Opinión
Con el pueblo de Cuba quiero yo mi suerte echar

Tribuna da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, dende La Habana, onde participa na misión solidaria internacionalista liderada polo Open Arms para romper o bloqueo estadounidense de Cuba coa entrega de paneis solares, equipamento fotovoltaico e material escolar á sociedade cubana.
Open Arms Cuba
Parte del equipo de Open Arms a su llegada a Cuba.

Eurodeputada do BNG
@anamirandapaz

21 jul 2026 16:56

“O sol non se pode bloquear” transmítenme os representantes da Asamblea Nacional de Cuba.

A frase ben pode resumir a misión solidaria e internacionalista que estamos desenvolvendo en La Habana e en Cuba. Entregar paneis solares, equipamento fotovoltaico ou material escolar, si, pero sobre todo quebrar un bloqueo cruel e inhumano, provocado polos Estados Unidos dende hai décadas e agravado coas últimas medidas da Administración Tump.

O que estou vendo estes días en La Habana é un pobo que sofre unha guerra psicolóxica, unha guerra que aumentou a mortalidade infantil do 4% ao 9,9% cada 1.000 nados, unha taxa moi alta. Unha guerra que provoca apagamentos, que cambia a vida das persoas... é desgarrador que un neno non poida ser operado porque non hai electricidade ou que máis de 100.000 persoas agarden por unha ciruxía.

Que visión política pode xustificar un bloqueo para afogar e estrangular un pobo, que perda a esperanza até asfixialo? A xogada de Trump, explícame Abel Prieto, presidente da Asociación de Escritores e Artistas de Cuba, é aplicar unha guerra psicolóxica contra o seu pobo, tentar pechalo, dividilo e que vaia contra o propio Goberno mentres se agocha o bloqueo existente. Presentar a Cuba como un Estado fallido. Por iso é necesario responder a estas fake news. Hai, por exemplo, máis de mil barcos agardando en Panamá ou outro barco cargado con material sanitario en Xamaica. O boicot da Administración Trump ás navieiras emprégase como cerco.

Ás veces a illa vive semanas con 36 horas sen corrente, con dificultades extremas para conservar a comida, para cargar os teléfonos e comunicarse, para ir ao traballo, con operacións paralizadas porque non chega a corrente e teñen que oxixenar como poden. Preto de catro millóns de persoas viviron máis dez días sen corrente, con complicacións nos ciclos da auga. E nestas circunstancias os prezos subiron, hai queixas e un reclamo social, pero tamén unha conciencia sobre ese bloqueo mentres o Estado cubano está a realizar unha serie de medidas, 176 medidas urxentes, se reactivan terras para abrilas á propiedade privada, cambios moi rápidos debatidos na Asamblea Nacional, transformacións económicas e sociais que tentan impulsar un desenvolvemento.

O que nos din en tódalas partes é “que el mundo sepa lo que está pasando en Cuba”. E tamén nos agradecen a solidariedade, recoñécennos que vir a Cuba nestas condicións é de verdadeiros amigos. Ninguén se atreveu a traer combustible e os cubanos queixasen bastante de elo, da ausencia dos grandes e tradicionais amigos. Cuba non é unha ameaza, mais si un exemplo de solidariedade ao mundo. Recollo o verso de José Martí, “con los pobres de la tierra quiero yo mi suerte echar”, porque sen dúbida Cuba deulle ao mundo dignidade e solidariedade en moitas circunstancias. Cuba é un faro que tentan apagar, que non recibe tanto apoio como agardarían, que sofre un castigo colectivo no que Estados Unidos proxecta a idea de Estado quebrado.

E que papel lle queda a Europa? Como única eurodeputada presente nesta misión solidaria internacionalista debo lembrar que a Unión Europea podería aplicar o Estatuto de Bloqueo para desactivar a Lei Helms Burton do afogamento a Cuba. As ordes executivas de Trump non só provocan un cerco ao pobo cubano, tamén van contra as empresas europeas. Polo tanto, Europa debería defender ao seus empresarios, os seus investimentos en Cuba e activar ese Estatuto de Bloqueo. E non calar ante as últimas medidas anunciadas polo secretario de Estado estadounidense, Marco Rubio, que procuran criminalizar a toda a esquerda que se relacione ou solidarice con Cuba.

Na embaixada mexicana en Cuba atópome a unha descendente do noso intelectual Rafael Dieste. A emigración galega segue viva na illa, como puiden comprobar tamén visitando o Centro Galego de La Habana, o lugar onde se cantou por primeira vez o noso himno nacional. Nalgún momento Galiza precisará ter unha delegación exterior aquí, para que non nos esquezamos das nosas e dos nosos emigrantes e coñezamos de preto a resistencia de toda a sociedade cubana ante un bloqueo inhumano.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...