Carmela López (PSdeG) asume a Presidencia da Deputación de Lugo trala denuncia por acoso a José Tomé

A alcaldesa de Burela accede ao cargo cos votos de PSdeG, BNG e do expresidente José Tomé, reeditando o pacto de goberno na institución provincial tras a crise aberta en decembro.
Carmela López
La nueva presidenta de la Deputación de Lugo, Carmela López.
14 ene 2026 13:33

A alcaldesa de Burela accede ao cargo cos votos de PSdeG, BNG e do expresidente José Tomé, reeditando o pacto de goberno na institución provincial tras a crise aberta en decembro.

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi designada este mércores nova presidenta da Deputación de Lugo tras obter o apoio dos deputados do PSdeG-PSOE, do BNG e do integrante do grupo mixto, o exmandatario provincial José Tomé, denunciado por un presunto caso de acoso sexual.

A votación resolveuse co respaldo unánime dos representantes socialistas e nacionalistas, ao que se sumou Tomé, quen xa anunciara ao inicio do pleno a súa decisión de apoiar a proposta do Grupo Socialista. Pola súa parte, o Partido Popular mantivo o seu respaldo ao seu candidato, o portavoz provincial Antonio Ameijide.

Con este resultado, socialistas e nacionalistas reeditan o pacto de goberno que viñan sostendo na institución ata que, a comezos de decembro, José Tomé deixou a Presidencia e abandonou o PSOE tras unha denuncia por un presunto caso de acoso sexual presentada a través do canle interno do partido.

López chega ao cargo despois de lograr cohesionar ao Grupo Provincial Socialista e de sumar o apoio dos tres deputados que no seu día encabezaron unha candidatura alternativa a Tomé nas primarias do PSOE de Lugo para a Secretaría Xeral.

Ao pleno asistiron o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. Antes do inicio da sesión, PSOE e BNG xa confirmaran o seu apoio á candidatura da alcaldesa de Burela, mentres que o portavoz popular volveu referirse ao acordo como un “pacto da vergoña”.

Lugo
Os presuntos acosos sexuais do presidente da Deputación de Lugo desencadean un terremoto no PSOE da provincia
A alcaldía do segundo maior municipio lugués queda en mans de concelleiros non adscritos asemade que podería complicarse a gobernabilidade da institución provincial.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...