Centos de embarcacións toman a ría de Arousa contra a celulosa de Altri e pola defensa do mar

A mobilización organizada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva conseguiu arrincar máis de 300 barcos que acudiron a recibir ao buque 'Arctic Sunrise' de Greenpeace á súa chegada a Galiza.
Flotilla reivindicativa en Vilagarcía de Arousa
Pedro Armestre O Arctic Sunrise entra na ría de Arousa acompañado de numerosas embarcacións pertencentes a varias confrarías.
13 jun 2024 08:56

Preto de 300 embarcacións, na súa maioría do sector bateeiro e da pesca artesanal, congregáronse este mércores na ría de Arousa para expresar o seu rexeitamento á macrocelulosa que a multinacional portuguesa Altri planea instalar en Palas de Rei (Lugo). A protesta, organizada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e Ulloa Viva, xuntou a centos de mariñeiros e veciños da comarca para recibir ao buque 'Arctic Sunrise' de Greenpeace.

Na entrada da canle, entre os sons das demais embarcacións, o buque de Greenpeace despregou unha gran pancarta coa mensaxe 'Defende o mar' e no lado de estribor 'Altri non'. Ademais, varios barcos levaban pancartas con lemas como 'Non á celulosa, si á ría de Arousa' e 'Todos a Santiago o domingo 30 de xuño, Altri non', en referencia á manifestación que se celebrará en San Caetano.

Medio ambiente
O rexeitamento á celulosa da Xunta e Altri desborda o corazón de Galiza
Unha manifestación multitudinaria desborda o concello lugués de Palas de Rei, onde se pretende instalar a industria papeleira, coa gran ausencia do PSOE e unha gran fronte ampla da sociedade civil.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...