Opinión
Urxe unha xestión responsable do territorio

Antonio Manuel Estévez Prieto continúa analizando as consecuencias do cultivo do eucalipto en Galiza, que supoñen un cataclismo instantáneo por ignición do noso ecosistema pola falta de políticas territoriais acertadas no medio rural.

Eucalipto Galiza_3
Pablo Santiago A masa forestal adicada ao monocultivo do eucalipto aumenta de xeito alarmante.

No primeiro artigo analizabamos os impactos sociais e os elementos técnicos do monocultivo do eucalipto en Galiza dende unha perspectiva da economía clásica na cal agora afondaremos. Polo que cabe preguntarse: ¿De que xeito se agarda cambiar os designios que marca a macroeconomía e loitar contra o "custo de oportunidade"? Pois este é o termo que se usa en economía financeira para definir o inferno de Dante, que xa se describiu antes na fábula da galiña dos ovos de ouro. ¿Están a pensalo facer de balde, sen achegar dende a administración ningún apoio que faga inclinar o prato da balanza? ¿Pretenden seguir promovendo esa economía destrutiva e atropelada que supón o eucalipto, propia dun país do terceiro mundo en vías de desenvolvemento.

Parece que á administración non lle importa converter en monocultivo unha especie alóctona, cunha bioloxía marcadamente invasora e totalmente exenta de beneficios para a flora e fauna autóctonas, é comprometer a todo o país por xeracións. Magnífica proposta de 20.000 hectáreas de castiñeiro, serían mellor 200.000, pero ¿Como acadar tan só 2000 se a quenda de corta do eucalipto son 13-15 anos fronte á outra que, no mellor dos casos e na mellor “aptitude do sitio” ascende a 35-40? ¿Sen incentivar economicamente á segunda e, polo menos, restrinxir a plantación da primeira con algún tipo de medida, normativa, limitación ou facéndoa menos atractiva? ¿Por qué en Alemania se fomenta de xeito decidido dende os estados federais a plantación de caducifolias autóctonas como o carballo albar (Quercus petraea) se están no paralelo 51 e a quenda de corta son 110-120 anos? ¿Por que en Galiza non se pode facer no paralelo 42 coa quenda de corta do carballo (Quercus robur) en 80 e o castiñeiro en 40?

A falacia do eucalipto como futuro do noso monte

Polo tanto, pensar no eucalipto en Galiza como unha opción de futuro é crer que a sociedade moderna pensa que a biodiversidade non vale nada, que a regulación hidrolóxica tampouco, que a edafoloxía e fertilidade son meros romanticismos, que o clima é algo secundario fronte a produción de pasta de papel -pasta da cal dependen bastante menos postos de traballo que os habitantes que abandonan o rural galego todos os días cara a un futuro incerto nas cidades doutros lares- que a paisaxe non forma parte da identidade de un pobo e, en definitiva, que os valores intrínsecos dunha cultura popular non están absolutamente ligados ao medio onde se desenvolve. Pero penso que nesta esperanzadora plataforma creada, non imos caer no xogo nin tampouco na trampa de cuantificar monetariamente a biodiversidade, o chan, o clima ou a paisaxe, precisamente porque non ten prezo, e, como dicía Antonio Machado: "todo paparón confunde prezo e valor".

Deberíanselles ditar ordes de afastamento ao sector público a quen defende a práctica do desenvolvemento sostible ao mesmo tempo que o avance do eucalipto. É unha grande idiotez e incoherencia.

hectáreas eucalipto

As políticas de xestión do territorio como solución

Agora se dividimos os 170.000.000 de euros de gasto en extinción entre os 2.000.000 de hectáreas de superficie forestal,  obtemos unha cifra de 85 € por hectárea Por que ese “custo de oportunidade” do eucalipto, en que se prefire obter o rendemento -por pequeno que este sexa- nun prazo de tempo moi curto, e que está marcando unha apocalipse ambiental sen precedentes en Galiza, non o poñemos a traballar cara a nós? Por que non se ofertan eses cartos como axudas anuais para fomentar o compromiso do silvicultor con non volver a plantar esta especie ou, incluso, comprometerse a desentalala -reducindo de forma evidente a susceptibilidade dos incendios- para recibir bastante máis ó ano do que lle produciría ter plantado eucalipto?

Alguén dubida que un propietario con tres hectáreas, ofrecéndolle unha cantidade de máis de 250 euros anuais por elas (85 €/Ha), recibindo a percepción dende o primeiro ano -non precisando agardar os 13-15 consabidos anos á quenda de corta do eucalipto- se apuntaría sen pensalo a non plantar esta especie e manter a parcela limpa e deixando medrar os carballos e as especies autóctonas, con índices de combustibilidade inmensamente menores segundo estudos elaborados polo INI no ano 1989? Alén de que tamén por rexeneración espontánea xermolarán e arraigarán, facendo diminuír de forma extraordinaria a casuística dos lumes ata chegar a unha situación de equilibrio sorprendentemente rápida no tempo. Aquelas persoas ou administracións que o dubiden, que proben a visitar o rural galego algunha vez e que o formulen ao primeiro que encontren.

situación monte eucalipto

Mais agora vén o mellor, o incrible, 85 euros multiplicados por 13 anos de duración da quenda de corta do eucalipto dan 1.105 Euros por hectárea. Recordemos os anteriores 500 Euros recortados por múltiples gastos de plantación. Unha cantidade que, os propietarios que lle quixeran dar aos seus terreos a cualificación de libres de especies incendiarias, poderían percibir só por velos medrar en harmonía co medio, mentres deciden que opción realista de desenvolvemento sostible destinarlle e así rendibilizalos moito máis que coa plantación de eucalipto. Esta si sería unha decisión que lle salvaría a vida ó rural galego e lle devolvería a súa dignidade. Paulatinamente, e moito máis rápido do que se podería imaxinar ninguén o problema dos lumes entraría nunha irreversible fase de regresión.

Esta situación é de total perplexidade, pois gastamos inxentes cantidades de diñeiro en extinción de incendios mentres enchemos o monte de gasolina.

De recente actualidade son as declaracións do presidente da Xunta  no programa “Salvados”, nas cales dicía que “o monte en Galicia non arde, queimano”. Conviría recordarlle o señor presidente, que é un home de letras, algo de física elemental, tal así como que para que se produza unha combustión fai falla a seguinte ecuación: K = O + F + C; onde K é a propia combustión, O é o osíxeno, F é a fonte de ignición e, por último, C é o combustible. A referida afirmación, ou ben é unha grande inxenuidade pola súa parte ou ben é froito dun enorme desatino. ¿Por que querer seguir centrándose en imponderables pertencentes aos integrantes do grupo F, esquecendo por completo a actuación sobre os integrantes do grupo C?. Sabendo que F, chámese Pepe ou Manolo, queime por vinganza ou por patoloxía, como variable dependente, non pode progresar en ausencia de C, que é a auténtica variable independente. Se se me permite a metáfora, centrarse na fonte de ignición sen facer nada por frear a cantidade de combustible constitúe unha magnífica “cortina de fume” para non abordar de forma coherente a cuestión dos lumes e non falar de onde radica o verdadeiro problema. En definitiva, se esa é a reflexión da Xunta, o drama do eucalipto en Galiza non deixa de ter unha connotación irracional e, sobre todo, absurda, algo moi inherente ó animal vertical segundo Konrad Lorenz.

Cargando valoraciones...
Ver comentarios 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

Murcia
Extrema derecha
La Fiscalía de Murcia investigará si el presidente de Vox Murcia ha incurrido en delitos de odio
El órgano judicial responde a las denuncias de PSOE, Izquierda Unida y Podemos que apuntan a José Ángel Antelo como instigador de las razzias que se están llevando a cabo en Torre Pacheco.
Opinión
Integración, valores europeos, y otros grandes chistes racistas
El poder ha sabido rentabilizar bien las migraciones: se explota su fuerza de trabajo para engordar las sacas del capital, se explota su alteridad para que la gente no piense en la desposesión que sufren por culpa de este régimen de la avaricia.
Opinión
Lo de Torre Pacheco tiene un nombre: terrorismo supremacista blanco
Lo que está pasando en la localidad de Murcia es responsabilidad de una narrativa supremacista blanca alimentada por políticas migratorias racistas y por la criminalización y estigmatización que sufren las poblaciones migrantes y racializadas.
Comunidad de Madrid
Los bomberos forestales madrileños inician una huelga de un mes
Cerca de 80 trabajadores se han encerrado en la sede de Tragsa a la que acusan de no negociar mejoras laborales y ante la “desidia” de la Comunidad de Madrid.
Economía
¿Cómo funciona el mecanismo de defensa que Europa podría activar contra los aranceles de Trump?
Varios gobiernos europeos apuestan y presionan a la Comisión Europea para que active el Instrumento contra la coerción económica contra las amenazas estadounidenses.
El Salto n.79
La celulosa o la vida: periodismo situado y lucha social para frenar un ecocidio
El jueves 17 de julio os esperamos en el CS “A Nubeira” de Vigo para presentar el último número de la revista El Salto.
Maternidad
La discriminación de las familias monoparentales por los permisos de nacimiento llega al TEDH
Una familia monoparental demanda al Estado español por entender que se ha vulnerado su derecho a la no discriminación.
Fronteras
Las devoluciones en caliente de solicitantes de asilo pasan a ser política oficial en Alemania
La Alemania de Friedrich Merz consagra una política de mano dura y devolución en caliente de solicitantes de asilo que las ONG de apoyo a migrantes denuncian como ilegal.

Últimas

Comunidad El Salto
El Salto estrena nueva página: una web como una casa
Después de un año de trabajo, lanzamos en julio la nueva web de El Salto, con un nuevo diseño, pero, sobre todo, con una nueva Zona Socias llena de ventajas para las personas que hacen posible El Salto con su apoyo.
Alicante
Denuncian cortes de suministro en pleno verano por parte de Aguas de Alicante
Varios bloques de edificios del barrio de Los Ángeles padecen cortes de agua a lo largo del mes de junio y julio sin que la empresa les diera una respuesta clara sobre la situación.
Sindicatos
Extremadura con Las Seis de La Suiza
CNT Extremadura, con el apoyo del Sindicato 25 de Marzo, CC.OO y UGT, convoca una concentración de apoyo en Cáceres el jueves 17 de julio.
Opinión
Redes sociales
Todos vivimos ahora en el castillo del vampiro
Puede parecer contraintuitivo, pero irritar a la gente es de hecho una manera ahora de pacificarla. Porque lo que hace es agotarnos: canalizar nuestro tiempo y nuestra energía creativa al espacio virtual.
Más noticias
Palestina
La coordinadora europea contra el antisemitismo dice que los informes sobre la hambruna en Gaza “son rumores”
Katharina von Schnurbein es la encargada de proteger a Israel en las discusiones que esta semana tienen lugar sobre el acuerdo preferencial que la UE tiene con el Estado sionista.
Palestina
Más de mil caras conocidas de la cultura exigen al Gobierno que cese la venta de armas a Israel
Una carta dirigida al presidente del Gobierno por más de mil profesionales de la cultura considera que “mantener los negocios armamentísticos con Israel es complicidad activa con el genocidio”.

Recomendadas

Málaga
Málaga, el punto de inversión para los fondos israelíes a pie de playa
Diversos fondos de origen israelí están presentes en proyectos urbanísticos de Málaga influyendo en la turistificación de la provincia mientras se enriquecen con la ocupación de Palestina
Feminismos
Patricia Reguero
“Mis relatos están escritos al lado de otras, arropada por la escucha de otras”
Patricia Reguero Ríos, redactora de El Salto, presenta ‘Todo lo que pasó el día que me mordió mi hija’ (La Imprenta, 2025), un conjunto de relatos que desde lo individual apelan a lo colectivo y que se devoran con una mezcla entre ansiedad y placer.
LGTBIAQ+
Mana Muscarsel
“La amistad da más juego para salir de la lógica de la familia porque tiene menos reglas"
La autora y psicóloga argentina pone en valor la amistad frente a los modelos relacionales centrados en la pareja y la familia. Tampoco le interesa la familia elegida: “Marca una línea muy clara entre lo que pertenece y lo que no”.
Barcelona
El reciclaje invisible: la relación entre la chatarra y la ciudad de Barcelona
La red de reciclaje en Barcelona es de una complejidad casi hermética, más aún si hablamos de los recicladores informales, más conocidos como chatarreros. Salimos a la calle a entender una economía sumergida que está a la vista de todos.
Comentarios 1

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...