Memoria histórica
“Asociamos os campos de concentración con Alemaña porque alí recoñeceron a súa historia, pero en España nunca existiu esa intención”

As documentalistas Coral Piñeiro, Laura Piñeiro, Clara Miñán e Maite Martínez presentan Dores, unha curta documental que se somerxe na realidade dos campos de concentración galegos para achegar unha nova perspectiva sobre a relación coa Memoria Histórica.
chicas documental dores
De arriba cara á esquerda: Clara e Laura. De abaixo cara á esquerda: Maite e Cora.
27 may 2021 07:30

Tras o comezo da Guerra Civil o estado español viviu un auténtico xenocidio ideolóxico. A represión executada polo rexime foi un feito histórico recoñecido, mais aínda a día de hoxe continúa a haber lagoas de esquecemento sobre algúns dos grandes crimes cometidos durante o franquismo. Un deles abórdano as rapazas galegas Coral Piñeiro, Clara Miñán, Laura Piñeiro e Maite Martínez en Dores, unha curta documental que afonda no acontecido nos campos de concentración galegos e que está nominado para o premio Doc-U do festival de cine DocsBarcelona.

A historia é descoñecida para moitos, pero entre os anos 1936 e 1940, Galiza albergou un total de once campos de concentración polos que pasaron arredor de 30.000 persoas. Neles clasificábanse os presos para envialos a outras prisións, pero tamén se lles fusilaba, torturábaselles ideolóxica e fisicamente e condenábaselles a unhas condicións de vida deplorables. 

As catro autoras presentaron, como proxecto conxunto de Traballo de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, unha peza para resistir contra o esquecemento e para poñer enriba da mesa unha reflexión diferente sobre a Memoria Histórica e a relación entre vítimas e vitimarios.

A golpe dos versos de Castelao, Dores preséntase como a resistencia contra o esquecemento da nosa historia. De onde xorde esta motivación? 
Maite: Coñecemos esta información porque atopamos unha nova de Nós Diario que falaba dos campos de concentración galegos. Era un tema moi interesante, e axiña nos demos conta de que, pese a ser algo próximo a nós, a xente descoñecía por completo esta historia, independentemente da idade. 

Laura: Durante a investigación descubrimos que a maior parte destes sitios están esquecidos e non teñen ningún signo que recorde o que foron no pasado, nin sequera están sinalados como lugar histórico. 

Coral: Por iso Dores é un documental que se iniciou como a procura do por que non coñecemos a historia destes campos de concentración. Pese a estudar no bacharelato a Historia de España, a Transición e o franquismo, continúa a haber moito descoñecemento sobre a existencia destes lugares e a represión que houbo en Galiza, e iso abre moitas dúbidas. Tamén pretende amosar os sucesos históricos dende unha perspectiva que permita unha mellor aceptación por todas as partes. 

A curta é candidata ao premio DOC-U do festival DocsBarcelona, e poderá verse en Filmin ata o día 30 de maio e en FilmPix. Rematará aí o percorrido de Dores
Laura: Non. Estamos en plataformas para inscribirnos en todos os festivais posibles e, por agora, fomos seleccionadas para DocsBarcelona e para o Festival de Cine Incorto de México, aínda que esperamos que sexan máis ao longo deste verán. O percorrido que seguen as curtas nestes circuítos non é moi longo, pero queremos que o documental chegue a moitos outros sitios para facer público este coñecemento.
Clara: A idea é proxectar Dores nos sitios nos que estiveron os campos de concentración, porque queremos que a mensaxe da curta vaia máis aló e chegue á xente.

Coral: A nosa segunda meta é facer unha unidade didáctica que poida levarse a centros escolares e institutos, para que a xente moza poida ver a curta e facer actividades para coñecer estes feitos históricos. Non queremos que este tema se trate por enriba cando se estuda: este coñecemento hai que acompañalo dunha reflexión e dun debate que segue a estar enriba da mesa a día de hoxe. 

O descoñecemento do que falades é síntoma da necesidade de revisar a nosa educación en materia de memoria histórica? 
Clara: Si. De feito unha das intencións de Dores é facer chegar á xente de a pé esta información, que se coñeza máis aló do ámbito académico e que se reflexione sobre o descoñecemento. As institucións non tomaron as medidas que tiñan que tomar dende hai moitos anos, e a consecuencia disto é a ignorancia da represión e da existencia dos campos de concentración galegos. Non se sabe como afectou isto á xente, e como segue afectando, porque non é unha cuestión que forme parte só do pasado.

Maite: “Os mozos e mozas estamos conscienciados con estas cousas porque ao final os debates relativos a estes temas están constantemente nos medios”

Cal é o papel da xente nova neste proceso?
Maite: Os mozos e mozas estamos conscienciados con estas cousas porque ao final os debates relativos a estes temas están constantemente nos medios. Sabemos que hai cousas que non se están a tratar como se debería, xa non só falando da Guerra Civil, senón no referido á política do esquecemento: na historia os dous bandos equiparáronse, pero nun deles os mortos están perdidos e sen identificar. Ao final os campos de concentración galegos son como as cunetas, lugares esquecidos que seguen causando sufrimento entre moita xente. 

Laura: Queremos insistir en poñer o debate sobre a mesa, volver revisar o acontecido na Transición, cando se vendeu a idea de que os dous bandos se reconciliaran. A realidade é que a día de hoxe segue habendo inxustizas que nunca se resolveron.

Coral: Este é un tema moi agradecido, porque á hora de querer documentarnos visitamos cada campo de concentración para velos antes de rodar. En cada un falamos con alguén próximo á historia do campo e da represión. Así vimos que a xente quere que isto se saiba, e agradecen que existan persoas, sobre todo xente nova, que se interese polo tema.

Maite: “Os campos de concentración galegos son como as cunetas, lugares esquecidos que seguen causando sufrimento entre moita xente”

Tal e como sinala o xornalista Carlos Hernández de Miguel en Los campos de concentración de Franco, o rexistro oficial da Inspección General de los Campos de Concentración vixente durante o rexime recolle ata once “portas ao inferno”.  Sen embargo, na curta mencionades soamente nove. Que ocorre cos campos de Ferrol e Leiro? 
Maite: A pandemia puxo moitas trabas á hora de rodar en lugares como o campo de Leiro e de Ferrol. No segundo, o campo atopábase na Escollera, dentro do Arsenal Militar, e non se nos permitiu entrar.

Laura: En Leiro hai un hotel onde antes estaba o campo, e o problema foi o tema da reputación do establecemento. Non interesa que se saiba. 

Que caracterizaba os campos de concentración franquistas?
Laura: Os campos de aquí eran campos de clasificación e retención, pero tamén de reeducación e tortura ideolóxica. Neles obrigábase aos presos a cantar o Cara al sol, a adoptar a relixión e a renunciar á ideoloxía republicana. Non facelo implicaba o fusilamento.

Coral: Observábase a conduta dos presos e o seu arrepentimento e, en función diso, clasificábanos entre os que podían saír, os que eran fusilados, os que quedaban retidos nos campos a traballar forzosamente e os que pasaban ás cárceres.

O termo “campo de concentración” asociase directamente co Holocausto nazi, e úsase con reticencia na historia do Estado español xerando confusións. Existe un complexo á hora de catalogar estes lugares como o que foron? 
Coral: Si, é tal cal iso. Un día estabamos en Muros visitando unha das casas situada na zona na que estaba o campo de concentración. Unha señora saudounos e enfadouse moito cando soubo o que estabamos facendo. Dixo que isto non era un campo de concentración, que aquí so se clasificaba á xente e que non había cámaras de gas. Por iso sabemos que a xente ten un concepto equivocadísimo. Non se sabe nada dos batallóns de traballo nin do tratamento que sufriron estes presos. 

Laura: Este termo ten debate entre os propios historiadores. Hai xente que non está de acordo e que cuestiona se de verdade o que aconteceu neles foi un xenocidio. Eu penso que todo ven a raíz do non querer esclarecer o que pasou. 

Clara: Hai que darse conta de que estes campos foron anteriores á maioría dos campos nazis. É dicir, foron como un antecedente do que viría despois. Só por isto é importante saber o que eran, porque en base a estes construíronse outros, con variacións obviamente, pero co mesmo fin.

Laura: De feito, os primeiros campos de concentración creáronse en Cuba por obra dos españois. Esa reminiscencia que nos leva a asociar o termo dos campos co acontecido na Alemaña nazi débese a que Alemaña si que recoñeceu a súa historia, e fixo por esclarecer que un dos bandos fixo cousas que xamais deben de repetirse e que non se poden permitir. En España nunca existiu esa intención, nunca se sinalou de forma clara que o que ocorreu estaba mal.

Entre os campos que enumerades está a Illa de San Simón, que se consideraba unha cárcere segundo o rexistro oficial. Por que decidistes incluíla como campo de concentración? 
Clara: Os once campos son os que clasificou o propio goberno de Franco de forma oficial, pero había outros. Clasificábanse coma prisións, pero pódese dicir que isto era un eufemismo.

Maite: As condicións de vida e a represión contra os presos eran practicamente as mesmas nos campos e nalgunhas cárceres. A diferencia era que nos primeiros se retía e se clasificaba á xente para envialos ás segundas. De feito, en Galicia os campos eran lugares próximos ás costas para favorecer o traslado marítimo de prisioneiros a outros centros o máis lonxe posible das súas casas. 

Coral: O que vimos durante o proceso de documentación foi que a represión e a clasificación dos presos se baseaba en criterios políticos e que, aínda que os campos de concentración estiveron en pleno funcionamento moi poucos anos, dende o 36 ao 40, as súas funcións eran similares ás chamadas penitenciarías. Ao final os presos estaban en condicións infrahumanas, apiñados e realizando traballos forzosos. 

Coral: “Os presos estaban en condicións infrahumanas, apiñados e realizando traballos forzosos”

Pese á súa historia, a illa está vinculada ao uso turístico, cultural e de ocio, o que ocasiona as protestas por parte dalgúns colectivos de defensa pola Memoria Histórica. Cal foi a vosa conclusión tras os días de rodaxe alí? 
Maite: A min impactoume moito. A illa é un dos poucos espazos recoñecidos como o que foi pola prensa e o seu entorno e, se ben fan algunhas actividades relacionadas coa memoria histórica, o que se ve ao seu redor diariamente son barcos, xente facendo ioga, bañistas… Nun campo de concentración nazi sería impensable ver a xente tomando o sol, e na illa chegou a facerse un festival de música. Alí démonos de conta de que segue a haber moita xente que non sabe o que este lugar significou e segue significando para moitas persoas. 

Laura: De feito, na Illa de San Simón pode facerse un percorrido turístico, pero o seu contido céntrase na fauna e flora do lugar e na súa historia de antes da guerra, falando moi pouco da súa etapa como campo de concentración. 

Coral: É certo que a illa reserva un día para celebrar un acto de memoria polas vítimas, pero recordar unha vez ao ano a toda esa xente que sufriu no campo non é facer xustiza. O ano 2006 foi o ano da Memoria e coa chegada do bipartito fíxose unha unidade didáctica para os nenos da escola que explicaba moi ben o que ocorrera alí e que os facía reflexionar. É moi forte pensar que esta intención que existiu quedou estancada tras o cambio de goberno.

Maite: “Nun campo de concentración nazi sería impensable ver a xente tomando o sol. Na illa de San Simón chegou a facerse un festival de música”

Os outros campos galegos están sinalados como tal?
Maite: Algúns si. Betanzos, Lavacolla, Rianxo… Teñen placas conmemorativas. Cedeira tamén ten un monumento, pero non está situado no lugar do campo e a xente nin sabe que esa zona foi o que foi. 

Coral: A maior parte dos sitios que teñen estas placas son campos dos que xa non queda resto ningún. Sen embargo, nos sitios que manteñen as infraestruturas que poderían albergar actividades didácticas ou centros de memoria, como no mosteiro de Oia, non hai apenas nada.

Existe una actitude de inacción por parte das institucións galegas polo recoñecemento destes lugares? 
Laura: A maior parte dos campos que teñen estes recoñecementos pequenos, téñenos grazas á acción de asociacións que piden aos concellos que tomen partido. Se se fixesen esforzos por parte da Xunta ou do propio Goberno de España todo sería moi diferente, e poderían levarse a cabo rehabilitacións e espazos de memoria. 

Clara: O acontecido nos campos é un feito histórico que leva estando silenciado moitos anos, e o seu recoñecemento é unha carreira a contratempo, porque canto máis pase máis difícil será recuperar todo o que sucedeu. Bótase en falta unha solución institucional sistematizada que englobase todos os aspectos necesarios para que realmente puidésemos ver un cambio.

Maite: Polo descoñecemento e pola falta de conciencia estamos a perder moitísimas pezas que son chaves da nosa historia e que rexistran vivencias que teñen moito que dicir a día de hoxe.

Atopáchedes dificultades á hora de acceder á información oficial sobre este tema?
Maite: De primeiras atopamos moita información a nivel xeral sobre os campos e a represión en Galicia, pero nós quixemos centrarnos nas historias de xente á que puidésemos poñerlle nome e cara, e a información sobre as persoas que pasaron por prisións e campos non é tan accesible. Laura atopou o diario de Casimiro Jamonero, un soldado republicano que escribiu un diario mentres estivo preso, e contactamos coa súa familia. En canto á información oficial, todo dependía do que queriamos atopar. Por exemplo, o relativo á Illa de San Simón conseguímolo grazas á asociación Faiado da Memoria de Vilagarcía. 

Clara: Sen embargo, os datos relacionados coas cifras de presos e represaliados non son claros porque moitos rexistros se destruíron ou están en mans privadas, e o número varía moito en función das fontes. Sábese que pola Illa pasaron case 6.000 presos, pero oficialmente foron moitos menos.

Coral: Moitos dos arquivos están en mans da Fundación Franco, e había que pagar para poder acceder a eles. Nós non tiñamos orzamento para iso, e de telo tampouco o inverteriamos alí.

Laura: Hai bastante documentación que resume un pouco o que se pode atopar neles, pero realmente son arquivos académicos, e a súa información non transcende ao cotiá. 

Cales son as consecuencias de que a información sobre esta cara do rexime franquista se atope estancada?
Laura: Pois tal e como estamos vendo, o auxe do fascismo é real. A situación política actual en España tamén bebe deste esquecemento histórico, e parece que hoxe se permite lanzar calquera tipo de discurso no que se repiten erros do pasado porque nunca se recoñeceron como tal. Tal e como menciona Tino Cordal no documental, as consecuencias vense en que torturadores como Billy el Niño morren con condecoracións que nunca mereceron. 

Coral: Tamén se ven en que comezou a falarse abertamente das vítimas do franquismo a partir do ano 2006, e en que a día de hoxe segue a haber críticas cada vez que se retiran símbolos franquistas porque a xente di que hai cousas máis importantes nas que gastar os cartos. Non hai consciencia.

Laura: “A situación política actual en España tamén bebe deste esquecemento histórico”

No documental dades voz ás familias das vítimas, pero tamén ás dos vitimarios. Por que é importante esta última perspectiva? 
Clara: Dende o primeiro momento pensamos que era necesario recordar e rememorar todo o que pasaron as vítimas, pero hai unha parte clave que non é tan mencionada e que é igual de importante, que é o recoñecemento dos verdugos, esa xente que cometeu todos os crimes e que non teñen nome porque non se fala deles. Din que hai milleiros de mortos nas cunetas, pero a eses mortos matáronos outros. No documental queremos amosar a importancia de que os familiares dos verdugos transmitan a información que saben, e que falen sobre os seus tíos e os seus avós que tamén foron represores. Evidentemente non hai que culpabilizar á familia, pero eles teñen a responsabilidade de difundir este coñecemento para demostrar que, actualmente, pouca rivalidade queda entre os descendentes de vítimas e vitimarios: o que ocorreu é algo que quedou no pasado, e é responsabilidade de ambas partes falar e recoñecer o que pasou para curar e que non se volva repetir.

Clara: “No documental queremos amosar a importancia de que os familiares dos verdugos transmitan a información que saben”
Memoria histórica
Montse Fajardo Pérez “As mulleres son as grandes esquecidas da represión franquista”
A transmisión familiar da represión, silenciada polo medo de posguerra, despertou o interese da escritora pola recuperación da memoria desde unha perspectiva feminista.

Na parte final ambas partes conversan sobre o que ocorreu cos seus antepasados. É unha metáfora do que falta para que exista unha verdadeira reconciliación co pasado?
Maite: Si. É fundamental que isto se faga para seguir adiante. As familias dos verdugos deben falar tamén, primeiro para poñerlles nome, e segundo para poñer sobre a mesa que, pese aos vínculos familiares, a xente pode avanzar e defender uns valores mellores. 

Coral: Os historiadores cos que falamos para documentarnos dicían que o que ocorreu nos campos de concentración era unha realidade, e que na Historia non hai bandos nin culpables, só feitos históricos que se estudan porque están aí. Esa perspectiva cambiou a miña forma de pensar e a día de hoxe prodúceme moita rabia ver que nos medios e no panorama político uns bótanse as culpas aos outros poñendo en dúbida o acontecido. Os feitos hai que recoñecelos, e non pasa nada por facelo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Literatura
Gabriela Wiener “Me pregunto si es posible hacer libros que cambien el discurrir del mundo”
La escritora peruana afincada en Madrid ha publicado recientemente ‘Atusparia’, una novela que recorre el pasado, el presente y un posible futuro de su país, un territorio de represión pero también de luchas por el territorio y por el porvenir.
El Salto Radio
El Salto Radio Te llamo desde mi muro: recordando a Marcos Ana
Cuando volvamos la vista atrás, que sea siempre para iluminar el presente… Hoy encendemos esa luz a través de la vida de Marcos Ana, y os podemos asegurar que hay motivos.
COP29
Análisis La COP29 y los derechos humanos: Azerbaiyán
Limitación de las libertades de expresión y reunión, restricción del funcionamiento de las ONG, criminalización de la protesta, detenciones arbitrarias, encarcelamiento de periodistas... Azerbaiyán cuenta con un amplio historial represivo.
#91102
27/5/2021 13:11

Muy buena entrevista, que ganas de ver el documental.

3
0
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Ibex 35
Ibex 35 Las retribuciones de los grandes empresarios multiplican por 118 lo que ganan sus trabajadores
Los directores y ejecutivos de Inditex, Banco Santander, Iberdrola, Indra, CIE Automotive y otras empresas del Ibex 35 multiplican por cientos de veces los sueldos medios de sus empleados.
Opinión
Opinión Lo raro es estar viva
¿De qué sirve agobiarse por ciertas pequeñeces si somos un punto mínimo, una huella desdibujada, un puntito sobre un folio en blanco con un boli bic que casi no pinta?
Catalunya
Derecho a la vivienda La “revuelta de las llaves” echa a andar con tres huelgas de alquileres en Catalunya
Tres promociones de vivienda deciden ir a la huelga de inquilinos, una de las medidas defendidas por las manifestaciones del 13 de octubre y el 23 de noviembre en Madrid y Barcelona para hacer frente a los alquileres impagables.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.

Últimas

Inteligencia artificial
Inteligencia artificial Los creadores rechazan las licencias ampliadas para el uso de sus obras en la IA: “Es un genocidio cultural”
El Real Decreto para regular la concesión de licencias colectivas ampliadas para la explotación masiva de obras protegidas por derechos de propiedad intelectual para el desarrollo de modelos de Inteligencia Artificial recibe un rechazo generalizado.
Personas sin hogar
Personas sin hogar Encierro en el Ayuntamiento de Granada para reclamar albergues para las personas sin hogar
Decenas de activistas exigen tratar, en el Día Internacional de los Derechos Humanos, con la alcaldesa de la ciudad sobre la necesidad de medidas urgentes ante la gravísima situación de las personas sin hogar en plena ola de frío.
Opinión
Tratados UE-Mercosur, el acuerdo que acabará con el modelo de agricultura europeo
Toda la producción agroalimentaria familiar, de pequeña escala y que desarrollan la economía local va a salir perdiendo, sea en Europa o los cuatro países latinoamericanos.
Siria
Siria Israel bombardea la transición siria
Mientras el nuevo gobierno del país intenta proyectar legitimidad dentro y fuera de sus fronteras, el ejército sionista expande su control del territorio en los Altos del Golán, y Europa congela miles de solicitudes de asilo de personas sirias.
Más noticias
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda La moratoria del ‘escudo social’ no ha servido para impedir tres de cada cuatro desahucios
Un redactado poco claro, que deja libertad a los jueces para saltarse la moratoria, limita su alcance. A pocas semanas de su fin, organizaciones de vivienda piden que sea mejorada, ampliada y convertida en permanente.
Baleares
Memoria histórica Acuerdo en Baleares entre la izquierda y el PP para no derogar la ley de memoria histórica
El Govern ya no buscará los apoyos de la ultraderecha en los presupuestos ni cumplirá con uno de los puntos más calientes del programa, como era la derogación de la ley de memoria democrática.
Tribuna
Tribuna El día después del derrocamiento de Al Asad en Siria
El pueblo sirio ha sufrido lo indecible en los últimos años en sus aspiraciones de soberanía y de liberación. La pregunta ahora es ¿cómo se va a reconfigurar el reparto de poder en Siria y en la región?

Recomendadas

Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.
Fondos buitre
Madrid Ecosol, la cooperativa agroecológica que lucha por sobrevivir al desalojo del fondo buitre Élix Rent
Este gigante inmobiliario, que ya ha logrado hacerse con la práctica totalidad del edificio que alberga el proyecto, se niega a renovar su contrato de alquiler ya que busca rehabilitar el inmueble y alquilarlo a precios desorbitados.
Siria
Siria Cuando el miedo a la deportación es real: obligados a volver a Siria
Turquía lleva mucho tiempo deportando a los refugiados sirios. Aunque intenta justificar sus prácticas ante la comunidad mundial, estas vulneran el derecho internacional.