Medio ambiente
Erika González: “Hai que botar as enerxéticas do territorio para construír alternativas de economía solidaria”

A especialista en violacións de dereitos humanos e ambientais do Observatorio de Multinacionais participa hoxe nas xornadas 'Democracia secuestrada', en Vigo
Erika González
A investigadora e experta en empresas transnacionais Erika González David F. Sabadell

Estudar, investigar e realizar divulgación sobre as violacións de dereitos humanos e ambientais perpetrados polas grandes empresas transnacionais en todo o mundo resulta fundamental para entender os seus efectos sobre a vida das persoas. A iso dedica o seu traballo Erika González (Madrid, 1977), investigadora do Observatorio de Multinacionais en América Latina (OMAL), desde onde fai fincapé nas empresas do Ibex-35 e as estratexias que empregan para seguir medrando. Tamén nas relacións coloniais norte-sur que perpetúan.

Esta semana, González aterra en Vigo á mantenta das xornadas Democracia secuestrada: ameazas globais e autodefensas, que organiza ECOAR))), un colectivo independente que se apoia na acción directa, a presión pública, a sensibilización e a solidariedade, para construír un sistema global baseado na xustiza, a ética e a dignidade.

Erika, ti formas parte do núcleo do Observatorio de Multinacionais en América Latina. Investigades impactos e construídes alternativas ás empresas transnacionais. Moitas delas con raíces no Estado español. Que crees que farían estas corporacións se ninguén as vise?
Farían exactamente o mesmo, pero sen construír todo este ornamento mediático de lexitimación social. O núcleo duro do negocio das grandes empresas transnacionais (estamos a falar das compañías do IBEX35 e outras grandes empresas como Mercadona ou El Corte Inglés) está guiado polo máximo beneficio aos propietarios ou aos principais accionistas. Para iso, dispoñen dunha serie de mecanismos que lles deu este modelo socioeconómico e as políticas estatais neoliberais. Permítenlles realizar os seus negocios baseándose na desvalorización salarial; a precarización laboral; e a explotación e mercantilización dos territorios para extraer os materiais e a enerxía que utilizan no sistema de produción e consumo. Necesitan tamén incrementar a financiarización. Dado que estamos nunha crise estrutural do capitalismo, que a economía produtiva non lles dá suficientes beneficios, necesitan espremer todo o que pode comprarse e venderse.

Até onde chega ese poder corporativo?
Pois un dos últimos bens que foi incorporado a esta listaxe foi a auga, para introducila dentro das lóxicas de especulación financeira e conseguir mercantilizar todo o que aínda non está baixo a lóxica dese mercado capitalista. Poden ser bens, servizos, territorios... Esferas da nosa propia vida. Ese é o núcleo duro do negocio das das empresas transnacionais. Na raíz de todos estes beneficios que se obteñen a través destes instrumentos, sitúanse os conflitos socioambientais e a relación de dereitos humanos. Só con conflitos socioambientais e violación de dereitos humanos pódese obter os beneficios que se están obtendo no sistema capitalista. E isto non cambia. Isto producíase hai cen anos e séguese producindo actualmente, aínda que sexan vistas ou non. Agora, teñen que construír evidentemente todo un aparello de comunicación para poder lexitimarse socialmente, para que non sexan cuestionadas e para situarse como axentes imprescindibles no chamado progreso.

As políticas neoliberais permiten que as empresas baseen os seus negocios na desvalorización salarial e a mercantilización dos territorios

Elaborar unha reputación afable, entendo.
Claro. O que che din é que sen estas compañías non habería emprego, non habería riqueza, non habería a mínima repartición dos beneficios. Todo este discurso necesita ser construído polas empresas transnacionais. E fano a través do poder cultural que teñen. Xa sexa financiando ou estando dentro do propio accionariado de medios de comunicación, en think tanks, lobbies... Falo da xeración de toda esa clase político-empresarial que lles lexitima e tamén os seus continuos procesos de penetración na educación formal universitaria e secundaria. Imos vendo como na construción deses imaxinarios, desa lexitimación social, aparecen os procesos de responsabilidade social corporativa.

É o compromiso social ou é a procura de beneficios o motor de todo isto?
As empresas transnacionais evidentemente foron evolucionando co sistema capitalista para mellorar todo aquilo que lle repercuta en maiores beneficios. O resultado foi unha moi complexa estrutura das corporacións. Non se sabe moi ben cales son os límites dunha empresa transnacional. As corporacións teñen cara abaixo non só ás filiais, tamén teñen contratas, teñen provedores e licenciatarios... De maneira que, aí, é moi difícil saber onde termina a empresa. A partir de mediados do século XX a estrutura cara arriba tamén cambiou. Xa non son persoas as propietarias. Antes, o capitalismo familiar español era unha oligarquía que tiñas ben identificada. Agora, son unha parte cada vez menor. Os propietarios das empresas pasan a ser fondos de investimento, fondos de pensións, outras corporacións que teñen capitais doutras empresas ou doutros sistemas de pensións. Esta complexidade permítelles incrementar os beneficios e ocultar moito as súas responsabilidades.

Medio ambiente
Enerxías renovables Guerra na pesca e no ecoloxismo polo novo mapa da eólica mariña
Os Plans de Ordenación do Espazo Mariño dan luz verde á instalación de aeroxeradores en 4.948 quilómetros cadrados de litoral con influencia en reservas naturais e caladoiros, especialmente en Galicia e Asturias

Centrémonos na crise enerxética e busquemos analoxías en territorios que coñeces moi ben. Que papel xogaron as multinacionais da enerxía do Estado español no proceso de privatización enerxética en América Latina?
Xogaron un papel clave no proceso de privatización das grandes enerxéticas en América Latina. De feito, aquelas compras das grandes enerxéticas de empresas que se estaban vendendo fixeron que España pasase de ser un receptor de capitais a chegarse a converter, en 1999, no sexto maior investidor en América Latina do mundo. Reflicte moi ben como de acelerado foi ese proceso. Aí foron claves varias compras. Endesa estaba a piques de terminar de ser privatizada e comprou EnerSys, unha gran compañía chilena que xa era transnacional en América Latina. Nese caso, saltou un caso de corrupción, no cal se denunciou por parte de determinadas organizacións e políticos chilenos que houbo un trato preferente a Endesa.

Algo parecido ocorreu con Repsol en 1999. Comprou unha empresa arxentina, Xacementos Petrolíferos Fiscais, moitísimo maior que a propia Repsol, que xa era unha empresa transnacional. E, dando contexto, puido endebedarse por todo o proceso de incorporación á Unión Europea e as políticas de liberalización da economía e privatización, non tanto de economía produtiva como de economía financeira. Isto permitiu que houbese moito músculo financeiro. Que houbese unha gran capacidade de obter créditos moi altos a intereses moi baixos. E o mesmo podemos falar tamén no caso de Endesa comprando unha empresa eléctrica pública en Perú, que tivo uns procedementos moi parecidos. É dicir, as enerxéticas foron as grandes protagonistas nas privatizacións.

As eléctricas do Estado español foron fundamentais no proceso de privatización das grandes enerxéticas en América Latina

E que pasou naqueles países? Creouse riqueza?
Lonxe da promesa capitalista de creación de estruturas e tecido económico e creación de emprego, o que ocorreu na internacionalización das empresas transnacionais españolas é que non houbo creación de tecido económico. O que existiu foi compra. As empresas españolas compraron unha empresa xa creada en América Latina e o primeiro que fixeron para rendibilizar canto antes o seu investimento foi pór en marcha unha serie de procesos de recortes. Fortes reducións de persoal e aumentos de subcontratación para devaluar máis o salario e, doutra banda, recortar no mantemento e ampliación do servizo, especialmente naquelas zonas ou rurais ou periféricas que non son tan rendibles.

Houbo violencia estrutural, desprazamento de poboacións locais, perpetuación da pobreza, espolio de recursos... É correcto que falemos dun proceso de colonización?
Si. Nós expomos a chegada das empresas transnacionais como un segundo desembarco, facendo alusión a ese proceso de colonización. Podemos falar de neocolonialismo. Os procesos foron diferentes, pero teñen as mesmas lóxicas. Establécense unhas relacións de asimetría política e económica que se aproveita para establecer unha serie de políticas que explotan o territorio para maximizar un beneficio que, evidentemente, non queda no territorio de onde é explotado, senón que reverte na sede de Madrid e nos propietarios da empresa que está nesa sede. Ademais, utilizan ao Estado onde teñen eses investimentos para facer un control non só do territorio, senón tamén para disciplinar e controlar socialmente á poboación para evitar que unha oposición á privatización ou a creación de megaproyectos poidan xerar algún tipo de barreira ou molestia para eses negocios.

Esas mesmas empresas que colonizaron de novo Latinoamérica son abanderadas agora da chamada Transición Ecolóxica en Europa e ocupan postos de non pouco poder nos procesos de implantación de enerxías renovables. Especialmente, cos Fondos Next Generation de fondo. Que podemos esperar que fagan aquí e onde debemos estar vixiantes como sociedade civil?
Debemos estar vixiantes no desenvolvemento dos megaproxectos que queren levar a cabo. Desconfiar absolutamente da publicidade que incorporan nos medios de comunicación. Non só desconfiar, senón tamén facer contrapublicidade. Para clarificar nas canles que temos cal é o obxectivo real, que é o contrario do que expoñen. E a partir desa desconfianza, ir analizando cales son os megaproxectos que queren pór en marcha para frealos. Para ir indicando que supón para o territorio, que supón para a poboación e que están a supor ese tipo de proxecto para as empresas transnacionaies. Debemos ter en conta todos eses eixos de poder que teñen as empresas transnacionais para ir resistindo e esixindo a transformación en cada un diso. Fixarnos en quen está a producir, como se está producindo, como se está decidindo, quen está a decidir acerca diso e quen pode acceder e como.

Nós expomos a chegada das empresas transnacionais como un segundo desembarco, facendo alusión a un proceso de neocolonialismo

A axenda mediática agora mesmo está centrada na aprobación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo e a luz verde á implantación de macroparques eólicos nas costas, especialmente en Galicia, onde tamén se sumaron moitos polígonos nas montañas. Crees que o rexeitamento social das comunidades afectadas está xustificado?
Eu creo que si que está xustificado o rexeitamento social por como se expuxo a construción deses parques. Todo isto o que fai é controlar o territorio e privatizalo en mans de grandes empresas transnacionais. Claro que é necesario ampliar a produción de enerxías renovables, pero non a través deses macroproxectos, que producen fortes impactos e a privatización dos territorios. Non é a mellor maneira, sen dúbida. Tería que planificarse de modo que estea noutras mans, que non estea en man nin de Iberdrola, nin de Endesa, nin de Gamesa, nin de fondos de investimento. Entón, baixo ese punto de vista, claro que teñen razón de ser as queixas de moitas das comunidades que se están opondo á construción dese tipo de megaparques eólicos.

O Banco de España acaba de publicar un informe no que acredita que os parques eólicos non xeran nin empregos nin riqueza nos lugares onde se constrúen. O Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, fala de “solidariedade” entre rexións. Estamos a pór ben o foco?
Están a pór moi mal o foco. Creo que iso aínda tensa máis o conflito entre territorios. As comunidades locais poden vivir con eses recursos? Probablemente, non. E, ademais, iso está a eliminar a posibilidade doutros ingresos máis sustentables no tempo. E se nesa circunstancia, ademais, expolo como zona de sacrificio, exacerbas un conflito entre pobos. Por que nos temos que ir? Para beneficio de quen?

É necesario ampliar a produción de enerxías renovables, pero non a través deses macroproxectos  que producen a privatización dos territorios.

Polo de agora, non hai ningunha fonte enerxética, nin sequera no plano teórico, que poida substituír ao petróleo. Un argumento utilizado de forma transversal a favor de facilitarlle os procesos administrativos e ambientais a estas empresas enerxéticas. Pódese soster o futuro sen pór sobre a mesa o decrecemento?
Non. Antes ou despois hai que enfrontarse cunha realidade. E é que estamos obrigados a un descenso global no acceso de materiais e enerxía. Si ou si vai ocorrer. Está por ver como se produce ese descenso do acceso. Camiñamos por vías capitalistas, é dicir, a vía da expulsión da poboación. De xente que sobra á hora de repartir uns recursos que son decrecentes, que se van reducindo. Cada vez sobra máis xente e cada vez máis ten que ser expulsada do sistema precarizado ou directamente morrer. De feito, algúns autores e autoras falan de necropolíticas. Da política da morte de todas aquelas persoas e comunidades que non son funcionais nin para a produción nin para o consumo. Sobran e, polo tanto, pódese deixalas morrer no mar ou nas fronteiras. Pero podemos abordar a formulación dunha redistribución radical deses bens cada vez en menor dispoñibilidade. Bens materiais e enerxéticos que significan, pois, o decrecemento moi forte dos sectores e territorios máis consumistas e o crecemento doutros sectores que están en situacións absolutamente precarias. É necesaria esa redistribución radical que permita afrontar a redución global do acceso a materias e enerxías sen grandes sufrimentos humanos, senón mantendo vidas dignas para as maiorías sociais.

Son compatibles estas macroproxeccións de enerxías renovables coa preservación da diversidade biolóxica?
Non. De feito, temos unha matriz enerxética baseada en combustibles fósiles. Para solucionar o que é máis visible mediáticamente, pasamos a ese modelo baseado en enerxías renovables, pero nun formato industrial masivo que substitúe un recurso polo outro, como un cambio de surtidor. Evidentemente, son enerxías que requiren grandes infraestruturas e que requiren unha serie de materiais que teñen que ser obtidos por extractivismo, polo crecemento da minaría. E isto vese claro na política da Unión Europea de asegurarse o acceso a eses minerais en países periféricos a través dos acordos comerciais que xa ten asinados e doutros que quere asinar. Por exemplo, Mercosur. A firma deste acordo ten un obxectivo claro e é acceder ao litio que existe entre Chile, Bolivia e Arxentina. Isto significa minaría e a minaría significa destrución de ecosistemas. A destrución de ecosistemas significa perda de biodiversidade. Pero non só a nivel periférico, senón tamén a nivel interno. Están a solicitarse reactivacións de minas en Galicia e Estremadura moi perigosas.

No teu libro, A dónde va el capitalismo español, falas das enerxías renovables nun formato industrializado e complexo tecnoloxicamente. E dis: “a desmaterialización da economía choca cos límites biofísicos do planeta”. Como de conectadas están a crise ecolóxica e a crise do capitalismo?
De cheo. Temos que ter claro que hai que confrontar cos principais vehículos de acumulación capitalista, que son as elites político-empresariais que están na propiedade ou que están na dirección desas grandes corporacións. Se non, non imos poder recuperar espazos que están dominados por estas compañías. É absolutamente fundamental se queremos cambiar esas lóxicas e ir desprazando a estas empresas transnacionais. Non se van a ir elas, senón que hai que confrontalas e botalas. Tanto nas campañas políticas, en estruturas que construamos as organizacións sociais, como nas esixencias tamén a gobernos e ao Estado. Ten que haber unha clara liña de confrontación dos principais beneficiados.

O que está claro é que, necesariamente, as propostas de transformación e de alternativas teñen que ser colectivas

Ademais do decrecemento dos niveis de consumo, que outras posibilidades máis sociais temos para abordar a transición enerxética sen favorecer o oligopolio das multinacionais?
Nós vemos moi necesarias tres vías de acción para ir transformando ámbitos da vida e que saian desa lóxica. A primeira é potenciar as resistencias. Levantar diques á expansión da mercantilización. Articularse socialmente para evitar que sigan mercantilizando territorios, privatizando bens e servizos, que se sigan expandindo en máis esferas da nosa vida. Doutra banda, non renunciar ás esixencias ao Estado e tampouco basear absolutamente toda a nosa acción social ás esixencias en e ás institucións públicas. Debemos partir da premisa de que os Estados son funcionais aos intereses das empresas transnacionales, están conformados por elites político-empresariais que fan políticas e normas a disposición destas corporacións. Partindo desta situación, debemos ver que o Estado é un terreo en disputa. Estamos nunha relación de forzas moi en desvantaxe, pero é un terreo en disputa e hai que seguir disputando.

Cremos que é necesario seguir esixindo a creación de normas ou a transformación de normas que cumpran cunhas mínimas cuestións de regulación, de protección de dereitos humanos de todos, económicos, sociais e culturais, ambientais, colectivos, civís e políticos, son mínimos e de mínima redistribución. Traballos de riqueza a través da fiscalidade, entre outras, entre outras políticas. Non renunciar a ese espazo, pero tampouco basear toda a acción social e política cara aos Estados, precisamente pola necesidade de incrementar esa autoorganización que nos permita máis resistencia e que tamén nos permita a outra vía, que é a construción de alternativas, o dedicar tempo e esforzo á construción de alternativas empresariais, económicas que se saian desa lóxica.

Pódese ou débese construír unha economía solidaria?
Pódese e débese. Aí temos as experiencias da economía social e solidaria das cooperativas, que teñen un funcionamento que non se basea na competitividade, que non se basea na expulsión. Baséanse en mecanismos máis democráticos que si que teñen dentro do seu plan empresarial os límites biofísicos do planeta. Sabendo que esas alternativas se atopan nun marco capitalista que lles xera moitísimas contradicións e que está a ser difícil ver como pode haber saltos de escala dese tipo de economías que son marxinais ou moi minoritarias, a cuestións nas cales poidan ser accesibles ás maiorías sociais que moitas veces non poden acceder a este tipo de funcionamento.

Si que existen propostas e si que existen os espazos para poder construír esas propostas. O que está claro é que, necesariamente, as propostas de transformación e de alternativas teñen que ser colectivas. De maneira colectiva podemos construír espazos emancipados porque doutra maneira non é posible. E si, se queremos enfrontar un sistema que cada vez é máis violento, que cada vez expulsa máis poboación, que cada vez aplica con menos miramientos unha necro política que está a matar moitas persoas. Entón, se queremos transformar un sistema que nos está expulsando, que non se nos está agredindo, temos que construír este tipo de alternativas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Energías renovables
Energías Renovables La lucha de La Calahorra contra una planta de biogás y dos macrogranjas en zona protegida y sobre un acuífero
Vecinos y ecologistas se movilizan contra el proyecto mientras que los responsables lo defienden como modélico y necesario para la transición ecológica y acusan a los detractores de no acceder a conocer los detalles
Camino al paraíso
Camino al paraíso Este valle no se toca
La Canal Roya, un gran valle glaciar del Pirineo aragonés, se ha salvado gracias a la presión popular. De momento.
Energías renovables
Renovables sí pero no así Marcha multitudinaria en Granada exigiendo “renovables sí, pero no así”
Colectivos sociales de distintas comarcas de Almería y Granada reivindican “parar y reformular” el modelo especulativo y extractivista actual con graves consecuencias en los territorios que pronto no tendrá “marcha atrás”.
Oriente Próximo
Oriente próximo La diáspora kurda ante la caída de Bashar al-Assad
Siria enfrenta el fin de un régimen que durante décadas pareció inquebrantable. Desde la diáspora, la esperanza contenida de quien ha vivido demasiadas traiciones y promesas incumplidas.
Ley de Seguridad Ciudadana
Congreso de los diputados Reforma de la Ley Mordaza: ¿esta vez sí se puede?
Una de las mayores deudas de toda la izquierda del Estado español parece que está a punto de saldarse.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Literatura
Gustavo Faverón Patriau “Quizá la novela sea ahora mismo más relevante que nunca”
El escritor peruano Gustavo Faverón Patriau quería narrar en su nueva novela la historia de un boxeador que no sabía boxear pero tumbaba a sus rivales recitándoles al oído versos de César Vallejo. ‘Minimosca’ acabó siendo un cuentacuentos inagotable.
Galicia
Memoria histórica Así fue como el Patronato de Protección a la Mujer transformó Galicia en un convento de clausura
Las mujeres que cayeron en las redes del Patronato iniciaron un periplo de encierro, humillaciones, abusos y explotación que es desconocido para la mayor parte de la población. Queda hoy en la impunidad de un silencio que tenemos el deber de romper.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Derecho a la vivienda
Vivienda El Sindicato de Vivienda de Euskal Herria propone la “expropiación de pisos turísticos”
Ponen en el punto de mira los intereses del sector inmobiliario y tachan de “falsas” a todas las medidas propuestas por los partidos políticos como la Ley de Vivienda.
Opinión
Tribuna Todas las razones para decir ‘Altri non’
Aquí van unos cuantos motivos para juntarnos este domingo en Compostela y dejar clara nuestra postura frente a un expolio que nos están tratando de imponer disfrazado de progreso, pero que sólo trae beneficio económico a unos cuantos indeseables.
Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”

Últimas

Relato
Relato Descubrirse las manos
Descubres tus manos: el palmar y el dorso, la posibilidad futura de la pinza atrapacosas, dos miembros que te vinculan al chimpancé y al lémur. Aprendes su mecanismo.
Música
Música Un coro para homenajear las luchas obreras: “La canción protesta del pasado es historia viva”
El coro de canción protesta de Madrid nació para rescatar del pasado las tonadas de la lucha obrera y ponerlas al servicio de distintos activismos en el presente.
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando en el Álvaro Cunqueiro
Una de las victorias ideológicas del PP de Feijóo en Galicia ha sido hacernos creer que pagar por servicios esenciales en los hospitales durante el cuidado de nuestros enfermos es lo natural, que no hay otra manera de abordarlo, pero es mentira.
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.

Recomendadas

Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.