Deteñen ao dono de La Región tras ser denunciado por agresión por Gonzalo Pérez Jácome

O alcalde de Ourense denunciou os feitos nas súas redes sociais e asegurou que o agresor foi detido pola Policía Local logo de, supostamente, baterlle no peito.
oscar outeiriño
O detido nunha foto publicada por Jácome no seu perfil de Twitter.
10 sep 2023 17:10

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, denunciou a pasada noite unha suposta agresión por parte do dono e editor do xornal hexemónico na súa provincia, Óscar Outeiriño. O diario La Región é un dos xornais en papel máis lidos en Ourense, próximo ideoloxicamente e en intereses ao Partido Popular do histórico clan dos Baltar e, desde que Jácome chegou ao poder en 2019, cabeceira belixerante de referencia contra os gobernos do líder do partido populista de dereitas Democracia Ourensana. Segundo fontes municipais e de La Región, o altercado produciuse cando ambos coincidiron nas inmediacións do Auditorio de Ourense, ao que ambos asistían como público ao concerto do histórico cantante de Led Zeppelin, Robert Plant.

Foi o propio alcalde o que denunciou os supostos feitos na súa conta de Twitter coma se fose un xornal e cunha foto de Outeiriño durante a detención: “Detienen al propietario de La Región por agredir al alcalde de Ourense (un servidor). Oscar Outeiriño fue detenido por atentado a autoridad. En el exterior del Auditorio de Ourense se acercó, me propinó un puñetazo y me dijo ‘¡tú sabes bien por lo que es, hijo de puta!”. Foi a Policía Local, dependente en última instancia do consistorio que dirixe Jácome quen procedeu á detención do editor do diario que, a semanas das eleccións municipais, tratou de tombar ao rexedor coa publicación duns audios comprometidos nos que o alcalde alardeaba dos seus coñecementos sobre lavado de diñeiro para a campaña electoral.

Facíano a menos de vinte días das eleccións, La Región levaba á súa portada unha gravación exclusiva na que o alcalde de Ourense presumía dos seus coñecementos: “Porque, joder, ¡tanto dinero en B! ¿Cómo lo vas blanquear para poder gastarlo en campaña?”, dille una persona, aínda anónima, nas gravacións. E o alcalde de Ourense responde: “¿Cómo? Pues con donaciones de la gente. Se lo doy...”. “Pero es mucho dinero”, insiste a persona que fala con el. “No, me hacen donaciones. A nivel fiscal controlo yo, no soy tan chapuzas”, sentenza Gonzalo Pérez Jácome.

Segundo a diario propiedade do detido, Outeiriño acudía ao concerto coa súa familia e uns amigos, mentres que o alcalde ía acompañado por concelleiros do seu partido, entre os que estaba Antonio Fernández Martín, Rafael Martínez Cachafeiro, Francisco Lorenzo así como o seu antigo asesor Francisco González. Tras ser detido, o dono de La Región foi levado a comisaría para que lle fose tomada declaración, onde horas despois o propio alcalde foi a presentar a denuncia formal.

Elecciones
O alcalde de Ourense alardea nun audio de saber como branquear diñeiro para a campaña
O xornal 'La Región' publica unha exclusiva cunhas gravacións nas que Gonzalo Pérez Jácome admite xestionar diñeiro en B: “A nivel fiscal controlo yo, no soy tan chapuzas”.
Elecciones
Ourense e a gaiola conservadora
Para que haxa un cambio o 28M, PSdeG, BNG e Agora Ourense necesitan fidelizar os seus apoios das xerais e autonómicas e mobilizar os electores máis novos.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...