A Xunta envía SMS ao persoal sanitario de toda Galiza anunciando subas salariais a dous días das eleccións

Persoal médico, de enfermaría e técnico de todos os centros sanitarios de Galiza denuncian o uso electoralista das comunicacións oficiais do Sergas lembrando vellas subidas salariais e aumentos inminentes de nóminas.
mensajes xunta
16 feb 2024 12:58

A Xunta de Galiza, gobernada polo Partido Popular, acaba de enviar decenas de miles de SMS a todo o persoal sanitario de Galiza que traballa no Servizo Galego de Saúde anunciando subidas salariais a dous días das eleccións: “Melloras retributivas 2024: Abonaránselle a partir desta nómina o incremento das noites nos días laborables nun 7,9% e festivos e noite prefestiva de sábado do 15,71%. As noites de venres serán abonadas como festivas”, reza unha das mensaxes. Os receptores? Todos os médicos e médicas que fan algún tipo de garda no seu posto de traballo. A Xunta decidiu, a menos de 48 horas de que abran os colexios electorais, lembrarlles a todos eles as melloras salariais que conseguiron grazas ás protestas de abril de 2023, na antesala das eleccións municipais.

Pero non só a eles e elas. Hai máis mensaxes, variados e adaptados a cada posto de traballo. Todos enviados durante a mañá deste venres: “Informámoslle que a partir da nómina deste mes de febreiro seralle abonado mensualmente un novo grao de carreira profesional con atrasos desde xaneiro de 2024”, reza outro do SMS recibido por persoal facultativo. E a historia segue, tamén lles lembran as subidas netas das gardas: “Novos importes das gardas de presenza física: informámoslle que a partir desta nómina terán as seguintes contías: Gardas presencia física de 17 horas con 476€ e 672€ as de 24 horas, e a quinta garda sucesiva 629€ (17h) e 888€ (24h)”.

A nova estratexia da Xunta de Alfonso Rueda e a Consellería de Sanidade de Xulio García Comesaña chega apenas 24 horas despois de proceder a ingresarlle a miles de mariscadoras e mariscadores galegos unha subvención de 550 euros, tamén a escasas horas dos comicios.

Desde o colectivo Enfermeiras en Loita tacharon de falta de ética a estratexia do Partido Popular: “Anunciar subas salariais a falta de dous días para as eleccións autonómicas e enviar SMS masivos a todos os traballadores do Sergas pode ser legal pero eticamente reprobable. Este movemento xera en nós un enorme rexeitamento e quen sabe se non provocará xusto todo o contrario”.


Elecciones
A Xunta ingresa 550 euros a centos de mariscadores galegos a tres días das eleccións
O Goberno de Alfonso Rueda, a través da Consellería do Mar, decidiu facer o pago dunha subvención de máis de catro millóns de euros a uns 7.273 mariscadores e mariscadoras a menos de 72 horas de que abran os colexios electorais.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...