O Salto e a UNRWA lanzan unha campaña conxunta

Cun só xesto e desde o mesmo formulario, faite socio/a co 50% de desconto para que cheguemos cada vez máis lonxe cos nosos contidos críticos e doa á axencia de refuxiados palestinos da ONU para axudar á poboación en Gaza.
unrwa o salto gal
Arte El Salto Campaña conxunta d'O Salto coa UNRWA.
23 sep 2025 12:02

Vittorio Arrighoni foi un activista italiano que participou nas primeiras flotillas da liberdade e un dos poucos que conseguiu chegar ás praias de Gaza. Era 2008 e puido ser testemuña da Operación Chumbo Fundido. As imaxes dos bombardeos, os cadáveres baixo os escombros ou os hospitais en ruínas conmocionaron á sociedade galega e a boa parte do mundo. “Sigamos a ser humanos” era o leit motiv que sempre repetía este activista nas súas crónicas desde Gaza, unha forma de dicir que toda dor allea é propia e nos ten que obrigar a actuar, “porque é o único xeito de seguir sendo humanos”.

Naquela operación militar, Israel asasinou a 1.400 palestinos, 300 deles nenos e nenas, unhas cifras difíciles de asimilar neses anos. Quince anos despois, no mesmo escenario, Israel comezaba unha campaña de exterminio que xa se acabou coa vida de máis de 65.000 palestinos, a inmensa maioría civís, cuxa única falta é estar no lugar equivocado para os intereses israelís e occidentais. Deles, 17.000 eran menores de idade.

“Seguir sendo humanos” para este activista italiano significaba non normalizar o horror, non acostumarse ao parte de guerra e ás cifras de nenos que perderon ás súas nais e pais (17.000), que quedaron discapacitados (21.000), que morreron de fame (máis de 100) ou a de xornalistas masacrados (210, máis ca en todas as guerras previas).

“Seguir sendo humanos” significaba en 2008 —e significa en 2025— opoñerse e actuar contra o silencio e o exterminio con todo o que teñamos ao noso alcance.

N'O Salto, as 28 persoas empregadas, o Colectivo Editor e os 10.200 socios/as que o sosteñen economicamente temos ao noso alcance un medio de comunicación, cada vez con máis repercusión e influencia, que cumpre este setembro oito anos de vida, 20 anos contando coa experiencia previa de Diagonal. A nosa forma de actuar é non calar, denunciar a complicidade dos Gobernos e as empresas coa ocupación israelí e o xenocidio.

Denunciamos —como poucas cabeceiras, grazas á independencia que nos dá a nosa comunidade— os negocios das empresas españolas nos asentamentos ilegais, que perviven a pesar dos recentes anuncios de Sánchez. Desvelamos o carácter proisraelí do fondo de investimento (KKR) que comprou case todos os festivais de música españois, unha investigación que xerou preto dun centenar de cancelacións de artistas. Desgranaramos os nexos entre as universidades israelís e españolas, moitos dos cales romperon grazas á presión, entre tantos outros traballos de investigación e divulgación.

A información é clave para deter este xenocidio, pero non é suficiente. A emerxencia humanitaria que vive a Franxa de Gaza require accións urxentes e doutra natureza. Por iso lanzamos esta campaña conxunta coa UNRWA, a axencia de Nacións Unidas que traballa cos refuxiados palestinos. Trátase da principal organización internacional que está asistindo á poboación gazatí, enfrontándose á propaganda israelí e convertíndose por esta única razón en obxectivos militares: 126 traballadores da UNRWA foron asasinados nos dous últimos anos.

Agora, cun só xesto, podes contribuír a que O Salto chegue máis lonxe cos seus contidos críticos e, á vez, literalmente salvar vidas en Gaza.

Desde este 23 de setembro ata o 31 de outubro podes facerte socio/a de O Salto cun 50% de desconto e, no mesmo formulario de subscrición, realizar unha doazón á UNRWA.

Ademais, tamén podes facerte cunha reedición especial da camiseta solidaria que fixemos o ano pasado, dispoñible desde hoxe na Tenda de O Salto a un prezo de 20€ para socias de O Salto e de 25€ para non socias. Ao igual que en 2024, inclúe un donativo de 5€ de cada artigo para a UNRWA.

Non deixes que gañe o silencio e o exterminio. ¡Fáite socio/a, actúa, doa!

Sobre este blog
El Salto es un proyecto formado por cerca de 200 personas y 10.000 socios/as que apuesta por un periodismo radicalmente diferente: sin financiación de empresas del Ibex35, democrático, descentralizado y de propiedad colectiva
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando...
Sobre este blog
El Salto es un proyecto formado por cerca de 200 personas y 10.000 socios/as que apuesta por un periodismo radicalmente diferente: sin financiación de empresas del Ibex35, democrático, descentralizado y de propiedad colectiva
Ver listado completo
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...