27 mar 2020 20:57

María Vázquez minte, hostia. Minte máis do que fala na súa Crónica intitulada Día 421 do Estado de Alarma. Dende que Vilameá foi mercadear por tres patacóns a divisón galega do Salto e a información quedou secuestrada polo Grupo Sermos Galiza a realidade aparece distorsionada. Parece inxusto, ademais, obviar o papel de Inciativa Quintanista (en diante I.Q.) para tombar ao Goberno Lexítimo.

Por Segreda Orde Ministerial 3/2020 do titular de Interior Gómez-Reino, moi celebrada por certo nas instalacións de Rodríguez Viguri, quedou disolta a tal Axencia Galega de Espionaxe da que se di membro. A membresía da misión Lidia Senra foi enrolada e infiltrada, é correcto, ao efecto de subtraerlle a vacina do Covid-19 ao equipo Medtronic do Sergas. O que obvia a cronista é a súa participación na subsitucíón das ordes das Altas Autoridades por unha circular do Cumio Central de I.Q. que dispuña a destrución da cura e a súa inmediata substitución por un concentrado de Vitamina C e ansiolina.

O fracaso da tal misión debémoslla máis á conservación dunha certa orde natural nas cousas do que á axilidade gubernativa, dito sen ánimo crítico. Nos 14 primeiros días da corentena sucumbían á doenza, felizmente, con tortuosa dor e máis dun espamo, a práctica totalidade dos membros da misión Lidia. Por razóns que non alcanzamos a entender a tal María Vázquez saiu indemne. Con perspectiva é certo que puido ser inapropiado o funeral de Estado que se lle forneceu a estas bestas. Ou as bandeiras a medio mastro. Mais debe entenderse que daquela se prentendía controlar a publicidade desta traizón. Tamén é certo que non se calculaba que algún elemento pequenoburgués da UMG (oportunamente depurado) fose esquecer a súa libreta de xuntas nas timbas clandestinas do Corzo.

Por moito que sexa eu un gris funcionario da Gran Coalición poño a miña voz ao servizo da verdade, porque só a verdade nos fai republicanas. M. V. esa rata inmunda, debe ser inmediatamente exterminada.

*Este conto de Brais amosa a outra cara da misión segreda de María Vázquez ;). Parece que algúns relatos se están a converter en serie!

Sobre este blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Sobre este blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver listado completo
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...