A empresa eólica que explota o monte Acibal segue traballando malia a paralización decretada polo TSXG

A plataforma Amil sen Eólicos e a organización ecoloxista Adega demandan ao Tribunal Superior que dispoña forzas de seguridade pública na zona para verificar que tipo de tarefas están a realizarse e se cumpren co auto de paralización.
Trimestral 71 Repor Eolica Galiza - 7
Elena Martín Petróglifos danados durante as obras no monte Acibal.
14 may 2024 12:44

O colectivo Amil Sen Eólicos denunciou esta semana que, desde que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) decretou nun auto a paralización cautelar das obras para a construción dun polígono eólico no monte Acibal o pasado oito de maio, as empresas que o explotan “non pararon de traballar”. Así o denuncia a súa portavoz, Patricia Gamallo, que xunto a outras veciñas e veciños están a facer un seguimento constante das operacións que as empresas Norvento, como promotora, e Francisco Gómez, encargada de mover a terra, seguen executando nos montes de Amil.

Xunto a eles e elas, a organización ecoloxista Adega demanda que o TSXG vixíe as accións do promotor eólico tras a orde de paralización cautelar das obras de construción emitida polo propio tribunal e ante a sospeita do seu incumprimento. Os veciños puideron confirmar que desde o pasado mércores 8 de maio, día en que se comunicou o auto de paralización cautelar inmediata, as empresas continuaron a actividade na zona ofrecendo aos veciños “versións contraditorias” sobre a súa presenza ante a demanda de explicacións. “Algúns traballadores din que só están a recoller, outros que fan tarefas de seguridade e outros confirman que si que están a traballar”, denuncia Gamallo a esta redacción. En efecto, a propia organización difundiu vídeos durante esta semana nos que se constata polo menos a mobilización de maquinaria pesada, un risco de relevancia para a conservación do xacemento arqueolóxico atopado e que sostivo a paralización por parte da Xustiza. Os veciños explican que tamén puideron constatar “a contaminación do antigo nacemento do regato de Matacabalos con lixo xerado durante as obras”.

Ante estas sospeitas, Adega presentou unha denuncia o pasado xoves ante o Seprona e a Policía Autonómica, que alegaron falta de competencias para facer executable o auto de paralización cautelar inmediata emitido polo alto tribunal mentres o xulgado non lles enviase directa e oficialmente unha orde expresa. A organización tamén remitiu outra denuncia á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e dirixiuse á Dirección Xeral da Garda Civil do Ministerio de Interior para urxir a intervención inmediata, ante o risco de destrución de bens arqueolóxicos de extraordinaria importancia para o interese xeral de Galiza que se atopan no monte Acibal.

Así mesmo, o colectivo Amil sen Eólicos e Adega enviaron unha comunicación urxente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para que remitan o auto tanto ao Seprona como ao Concello de Caldas. A plataforma veciñal non descarta a presentación doutra denuncia contra todas as empresas se continúan executando obras do parque no monte Acibal a pesar da orde de paralización do tribunal galego.

Pola súa banda, a empresa Norvento explicou ao TSXG nun comunicado que asegura que durante a semana pasada se “levaron a cabo determinadas accións para evitar que se produzan danos a persoas, animais ou á contorna natural, para que a paralización das obras se realice nas condicións necesarias de seguridade e protección ambiental”. Unhas accións que, indica a promotora, non finalizarán até o día 20 de maio.

Energías renovables
A Xunta manobra para cambiar a lei tras sete proxectos eólicos paralizados pola xustiza
O Goberno galego declara, unilateralmente, de interese público “superior” polígonos eólicos autonómicos e sostén que esa catalogación “terase en conta” ante novos golpes xudiciais.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...