Bruxelas deixa fóra os hidrodutos galegos dos proxectos prioritarios europeos

Galiza sen Gas considera que estas infraestruturas son innecesarias e contraproducentes para unha transición enerxética rápida e xusta.
pedro sanchez hidrogeno enagas
Pedro Sánchez en un evento de Enagás, empresa a la que el Gobierno ha autorizado a desarrollar las redes de hidrógeno reconocidas como Proyecto de Interés Común europeo.

A plataforma Galiza Sen Gas celebra a decisión da Comisión Europea de excluír da listaxe de Proxectos de Interese Común (PCI) os hidrodutos A Coruña-Zamora e Guitiriz-Zamora, infraestruturas que pretendían conectar Galiza co corredor ibérico de hidróxeno dentro do proxecto H2Med. A exclusión supón que estas canalizacións non serán consideradas prioritarias e, polo tanto, non poderán acceder a financiamento europeo de até o 50% do seu custo.

Para a plataforma ecoloxista, composta por Amigas da Terra, Amnistía Internacional Galicia, ADEGA, Ecoar Global, Federación galega de Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) e Verdegaia, a exclusión supón unha vitoria que confirma que os hidrodutos carecen de xustificación desde o punto de vista ecolóxico e social.

Segundo explican, a produción de hidróxeno verde a partir de electricidade eólica e solar resulta necesaria, xunto cunha maior electrificación, para eliminar o consumo de gas fósil na industria galega, meta que debería acadarse antes de 2035. Cómpre lembrar que o gas fósil representa o 23% do uso de recursos enerxéticos en Galiza, utilizándose maioritariamente para producir electricidade e obter calor industrial.

Porén, a construción de hidrodutos só se xustificaría para exportar hidróxeno verde, o que complicaría o panorama da transición enerxética galega. “A produción galega de hidróxeno verde debe orientarse ao consumo interno e non á exportación”, sinalan desde a plataforma, que recorda que o transporte do hidróxeno a longas distancias é ineficiente e só interesa á industria centroeuropea e á empresa gasista Enagás.

Segundo un estudo da Comisión Europea, na lóxica do proxecto H2Med, Galiza exportaría moito máis hidróxeno verde do que demandaria para a súa propia descarbonización. O documento estima unha demanda galega, nun escenario medio, de 84.000 toneladas en 2030, que subiría a unhas 200.000 toneladas en 2040 e 2050. Pero a exportación cara a Castela e León xa podería superar as 200.000 toneladas en 2030.

Xosé Veiras, biólogo e membro da plataforma, considera que o motivo da exclusión quizáis se deba a que a Comisión Europea “non ve claro que Galiza sexa capaz de producir suficiente hidróxeno verde como para exportar a través do proxecto H2Med”.

Actualmente Galiza non produce unha soa tonelada de hidróxeno verde e todo indica que en 2030 aínda producirá moi poucas. Ademais, o hidróxeno tamén se podería exportar por vía marítima, en forma de amoníaco ou metanol.

A decisión europea chega nun momento no que organizacións como Greenpeace e a rede Gas No es Solución denuncian que a infraestrutura de hidróxeno promovida por Enagás carece da planificación ambiental esixida pola lexislación vixente. Estas entidades presentaron alegacións formais ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica esixindo unha Avaliación Ambiental Estratéxica que englobe todas as infraestruturas do proxecto.

“Estamos asistindo a un novo caso de inxección de diñeiro público a infraestrutura privada con enormes riscos onde se substitúe a planificación democrática e ambiental por un modelo ditado polo oligopolio enerxético”, subliñou Francisco del Pozo, responsable de combustíbeis fósiles e nuclear de Greenpeace.

A rede recoñece que o hidróxeno verde está chamado a desempeñar un rol importante no proceso de descarbonización de certos sectores difíciles de electrificar, como algunhas industrias ou o transporte marítimo e aéreo. Porén, consideran fundamental un análise estratéxico do impacto destas infraestruturas que promova unha rede realista que favoreza a rápida descarbonización minimizando o impacto nos territorios.

Veiras explica que o obxectivo de abandonar o gas fósil antes de 2035 require, por un lado, electrificar máis o consumo enerxético, especialmente na industria e na calefacción de edificios, vivendas e o sector servizos. “Deste xeito podería sustituirse o groso do consumo de gas fósil para obter calor, que se produce sobre todo na industria”, apunta.

Desde Galiza sen Gas conclúen que a conexión de Galiza co Proxecto H2Med a través de Zamora “carece de racionalidade ecolóxica e só serviría para canalizar hidróxeno verde galego cara a Alemaña”, priorizando os intereses da industria centroeuropea e do sector gasista sobre as necesidades reais da transición enerxética galega.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...