Minería
A Xunta reparte 2,4 millóns en axudas a empresas mineiras para “o fomento da sostibilidade”
A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galiza outorgou 2,4 millóns de euros en axudas dirixidas a empresas mineiras para actuacións vinculadas á “sostibilidade”, en ámbitos como “a protección ambiental”, “a mellora das condicións laborais” e diversas inversións en certificación.
Entre as empresas beneficiarias destacan varias firmas do sector extractivo e transformador que recibirán axudas por importes próximos ao máximo previsto por actuación. Magnesitas de Rubián, S.A. obtén 100.000 euros para a pavimentación do establecemento de beneficio (fase 2), mentres que Cobre San Rafael, S.L., empresa promotora do proxecto de reactivación da vella mina de Touro-O Pino que conta cunha enorme oposición veciñal, recibe outros 100.000 euros para a “execución tratamento pasivo”.
Na mesma franxa de máximos, Canteras Fernández, S.L. –na súa división de elaboración– consegue 100.000 euros destinados á mellora das condicións laborais, e Explotaciones Gallegas, S.L. percibe idéntica contía para a “adaptación de vestiarios Touro”.
Canteras de Richinol, S.L. figura con dúas concesións de 100.000 euros cada unha para a adquisición de pas cargadoras eléctricas, mentres que Grupo Ingemar, S.L. obtén outros 100.000 euros para unha perforadora hidráulica destinada ao escuadrado.
Tamén se inclúen subvencións de menor contía, como os 88.725 euros para Canteras Isidro Otero, S.L., destinados a unha cargadora eléctrica, ou os 86.784,50 euros concedidos a Castrelos Elaboración, S.L. para a mellora das condicións laborais.
Magnesitas de Rubián, S.A. aparece de novo no listado con dúas actuacións adicionais: lavarrodas e canalización de augas de escorrentía, cunha axuda de 72.966,81 euros, e un proxecto para a redución da exposición ao po, dotado con 55.244,51 euros. Finalmente, Promotora de Minas de Carbón, S.A. recibirá 64.010,90 euros para a pavimentación de accesos ás súas instalacións. Ademais, outras 60 empresas levaron axudas por importes que alcanzan ata os 50.000 euros.
Minería
Os señores da mina: así paga a Xunta o greenwashing do lobby mineiro
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!