Energía
O fío enerxético de todas as crises

En 'Sin energía', o físico Antonio Turiel arma unha crónica das “crises aniñadas” que estamos a sufrir: os primeiros pasos do Gran Descenso, o gran reto que agarda as nosas sociedades nos vindeiros cinco anos.
Extinction Rebellion
Acción del movimiento Extinction Rebellion en la Gran Vía de Madrid. Foto: Extinction Rebellion

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

29 nov 2022 07:54

Hai pouco máis de dous anos comentaba neste mesmo blogue Petrocalipsis, un dos anteriores ensaios de Antonio Turiel, doutor en Física Teórica e investigador do CSIC. Dende aquela,  mudaron algunhas cousas: por unha banda, o autor deixou de ser un nome coñecido exclusivamente nos círculos decrecentistas para pasar a ocupar espazos, máis ou menos relevantes, nos medios de comunicación xeralistas como o “máximo exponente do 'colapsismo' en España” e, por outra, o colapso da nosa civilización é cada vez máis evidente.

En Petrocalipsis, Turiel describíanos a nosa dependencia dos hidrocarburos; amosábanos o cénit do petróleo (e doutros elementos) e convencíanos da insuficiencia das fontes alternativas de enerxía para manter unha civilización humana como a actual. En Sin energía, o seu novo ensaio, analisa as crises que están a facer palpábel hoxe o colapso. Hai dous anos estudaba “o gran marco” no que se vai desenvolver a crise enerxética até o remate do século XXI; agora, ocúpase do “minuto e resultado”, dunha serie de acontecementos que están a suceder e “partillan un ton que fai pensar que algo máis importante está a pasar”: o Gran Descenso. Porque, para o físico, o colapso non será unha “caída rápida”, será algo que sucederá “ao longo de moitas décadas” mais “esta queda será grande, profunda e moi perceptíbel, malia a súa lentitude relativa”.

Denuncia que a causa dos principais problemas aos que nos enfrontamos é que nunca quixemos ser conscientes da súa verdadeira dimensión: “que agora esteamos nunha grave crise enerxética demostra que, en realidade, máis alá da farfalla baldeira, nunca nos tomamos en serio a loita contra a mudanza climática” e, no seu enésimo intento de que sexamos conscientes disto de vez, descríbenos algunhas das pegadas actuais dese Gran Descenso.

Antonio Turiel, no seu enésimo intento de que sexamos conscientes da verdadeira dimensión do problema de vez, descríbenos algunhas das pegadas actuais do Gran Descenso.

Son moitos os exemplos cos que ilustra Turiel os seus argumentos, aínda que a mera cita dalgún deles (o racionamento do gasóleo, a escaseza na oferta de chips, a caída na produción de cereais, a prohibición da exportación de determinados alimentos ou o acaparamento de enerxías polos estados máis poderosos) abonda para nos facer comprender a magnitude do problema.

Nesta exposición áchanse en falla, como xa pasaba en Petrocalipsis, as concretas referencias e xustificacións dos datos que enarbora Turiel, mais o autor volve armar unha divulgación dirixida ao gran público que, de querer máis, deberá achegarse a The Oil Crash, o blogue no que, dende 2010, leva divulgando e debullando informes científicos e de organismos internacionais sobre a crise enerxética cunhas entradas metódicas e profusamente referenciadas, de alto rigor científico.

A lectura do ensaio tamén nos fai descubrir algunha das eivas psicolóxicas coas que nos enfrontamos ao Descenso. Pode que a persoa lectora que afronte o texto dende o Reino de España, lle pase coma a min e sinta certo acougo cando Turiel, entre a abafante enumeración de conflitos vindeiros, afirma que “España produce máis gasolina e diésel dos que consume e aínda exporta certa cantidade” malia que engada deseguido que “tarde ou cedo España tamén terá problemas para autofornecerse, aínda que polo momento estea ben provista” ou que o noso sistema eléctrico “está ben abastecido e o feito de que estea pouco interconectado con Europa debería favorecer que os problemas eléctricos na península sexan moito menores e mesmo inexistentes”. Alivia pensar que algunha das dificultades non nos afectarán polo momento, mais non e esa unha actitude fondamente egoísta que non vai servir para sobrevivir ao colapso? A reacción amosa que no noso interior se agacha unha tendencia xenófoba e proteccionista coa que teremos que loitar para armar unha solución xusta para todos os seres humanos.

A máis interesante achega da análise de Turiel neste ensaio é o achado do ton común que percebe nos acontecementos do tempo presente. Todos os problemas teñen a mesma orixe e relaciónanse dun xeito tan íntimo que levan ao autor a cualificalos como “crises aniñadas”. Afirma,  e demostra, que as crises do gasóleo, dos materiais, dos alimentos e a espiral da inflación nacen todas da crise da enerxía e, ao mesmo tempo, aliméntana e serven para a facer cada vez máis profunda. Porque o cénit do petróleo é a causa inmediata da escaseza de gasóleo. A falla de gasóleo encarece o uso da maquinaría agrícola (e tamén da mineira) e a produción de fertilizantes hidroxenados. A crise de alimentos é “o problema máis grave ao que nos enfrontaremos nos próximos anos [...] un factor verdadeiramente desestabilizante que terá grande impacto a nivel global”. A escaseza de hidrocarburos determina a volatilidade dos prezos e esta, a desaparición de investimentos na produción da enerxía. Sen gasóleo barato non se poden extraer de xeito rendíbel materiais para a fabricación de aeroxeradores e placas solares, o que redunda nun empeoramento da crise enerxética.

Ao cabo, un fío enerxético cose todas as nosas crises, e demostra que a nosa adición aos combustíbeis fósiles leva anos pasándonos a súa factura.

Ao cabo, un fío enerxético cose todas as nosas crises, e demostra que a nosa adición as enerxías fósiles leva anos pasándonos a súa factura.

O traballo de Turiel quere poñer ante os nosos ollos a situación na que nos atopamos para que afrontemos con madureza o Gran Descenso. O título do ensaio é relevante: que é o que imos facer sen enerxía? Como nos queremos organizar? Porque, recorda o autor, “a escaseza de enerxía e materiais non constitúe un determinante de qué sociedade podemos construír no futuro, senón tan só un condicionante”. A consecuencia de todas as crises que explica Turiel é unha “redución do metabolismo da economía global” ao que nos teremos que afacer para sobrevivir. Esa redución do mundo acaecido, unha mera condición material, non impide que procuremos e inventemos solucións porque “o verdadeiro problema non é de recursos [...] senón do sistema socioeconómico que non queremos mudar”.

Cómpre achegar solucións e Turiel, dende unha moderación moi intelixente coa que pretende sumar a meirande número de persoas posíbeis, non se limita a formular o conflito e remata a súa obra cunha chamada á acción. “Non colapsaremos se non queremos” —di o autor— porque “é posíbel satisfacer unha boa parte das necesidades da poboación consumindo moitísima menos enerxía” (e neste caso non renuncia citar un dos estudos que lle permite defender esta afirmación). A meirande parte do consumo de enerxía e materiais “no reverte nunha mellora real das nosas condicións de vida. Faise porque responde á lóxica dun sistema económico que procura a acumulación de capital e o crecemento económico sen límites”. A realidade impón o decrecemento pero é precisa “unha resposta axeitada a nivel de organización social” para que ese descenso inevitábel non supoña un novo austericidio senón un verdadeiro decrecemento democrático.

No último capítulo achega unhas poucas medidas que poden ser un primeiro paso (a loita contra o desperdicio de alimentos, a limitación drástica dos vehículos privados, a promoción do consumo de proximidade, a loita contra a obsolescencia programada...) nesa nova organización do mundo. Medidas que supoñen unha ínfima escolma das que, xa en 2013, constituíron a cerna da moito máis ambiciosa Guía para o descenso enerxético que armou a asociación Véspera de nada para unha Galiza sen petróleo e que propuña numerosas medidas para afrontar o Descenso dende diferentes eidos: o transporte, a alimentación, o hábitat, o consumo enerxético doméstico, a saúde, a educación e a formación, a economía, as relacións sociais e a acción comunitaria. As propostas de Sin energía non son moitas porque ao que Turiel dedica o libro, como confesa no seu remate, é a describirnos o teatro para nos convidar a saír a escena e actuar xa. Recuperar o traballo de Véspera de nada pode ser un bo guion para o primeiro acto do drama.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Madrid
Movimiento republicano Miles de personas claman en Madrid contra la monarquía y por la República
En el 11 aniversario de la proclamación de Felipe VI, una marcha unitaria reclama que este reinado sea el último de España.
Rap
Rap Los Chikos del Maíz: “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en la que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.

Últimas

Ocupación israelí
Movilizaciones Un centenar de organizaciones de 26 países denuncian a la empresa vasca CAF y su tren del apartheid
Más de 50 localidades salen a la calle este fin de semana para señalar a la empresa que construyó el tranvía que conecta Jerusalén con territorio ocupados y exigir el fin del genocidio en Gaza.
La vida y ya
La vida y ya Un rato de cada lunes
Pero, lo más coincidente ha sido, expresado de distintas maneras, su agradecimiento hacia ese lugar. Su lugar elegido.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí La policía egipcia impide con violencia la marcha internacional a Gaza
La marcha de 4.000 personas a Gaza es reprimida por la policía del régimen de Al-Sisi. La organización pide a las embajadas que reaccionen y protejan a sus ciudadanos.
Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio De océanos y detenciones
VV.AA.
La acidificación del agua marina supera sus límites mientras Israel aborda la Flotilla por la Libertad.
Más noticias
Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.
Argentina
Extrema derecha La motosierra de Milei se ceba con los hospitales públicos y las personas con discapacidad
Los recortes del Gobierno afectan al Hospital Garrahan, un centro de alta complejidad, referente pediátrico nacional y latinoamericano, y también a los recursos de las personas con discapacidad, a los que el ejecutivo califica de “idiotas”.

Recomendadas

Pensamiento
Economista Clara Mattei: “El liberalismo y el fascismo están unidos en su protección del orden del capital”
El ambicioso ensayo 'El orden del capital' nos traslada al Reino Unido y la Italia de la I Guerra Mundial, que se contemplan como un momento bisagra: el auge de socializaciones y cooperativizaciones que tuvo lugar durante la contienda y la inmediata posguerra fue abortado a través de un 'shock' austericida destinado a restaurar la centralidad de los grandes capitales.
Derecho a la vivienda
Jaime Palomera “La vivienda necesita una revolución”
Investigador y uno de los fundadores del Sindicat de Llogateres, Jaime Palomera presenta ‘El secuestro de la vivienda’, un libro sobre el juego amañado en el que los propietarios son cada vez más ricos y los inquilinos cada vez más pobres.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Brasil
Extrema derecha Arte en tiempos de fascismo: cuando enseñar a Goya y Rubens le cuesta el puesto a un profesor
Una clase de Historia en la escuela municipal en una localidad del Estado de São Paulo desemboca en acusaciones contra el profesor y una campaña de difamaciones que encabeza el concejal de educación de la zona, de la extrema derecha bolsonarista.