroadas”, como é o caso de Ana Gómez, pero Montse remarca o seu desacordo con que “porque non exista o número de centros axeitado resulta que se está cargando a centros que xa non poden coas súas usuarias, coas que viven na súa zona”, é dicir, que non se pode “pretender que as cidades atendan a cidade e máis todos os arredores a 40 ou 50 km”.

Á marxe dos CIMs, a Lei do ‘Só si é si’, en vigor desde outubro do 2022, prevé a creación de cando menos un centro de crise 24 horas por provincia para atender vítimas de violencia sexual. Aínda que a presidenta de ASOCIM se amosa escéptica porque “hai moitas cousas previstas que non se levan á práctica”, valora que “para nós sería xenial que existisen eses centros”, xa que “sería un apoio boísimo” para casos que exceden a capacidade ou a formación específica do persoal dos CIMs.

Montse fai moito fincapé na falta de persoal, a sobrecarga de traballo e a atribución de funcións administrativas. Considera que é unha situación xeral na Galiza que podería mellorar se no decreto autonómico se fixasen criterios mínimos máis elevados de persoal necesario para conformar un CIM e se a Xunta comprobase que os municipios cumpren coa obriga de repoñer as baixas antes de outorgar a subvención anual para o mantemento dos centros.

“A inmensísima maioría das persoas que traballamos nos CIMs somos persoas comprometidas e con moitísima vocación. Pode haber quen non, pero a maioría facemos máis do que podemos, e logo ímonos, como me pasou a min, a unha baixa de moi longa duración, porque acabas consumida emocionalmente e tes un estrés terrorífico. Nós sufrimos o risco psicosocial”. A presidenta de ASOCIM apostila que “o gran problema de todo isto é que non estamos visibilizadas. Non se nos valora”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Granada
Juana Rivas La Audiencia confirma que España remite la denuncia de malos tratos del hijo de Juana Rivas a Italia
La Audiencia Provincial de Granada ha confirmado el envío del expediente judicial del hijo menor de Juana Rivas a la Corte de Cagliari (Italia) por una denuncia de presuntos malos tratos paternos. El menor sigue en España por una medida cautelar
Argentina
Argentina Diez años de Ni Una Menos, el movimiento que desbordó el feminismo para hacerlo enorme
El 3 de junio de 2015 se produjo la primera convocaría de Ni Una Menos en Argentina. El llamamiento contra la violencia machista traspasó el nicho feminista y la respuesta fue masiva. Hoy, se enfrenta a las políticas reaccionarias de Milei.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Madrid
Movimiento republicano Miles de personas claman en Madrid contra la monarquía y por la República
En el 11 aniversario de la proclamación de Felipe VI, una marcha unitaria reclama que este reinado sea el último de España.
Rap
Rap Los Chikos del Maíz: “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en la que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.

Últimas

Ocupación israelí
Movilizaciones Un centenar de organizaciones de 26 países denuncian a la empresa vasca CAF y su tren del apartheid
Más de 50 localidades salen a la calle este fin de semana para señalar a la empresa que construyó el tranvía que conecta Jerusalén con territorio ocupados y exigir el fin del genocidio en Gaza.
La vida y ya
La vida y ya Un rato de cada lunes
Pero, lo más coincidente ha sido, expresado de distintas maneras, su agradecimiento hacia ese lugar. Su lugar elegido.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí La policía egipcia impide con violencia la marcha internacional a Gaza
La marcha de 4.000 personas a Gaza es reprimida por la policía del régimen de Al-Sisi. La organización pide a las embajadas que reaccionen y protejan a sus ciudadanos.
Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio De océanos y detenciones
VV.AA.
La acidificación del agua marina supera sus límites mientras Israel aborda la Flotilla por la Libertad.
Más noticias
Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.
Argentina
Extrema derecha La motosierra de Milei se ceba con los hospitales públicos y las personas con discapacidad
Los recortes del Gobierno afectan al Hospital Garrahan, un centro de alta complejidad, referente pediátrico nacional y latinoamericano, y también a los recursos de las personas con discapacidad, a los que el ejecutivo califica de “idiotas”.

Recomendadas

Pensamiento
Economista Clara Mattei: “El liberalismo y el fascismo están unidos en su protección del orden del capital”
El ambicioso ensayo 'El orden del capital' nos traslada al Reino Unido y la Italia de la I Guerra Mundial, que se contemplan como un momento bisagra: el auge de socializaciones y cooperativizaciones que tuvo lugar durante la contienda y la inmediata posguerra fue abortado a través de un 'shock' austericida destinado a restaurar la centralidad de los grandes capitales.
Derecho a la vivienda
Jaime Palomera “La vivienda necesita una revolución”
Investigador y uno de los fundadores del Sindicat de Llogateres, Jaime Palomera presenta ‘El secuestro de la vivienda’, un libro sobre el juego amañado en el que los propietarios son cada vez más ricos y los inquilinos cada vez más pobres.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Brasil
Extrema derecha Arte en tiempos de fascismo: cuando enseñar a Goya y Rubens le cuesta el puesto a un profesor
Una clase de Historia en la escuela municipal en una localidad del Estado de São Paulo desemboca en acusaciones contra el profesor y una campaña de difamaciones que encabeza el concejal de educación de la zona, de la extrema derecha bolsonarista.