Maternidad
Iria Pinheiro: “Eu non parín, a min paríronme"

"Anatomía dunha serea" é unha obra de teatro que fala, en primeira persoa, da dura experiencia de violencia obstétrica que sufriu a actriz Iria Pinheiro.

Iria Pinheiro
A actriz Iria Pinheiro. Elena Martín
25 oct 2018 10:00

Imaxina que estás nun cuarto cunha ducia de persoas que levan máscara e gorro e apenas te miran á cara. Imaxina que ti estás aberta de pernas, vulnerable, sen poder moverte, intentando concentrarte no esforzo de dar a luz e procurando non pensar en nada máis. Imaxina agora que, de malas maneiras, eses mesmos individuos enmascarados dinche que apures, que vai haber cambio de quenda, sen deixar que sigas ao ritmo que precisas. Visualiza agora que, a pesar de que lles dis que esperen, acaban cortando a túa vaxina aínda que non era necesario. Imaxina que collen o neno que acaba de saír de ti e, sen apenas dicirche nada, lévano do cuarto sen deixarche nin sequera tocalo. Agora pensa en como te sentirías se xusto despois, tras coserte ás présas, todos os demais homes e mulleres marchasen tamén e te deixasen alí, coas pernas abertas, na semiescuridade dun cuarto frío durante horas e sen poder ver o teu bebé. Non, non é un pesadelo ou unha película de terror, así é como viviu a actriz Iria Pinheiro o parto do seu primeiro fillo. Unha experiencia que, por desgraza, non é única, e englóbase nunha realidade que ten nome propio: violencia obstétrica.

A violencia obstétrica defínese como “o trato deshumanizado, tanto físico como psicolóxico, que sofren as mulleres por parte dos profesionais da saúde antes, durante e despois do embarazo”. Iria Pinheiro, que xa tivera que denunciar outro tipo de violencia relacionada como é o acoso sexual por parte do seu xefe, sufriuno nas súas dúas vertentes, e aínda que o seu está sendo un proceso de curación lento e doloroso, ela non quixo que a súa experiencia caese en saco roto e decidiu plasmar toda a súa dor nunha obra de teatro que se vai estrear en outubro baixo o título “Anatomía dunha serea”. Nela, Iria conta en primeira persoa a súa experiencia, o trato vexatorio do que foi protagonista, xunto cunha episiotomía mal feita e innecesaria, que lle provoca incontinencia urinaria e dores diarias, e que segue a afectar a súa calidade de vida dous anos despois de dar a luz. Ademais dá datos reais sobre esa violencia que se exerce sobre as mulleres nun momento tan vulnerable para elas como é o embarazo e o parto, e todo isto con intención informadora, para dar a coñecer esta realidade que afecta a milleiros de mulleres en todo o mundo e que moitas veces comeza xa desde a adolescencia, coa primeira visita a xinecoloxía.

Quero dar a coñecer esta realidade que afecta a milleiros de mulleres en todo o mundo e que moitas veces comeza xa desde a adolescencia, coa primeira visita a xinecoloxía

Para Iria, o maltrato comezou desde o minuto un do embarazo. “Empeza desde que miras o predictor. As faltas de respecto, que non te chaman polo teu nome, non te toman en serio, ningunéante, trátante con paternalismo... Eu por exemplo souben o día exacto que quedei embarazada, porque o notei, pero aos médicos non lles importaba a miña opinión. Dubidan da muller, do coñecemento do seu corpo. E a isto séguenlles actos e comentarios máis sutís que moitas mulleres pasan por alto porque cren que son normais”. Pero nin é normal nin debería selo en absoluto, afirma Iria.

Como tampouco é normal a infantilización das mulleres durante todo o proceso, tratándoas de queixosas, dando malas contestacións a preguntas totalmente comprensibles sobre o que se lles vai facer e chegando nalgúns casos á burla. A ela non lle pasou, pero si coñece mulleres ás que, mentres empurraban e berraban pola dor do parto, algún profesional médico facía comentarios do tipo “Ben que non te queixabas cando cho fixeron” ou “Non o estás a facer ben, é que non sabes facelo?”. Vólvese falar tamén da obxectivización da muller. “Dentro do paritorio convérteste nun contedor que ten unha carga prezada, que é a criatura, e todo o que che pase a ti, á nai, pasa a ser secundario. De feito, entre os comentarios constantes máis recorrentes son os relacionados co futuro bebé, o que se coñece entre as comadroas como “xogar a carta do bebé morto”. Utilizaban a posible morte do meu fillo para atallar calquera pregunta, queixa ou dúbida que tivese sobre cousas que me ían facer. Basicamente dinche que non se fan responsables do que lle pase ao teu bebé se non te deixas facer isto ou aquilo”.

A nosa sociedade, profundamente arraigada no machismo e no catolicismo, ten ben inculcada a culpa dentro da sexualidade feminina. “Xa o pasaches suficientemente ben para xestar o teu fillo, así que agora apandas e sofres”.

O que hai detrás de todo isto é un claro sexismo, e uns intereses políticos e económicos indubidables. Se dentro da sanidade en xeral se tende a escoitar menos ás mulleres cando se queixan, no mundo da obstetricia o trato é incluso denigrante. Para Iria, como para outras moitas mulleres, a razón é clara e ten que ver, entre outros motivos, con que é unha especialidade relacionada coa sexualidade. A nosa sociedade, profundamente arraigada no machismo e no catolicismo, ten ben inculcada a culpa dentro da sexualidade feminina. “Xa o pasaches suficientemente ben para xestar o teu fillo, así que agora apandas e sofres”. É ademais un asunto económico porque todas as episiotomías que se fan sen ser indispensables, ou as cesáreas programadas, non deixan de ser unha forma de intentar aforrar cartos e de apurar cada nacemento, sen deixar que as mulleres poidan tomar o seu tempo para parir mentres non haxa estrés fetal. E é político porque, como ben di Iria, se as mulleres fosen plenamente conscientes do poder que teñen como creadoras de vida, habería unha forte empoderación do sexo feminino que non interesa.

“Unha muller que é capaz de parir, de enxendrar, que se sente poderosa, non interesa para nada nun sistema como o que vivimos. Xa podes traballar e votar, non?, pois estate quieta e non pidas máis. Empezas a notar que é unha arma máis, e eu cando escoitaba estas teorías pensaba que era unha esaxeración, que non podía ser que xogasen esa baza, pero logo empecei a ler e aprender. Realmente, antes o tema do parto e a sexualidade era algo noso, natural, ata que entraron a política, a economía no paritorio. E de repente empezas a conectar e sáeche todo o entramado patriarcal relacionado co tema, desde a queima de bruxas ata a visión da sexualidade da muller como algo prohibido ou como algo sucio que se ten hoxe en día”.

Foi coa entrada dos homes no mundo da obstetricia, a paulatina desaparición das matronas, a falta de información e conexión cos nosos corpos e a case obrigación de parir tombadas para comodidade dos médicos, que as mulleres empezaron a sufrir partos dolorosos e comezou a relacionarse nacementos con dor, sangue e violencia.

Para ela, sen ir máis lonxe, o parto estaba a ser algo fermoso, sentíase forte, feliz e apenas sentía dor. E isto non é tan raro se temos en conta que, como di unha das máis coñecidas estudosas do tema, Casilda Rodrigáñez, no seu libro “Pariremos con placer”, o parto era tradicionalmente indoloro, pois era unha actividade fisiolóxica máis. Xa en 1575, o anatomista francés Ambroise Paré afirmou que “a acción e utilidade da matriz é concibir e xestar cun pracer extremo”. É dicir, dar a luz non só non debería ser indoloro senón que moitas mulleres aseguraban ter orgasmos durante o parto, e foi coa entrada dos homes no mundo da obstetricia, a paulatina desaparición das matronas, a falta de información e conexión cos nosos corpos e a case obrigación de parir tombadas para comodidade dos médicos, que as mulleres empezaron a sufrir partos dolorosos e comezou a relacionarse nacementos con dor, sangue e violencia, imaxes totalmente imprecisas. Á fin e ao cabo, existe dor como alarma ante unha situación de perigo, pero esta alarma non se debería activar nun parto natural sen complicacións.

Iria Pinheiro_2

“Parir tombadas é terrible porque non é a postura natural, se conseguimos parir é que somos a hostia. Antes a xente paría de pé, agachada, agarrándose a algo... esa é a posición lóxica porque vai a favor da gravidade, o neno despois xírase só no medio do parto, saca a cabeza e logo fai unha torsión, é súper bonito, moi natural. Pero ti veste alí, enganchada a un montón de máquinas que che impiden moverte, perdendo lentamente a túa autonomía, e todo é artificial. Desde que todo é levado pola tecnoloxía, ata as drogas. Porque a min, por exemplo, inducíronme o parto con oxitocina, cando tiñan que esperar 24 horas a ver que pasaba. E despois seguen con máis oxitocina e coa epidural, e estás como drogada. Eu por iso digo que eu non parín, a min paríronme. E saes de alí despois de ter o teu fillo e é cando che vén toda a experiencia e decátaste de que non tiña que ser así, e pregúntaste, volvería alí? Volvería ao hospital? Pois igual non. E logo dinche que o segundo vai ser mellor porque ti estás mais preparada... pero claro, eu se vou parir outra vez levo un avogado e que falen con el durante o parto, non quero volver pasar por unha situación así”.

Para Iria a violencia non foi só antes e durante o parto, senón que foi xusto despois del cando apareceron as peores consecuencias do trato que recibiu. Un corte mal cosido, unha cicatriz con dor, incontinencia urinaria e abandono por parte do sistema de saúde cando tratou de atopar respostas e axuda ante o seu problema. “Ninguén me axudou despois do que me pasou. Tardei meses en que unha matrona me recomendase un fisio e que ese fisio me dixese que fose a un sitio especializado no meu problema. A cicatriz quedoume porque me fixeron mal o corte, e con présa. Fixo costra e ao non tratala formouse un queloide. Eu volvía e dicíalles que notaba algo raro pero non me facían nada. E por iso parir é como un salto sen rede. Se te queixas moito aínda igual consegues algo, pero cantas haberá que non din nada... e logo tamén está o problema psicolóxico, non? Eu tiven que reformular a vida doutro xeito. Vivo con dor constante, ganas de ouriñar, teño que sentar dun xeito concreto... e, claro, iso mina e ás veces perdes a esperanza, e iso sen contar con que ademais tes un neno ao teu cargo, non? Foron moitas cousas. E ademais néganche que haxa secuelas despois do parto, pero ao mesmo tempo as farmacéuticas venden medicamentos para iso precisamente, así que está claro que hai intereses detrás”.

Eran as mulleres curandeiras as que representaban unha visión práctica moito máis humana e empírica que a dos varóns de clase alta. Pero esta realidade non interesaba nun mundo clasista que buscaba o control total sobre os pobres.

Di Iria que se podería conseguir un equilibrio entre o parto natural e seguridade protocolaria dos hospitais, pero que non interesa, e que ademais se complicou todo coa entrada dos homes no paritorio. Incluso a día de hoxe parece que o oficio de matrona está relegado a un segundo plano, cando deberían delegarse nelas o labor de traer a criatura ao mundo, e os médicos deberían entrar só naquelas circunstancias de perigo nas que se precisan cirurxías ou incisións, por exemplo. Durante séculos vendeuse a idea de que isto acabou sendo así porque as mulleres están simplemente menos preparadas que os homes para o mundo da ciencia e da medicina, pero Barbara Ehrenreich e Deirdre English, no seu fanzine “Brujas, comadronas y enfermeras”, desmenten esta teoría: “En tempos pasados, as mulleres foron curandeiras autónomas e os seus coidados foron moitas veces a única atención médica ao alcance dos pobres e das propias mulleres”. Eran as mulleres curandeiras as que representaban unha visión práctica moito máis humana e empírica que a dos varóns de clase alta. Pero esta realidade non interesaba nun mundo clasista que buscaba o control total sobre os pobres. As curandeiras, que pasarían á historia como bruxas, non distinguían entre clases, e eran moitas veces a única opción para os estratos máis baixos da sociedade. Ademais, coñecían as propiedades das plantas e froitos da natureza, e eran verdadeiras sabias no seu tempo. Por iso precisamente á igrexa e á monarquía non lles interesaba a súa existencia. “Foi unha aberración, mataron moitisimas bruxas coas queimas en Europa, entre os séculos XIV e XVII. Nalgúns lugares o masacre foi tal que deixaron só unha muller con vida. E eran as mellores, as mulleres máis intelixentes, abertas e libres”.

Á queima seguiulle a prohibición por parte das universidades de que persoas sen titulación exercesen como médicas ou sanadoras. Esta prohibición non foi ao azar, senón que buscaba que precisamente as mulleres o tivesen máis complicado para atopar un sitio no mundo da medicina, á fin e ao cabo as mulleres ás que se lles permitía estudar e/ou tiñan os cartos para facelo eran unha clara minoría, e así foi como paulatinamente, as mulleres desapareceron da historia da saúde e acabaron relegadas ao único labor de nais e acompañantes de enfermos, e a traballos de subordinación dentro dos hospitais. Así, como afirman English e Ehrenreich, “a opresión das traballadoras sanitarias e o predominio dos profesionais masculinos non son resultado dun proceso “natural”, directamente ligado á evolución da ciencia médica nin moito menos á incapacidade das mulleres para levar ao cabo este traballo. Ao contrario, é a expresión dunha toma de poder activa por parte dos profesionais varóns. E os homes non triunfaron grazas á ciencia: as batallas decisivas libráronse moito antes de desenvolverse a moderna tecnoloxía científica”.

Ás persoas que ven a súa obra, séntense identificadas coa súa dor e coa súa experiencia, ata hai homes que din comprender mellor esta realidade tras ver a peza, e non son poucas as mulleres que se decatan que o trato que tiveron non foi normal, senón que tamén foron vítimas de violencia obstétrica sen sabelo.

Iria sabe que ela aínda tivo sorte e é posible que a súa dor acabe desaparecendo co tempo, pero as secuelas psicolóxicas son máis difíciles de sandar, e ela agora sabe mellor que nunca o que implica ser muller ante determinadas circunstancias. Por iso precisamente decidiu levar a cabo esa obra de teatro, Anatomía dunha serea. Recoñece que ás veces lle custa, pois está abrindo cara ao público a súa experiencia máis íntima, pero que lle está axudando a sentirse mellor. “Conto o que me pasou desde o meu punto de vista, coa intención de que se coñeza esta realidade. E fágoo sobre todo desde o respecto, porque eu conto a miña experiencia, pero respecto que ti fagas unha cesárea programada se queres, porque a mensaxe final que quero dar é que ten que ser a muller a que decida sobre o seu corpo e que o faga de forma informada. Mesmo me interesa a xente que non cre que exista esta violencia, que veña e se remova un pouco. Polo que sexa, cos datos e así. Esta obra axudoume a curar. Está sendo un proceso moi persoal, duro pero sanador. Antes tiña moito odio, pero agora non, perdoeime ata a min mesma por non facer nada máis no momento”. E non é só a ela a quen lle está axudando. Ás persoas que ven a súa obra, séntense identificadas coa súa dor e coa súa experiencia, ata hai homes que din comprender mellor esta realidade tras ver a peza, e non son poucas as mulleres que se decatan que o trato que tiveron non foi normal, senón que tamén foron vítimas de violencia obstétrica sen sabelo.

A mensaxe final que quero dar é que ten que ser a muller a que decida sobre o seu corpo e que o faga de forma informada

Para Iria, xa o título resume moi ben como se sente. “O titulo vén de que tiven a sensación de que quedara peixe de embigo para abaixo, como unha serea”. Ela di que tamén hai boa xente, pero atopou moi pouca durante todo o proceso. E sobre todo, afirma que quere que se teña en conta esta realidade, para poder cambiala. “Din que non é para tanto, pero obviamente non é verdade, o que pasa é que non interesa que se fale deste tema.” Por agora Iria conseguiu que se vaia estrear a súa obra en cidades como Santiago de Compostela, e incluso en Madrid ou Valencia quérena presentar, pero ela segue loitando para que se estree tamén na súa vila, Moaña, onde están sendo máis reticentes. “Pasa que moitos non queren programar a obra, que teñen medo, que queren vela primeiro”. Pero Iria non perde nin o sorriso nin a esperanza de que ao final a obra non só se estree en moitos sitios, senón que ademais axude ás mulleres que xestarán e parirán no futuro. Á fin e ao cabo, sería moito máis xusto que converterse nunha serea fose algo positivo, como di Rodrigáñez nunha das súas publicacións: “A serea foi tradicionalmente un símbolo do feminino e representaba o útero, co seu movemento ondulante, como unha especie de danza do ventre”. Así debería ser en realidade a oscilación do útero, un movemento de excitación e pracer, moi lonxe do medo e da dor coa que o relacionamos. Oxalá algún día o nacemento deixe de ser considerado unha patoloxía para volver formar parte do natural que é a creación de vida.

Heteropatriarcado
Crónica da inmundicia
Iria Pinheiro conta en primeira persoa a súa experiencia fronte a un tribunal que tiña que decidir se sufrira acoso sexual.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Literatura
Elena Lebrato Bustos “La literatura no te salva del duelo perinatal pero sí te acompaña”
Elena Lebrato Bustos es madre de tres criaturas, una de ellas muerta antes de nacer. Lo suelta así, de golpe, de la misma forma en la que a ella le dijeron que la criatura que gestaba no tenía latido. De esto va ‘Postales a Inés’.
Opinión
Cuidados ¿Abolimos el género o reescribimos la teoría queer con mirada perinatal?
Debemos reflexionar sobre el sistema sexo-género en relación a los cuidados de las infancias y pensar cómo hacemos compatible los debates identitarios con las responsabilidades individuales y colectivas de sostener la vida.
#25017
26/10/2018 11:44

Brava, Iria! Grazas! Totalmente axustado á realidade todo. É así sempre. E non só nos partos: nas consultas xinecolóxicas («no te va a doler»), nos infradiagnósticos de endometriose, etc.

4
0
#24964
25/10/2018 12:14

E dálle!

0
1
#24961
25/10/2018 10:49

Sen quitar valor nin poñer en dúbida nada do ocorrido, se os homes non poden traballar na xinecoloxía as mulleres non poderán ser soldados ou policías. Todo o mundo. sen importar xénero, debe poder facer de todo. A capacitación técnica debe ir acompañada tamén de capacitación psicolóxica e de actitude respectuaosa cara terceiros, iso é todo. Outra cousa é o economicismo, o mal saído do neoliberalismo dos 80 que tanto está a golpear nesta época como unha onda xigante que ven de alí lonxe, de hai máis de trinta anos

1
1
Ley de Seguridad Ciudadana
Congreso de los diputados Reforma de la Ley Mordaza: ¿esta vez sí se puede?
Una de las mayores deudas de toda la izquierda del Estado español parece que está a punto de saldarse.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Literatura
Gustavo Faverón Patriau “Quizá la novela sea ahora mismo más relevante que nunca”
El escritor peruano Gustavo Faverón Patriau quería narrar en su nueva novela la historia de un boxeador que no sabía boxear pero tumbaba a sus rivales recitándoles al oído versos de César Vallejo. ‘Minimosca’ acabó siendo un cuentacuentos inagotable.
Galicia
Memoria histórica Así fue como el Patronato de Protección a la Mujer transformó Galicia en un convento de clausura
Las mujeres que cayeron en las redes del Patronato iniciaron un periplo de encierro, humillaciones, abusos y explotación que es desconocido para la mayor parte de la población. Queda hoy en la impunidad de un silencio que tenemos el deber de romper.
Derecho a la vivienda
Vivienda El Sindicato de Vivienda de Euskal Herria propone la “expropiación de pisos turísticos”
Ponen en el punto de mira los intereses del sector inmobiliario y tachan de “falsas” a todas las medidas propuestas por los partidos políticos como la Ley de Vivienda.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Opinión
Tribuna Todas las razones para decir ‘Altri non’
Aquí van unos cuantos motivos para juntarnos este domingo en Compostela y dejar clara nuestra postura frente a un expolio que nos están tratando de imponer disfrazado de progreso, pero que sólo trae beneficio económico a unos cuantos indeseables.
Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”

Últimas

Más noticias
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando en el Álvaro Cunqueiro
Una de las victorias ideológicas del PP de Feijóo en Galicia ha sido hacernos creer que pagar por servicios esenciales en los hospitales durante el cuidado de nuestros enfermos es lo natural, que no hay otra manera de abordarlo, pero es mentira.
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.

Recomendadas

Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.