Teoría King Kong Galego

O prelo
Berrar o que ninguén quere escoitar ou como reapropiarse do espazo da palabra

A nova tradución ao galego do xa emblemático e polémico ensaio de Despentes demostra que tanto –ou que tan pouco- avanzou o discurso público na conversa sobre a opresión e a violencia sexual.
29 ene 2023 09:15

Hai case xa trinta anos que Virgine Despentes irrompeu no eido cultural francés con Baise-moi (1994), unha novela sobre dúas mulleres que, logo dunha vida marcada pola violencia sexual e a exclusión socioeconómica, comezan unha vendeta homicida. E non hai mellor verbo que “irromper” para referirnos á aparición de Despentes na industria cultural, pois todas as grandes editoriais francesas rexeitaran o manuscrito de Baise-moi. Foi grazas a unha editorial contracultural de pouca traxectoria, que puido publicarse. Ese mesmo rexeitamento apareceu catro anos máis tarde coa produción cinematográfica de Baise-moi, dirixida pola mesma Despentes: aínda que foi elixida para se proxectar no Festival de Cannes, diversas organizacións conservadoras conseguiron retirala das carteleiras e limitar a súa reprodución nas salas triplo X.  

E é que a obra de Despentes non está escrita para encaixar nos moldes morais da sociedade nin nos seus canons culturais. A súa voz e perspectiva crítica interpela a quen reproba a reflexión e o xeito cru co que a autora narra as súas diversas experiencias persoais, como ser internada durante a adolescencia nun hospital psiquiátrico, ser vítima de violación aos 17 anos ou ser traballadora sexual por varios anos.  

Virgine Despentes, profundamente relacionada coa clase marxinal de Francia, sen estudos profesionais e cunha vida laboral chea de traballos precarios, chegou a incomodar a alta cultura e ao movemento feminista burgués ao establecer conversas e propoñer outros puntos de vista sobre temas como a prostitución ou a pornografía que, no seu momento, resultaron cuestionables e censurables para a maioría. 

Como o resto do seu traballo, a publicación de Teoría King Kong na primeira década do século XXI, non pasou desapercibida nin deixou a ninguén indiferente. Hoxe, este ensaio sobre as distintas opresións do sistema patriarcal capitalista é un dos grandes referentes do pensamento feminista e os estudos de xénero. Baixo a tradución de Raquel Senra, Hércules de  Ediciones ensancha a súa colección feminista Púrpura coa primeira tradución en galego do ensaio máis afamado de Despentes. Dezasete anos despois da súa primeira edición, paga a pena regresar a este clásico para facerlle preguntas e avaliar que tanto mudaron as cousas desde a primeira década dos anos 2000 e que pode ensinarnos sobre o noso presente.  

“Escribo dende a fealdade, para as feas, as vellas, as camioneiras, as fríxidas, as malfolladas, as que nin para foder valen, as histéricas, as taradas, para todas as excluídas do gran mercado da tía boa, E comezo por aí para que as cousas queden claras: non pido desculpas por nada, nin veño a me queixar. Non cambiaría o meu lugar por ningún outro”. 

Con este parágrafo, Virgine Despentes abre o libro e presenta o ton en que escribe. A súa ironía e o seu carácter lúdico e contestatario vai estar presente no resto do libro e son estas, quizabes, unha das características que lle foran criticadas no seu momento. Como é que unha muller utilice esas verbas? Despentes desmárcase do captatio benevolentae, o recurso literario que –xa fora con ou sen ironía- utilizaran por séculos as escritoras. Ela non ven a pedir desculpas. Ela utiliza as palabras que se utilizaron para deostar ás mulleres para reapropiarse delas, para quitarlles o estigma, para reclamar o seu espazo e o seu dereito a participar no debate e no discurso público. É a aparición das mulleres que rexeitan ficar nas tebras, de todas aquelas que o sistema e o mercado tentan agochar. 

E, así coma nós, a autora comeza por poñer baixo a lente o movemento feminista. Que significaron os anos 70 para as mulleres? Que tanto mudaron as cousas desde aquel momento histórico? Despentes sinala a falacia da liberación sexual e destaca como foi intervida polo sistema, igual cas narrativas máis populares relacionadas coa maternidade na actualidade.  

“Cando o inconsciente colectivo, a través destes instrumentos de poder que son os medios de comunicación e a industria do entretemento, sobrevalora a maternidade, non é nin por amor ao feminino, ni por benevolencia global. O poder que outorga un Estado enfermo é inevitablemente sospeitoso”. 

Teoría King Kong está escrito de xeito fragmentario. Como se seguísemos o pensamento da escritora, saltamos dun parágrafo a outro, dun tema a outro. Non é un libro que teña a intención de afondar nun só temas, o seu carácter é máis divulgativo e, pola súa estrutura, semella que Despentes vai lanzando pequenos fogos para dinamitar e expandir a reflexión.  

Porque o discurso de Despentes ven rachar certos paradigmas e estigmas sobre a pornografía, o traballo sexual e o discurso que os relaciona coas agresións sexuais. A autora foi unha das primeiras mulleres de gran alcance que daban outra perspectiva do traballo sexual e, como tal, loitou contra a vitimización e infantilización das traballadoras sexuais. 

“Como o traballo doméstico ou a crianza, o servizo sexual feminino debe ser voluntario. (...) Nos medios franceses, artigos e reportaxes radiofónicas, a prostitución na que nos centramos é sempre a máis sórdida, a prostitución da rúa que explota a mozas sen papeis. A partir de imaxes inaceptables dunha prostitución practicada en condicións noxentas, sácanse conclusións sobre o sexo remunerado no seu conxunto. En ningún caso é suficientemente madura como para decidir comerciar cos seus encantos. Á forza ten que preferir realizar un traballo honesto. Honesto segundo as autoridades morais. Que non sexa degradante. Xa que o sexo para as mulleres, sen amor, sempre é degradante”.  

Se ben, quizabes por cuestións de contexto temporal, bótase en falta os aportes que sobre o tema teñen formulado as distintas perspectivas antirracistas e decoloniais, si que podemos trazar unha liña en común entre o traballo que fai Despentes e a traballadora sexual, artista e activista Linda Porn, particularmente na medida en que ambas fan un reclamo potente para reclamar a súa axencia.  

Por outra banda, nesta relectura, saliento que o libro de Virgine Despentes volva a poñer sobre a mesa a perspectiva de clase, pois todo o seu libro está atravesado por esta crítica que parece un tanto disolvida nos discursos actuais sobre xénero e feminismo. Quizabes paga a pena lembrarnos deste factor que xa é ben coñecido como parte da teoría interseccional, para redescubrir aquela vertixe oxidada dende a cal tamén podemos facer pontes e alianzas. 

Teoría King Kong escribiuse moi cedo como para, ademais das críticas decoloniais, pedirlle que o pensamento transfeminista e as teorías queer aparezan tan claras como o están hoxe. Con todo, nótase desde o primeiro parágrafo do libro que Despentes botou as minas que nas décadas seguintes viñeron a rematar de estoupar o heteropatriarcado cis racista e colonial.  

Ler hoxe o libro de Despentes é, pois, unha boa viaxe anacrónica, onde hai ideas que resoan e teñen pertinencia hoxe, pero hai outras que non poden ser deixadas pasar sen unha revisión. Á fin e ao cabo, que mellor xeito de manternos coa mente esperta, en estado de alerta e de permanente revolución?  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
Literatura
Andalucía Juan Pinilla, el cantaor que compró su propio libro
Juan Pinilla publica su primera novela, ‘Los colores de la nieve’, con la fuerza del compás y el ritmo de la seguiriya y de la amistad y contra la posverdad.
Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.
Andalucía
Derechos Humanos Decenas de barrios en Sevilla, Granada y Almería viven otro verano récord en calor con cortes de luz diarios
Endesa mantiene a miles de vecinos de decenas de barrios populares en las ciudades de Granada, Sevilla y Almería sin electricidad. Las instituciones siguen sin atajar una situación que lleva enquistada más de una década en muchas zonas.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Camas cerradas y urgencias saturadas: el verano en los grandes hospitales de Madrid
Los pasillos de las urgencias del Gregorio Marañón rebosan de camas, mientras se cierran 300 en planta. En el conjunto de la comunidad los hospitales vivirán un verano con un 30% menos de camas, de media.
Opinión
Opinión Sindicatos estadounidenses en la larga lucha contra Amazon: ¿una luz al final del túnel?
Amazon es el paradigma de la política empresarial antisindical en Estados Unidos, pero su suerte puede cambiar en los próximos años. El movimiento sindical se juega su supervivencia en ello.
Opinión
Opinión Kneecap y Bob Vylan logran lo que el punk no pudo: aterrorizar a los medios británicos
Hasta ahora, que unos veinteañeros punkis dijeran un puñado de tacos se consideraba un escándalo, pero no un motivo para cambiar todo el modus operandi de una de las cadenas de televisión más importantes y prestigiosas del mundo.

Últimas

Opinión
Opinión Archivo de gestos: lo mínimo como resistencia
Archivar no es solo conservar, es también decidir qué queda fuera. Todo archivo es una forma de poder, pero también puede ser —cuando se invierte desde los márgenes— una forma de desobediencia.
Dependencia
Dependencia Extremadura, entre las regiones con mayor “limbo de dependencia”
Extremadura, con un 11,8% sobre el conjunto estatal, ocupa el cuarto lugar entre las Comunidades con mayor “limbo de dependencia”, un término que hace referencia a las personas pendientes de recibir prestación.
Opinión
Opinión Juanma Moreno será Baltasar, blackface mediante, y otras aberraciones presentes en la Andalucía colonial
El presidente andaluz será el rey Baltasar en la Cabalgata de 2026 de Sevilla dejando un claro mensaje racista y violento y sacando a relucir toda la cultura colonial en la que se sigue sustentando el territorio.
Ocupación israelí
Israel Netanyahu viaja a Washington para reunirse con Trump y valorar una posible tregua en Gaza
Hamás ha dado el visto bueno al acuerdo; pero los israelíes quieren peinar algunos flecos pendientes. El grupo islamista pide garantías y la retirada de las FDI del enclave.
Más noticias
Estados Unidos
Estados Unidos Las inundaciones en Texas causan 80 muertos en el contexto de recortes a la lucha contra la crisis climática
Siguen los trabajos de rescate y localización de personas desaparecidas en Texas. La respuesta a las lluvias torrenciales dejan en evidencia los hachazos presupuestarios a los servicios de prevención y emergencias de la administración Trump.
Cooperación internacional
Tribuna Extremadura ante el espejo del rearme: ¿más tanques o más derechos?
Una reflexión, con mirada extremeña y desde el mundo de la cooperación, sobre el preocupante giro hacia la militarización de las políticas públicas y de la economía.

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.