Pensiones
A 'trampa' das privatizacións, máis preto de chegar ao sistema de pensións

O 2018 comezou no ámbito dos movementos sociais coas masivas mobilizacións pola defensa das pensións públicas. Falamos con representantes de MODEPEN, que naceu en Galiza en coordinación coas plataformas estatais, para coñecer a súa análise e os pasos que van dar nun futuro inmediato.

O 2018 comezou no ámbito dos movementos sociais coas masivas mobilizacións pola defensa das pensións públicas, que moitos medios tradicionais tentan silenciar, debido a que existe unha pretensión por parte dos lobbies empresariais para privatizalas. Trátase dun mercado moi suculento para os intereses do gran capital, como sucedeu no seu momento en países de América Latina coma Chile.

Inicialmente, é importante lembrar que isto acontece mentres que, de 9,4 millóns de pensionistas no Estado español, hai aproximadamente 5 millóns preto do limiar da pobreza e polo tanto en risco de exclusión social tras ter traballado toda unha vida. O sistema público de pensións funciona na actualidade de forma que as cotizacións das persoas traballadoras en activo financian as prestacións existentes para as persoas xubiladas, considerándose coma un fondo común interxeracional. O referido fondo é xestionado pola Seguridade Social, que pechou o 2017 cun déficit de máis de 18 mil millóns de euros.

Por outra banda, debido a crise, o Estado viu reducido os número de cotizantes para a Seguridade Social, sobre todo, trala reforma laboral de 2012. Aínda que se supón que esta xeración é a máis formada da historia, moitas persoas tiveron que emigrar de novo ante a falta de emprego e oportunidades, polo que dita xeración está a ser rendible en postos de traballo específicos no estranxeiro. Segundo o goberno do PP, estamos a vivir unha recuperación económica, reducindo as taxas de desemprego, mais numerosos estudos apuntan que case todo o emprego que se creou en España nos últimos anos foi precario e temporal.

Polo tanto, a precariedade laboral trae consigo baixos salarios, entre outras consecuencias, que significan unha menor achega á Seguridade Social, incidindo de xeito evidente no sistema público de pensións. En termos de economía clásica, o problema para que calquera goberno poida facerlle fronte ao investimento en servizos públicos, non é simplemente a cantidade de persoas ocupadas senón a capacidade de riqueza que estas xeran.

A partir do 2014 o PIB en España foi en aumento. Aínda que este suposto aumento da riqueza, en realidade, materialízase en que cada vez hai máis cartos en poucas mans, e amplíase así a fenda da desigualdade. Deste xeito, desde o 2008 o número de persoas millonarias aumentou nun 60 %, segundo o informe Capgemini, que atribúe que para que unha persoa sexa considerada millonaria ten que posuír activos valorados en, polo menos, un millón de dólares, aproximadamente uns 850.000 euros.

AS CONTRARREFORMAS DO BIPARTIDISMO E A PROMOCIÓN DOS PLANS PRIVADOS DE PENSIÓNS

Convén salientar que a contrarreforma das pensións do PSOE de 2011, fixo que aumentase a idade de xubilación ordinaria aos 67 anos, ademais de establecer unha esixencia de cotización de 38 anos e 6 meses de traballo para poder acadar o 100 % pensión. Isto trae consigo unha elevada dificultade para as persoas traballadoras na actual estrutura do mercado laboral, onde urxe repartir o pouco emprego existente e mellorar os salarios.

No mesmo senso, a reforma de 2013 levada a cabo polo PP veu a substituír a revalorización das pensións con arreglo ao IPC, por outro índice aprobado anualmente nos Orzamentos Xerais do Estado con base no chamado factor de sustentabilidade e ao límite de gasto. Así, as pensións no último ano tiveron unha revalorización dun 0,25 % cando a inflación aumentou un 2 %, polo que as e os pensionistas estarían perdendo un 1,75 % do seu poder adquisitivo. Esta medida atenta directamente contra o dereito a ter unha pensión de xubilación actualizada, previsto no artigo 50 da Constitución Española. Esta non-revalorización é resultado dunha cláusula no memorando asinado con Europa para o rescate do sistema bancario español. Polo tanto, na actualidade son as persoas pensionistas quen estan a pagar gran parte do axuste fiscal do conxunto do Estado.

Analizando toda esta situación, é inevitábel facerse a pregunta: que ofrecen os plans de pensións privados e por que existe presión desde as grandes corporacións empresariais? Segundo a páxina web do BBVA: ”O obxectivo dun plan de pensións privado será aforrar un diñeiro para o día de mañá. O capital finalmente resultante dependerá das achegas que teñas realizado e do resultado da xestión do plan ou plans ao longo dos anos”. Ademais, invitan á realización destes plans privados polas ventaxas fiscais que un pode obter, sinalando: ”As aportacións a un plan de pensións serven para obter vantaxes fiscais, xa que os cartos que achegas ao plan redúcense da parte xeral da base impoñíbel do IRPF (cos límites anuais establecidos pola lexislación en cada territorio). No momento do rescate, as prestacións tributan no IRPF coma rendimentos do traballo”.

QUE SOLUCIÓNS LLE QUEDAN AO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS?

Pola contra, desde MODEPEN, o Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas, faise unha análise xeral dos plans de pensións privados no cal sinalan que: ”aboando 500 euros ao mes, a pensión resultante son  853,07 euros tras 27 anos pagados, cun 2 % de xuro”. Afirman tamén que: ”De 500 plans de pensións privados en España, exceptuando 2, todos deron perdas. Malia esta perda nas condicións e no aforro das persoas que os contratan, si que lle deron beneficio á banca, xa que esta aplica un 1,5 % sobre a cantidade total da xestión dos fondos. Deste xeito, conclúen: ”Para a banca vai ser sempre rendible, mais para o traballador non”. Ademais, hai que ter en conta a posibilidade de quebra da empresa, feito en que as persoas traballadoras pouco poden facer de forma individual, coma foi o caso de Leman Brothers nos EUA, onde millares de persoas perderon todos os seus fondos.

Desde MODEPEN declaran que os plans de pensións privados: “son unha trampa para o conxunto da clase traballadora. É unha coalición entre multinacionais, bancas e aseguradoras para desmantelar o sistema público de pensións” salientando que: ”Non lle interesa ao capitalismo que se dean prácticas solidarias. Cárganse os servizos públicos para favorecer o seu campo de negocio”.

En canto ás alternativas á situación do actual modelo de pensións, MODEPEN fai aproximadamente un mes propuxo diferentes medidas no Parlamento Galego, xunto aos grupos de esquerda, aínda que todas elas foron vetadas polo PPque aplicou, unha vez máis, a súa maioria parlamentaria. Deste xeito, formulan medidas para blindar as pensións coma o dereito constitucional que son, asumindo que cando non chegue coas contribucións das persoas activas, a súa cobertura poida ser incluída con base nos Orzamentos Xerais do Estado. Por outra banda, propoñen reestablecer a xubilación aos 65 anos e a suba da pensión mínima aos 1080 euros mensuais, en 14 pagas ao ano, ademáis de regresar á revalorización automática das pensións con relación ao IPC. Desde a plataforma MODEPEN consideran que precisan facer aínda máis pedagoxía social para acadar un maior nivel de empoderamento popular, polo que chaman á mobilización e á organización social en defensa non só do sistema púbico de pensións,senón tamén de todos os servizos públicos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Pensiones
Pensiones Cotizaciones ficticias, ¿un parche en la brecha de género en las jubilaciones?
La compensación por cuidados de hijos y familiares puede llegar a sumar hasta cinco años de cotización, pero no es suficiente para que muchas mujeres logren la pensión digna.
Argentina
Argentina Diez años de Ni Una Menos, el movimiento que desbordó el feminismo para hacerlo enorme
El 3 de junio de 2015 se produjo la primera convocaría de Ni Una Menos en Argentina. El llamamiento contra la violencia machista traspasó el nicho feminista y la respuesta fue masiva. Hoy, se enfrenta a las políticas reaccionarias de Milei.
Pensiones
Pensiones Europa considera que el complemento a las pensiones contra la brecha de género sigue siendo discriminatorio
La Seguridad Social asegura que los pensionistas seguirán recibiendo el plus y CCOO propone estudiar urgentemente medidas alternativas ante la sentencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea.
Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.
Barcelona
Derecho a la vivienda Amenazas de violencia extrema y una paliza a los habitantes de un bloque okupado de Barcelona
El Salto accede a las llamadas y mensajes de audio amenazadores que un grupo de desokupa envía al vecindario del bloque Llenguadoc, donde confirma cumplir con el mandato del propietario del edificio.

Últimas

Palestina
Tribuna Tres o cuatro días sin comer en Gaza
El drama de no poder dar suficiente comida a tus hijos es inmenso, sobre todo cuando sabes que a pocos kilómetros hay camiones llenos de ayuda. Parados. Bloqueados.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición La fuga de más diputados de Sumar, en manos de Sánchez
Más representantes de las confluencias aguardan a la comparecencia del presidente del Gobierno del 9 de julio como la última señal para no saltar al grupo Mixto.
Más noticias
Medio ambiente
Tribuna Mapa de los conflictos del agua: una herramienta para la defensa de los ríos, acuíferos y humedales
A pesar del grado y extensión del daño que sufren los ríos, acuíferos y humedales, las administraciones públicas no están tomando las medidas necesarias para frenar el deterioro y responsabilizar a las entidades que lo causan.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.