Medio rural
A irracionalidade do monocultivo do eucalipto en Galiza

Antonio Manuel Estévez Prieto, director do CREA - Galiza (Centro para a Reprodución de Especies Ameazadas) e presidente do BIG (Banco de Ideas de Galiza para o Fomento da Investigación), analiza a realidade da nosa masa forestal e a promoción do monocultivo do eucalipto que dende fai décadas é apoiado polas administracións públicas galegas.

Eucalipto Galiza
Eucaliptos en Galiza. Pablo Santiago

A situación do eucalipto e as resinosas en Galiza é só comparable a un escenario especulativo en grao máximo. Sería semellante a permitir manter tipos de xuro moi altos a prazo fixo para vivir de rendas, afastados da realidade do medio natural que produce a riqueza. Explotando os nosos bosques e montes sen control, sen pagar ningunha peaxe polo dano e pola inexistencia de beneficios ambientais da súa explotación. Mentres que, ao mesmo tempo, non se permite que un sector amplísimo da sociedade puidese vivir do real, sensato e sostible aproveitamento dese medio natural. Polo tanto, supón un desprezo enorme a toda a xente nova que ten que saír de Galiza para buscar un futuro, que se podería dar con seguridade no noso ámbito rural. Para, deste xeito,  permitir que se poñan en produción contas a eses tipos de interese cun produto que só lle renda a esas mesmas contas, pero grazas a uns recursos que nos pertencen a todas as persoas e que, por enriba, ten inmensas repercusións negativas no chamado interese xeral. Trátase dun feito absolutamente inaceptable, tan disparatado como falar do leite que produce unha vaca sen valorar a palla que come, ou os custos da eliminación dos xurros que xera, é unha visión económica segada, tendenciosa e absurda. Non soporta nin a mais mínima análise  feita con rigor.

O monocultivo do eucalipto en Galiza, se se pensa desde a coexistencia simbionte co medio no cal ten que medrar é tecnicamente inviable.

Referido aos índices de combustibilidade é socialmente inaceptable e, valorando o seu escaso valor engadido como produto forestal, en comparación co enorme fluxo negativo de caixa que provoca -polos seus efectos alelopáticos e a exclusión da práctica totalidade das outras opcións no seu monocultivo-, é economicamente catastrófico. Un dato relevante, entre 2006 e 2014 a produción anual de papel en España caeu de 7868 a 6036 toneladas, o sector caeu un 24 %. Toda unha prometedora opción de futuro se só pretendemos falar de diñeiro. No estudo publicado pola Aula Cultural de Caixa Ourense en 1999 co título: “Análise Económico-Comparativo entre a Rendibilidade Derivada da Repoboación Forestal con Especies do Xénero Quercus e Eucalyptus globulus”, demostrase, técnica e matematicamente, que o eucalipto non é -salvo polo “custo de oportunidade”- nin sequera a opción máis rendible. Se realmente alguén quere falar de diñeiro, atoparase de fronte cos resultados asoballantes desta análise financeira en que confluíron expertos de coñecida e sobrada solvencia en economía e enxeñería forestal. Polo que se pode concluír que somos vítimas dun auténtico complot, dunha conspiración en toda regra para asolar todo un país no cal, paradoxicamente, a súa maior riqueza está presente nos seus bosques e montes, no seu medio natural.

Eucalipto Galiza_2

Para agravar a situación, o Eucalyptus nitens, que xa ten carta branca para ser repoboado, supera con folgura a "Timberline" do Eucalyptus globulus (elevación máxima á cal unha especie pode sobrevivir por réxime de xeadas), a cal se mantiña antes a 400 metros de altitude. O cal quere dicir, entre outras cousas, que as serras orientais de Galiza, os teitos do país, as áreas naturais menos afectadas polo monocultivo, as máis preservadas da explotación sen control, se verán colonizadas por este novo problema que significará un impacto maior que o que xa constitúe severamente Eucalyptus globulus.

Alternativas económicas para o noso medio natural

Dicía Antonio Gaudí que a orixinalidade consiste en tornar á orixe, por conseguinte, habería que preguntarse como Galiza sobreviviu coas súas propias producións agroforestais e silvopastorais dende sempre, sen depender dunha especie instalada como monocultivo hai medio século aproximadamente. A produción de landras para o consumo da gandería extensiva converte actualmente a produción de carne en verdadeiro ouro nos mercados internacionais. A escalada do valor do "porco ibérico", do "porco celta", do "xamón de landra", do "jabugo" é exponencial, non só dende o punto de vista da gastronomía con valor engadido, senón dos propios descubrimentos científico-médicos relacionados coa alimentación e a bromatoloxía. Pero, sen dúbida, a produción de froitos do bosque, como son a grosella (Ribes rubrum-nigrum), o arando (Vaccinium corymbosum), o espiño amarelo (Hippophae rhamnoides), a mora sen espiñas (Rubus fruticosus) serían elementos a explorar que permitirían unha convivencia co noso medio natural. Sen falar dunha interminable lista de plantas con aplicacións médicas para farmacia e parafarmacia, sector con tremenda puxanza na actualidade, que poderían traer unha inmensa riqueza repartida entre infinidade de empresas familiares, e romper así o monopolio da riqueza concentrada nunha soa empresa de celulosa, na rexión probablemente con maior aptitude forestal de Europa.

En Galiza poderíase producir case calquera tipo de madeira de calidade e, tristemente, adícase case por completo a unha madeira que acada hoxe os prezos máis baixos, incluso aínda máis baixos que o "piñeiro do país" (Pinus pinaster), debido a sobreoferta que hai no monte, pero á custa de consumir inxentes cantidades de recursos, alén da nosa biodiversidade, a nosa paisaxe e, incluso, a nosa cultura popular. Hoxe non falaremos de índices de combustibilidade e pouco de incendios forestais, pero xa se sabe que, desgraciadamente, poderiamos. Pero un só apuntamento, case anécdota. Nunha ocasión, un brigadista de Ourense, despois de coñecelo nun restaurante, sen que el soubera quen era eu para o eucalipto, díxome o seguinte: “Nos, cando temos realmente medo pola nosa vida, nun episodio de extinción, buscamos unha carballeira para agocharnos”. Sen verbas. Tome nota todo aquel a quen lle quede un gramo de conciencia.

Pola contra, di o goberno da Xunta que non é realista opoñerse ao eucalipto sen control. ¿Por que non probar a derrogar todas as normativas urbanísticas nas cidades? ¿Tampouco é realista limitar o chan construído en terreo urbanizable? Sendo o activo máis importante no seo urbano, ¿Por que entón limitalo se se perde de gañar diñeiro? Non hai unha alternativa práctica a el. Entón, non debe haber nada que o regule. Segundo ese razoamento irresponsable e electoralista das nosas administracións, deixemos que cada cidadán decida o que fai coa súa parcela, que cada quen estime as distancias regulamentarias entre edificios, as liñas de costa ou as distancias aos cursos fluviais, os espazos que destinara como cotas a zonas verdes, as servidumes, etc. Démonos só 3 anos, non 30 como no caso do eucalipto, vexamos o que ocorre. Quen non é realista?

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Castellón
Castelló Salvar La Surera de Almedíjar: una llamada a la acción por el futuro del mundo rural
La cooperativa Canopia impulsa una campaña de financiación colectiva para asegurar la propiedad comunitaria y ampliar su base social.
#12603
2/4/2018 18:14

Un artigo moi certero e informativo. En efecto, ¿quen é realista? O absurdo é que nin sequera desde o punto de vista económico ten sentido o monocultivo de eucalipto. SImplemente temos o país secuestrado por unha empresa de celulosa en connivencia co poder político, nun proceso que aproveita incentiva e acelera o despoboamento rural.

1
0
Antonio Estévez - Director do Centro para Especies Ameazadas Félix R. de la Fuente
6/4/2018 22:20

Ola, son Antonio, o autor do artigo, grazas pola túa opinión, en breve salerá a 2ª parte do artigo, que non deixará indiferente a naide e é moitísimo máis contundente. Unha aperta.

0
0
xan teixeiro
16/10/2018 16:51

Moi bo artigo! É tanto o que hai que falar deste asunto,que se poderían facer moitos. No tocante aos lumes que veñen da época do Iryda e o Icona franquistas,seguidos pola "transición" coas súas mesmas políticas de repoboación,(de piñeiros e eucaliptos,madia leva pois asentamento humán devalando.....)hai que falar das empresas "antilumes "contratadas polos governos autonómicos.Demostrouse que éstas acordan os gaños e os gastos e son os principais danados económicamente de non haber lumes.Polo tanto hai que replantexar todo o que fixo dende os anos 50 do pasado século .E a senlleira ,coido eu, é a diversificación do monte galaico para que volte a ser bosque.

0
0
Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.
Andalucía
Derechos Humanos Decenas de barrios en Sevilla, Granada y Almería viven otro verano récord en calor con cortes de luz diarios
Endesa mantiene a miles de vecinos de decenas de barrios populares en las ciudades de Granada, Sevilla y Almería sin electricidad. Las instituciones siguen sin atajar una situación que lleva enquistada más de una década en muchas zonas.
Opinión
Opinión Sindicatos estadounidenses en la larga lucha contra Amazon: ¿una luz al final del túnel?
Amazon es el paradigma de la política empresarial antisindical en Estados Unidos, pero su suerte puede cambiar en los próximos años. El movimiento sindical se juega su supervivencia en ello.
Opinión
Opinión Kneecap y Bob Vylan logran lo que el punk no pudo: aterrorizar a los medios británicos
Hasta ahora, que unos veinteañeros punkis dijeran un puñado de tacos se consideraba un escándalo, pero no un motivo para cambiar todo el modus operandi de una de las cadenas de televisión más importantes y prestigiosas del mundo.
Opinión
Opinión Archivo de gestos: lo mínimo como resistencia
Archivar no es solo conservar, es también decidir qué queda fuera. Todo archivo es una forma de poder, pero también puede ser —cuando se invierte desde los márgenes— una forma de desobediencia.

Últimas

Ocupación israelí
Israel Netanyahu viaja a Washington para reunirse con Trump y valorar una posible tregua en Gaza
Hamás ha dado el visto bueno al acuerdo; pero los israelíes quieren peinar algunos flecos pendientes. El grupo islamista pide garantías y la retirada de las FDI del enclave.
Estados Unidos
Estados Unidos Las inundaciones en Texas causan 80 muertos en el contexto de recortes a la lucha contra la crisis climática
Siguen los trabajos de rescate y localización de personas desaparecidas en Texas. La respuesta a las lluvias torrenciales dejan en evidencia los hachazos presupuestarios a los servicios de prevención y emergencias de la administración Trump.
Cooperación internacional
Tribuna Extremadura ante el espejo del rearme: ¿más tanques o más derechos?
Una reflexión, con mirada extremeña y desde el mundo de la cooperación, sobre el preocupante giro hacia la militarización de las políticas públicas y de la economía.
Francia
Francia ¿Unas primarias de la izquierda francesa? La idea seduce a socialistas y verdes pero Mélenchon la rechaza
El PS, los Ecologistas y sectores disidentes de la Francia Insumisa defienden recuperar el espíritu de la coalición unitaria del Frente Popular y presentar a un solo candidato en las elecciones presidenciales de 2027.
Cine
Cine Rezad por los viajeros
‘Les voyageurs’, ópera prima del camerunés David Bingong, es un retrato de la vida de los inmigrantes que esperan para cruzar la frontera que separa Marruecos de España.
Más noticias
Fútbol
Fútbol El equipo de fútbol femenino decidido a construir un nuevo Sudán desde el exilio
Un equipo de fútbol de desplazadas sudanesas en El Cairo lucha por continuar con el sueño de jugar. En el exilio, continúan entrenando.
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.