Axúdanos a chegar ás 12.000 socias, agora co 50% de desconto

Este verán faite socia/o de O Salto co 50% de desconto* e axúdanos a chegar ás 12.000 persoas socias que necesita o medio para asegurar o seu futuro.
contigo veran galego 2
15 jul 2026 13:00

Esta fin de curso foi especialmente movida para O Salto. A finais de maio, contabámosvos que estabamos en problemas, que tiñamos un déficit de 112.000 euros para 2027 e que nos dispoñiamos a lanzar unha gran campaña para darlle a volta á situación e pegar un novo salto para estar á altura dos tempos.

En xuño, lanzamos unha gran consulta entre a nosa comunidade de socias sobre as Liñas Vermellas que rexen o funcionamento do medio. Este documento, validado cunha participación que superou todas as expectativas, entrega ás socias e socios a última palabra sobre cuestións tan importantes como a propiedade do medio, como se financia, como se organiza internamente O Salto e todo o que ten que ver coa marca e a forma societaria.

Queriamos mandar unha mensaxe clara: estamos a atravesar unha delicada situación económica, pero non estamos dispostos a saír dela de calquera xeito

Con esta consulta queriamos mandar unha mensaxe clara: estamos a atravesar unha delicada situación económica, pero non estamos dispostos a saír dela de calquera xeito, perdendo polo camiño, como lle pasou a tantos medios antes, a súa razón de ser, o seu sentido.

Non van ser os bancos que desafiuzan nin os fondos de investimento nin os multimillonarios nin os gobernos ou partidos que buscan altofalantes quen salven a O Salto.

Buscamos socios e socias que compartan a nosa visión crítica da actualidade, das institucións, dos grandes poderes que dominan a axenda política e mediática

Só a xente pode salvar a este gran medio financiado pola xente. Buscamos socios e socias para dar un novo salto, socias que compartan a nosa visión crítica da actualidade, das institucións, dos grandes poderes que dominan a axenda política e mediática. Buscamos socios e socias que compartan as dúas ideas centrais que dan sentido a O Salto: un medio crítico non pode depender dos poderes aos que ten a obriga de denunciar; un medio crítico que defende a participación e a democracia radical tamén debe practicala no seu interior.

Buscamos xente coma ti, que estás lendo isto.

Non che gusta ter xefes. Non che gusta que che digan o que tes que dicir. Prefires non deberlle nada a xente perigosa. Cres que hai que desobedecer as leis inxustas. Pensamos exactamente o mesmo e levámolo á práctica. O Salto vai contigo.

Se tamén cres que fai falta un gran medio financiado pola xente e non polas grandes corporacións, é que temos moito en común :)

Este verán podes facerte socio/a co 50% de desconto* e axudarnos a chegar ás 12.000 persoas socias que aseguran o futuro do medio. Necesitámoste máis que nunca.

*Desconto válido para o primeiro ano en novas subscricións domiciliadas na modalidade Completa, que inclúe a revista trimestral e unha longa lista de vantaxes.

Sobre este blog
El Salto es un proyecto formado por cerca de 200 personas y 10.000 socios/as que apuesta por un periodismo radicalmente diferente: sin financiación de empresas del Ibex35, democrático, descentralizado y de propiedad colectiva
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Sobre este blog
El Salto es un proyecto formado por cerca de 200 personas y 10.000 socios/as que apuesta por un periodismo radicalmente diferente: sin financiación de empresas del Ibex35, democrático, descentralizado y de propiedad colectiva
Ver listado completo
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...