Literatura
A literatura LGBTIQ: unha tradición de memoria e resistencia

Os esforzos colectivos da comunidade galega de sexualidades e identidades non hexemónicas logran materializar as súas ideas no libro “Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza”.
10 jun 2020 14:35

Dende o seu nacemento a literatura ten sido colectiva, un espazo de encontro. O primeiro relato inaugurou unha conversa infinita que continuamos a construír entre todas cada vez que se conta algún acontecemento ou se comunica un pensamento. Cada narración, xa sexa oral ou escrita, acumula séculos de antigüidade e unha mesturanza de ideas procedentes de sitios insospeitados.

É ese mesmo carácter comunal o que converte a literatura nunha ameaza para os réximes totalitarios, mais tamén nunha ferramenta fundamental para as resistencias. Porque a literatura, alí onde as linguas e tradicións culturais se manteñen vivas, é un refuxio que axudou ás persoas a sobrevivir, a resgardarse e, nalgunhas ocasións, a organizarse.

Actualidad LGTBIQ+
O movemento LGTBIQ no rural galego
A sexta edición do Festival Agrocuir da Ulloa, un evento que xerou un punto de inflexión na visibilización da diversidade sexual no rural galego.
Falamos doutras historias da literatura, de todas ás que a Historia eurocentrista, branca e heteropatriarcal mantivo á marxe. Falamos das historias de resistencia e memoria que axudaron a todas esas comunidades denominadas como “outras” a manterse en pé de loita.

Velaí o vínculo indisoluble entre a literatura e a comunidade LGBTIQ e a importancia de continuar nesa conversa infinita. Porque son as narrativas desta comunidade as que están agora mesmo dentro da vangarda dos colectivos organizados que están a traballar e imaxinar outras posibilidades de habitar o mundo en liberdade e con dignidade.

Nesta liña, xurde Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza un libro que fai unha revisión crítica da realidade histórica e actual das cuestións relativas ás sexualidades non hexemónicas. Retomando o carácter colectivo da literatura, o libro é un espazo de encontro no que diversxs autorxs que proveñen de distintas pólas de coñecemento constrúen en común un panorama da cuestión LGBTIQ na Galiza contemporánea.

Escribir as propias historias

Daniela Ferrández, historiadora e presidenta da asociación trans AmiZando que escribe no libro sobre o termotrans e as súas posibles problemáticas, fala da importancia dos esforzos colectivos da comunidade LGBTIQ en Galiza: “Serven para mirarnos e recoñecernos como iguais. Para focalizar os nosos obxectivos comúns, precisamos comprender e coñecer todo o que nos trouxo até aquí, os esforzos que no pasado permitiron que hoxe teñamos ferramentas de sobrevivencia, as referentes que abriron o camiño que nós seguimos hoxe”.

Presentar un libro como Nós, xs inadaptadxs non é hoxe unha cuestión que careza de importancia. A produción literaria LGBTIQ é unha resposta urxente que se opón con forza a consentir a expansión das narrativas autoritarias e totalitaristas. “En tempos nos que o neo fascismo nos cuestiona e ataca con maior virulencia, onde nos mete a todas no mesmo saco para restar dereitos como aconteceu este mes en Hungría ou Brasil, precisamos ter moi presentes a todas aquelas que loitaron, que superaron as barreiras, que asomaron a cabeza por un sistema represor para organizarse, para manifestarse, para unirse e para reivindicar o orgullo de ser quen eran. Ese orgullo é o eixo transversal que procuramos con traballos como este”.

Daniela Fernández: “Para focalizar os nosos obxectivos comúns, precisamos comprender e coñecer todo o que nos trouxo até aquí, os esforzos que no pasado permitiron que hoxe teñamos ferramentas de sobrevivencia, as referentes que abriron o camiño que nós seguimos hoxe”

A hexemonía invisibilizou, silenciou e xulgou a comunidades disidentes por séculos para logo convertelas en obxectos de estudo. Unha reconstrución histórica digna destas colectividades non foi posible senón até que estas tomaron a palabra e comezaron a reconstruír a súa propia historia colectiva, Nós, xs inadaptadxs forma parte desta tradición de escrita subxectiva e situada.

Sobre a particularidade de publicar un libro que se encarga de estudar especificamente a realidade galega, Daniela comenta: “Con iniciativas como esta procuramos construír os nosos propios relatos e coñecer o noso propio pasado. Até agora non o fixemos e iso fíxonos depender doutras memorias e historias que quizais non teñan moito que ver coa nosa. Entendemos o noso pasado como escuro, ao igual que o entenden noutros lugares, e iso impídenos ollar os sinais de tolerancia, de integración, ou os propios xeitos de explicarnos, relacionarnos e organizarnos que puideron existir aquí. Neste sentido, metémolo todo no saco da represión, na idea férrea de que ‘antes non puido ser’, e non nos concedemos a oportunidade de comprobalo”.

Como resultado de reflectir sobre o propio territorio, aparecen narrativas que non tiñan aparecido antes nos proxectos máis xerais. A historiadora Ferrández fala da súa experiencia: “Entre as cousas que máis me sorprenderon á hora de desenvolver o texto para este libro, foi atopar exemplos (non moitos, pero habíaos) de xornais galegos que entre finais do XIX e principios do XX retrataban condutas que non se entendían dentro da norma sexo-xenérica imperante (xeralmente persoas travestidas) e que eran exculpadas e toleradas con frases como que “non facían dano a ninguén”, ou “eran felices así”. Atopei a mesma sorpresa ao ler unha crónica do ano 1934 cando relataba a proxección dun documental alemán sobre a mudanza de sexo no Coliseum da Coruña, e outros exemplos semellantes”.

E ela mesma conclúe: “A miña reflexión presentista en base a iso, dime que temos dereito a coñecer esas fendas na historia e na memoria, a valoralos, e quizais a utilizalos para emocionarnos á hora de pensar nun futuro onde sexan a tónica xeral. Sen dúbida, esa é para min unha das bases de que chegue un día no que nos mes de xuño non teñamos que ollar o que aconteceu a milleiros de quilómetros para sentirnos orgullosas”.

Dos corpos ao texto

Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza foi coordinado por Daniel Amarelo, filólogo e editor na Através Editora. Para el, o libro “serve de encontro para persoas que traballan sobre perspectivas diferentes e ofrece á sociedade a posibilidade de diálogo e discusión, tentando descubrir os aspectos que foran silenciados e chamando a atención para os nosos desafíos actuais máis prementes. Deséñase, por tanto, un espazo que combate as concepcións normativas e cisheteropatriarcais sobre a cultura galega e pinta de cores o noso contexto”.

Para Daniel Amarelo o libro “serve de encontro para persoas que traballan sobre perspectivas diferentes e ofrece á sociedade a posibilidade de diálogo e discusión, tentando descubrir os aspectos que foran silenciados e chamando a atención para os nosos desafíos actuais máis prementes”

Daniela Ferrández menciona que este proxecto editorial “é un proxecto pioneiro que recolle o que xa había, que eran persoas traballando e pensando sobre estes temas, e as xunta para que reflexionen en común e para que articulen ideas, propostas, soños, imaxinarios, e unidade para o futuro. Ese proceso para min, é un símil do que debe ser o colectivo: un espazo de reflexión horizontal e construtiva. Por iso, penso que coa axuda de todxs a idea de Daniel materializada neste libro ten a capacidade de ser unha primeira pedra, un chamamento pola conquista da nosa habitación propia”.

Nós, xs inadaptadxs conta con mais de 20 persoas e entidades colaboradoras, dando como resultado un tomo no que se poden atopar textos sobre a a educación e as escolas, o falsos mitos, o xornalismo no mundo LGBTIQ. Tamén se fai un percurso pola historia do activismo LGBTIQ na Galiza no que se aborda a loita da liberación sexual nos anos 80 e 90 ou se reflexiona sobre a literatura galega como cuir; ademais de incluír relatos alternativos, poesía e narracións sobre as experiencias dos colectivos Arelas, Avante LGBT, Coletivo Agrocuir da Ulloa e Nós Mesmas.

O libro sairá do prelo de Através Editora a finais deste mes de xuño. Mentres tanto, agora mesmo atópase nos últimos días do seu proceso de financiamento a través do micromecenazgo no que se pode colaborar na páxina https://www.verkami.com/locale/gl/projects/26661-nos-xs-inadaptadxs-representacoes-desejos-e-historias-lgbtiq-na-galiza. Os fondos recadados serán destinados a mellorar a calidade do libro. A data límite para colaborar é o 21 de xuño.

Nós, xs inadaptadxs
Arquivo Através Editora
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Feminismos
Teresa de Lauretis Atravesar los confines
Prólogo a la reedición del libro ‘Diferencias. Etapas de un camino a través del feminismo’ de Teresa de Lauretis (Horas y horas editorial)
Queer
Masculinidad ¿Qué es un hombre? Yo no
Un boceto de unas cuantas ideas que surgen de la convivencia con la perniciosa experiencia de aspirar a ser un “hombre”.
Lawfare
Justicia a la derecha Pedro Sánchez no está solo: estos son los precedentes a su caso de ‘lawfare’
El presidente del Gobierno aseguraba en su carta que el suyo era un caso de lawfare “sin precedentes”. Lo cierto es que esta estrategia de judicializar la vida política se ha enraizado durante los últimos años.
Política
Lawfare ¿Qué decisiones puede tomar Pedro Sánchez tras amagar con dimitir?
Tras el anuncio del presidente, se abren varias posibilidades que no se resolverán hasta el lunes: ¿Una moción de confianza? ¿La convocatoria de elecciones? ¿Un cambio de marco? ¿Dimitir y dar el salto a la presidencia del Consejo Europeo?
Medios de comunicación
Opinión ¿Y qué esperabas, Pedro?
Los gobiernos de derechas llevan años alimentando con dinero público a sus medios afines que esparcen bulos y manipulan sin que el Gobierno haya hecho nada para evitarlo.
Opinión
Opinión Cuando la mierda nos come
El panorama mediático se ha convertido en una amalgama de espacios a cada cual más insano. Basura fabricada por gabinetes ultras, aceptada por jueces afines y amplificada por pseudomedios de propaganda regados con dinero público. Hay que pararlo.
Sanidad pública
Ribera Salud Hospital del Vinalopó: el último rehén de la privatización del PP valenciano
La vuelta del PP al gobierno valenciano ha supuesto un balón de oxígeno para la principal beneficiaria de la privatización sanitaria, que mantendrá la concesión de Elx-Crevillent a pesar del malestar social.

Últimas

Portugal
Portugal Cuando los campesinos portugueses tomaron la tierra… y la contrarrevolución se la despojó a tiros
Tras el 25 de abril de 1974 una ola de ocupaciones agrícolas impulsó en Portugal una profunda reforma agraria que los gobiernos socialistas y conservadores tardarían más de una década en desmontar.
El Salto n.74
Revista 74 Cuando los algoritmos te explotan: no te pierdas el número de primavera de la revista de El Salto
De cómo los algoritmos y la IA gestionan el trabajo de cientos de millones de personas con ritmos y condiciones del siglo XIX, y de mucho más, hablamos en nuestro número de primavera. Ya disponible para socias y en los puntos de venta habituales.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo del futuro: súmate a nuestro primer evento para estudiantes y jóvenes profesionales
El viernes 10 de mayo, El Salto organiza una jornada de periodismo joven para profundizar en temas clave, nuevos lenguajes y formatos, desde un enfoque eminentemente práctico.
Derechos Humanos
Libertades y derechos Amnistía Internacional acusa al Estado de no investigar casos graves de violación de los derechos humanos
El informe anual de esta organización de derechos humanos denuncia “la persistente falta de rendición de cuentas por las violaciones de derechos humanos cometidas por el Estado español”.
Más noticias
Portugal
Memoria histórica 50 años del 25 de abril: la reforma agraria
Cuando se cumple medio siglo de la Revolución de los Claveles este catedrático y corresponsal de prensa en Portugal entre 1974 y 1975 relata una de las caras menos conocidas de este proceso histórico: la reforma agraria.
Medio ambiente
Minas en Andalucía La sinrazón de los vertidos mineros al Guadalquivir
Se cumplen 26 años del vertido minero desde la Mina de Aznalcollar al Río Guadiamar en abril de 1998. Ahora, los nuevos proyectos de vertidos mineros desde las minas Cobre-Las Cruces y Aznalcóllar-Los Frailes vuelven a poner en peligro la zona al no haber tenido en cuenta las características del lugar.

Recomendadas

Derechos reproductivos
Luciana Peker y Cristina Fallarás “El aborto se ha apartado del relato feminista porque genera consenso”
Las periodistas Cristina Fallarás y Luciana Peker forman parte del grupo motor de una campaña europea que quiere blindar el derecho al aborto mediante una iniciativa ciudadana que necesita un millón de firmas para llegar a ser debatida.
Música
Música Aprendiendo filosofía con el punk patatero de La Polla Records
Los cáusticos esputos lanzados por Evaristo en las canciones de La Polla Records contenían materia adecuada para hablar de filosofía política en el instituto. Así lo entiende el profesor Tomás García Azkonobieta, autor de ‘La filosofía es La Polla’.
Pensamiento
Kristen Ghodsee “Necesitamos soluciones que podamos llevar a cabo sin la ayuda del Estado”
Esta escritora y etnógrafa estadounidense explora experiencias utópicas del pasado y del presente en su último libro ‘Utopías cotidianas’ (Capitán Swing, 2024).