Crisis climática
As consecuencias para Galiza dunha máis que probable detención da Corrente do Golfo

Un estudo afirma, cunha seguridade do 95%, que a corrente termohalina do Atlántico Norte se deterá en calquera momento de aquí a fin de século.
The Day after Tomorrow
Fragmento do póster do filme 'The Day after Tomorrow' (2004).

Coordinador do Instituto Resiliencia

28 feb 2024 06:00

A película de Roland Emmerich The Day After Tomorrow (2004) mostraba a súpeta irrupción dunha nova era glacial debida ao caos climático antropoxénico, que enterraba baixo ducias de metros de xeo boa parte do hemisferio norte. No cartaz promocional da película, a conxelada desembocadura do río Hudson cubría a Estatua de Liberdade até o pescozo. Aínda que moitos consideraron daquela totalmente irreal esa posibilidade, e sobre todo que sucedese tan de golpe, o científico Stefan Rahmstorf, experto nos efectos da circulación termohalina do Instituto Potsdam de Pesquisas sobre o Impacto Climático, comentara: “Está claro que é unha película de desastres e non un documental científico [...] pero presenta unha oportunidade de explicar que hai unha cousa do seu trasfondo que é correcta: os seres humanos si que estamos, cada vez máis, mudando o clima, e isto é un experimento bastante perigoso, que inclúe o risco de mudanzas abruptas e imprevistas.” El consideraba entón que era “extremadamente improbable” que vísemos nos vinte anos posteriores á estrea do filme, “mudanzas importantes na circulación do océano” mais engadía que “a maioría dos científicos” pensaba que iso só sería un risco máis serio de cara ao final deste século. Ben, eses vinte anos xa pasaron, e o risco parece máis probable e achegado no tempo. No ano 21 o seu prestixioso instituto, un dos máis importantes en todo o mundo dedicados ao estudo do caos climático, publicaba un par de  novas que xa eran alarmantes: “O Sistema da Corrente do Golfo está máis débil do que nos últimos mil anos” e "Un importante sistema de correntes do océano Atlántico podería estar achegándose a un umbral crítico“. Ambas novas referíanse á AMOC, siglas en inglés da circulación meridional de capotamento do Atlántico, comunmente coñecida como a Corrente do Golfo. E o ano pasado aínda se publicaron novos estudos que viñan reafirmar as peores previsións: a corrente amosa signos claros de ralentización e é case seguro que se vai deter de aquí a fin de século. Na actualidade Rahmstorf recoñece: ”A evidencia científica agora apunta a que non podemos tan sequera descartar que crucemos un punto de envorco na vindeira década ou dúas décadas". A realidade vaise achegando máis e máis á ficción.

A detención da AMOC podería traer unha realidade a Europa semellante á película “The Day After Tomorrow”.

O científico e divulgador Antonio Turiel, que precisamente traballa no campo da Oceanografía Física no Instituto de Ciencias do Mar do CSIC en Barcelona, vén de publicar un importante artigo no seu blog baixo o título de “Si nuestra supervivencia fuera importante”, que o levou a aparecer xa en varios medios, como a TV pública catalá, para explicar o que estes novos estudos sobre a AMOC implican. E o que nos explica non se afasta demasiado do que a película de Emmerich amosaba, aínda que o efecto de conxelación se centraría neste caso na metade norte do noso continente e transcorrería non no acelerado tempo das catástrofes de mentira made in Hollywood, senón ao longo dunhas poucas décadas: os países da Europa do noroeste, e a parte norte dos da Europa central, poderían quedar inhabitables ao descender as súas temperaturas mesmo ata 15 ºC de media (o clima que lles correspondería por latitude, semellante ao do Canadá), aínda que polo camiño poderían combinarse con ondas de calor extremo no continente, como indican outros expertos. Turiel calcula que o xeo podería cubrir París, e o galego Damián Ínsua, do Laboratorio de Extremos Hidroclimáticos da Universidade de Gante, calcula que quedaría algo máis ao norte, cubrindo Escandinavia enteira e a metade das illas británicas. Isto implicaría non só unha especie de nova glaciación en medio continente, senón a perda das precipitacións que agora temos grazas á AMOC e, por descontado, a profunda alteración e destrución da vida mariña no Atlántico norte.

Esta parte da corrente termohalina, esa especie de cinta de transporte submarino que vai distribuíndo calor e sal a escala planetaria, é apenas un dos varios elementos do sistema climático que están expostos a sufrir o que se denomina en inglés tipping points, puntos de envorcadura, puntos sen retorno que unha vez superados, levarán o clima a estados irreversibles e posiblemente poñan en marcha, en cadea, a activación doutros puntos críticos. Así, por exemplo, Turiel explica que a detención da AMOC causaría que a calor que agora nos trae esta corrente procedente da parte tropical e dos mares do sur do planeta, quedaría alí retida, provocando un aumento aínda maior das temperaturas e alterando o réxime de ventos e chuvias coma os monzóns e provocando a desaparición de selvas como o Amazonas, precisamente outro dos puntos críticos do delicado sistema climático do planeta Terra co que tan irresponsable e temerariamente está a xogar a nosa civilización. "Imos de cabeza cara ao punto de envorcadura”, afirma René van Westen, autor principal do estudo publicado o pasado ano e que elevou a alarma entre a xente que estuda o clima.

Os últimos estudos publicados apuntan a que nos diriximos a un punto de non retorno.

A perspectiva que debuxa Turiel a partir destes últimos estudos sobre a AMOC é aterradora: aínda que este arrefriamento nunha parte de Europa non detería a posible desertificación e sobrequentamento da bacía mediterránea, si que abondaría para provocar un progresivo éxodo cara a ela de millóns de persoas (na zona potencialmente conxelada viven agora uns 300 millóns) que irían vendo como ano tras ano, dun xeito que podería ser moi rápido, os seus países van quedando máis cubertos de xeo entre inverno e inverno, con menos auga, con menos agricultura e con eventos climáticos máis extremos. Termos que acoller en países como España, Portugal, Italia ou Grecia e os Balcáns esta inmensa poboación refuxiada procedente do norte, ao mesmo tempo que se incrementa a que chega dos países de África e Asia, progresivamente inhabitables polas consecuencias que tería alí esta detención do reparto oceánico de calor e humidade, non é un escenario que pareza figurar entre as preocupacións dos nosos dirixentes. Os nosos gobernos e partidos da oposición parlamentaria seguen miopemente centrados en cuestións do curto prazo, coma se o caos climático non estivese aí, agravándose día tras día, ou coma se non fose unha auténtica ameaza existencial que pode levar por diante non só todas as súas políticas e proxectos, senón os propios Estados e as propias vidas de moitos dos seus cidadáns. Porque as envorcaduras do clima poden estar moito máis preto do que pensan. Os científicos do devandito estudo dan como data máis probable para o colapso da AMOC, o ano 2057. Para que te fagas unha idea máis persoal do que implica esta data, será cando o teu fillo de 10 anos teña máis ou menos a mesma idade que ti tes agora.

Porén, avisa Turiel de que non é seguro que se deteña de todo, aínda que se seguimos sen tirar do freo de emerxencia das emisións destrutivas do clima, ese desenlace está asegurado. No seu artigo, el remata propondo unha actuación urxente aos gobernos do mundo, para termos algunha posibilidade de evitar este horripilante escenario: dedicar todos os recursos necesarios para realizar con urxencia novos estudos científicos que tenten confirmar a gravidade da situación e estimar o tempo do que dispoñemos para nos prepararmos, e acto seguido, acordar un plan internacional vinculante para reducir un 90% das emisións de gases de efecto invernadoiro en todo o mundo, para así evitar que se continúe a derreter o xeo de Groenlandia, que é o que está a perturbar a AMOC coa súa achega masiva de auga doce ao Atlántico norte. Esta drástica redución de emisións, por suposto, implicaría unha transformación radical do sistema económico mundial, incluíndo unha redución nunca antes vista da actividade económica, e unha coordinación tamén sen precedentes entre todos os países, superando calquera competencia xeoestratéxica ou polos recursos. Por nos facermos unha idea do nivel das mudanzas precisas, podemos calcular grosso modo que reducir un 90% as emisións implica que só circularía 1 de cada 10 camións, 1 de cada 10 coches, que só podería funcionar 1 de cada 10 fábricas, 1 de cada 10 tractores... O noso nivel material de vida reduciríase drasticamente, e habería que racionar case todo, ao tempo que se reorganizaría a sociedade ao xeito das economías de guerra de maneira que as necesidades básicas de todo o mundo fosen satisfeitas. As nosas vidas cambiarían totalmente, pero poderíamos así, se cadra, evitar o panorama de milleiros de millóns de persoas tendo que migrar a causa do caos climático. Porque como advirte Tim Lenton, científico do clima, o colapso da AMOC tería efectos en cascada por todo o planeta e “nalgúns lugares sería imposible que a xente se adaptase”. As migracións de escala planetaria estarían aseguradas.

A única maneira de evitalo pasaría por reducir as nosas emisións (e economías) nun 90%.
Europa durante el Dryass Reciente
con

En Galiza deberíamos comezar a considerar moi seriamente esta perspectiva, non só polo que nos afectase directamente, por exemplo en forma de furacáns e supertormentas procedentes do Atlántico, ou pola transformación que implicaría ter menos precipitacións, que se nos fixamos nun período paleoclimático similar ao que se nos anuncia, o Dryass Recente, podería significar que seríamos zona de estepa arborada, xunto co arco que vai de Portugal até o Cantábrico, mentres no resto da Península podería haber unha mestura de deserto e estepa seca. Deberíamos facelo especialmente pola posibilidade moi real de que as persoas que, inicialmente en previsión consciente do risco, e máis adiante polo avance do xeo perpetuo nos seus territorios, nos escollan como o seu novo fogar onde fuxir do caos climático. Xa comezamos a ver como se converte Galiza en refuxio climático, mesmo co apoio entusiasta dunha Xunta de Galicia que non sabe realmente o que nos vén enriba e o que implica ser refuxio nun planeta que se esborralla. Porque non falamos dunha presada de alemáns ou ingleses que veñan con cartos na maleta mercar un par de casiñas na aldea, senón de moitos millóns de persoas, tanto das áreas máis afectadas pola desertificación (que non ten por que frear a detención ou ralentización da AMOC) no sur e leste da Iberia, como de todo o norte de Europa. Non sería de estrañar que nas vindeiras décadas vísemos ofertas para mercar vilas ou mesmo comarcas enteiras, do noso interior máis despoboado, por parte destes refuxiados ricos (ou mesmo os seus gobernos, ou grandes empresas), mentres por aquí continuamos deixando que afoguen no mar milleiros de refuxiados pobres, moitos deles en teoría con dereito ao asilo, ou que directamente sexan masacrados ou morran de fame sen saíren dos seus países.

Aínda que cómpre seguir estudando a evolución da AMOC, parece máis ca confirmado que está camiño de se deter, e a única dúbida sería cando. Precisamente ese é o factor sobre o que podemos ter aínda algunha opción de intervir, como afirma Van Westen: “Cándo suceda dependerá do rápido que agravemos a mudanza climática”. É por iso que deberíamos estar actuando xa coa urxencia e contundencia que a gravidade deste fenómeno require. Se continuamos a ignoralo, acabarémolo pagando, nós ou os nosos fillos, demasiado caro.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cádiz
Derechos Humanos Algeciras se moviliza contra la apertura inminente de un nuevo CIE
La Coordinadora CIEs No Cádiz ha convocado una manifestación este sábado 14 de diciembre contra la apertura de un nuevo centro de internamiento para extranjeros en la localidad
Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Migración
Fronteras El futuro no cuenta con las personas africanas o, ¿por qué migran?
Mientras en Europa se insiste en la narrativa de que vienen demasiadas personas de África, sin proponer más respuesta que la externalización de las fronteras y la criminalización, los factores de expulsión se multiplican en el continente.
juabmz
11/3/2024 21:40

"El futuro es ya / el que algo quiere, algo le cuesta, / me lloran los ojos al abrirlos a la claridad." (Germán Coppini, na memoria)

0
0
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Oriente Próximo
Oriente próximo La diáspora kurda ante la caída de Bashar al-Assad
Siria enfrenta el fin de un régimen que durante décadas pareció inquebrantable. Desde la diáspora, la esperanza contenida de quien ha vivido demasiadas traiciones y promesas incumplidas.
Amazonía
Caso Chevron Pablo Fajardo: “Sacrificaron la Amazonía y la vida de la gente por racismo y por la ganancia económica”
El activista y abogado Pablo Fajardo fue elegido hace casi 20 años por la Unión de Afectados por Texaco para el juicio más importante contra la petrolera Chevron. Dos décadas después sigue luchando por la justicia ambiental y social en Ecuador.
Ley de Seguridad Ciudadana
Congreso de los diputados Reforma de la Ley Mordaza: ¿esta vez sí se puede?
Una de las mayores deudas de toda la izquierda del Estado español parece que está a punto de saldarse.
La vida y ya
La vida y ya Ya no sé quién vive en el primero
El barrio se ha transformado tanto que pueden pasar semanas sin ver por la calle una sola cara conocida porque los vecinos han sido sustituidos por turistas.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Análisis
Análisis Rojava en peligro
Las intenciones de Turquía en Siria ponen en peligro no solo la Administración Democrática Autónoma del Norte y Este de Siria (AADNES) sino también la convivencia del resto de minorías presentes en el país.
Literatura
Gustavo Faverón Patriau “Quizá la novela sea ahora mismo más relevante que nunca”
El escritor peruano Gustavo Faverón Patriau quería narrar en su nueva novela la historia de un boxeador que no sabía boxear pero tumbaba a sus rivales recitándoles al oído versos de César Vallejo. ‘Minimosca’ acabó siendo un cuentacuentos inagotable.
Galicia
Memoria histórica Así fue como el Patronato de Protección a la Mujer transformó Galicia en un convento de clausura
Las mujeres que cayeron en las redes del Patronato iniciaron un periplo de encierro, humillaciones, abusos y explotación que es desconocido para la mayor parte de la población. Queda hoy en la impunidad de un silencio que tenemos el deber de romper.

Últimas

Opinión
Tribuna Todas las razones para decir ‘Altri non’
Aquí van unos cuantos motivos para juntarnos este domingo en Compostela y dejar clara nuestra postura frente a un expolio que nos están tratando de imponer disfrazado de progreso, pero que sólo trae beneficio económico a unos cuantos indeseables.
Relato
Relato Descubrirse las manos
Descubres tus manos: el palmar y el dorso, la posibilidad futura de la pinza atrapacosas, dos miembros que te vinculan al chimpancé y al lémur. Aprendes su mecanismo.
Música
Música Un coro para homenajear las luchas obreras: “La canción protesta del pasado es historia viva”
El coro de canción protesta de Madrid nació para rescatar del pasado las tonadas de la lucha obrera y ponerlas al servicio de distintos activismos en el presente.

Recomendadas

Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”
Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.