Patrimonio cultural
Louceiros de Bamio: desenterrar o pasado para procurar o futuro

As mulleres rurais de Bamio traballan na recuperación e difusión do pasado oleiro da súa comunidade.
Barreiras
Barreiras de Viladonga e Dena nos anos 40. Imaxes da fatiga de Dionísio Pereira
21 abr 2021 10:52

Foi como se as augas do rio Ulla se levasen lonxe, coa súa corrente, a memoria de toda a aldea. O pasado palpitaba debaixo a terra de Bamio e, por máis que de vez en cando saíse e deixase pistas por aquí ou por alí, ninguén se decataba do significado, de que eses anacos de barro cocido que semellaban restos de escombro, en realidade, eran pezas que podían reconstruír unha parte da propia historia da comunidade.

Aproximación ao terreo

A tradición oleira de Bamio, parroquia de Vilagarcía, tivo ao redor de tres séculos de duración. Aínda que a mesma poboación da zona esquecese case por completo do oficio louceiro, os seus rastros fican documentados grazas a diversos traballos de investigación ao respecto.

Aínda que Bamio non foi a única aldea dedicada ao traballo co barro, o seu caso é bastante particular, pois esta zona xeográfica non produce a materia prima. Luciano García Alén, un dos investigadores dedicados ao estudo da olería galega, escribe que “é sorprendente a existencia dunha aldea de alfareiros que ten a necesidade de transportar o barro desde moi lonxe, traéndoo por mar desde un lugar afastado a 25 quilómetros” e especula que “quizabes fose suficiente analizar as razóns económicas e a falta doutras diversas motivacións industriais a nivel labrego1”.

A pesar da fama da louza que se fabricaba en Bamio, da que dan constancia varios versos da tradición oral, na década de 1940 os louceiros foron deixando o seu oficio até o punto de que na aldea só quedasen anacos de barro que brotan da terra de vez en cando, así coma algunhas pezas nas leiras, adegas e casa en condición de total anonimato. 

Foi até o ano 2016 que a arqueóloga e historiadora Beatriz Comendador achegouse a Bamio para poñer en marcha un proxecto que involucrase á comunidade para recuperar unha parte fundamental do seu patrimonio: “Eu sabía dos Louceiros porque hai bibliografía ao respecto. Mais coñecín os restos materiais  hai case 25 anos, a través de Vicente Caramés. Nese entón visitábamos Bamio e víamos os fornos e os anacos de louza. Porque estaba alí, non era nada que descubríramos en escavación nin nada, había louza por todas partes. De feito, penso que até finais dos anos 90, aínda se conservaban máis fornos e outras cousas que agora, desgraciadamente, se deixaron destruír “, comenta a arqueóloga.

Xuntar as pezas

Debido á experiencia en proxectos relacionados co patrimonio arqueolóxico e a súa socialización, Beatriz Comendador sabe que unha dos maiores obstáculos das iniciativas de socialización da arqueoloxía é lograr a implicación das comunidades. Logo de varios anos de facer visitas nocturnas aos petróglifos Os Ballotes, en Vilagarcía de Arousa, Comendador notou que a maioría da xente que asistía viña das cidades, polo que optou por mudar de estratexia para involucrar á veciñanza: “Decatámonos de que era complicado achegar á xente a temas da prehistoria e comezamos a pensar que había que buscar outra temática para empezar a traballar cuestións de difusión e socialización do patrimonio coas persoas do lugar. Pensei que  era unha boa idea ir coa Asociación de Mulleres Rurais de Bamio para traballar sobre a temática da louza e transmitirlles unha serie de coñecementos para logo deixar que elas autoxestionaran esta aposta de recuperar, na medida do posible, o seu patrimonio”.

Louceiros de Bamio 4
Postal do mercado de Vilagarcía, a louza á venta procede de Bamio. Arquivo Louceiros de Bamio

Isabel Rodríguez, presidenta de dita asociación feminina, lembra que foi até que Comendador se achegou a elas, que souberon da existencia da tradición oleira en Bamio: “Nós non tíñanos nin idea. Bea chegou onde a nós un día con publicacións e fotografías antigas dos louceiros e díxonos ‘isto é aquí’. Ninguén sabía nada. As máis maiores escoitaran algo, pero non máis que iso.”

A partir dese encontro entre a Asociación de Mulleres Rurais de Bamio e Beatriz Comendador xurdiu Louceiros de Bamio, proxecto que leva activo cinco anos activando e recuperando a memoria da poboación enteira en pos de conservar o patrimonio cultural da zona.

Preservar e compartir a memoria

Como a tradición oleira en Bamio se perdeu por completo para a década dos 50, Louceiros de Bamio nacía nun momento clave para rescatar das augas do esquecemento as lembranzas relacionadas coa produción das pezas de barro: aínda vivía xente pertencente á última xeración de persoas que viron traballar aos louceiros .

Desde o principio, Louceiros de Bamio concibiuse coma un proxecto bastante completo que traballa e concatena varias disciplinas: a arqueoloxía, a antropoloxía e a historia. “Dende o punto de vista da recollas etnográficas que fixemos, eran importantes as entrevistas á comunidade. A vantaxe que tes con as mulleres da asociación é que, como son xente coñecida, podes entrar a todas as casas e coñecen a todo o mundo. Gravamos as testemuñas de distintas persoas que viron traballar aos louceiros. Desde o punto da arqueolóxica, comezamos o proceso de recuperación de pezas que estaban en xardíns e casas ou anacos que aparecían en moitos sitios de Bamio onde houbera fornos, tratando de ver a evolución das formas ao longo dos tres séculos que durou a tradición. Tamén apoiamos a información coa documentación histórica conservada nos arquivos e na biliografía”, comenta Beatriz Comendador.

Hoxe, gran parte do traballo o levan as propias mulleres de Bamio, quen se encargan de preparar exposicións, ir a congresos a difundir o traballo que fan, e recuperar información e pezas da veciñanza. O descubrimento do seu pasado, fíxolles pensar no futuro: “A min enganchoume moito este proxecto porque Bamio é unha aldea pequena e ninguén sabía nada dos louceiros. Tíñamos a oportunidade de darllo a coñecer, pois, se o recuperamos hoxe, o dia de mañá os fillos ou os netos poden coñecelo”, engade Isabel Rodríguez.

“O patrimonio, en realidade son as persoas, que son as que lle dan sentido 'ás pedras'.”

Deste xeito, algunhas das mulleres da asociación incorporaron novas actividades a outras mais tradicionais que xa viñan facendo,e tomaron nas súas mans a responsabilidade de preservar e compartir a memoria colectiva non só na súa localidade, senón tamén en congresos sobre proxectos comunitarios. Para Beatriz Comendador, esta iniciativa sobre a tradición oleira desencadeou un proceso de empoderamento: “As mulleres tomaron consciencia da importancia que tiñan para a súa parroquia. Foi incrible ser testemuña de como, de dicir non coñecer nada disto, pasaron a ser as defensoras máximas do tema", comparte Comendador e engade que: “a través deste interese pola louza, elas mudaron a súa sensibilidade ao respecto doutros aspectos do patrimonio, pois Louceiros de Bamio tamén poñe en valor toda a súa paisaxe cultural de Arousa, incluída a súa cultura marítima. Grazas ao proxecto, as mulleres están a coñecer a xente doutros territorios onde se facía louza e isto é unha forma de ir mudando a súa perspectiva sobre a temática patrimonial en xeral, non exclusivamente sobre o tema da louza. A louza é unha escusa para falar do moitas máis cousas”.

As mulleres de Bamio

Este esforzo feminino en prol da súa comunidade ten os seus precedentes, xustamente, nas mulleres louceiras que quedaron invisibilizadas pola historia, mais que eran parte fundamental do proceso de produción e, polo tanto, da supervivencia económica de Bamio.

“Aínda que o proxecto se chama “Louceiros”, porque os tiñan conta da cochura no forno eran os homes, todo o resto do traballo, os traballos máis duros, os facían as mulleres: sacar o barro nas barreiras, a carga e descarga do barro nos barcos, pisar e secar o barro, transportalo aos obradoiros, poñer a secar os cacharros, axudar a enfornar, axudar a desenfornar, levar os cacharros a vender aos mercados. Practicamente  facíano todo elas salvo a roda e o enfornado, pero as mulleres eran quen lavaban o forno e levaban o estrumo para cargar o combustible do forno. Logo, cando as pezas estaban producidas, levábalas a secar. Ademais, as mesmas mulleres saían por barco ás feiras de Pontevedra ou incluso máis lonxe. Tamén eran elas as que as cargaban en cestas na cabeza para ilas vender. Eran traballos moi duros”, menciona Comendador.

Louceiras de Bamio 3
Exposición montada no centro sociocultural de Bamio. Arquivo Louceiros de Bamio

Louceiros de Bamio é un exemplo de como, ao longo dos séculos, as mulleres dos medios rurais teñen sido e continúan a ser as depositarias da memoria, as que tecen redes e teñen os seus propios xeitos de organización e traballo colectivo. Máis que a difusión da historia oleira en si mesma, este proxecto posibilitou procesos de empoderamento a través do coñecemento, logrou darlle sentido ao acto de facer e resgardar a memoria na medida en que a poboación comeza a valorizar e ser consciente do que significa a historia na súa conformación identitaria individual e común.

“O máis satisfactorio de Louceiros de Bamio é ver o crecemento persoal destas mulleres. E logo, a oportunidade de coñecelas  porque, en realidade, o meu ámbito é o ámbito académico. Aínda que sexamos máis ou menos da mesma idade, non temos nada que ver en canto as nosas ocupacións. Este tipo de proxectos permítete traballar brazo a brazo con xente que na túa vida diaria non coñecerías, para min é o mais enriquecedor. É  un proxecto humano, cheo de afectividade porque, ao final, do que se trata é de traballar con persoas. O patrimonio, en realidade son as persoas, que son as que lle dan sentido “ás pedras”.

As novas pegadas

A pequena vitrina na casa cultural de Bamio, mercada pola mesma asociación de mulleres rurais fai visible o compromiso e o esforzo que supón sacar adiante un proxecto autoxestionado como é Louceiros de Bamio.  A pesar das dificultades, as mulleres teñen desenvolto varias actividades nestes últimos cinco anos e gardan grandes expectativas no futuro, como na traballar na dixitalización e caracterización das pezas a do museo virtual, onde se poden ver ás pezas de louza en 3D, mellorar o Núcleo Interpretativo do Barro de Arousa que crearon no Local Social de Bamio, escavar nos restos dos fornos mais antigos conservados e seguir a recuperar e protexer os poucos restos que se conservan. “Requiriría que consigamos unha financiación, mais penso que é algo posíbel porque este proxecto ten de todo: aborda cuestións de xénero, de desenvolvemento rural, de creación de infraestrutura relacionado co patrimonio cultural no camiño de Santiago. Que mais queres?”, declara Beatriz Comendador.

O proxecto aborda cuestións de xénero, desenvolvemento rural, e creación de infraestrutura relacionado co patrimonio cultural.

No que respecta á involucración da propia poboación de Bamio no proxecto, o traballo das mulleres va dando froitos pouco a pouco: “Durante moito tempo ninguén nos facía caso e dicía que facíamos todo isto porque non tíñamos outra cousa que facer. Mais, pouco a pouco, a xente se va dando conta. A maioría das pezas déronas a xente que as tiña por alí e, a min, cada que aparece un anaco, envórcaseme o corazón. Espero que quen veña detrás non se desfaga deles e que estean alí así como están varios no museo galego. Polo menos para que teña algo Bamio, que teña algo da súa historia”, remata Isabel Rodríguez.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Euskera
Aresti 50 urte Mailukadaren oihartzuna Arestiren ahotsan
Ekidak bederatzi artisten abestiak bildu ditu disko batean, 'Bigarrenez Aresti' egitasmoaren baitan. Ez da omenaldi soila, ezta bilduma hutsa ere: Gabriel Arestiren berrirakurketa eta berreskuratze saiakera da. Poetaren heriotzaren urteurrenean aurkeztu zuten lana Bilboko Bira espazioan.
Opinión
Opinión Pedro Sánchez, final de partida
El presidente del Gobierno se irá sin haber hecho nada para evitar que el circuito que ya estaba ahí cuando llegó siga funcionando.
Oriente Próximo
Oriente Próximo Israel pone la región al borde del abismo
La región vive una escalada de la tensión tras el ataque de Israel a Irán y la respuesta de este. El intercambio de ataques no ha cesado en todo el fin de semana.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.