O prelo
“Ter o dereito a aparecer e a falar é básico para a supervivencia, a dignidade e a liberdade”

Recensión de 'Os homes explícanme cousas', de Rebecca Solnit.

18 ene 2020 12:29

Mansplaning: Composición lingüística baseada nas palabras anglófonas “man” e “explaning”, que dá conta do xeito paternalista e condescendente co que un home explica algo a unha muller.

Rebecca Solnit é unha das escritoras e xornalistas feministas máis destacadas do noso tempo. E pode ser que non teñas escoitado o seu nome, mais é a ela a quen se lle atribúe o xa imprescindíbel termo mansplaning. Aínda que ela non fose quen armara a composición lingüística que deu vida á palabra, foi o seu ensaio co que se dá título ao libro Os homes explícanme cousas, o que expuxo coas palabras xustas esa maneira que teñen moitos homes de dar por sentado ou que non entendemos as cousas, ou que non sabemos ren do que están a falar.

“Todas as mulleres saben do que ando a falar. É a arrogancia o que, ás veces, llo pon difícil a calquera muller de calquera eido; é o que provoca que as mulleres non falen alto e claro e que non sexan escoitadas cando se atreven a facelo; é o que enterra á forza as mulleres novas no silencio indicándolles, do mesmo xeito que o acoso nas rúas, que este non é o seu mundo. É a que nos educa na inseguridade e na autolimitación, o tempo que alenta o inxustificado exceso de confianza dos homes”.

Solnit aborda temáticas a partir de exemplos da vida cotiá, o que axuda a visibilizar con maior claridade as violencias normalizadas.

Os homes explícanme cousas pertence á nova sección Púrpura, que a súa editorial Hércules Edicións describe como: “Unha selección de obras de autoras contemporáneas de todo o mundo sobre feminismo”. Deste xeito, unha obra tan importante como esta —non só por a súa aportación ao pensamento feminista, senón tamén por o seu valor coma obra literaria— chega á nosas librarías en galego.

A través dos ensaios que compoñen o libro, Solnit aborda temáticas a partir de exemplos da vida cotiá, o que axuda a visibilizar con maior claridade as violencias normalizadas. Ela mesma escribe sobre unha festa á que asistiu na que un home trataba de explicarlle un libro sobre ciencia dun xeito condescendente sen saber que ela era a autora do libro: “Gústanme os incidentes desa clase, cando forzas que de normal son tan escorregadizas e difíciles de detectar se fan tan obvias.”

No seu ensaio titulado A síndrome de Casandra, Rebecca fai unha analoxía coa personaxe mítica para escribir sobre a falta de credibilidade que teñen as mulleres no ámbito público, do poder que ten a fala para comezar a comprendela como ferramenta política á que non podemos renunciar. “A violencia é un xeito de silenciar as persoas, de negarlles a voz e a credibilidade de afirmar o dereito a controlar sobre o seu dereito a existir. (...) A credibilidade é unha ferramenta de supervivencia básica. A cerna da loita do feminismo foi a necesidade de facer ás mulleres cribles e audibles.”

Ela mesma escribe sobre unha festa á que asistiu na que un home trataba de explicarlle un libro sobre ciencia dun xeito condescendente, sen saber que ela era a autora do libro.

Ao longo do libro, Solnit remarca a importancia das palabras, dos conceptos, de tomar espazos para enunciar e sinalar. “A linguaxe é poder. Cando cambias ‘tortura’ por ‘técnicas de interrogatorio melloradas’ ou os nenos asasinados por ‘danos colaterais’ rompes o poder da linguaxe de proporcionar significado, de facernos ver, sentir e ter coidado. Pero o tema funciona en ambos os dous sentidos. Podes empregar a forza das palabras para un fenómeno, unha emoción ou unha situación, se non podes falar diso, significa que non es quen de encaralo e, menos aínda, de cambialo (...) Termos coma violencia doméstica, ou mansplaning, cultura da violación ou dereito sexual son ferramentas lingüísticas que redefinen o mundo co que moitas mulleres se atopan a diario e abren o camiño para comezar a cambialo”.

Máis tamén e importante destacar o uso de ferramentas retóricas que Rebecca Solnit emprega para falar de cousas tan ríxidas como pode ser o Fondo Monetario Internacional, cando narra o caso no que o exdirector do FMI Strauss-Kahn foi acusado de violación por unha camareira do hotel onde el estaba hospedado. A partir desta denuncia, Strauss-Kahn recibiu máis de cinco mulleres que tamén sufriran abuso sexual polo empesario. Para Solnit, o caso sinala a evidente relación das formas de colonialismo económico e produción capitalista coa opresión das mulleres.

“Que un home que controla boa parte do destino do mundo gaste a súa enerxía en xerar medo, sufrimento e inxustiza ao ser redor di moito da clase de mundo no que vivimos e dos valores das nacións e institucións que toleraron ese comportamento e os dos homes coma el”.

Como di o libro, a lingua é poder. A linguaxe é poder. É fundamental que teñamos á man os termos é as discusións na nosa lingua.

Con todo, Rebecca Solnit é perspicaz como para deixar claro que non todo ao longo da historia do feminismo ten sido negativo. Aínda que ela mesma recoñece que a loita non se vai acabar durante a súa vida, danos o alento que precisamos para seguir adiante mediante a visibilización dos logros e da forza das loitas. Cando se vira que unha camareira afrodescendente puidera ser escoitada de tal xeito que lograra derrubar a un dos homes máis poderosos do mundo?

Celebro a chegada de Os homes explícanme cousas á nosa lingua. Como di o libro, a lingua é poder. A linguaxe é poder. É fundamental que teñamos á man os termos é as discusións na nosa lingua.

Rebecca fai que nos demos conta do impacto que podemos ter aínda individualmente, e da responsabilidade que temos co noso mundo, a nosa sociedade, as xeracións futuras e con nós mesmas.

“Tecer a rede e non quedar atrapada nela, para crear o mundo, a túa vida, para rexer o teu destino, para nomear as avoas ao igual que os pais, para debuxar redes e non só liñas rectas, para ser tanto unha creadora coma unha limpadora, ser quen de cantar e non ser silenciada, reiterar o veo e aparecer: todos eses son os paxeis que penduro da corda de tender”.

Sen dúbida, Rebecca Solnit é un referente fundamental do pensamento feminista internacional da nosa contemporaneidade. E o feito de que o texto chegue a nós en galego, é un chanzo máis para continuar xerando pensamento e discusións imprescindíbels na nosa propia lingua.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

O prelo
O prelo Doenzas para ver e mirar
Noelia Gómez distorsiónanos en 'Desenfoque', recentemente publicado por Apiario.
O prelo
O Prelo A disolución do humano: abrir as fiestras e bailar
Sara Guerrero abre novas portas e fiestras a unha paisaxe coñecida en 'Eu son o monte', editado por Euseino.
O prelo
O prelo Unha fábula de luces incógnitas
Avelaíña e o camiño á illa primeira obra de banda deseñada infantil de Bea Gregores.
Opinión
Opinión Pedro Sánchez, final de partida
El presidente del Gobierno se irá sin haber hecho nada para evitar que el circuito que ya estaba ahí cuando llegó siga funcionando.
Opinión
CEOE Los corruptores condenan la corrupción
Desde la CEOE, lobby de los grandes empresarios implicados en tramas de corrupción durante décadas, han criticado a los políticos que han formado parte de dicha corrupción.
Oriente Próximo
Oriente Próximo Israel pone la región al borde del abismo
La región vive una escalada de la tensión tras el ataque de Israel a Irán y la respuesta de este. El intercambio de ataques no ha cesado en todo el fin de semana.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Más noticias
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.