'O Teleclube' pecha o 2024 co ‘narcomusical trans’ de Jacques Audiard, 'Emilia Pérez'

O director francés viaxa a México para dirixir unha das películas das que máis se fala do ano.
18 dic 2024 06:31

Nos últimos anos, Jacques Audiard fíxose experto en películas de xénero, producindo entre outras unha de temática penal (“Un Profeta”), un western (“Os Irmáns Sisters”) e unha comedia romántica (“París Districto 13”).

Agora tócalle estrear un musical e o filme máis orixinal da súa carreira: “Emilia Pérez”. Nesta película, un narcotraficante desexa someterse a unha ciruxía de afirmación de xénero para ser a muller que sempre foi, cambiar de identidade e poder levar outro tipo de vida.

Gañadora no festival de Cannes do Premio do Xurado e Mellor Actriz para a súas 4 protagonistas: Zoe Saldaña, Selena Gomez, Adriana Paz e a incomparable Karla Sofía Gascón. Esta última converteuse na primeira persoa trans en gañar o premio, o cal podería ser un precursor para que repita a mesma fazaña nos Óscar.

Se queres saber que pensamos dela, non perdas este episodio. Tamén en Ivoox e Spotify.

Pechas o ano indo a unha nova sesión de cine con nós?

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...