Elecciones
A Xunta ingresa 550 euros a centos de mariscadores galegos a tres días das eleccións

O Goberno da Xunta de Galiza, presidido en funcións polo candidato do Partido Popular, Alfonso Rueda, decidiu executar o pago dunha subvención de máis de catro millóns de euros a mariscadores e mariscadoras galegos a menos de 72 horas de que abran os colexios electorais. Isto é, 550 euros para cada un deles. Unha cantidade que recibiron na tarde deste mesmo xoves. O Goberno en funcións de Alfonso Rueda, a través da Consellería do Mar que dirixe Alfonso Villares tomou a decisión de convocar estas axudas hai apenas unhas semanas como unha maneira velada de tratar de calmar as augas na costa en plena xestión da crise do desastre dos pellets. Trataba de chegar a todos e todas. De feito, o único requisito da axuda era ser titular dun permiso de explotación en vigor para marisqueo a pé de recursos marisqueiros xenerais, para marisqueo a pé con emprego de embarcación auxiliar ou acodes armadoras de embarcacións con permiso de explotación coa modalidade de marisqueo a flote.
.jpg?v=63875234286 2000w)
De feito, para tratar de sortear as restricións electorais, a propia consellería do ramo reservouse no Diario Oficial de Galiza o prazo de pago: “As resolucións de concesión poderán ditarse sucesivamente a medida que se vaia verificando que toda a documentación que esixe o punto oitavo desta resolución é correcta e está completa”. Casualmente, apertaron o botón de pagar a menos de tres días de que se celebren as eleccións máis axustadas en Galiza, segundo as enquisas, dos últimos 15 anos.
“Cando vin a convocatoria, sabía que ían facelo. Mesmo se molestaron eles en facer a lista de beneficiarios e a cantidade á que tiñamos dereito cada un”, denuncia un deses miles de mariscadores beneficiados en conversación co Salto. “Só había que entrar na Sede Electrónica da Xunta para aceptar o diñeiro. O prazo para solicitar era entre o 5 e o 9 de febreiro e por encantamento cobramos a tres días das eleccións”, engade este traballador do mar de Arousa.
A expensas de que o Goberno en funcións do Partido Popular publique os datos definitivos, os seus propios cálculos previos á convocatoria sinalaban a uns 7.273 profesionais do sector como potenciais beneficiarios, á mantenta dunha crise grave do sector que reparte responsabilidades entre as fortes choivas, a subida da temperatura da auga pola crise climática, a alteración dos ecosistemas pola apertura de proxectos mineiros e o consecuente descenso de salinidade nas zonas de traballo das rías galegas, onde as plataformas de mariscadores e mariscadoras calculan o 80% de mortaldade en especies como o berberecho e a ameixa.
Desastres ambientales
A Xunta encarga a unha empresa de márketing vinculada ao PP parte da limpeza dos pellets
O Salto medra contigo
Galiza precisa máis que nunca un xornalismo libre que estea financiado polas maiorías sociais
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!