A Xunta desoe a oposición social e dá luz verde ambiental á celulosa de Altri e Greenalia

O informe da administración galega, gobernada polo PP de Alfonso Rueda, conclúe que a proposta é “ambientalmente viable” e pasa por alto as decenas de miles de alegacións presentadas, así como a contestación social.
Alfonso Rueda parlamento galego
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Parlamento, xunto ao vicepresidente Diego Calvo.
14 mar 2025 10:39

A Xunta de Galiza determinou que a planta de celulosa proxectada pola pastera lusa Altri e a multinacional galega Greenalia en Palas de Rei (Lugo) é viable desde o punto de vista ambiental, motivo polo que decidiu outorgarlle a autorización correspondente para que o proceso poida continuar.

Dende o inicio, tanto o Goberno galego como o Partido Popular de Alfonso Rueda insistiron en que “decidirían os técnicos” respecto deste proxecto, que xerou unha notable resposta social e recibiu duras críticas por parte doutras formacións políticas.

O Diario Oficial de Galiza (DOG) publicou este venres o anuncio oficial, no que se recolle o informe que emite a declaración de impacto ambiental para este proxecto “estratéxico”, orientado á produción de fibra téxtil a partir de celulosa e ás súas infraestruturas asociadas. A iniciativa, impulsada pola sociedade instrumental Greenfiber, abrangue diferentes localizacións: Palas de Rei (Lugo), Melide e Santiso (A Coruña) e Agolada (Pontevedra).

O informe conclúe que a proposta é “ambientalmente viable”, sempre que se cumpran non só os requisitos establecidos no estudo de impacto ambiental e na documentación avaliada, senón tamén “o condicionado e o programa de vixilancia ambiental” incluídos no propio informe.

Ademais, establécese que, no caso de que xurdan impactos non contemplados ata o momento, as autoridades ambientais poderán impoñer novas condicións adicionais ás xa fixadas.

[Haberá ampliación]

Medio ambiente
Quen é quen en Greenalia? A empresa que quere outra celulosa en Galiza e arrasa oliveirais en Andalucía
Os tentáculos da rede empresarial tras esta corporación tocan a gran parte da oligarquía galega. Desde medios de comunicación como 'La Voz de Galicia' até equipos de fútbol como o Deportivo ou entidades financeiras como Abanca.
Medio ambiente
O rexeitamento á celulosa da Xunta e Altri desborda o corazón de Galiza
Unha manifestación multitudinaria desborda o concello lugués de Palas de Rei, onde se pretende instalar a industria papeleira, coa gran ausencia do PSOE e unha gran fronte ampla da sociedade civil.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...