Literatura
Diario da dor: a pasividade ante a morte e o odio

Kopano Matlwa reflexiona sobre a culpa pola inacción nos conflitos sociais de Suráfrica na era post-apartheid.
16 oct 2022 09:37

A culpa e o sangue. Xa Shakespeare crearía unha relación entre ámbalas dúas na escena en que vemos a Lady Macbeth fregar desesperadamente unha mancha de sangue que non pode quitar. En Dor menstrual, Kopano Matlwa retoma a relación e recrea o sangue como símbolo daquelas dores que tentamos soterrar e que, finalmente, volven como manchas que ficaron en nós, que nunca remataron de se limpar. 

Kopano Matlwa (Pretoria, 1985) é médica e escritora. Considérase unha das voces literarias máis importantes da born free generation, é dicir, aquelas persoas nadas nos anos post-apartheid. Durante os seus estudos en medicina, escribiu Coconut (2007), novela que recibiu o Premio Literario da Unión Europea e o Wole Soyinka de literatura africana. 

Ao rematar o mestrado e o doutoramento en Saúde Pública na Universidade de Oxford, instalouse en Johannesburgo onde fundou a campaña Grow Great para paliar a mal nutrición infantil en Suráfrica. Tamén fundou o Ona Mtoto Wako, un proxecto premiado que se adica a dar atención médica prenatal ás mulleres embarazadas que viven en zonas rurais. 

A súa obra literaria, ao igual ca súa carreira médica, xira arredor do racismo, o sexismo e a desigualdade no seu país natal. A súa penúltima novela, Dor menstrual, foi traducida este ano por Moisés Barcia para o selo Rinoceronte.  

As páxinas deste libro son as páxinas do diario persoal de Masechaba, unha muller surafricana que desde principios da adolescencia sufriu de menorraxia até que se someteu a unha ablación endometrial. Con todo, ao desaparecer o fluxo do sangue e paliar o seu ciclo menstrual, parece que a protagonista se escinde do mundo. O ton distante con que escribe no diario, reflicte o seu desexo de vivir fóra do seu corpo, fóra da realidade.  

Así, de xeito periférico, a autora aborda o tema da falta de sensibilidade e de empatía no coidado do corpo médico cara ás persoas doentes. As longas xornadas e a precariedade laboral, así como as faltas de recursos do sistema sanitario teñen unha implicación directa no trato ás pacientes. 

“Facemos  o que podemos. Unha e outra vez recito esas palabras. (...) Mamá di que teño que deixar os pacientes alí. Que me teño que poñer no seu lugar, pero non traelos para a casa. Así que os deixo alí, atrapados entre as sabas sucias, entre retretes enzoufados de merda e o dispensador de xabón que só funcionou unha vez, o día que veu de visita o ministro.”  

Ao igual cas grandes escritoras surafricanas como Doris Lessing ou Nadine Gordimer, Kopano Matlwa constrúe unha diéxese con dúas protagonistas: a personaxe e o seu contexto sociopolítico. As breves entradas no diario de Masechaba logran que fagamos un retrato da Suráfrica actual.  

Nese sentido, o hospital en que traballa a narradora de Dor menstrual representa un microcosmos, unha micro-representación do estado económico, social e político do país. Así, o libro transcende a anécdota da personaxe central para falarnos dos rastros do colonialismo histórico surafricano na actualidade. 

“Por suposto que estou avergoñada. Pero non é culpa nosa. É culpa dos brancos, Señor. Todos é culpa deles. Ensináronnos a odiarnos. Convertéronnos nisto. Antes de que eles chegasen, non eramos así. Se non viñesen e o estragasen todo, non seriamos así”.  

En termos xerais, como se mencionara, a obra literaria de Kopano Matlwa caracterízase por abordar o racismo e a xenofobia en Suráfrica. As presións políticas internacionais de Occidente permitiron que os movementos sociais internos lograsen poñer fin á era do apartheid para pasar a unha democracia representativa. Mais, como sucedeu tamén en Europa co fin das ditaduras fascistas, semella que todo aquel movemento anti-dereitos, que atentou contra a o groso da poboación, quedou apenas soterrado debaixo da alfombra do pasado. Pouco se fala das estruturas de poder que se mantiveron intactas, das crenzas e dos sistemas de opresión que seguiron actuando na cotiandade. É alí onde pon o acento Matlwa.  

 A mellor amiga de Masechaba, Nyasha é estranxeira. Masechaba dá fe, no seu diario, dos comentarios racistas que a súa compañeira sofre todos os días no hospital, malia ser ela tamén parte do persoal médico. Segundo avanza a novela, o clima político comeza a ser cada vez máis complicado e a xenofobia xeral da poboación surafricana convértese en delitos de odio.  

“Durante todo o día a televisión mostrou casoupas ardendo, tendas ardendo e persoas queimadas. As rúas estaban inzadas de homes sedentos de sangue que piden que os estranxeiros marchen do país”. 

O carácter fragmentario do libro, marcado por cada unha das entradas no diario, deixa á lectora percibir o imperceptible: o paso do tempo e as sutís, mais contundentes mudanzas que experimenta Masechaba ao longo da novela. A autora logra dotar a Dor menstrual dun ritmo compasado que se contrapón ao descrito: unha cadea de sucesos e cambios vertixinosos que presaxian a traxedia. É entón que o sangue volve e a protagonista é chimpada de volta á realidade.  

“Que hai no noso interior que nos fai tan malvados? E como podemos mellorar? Por que somos capaces de tanto dano e tanta maldade? Como facemos para cambiar? E como facemos que o cambio perdure?” 

A lectura de Dor menstrual feita desde Europa exixe que nos fagamos unha serie de preguntas para non quedar á marxe dunha lectura superficial e branca da realidade sociopolítica de Suráfrica; dános a posibilidade de reflexionar sobre aquilo que sabemos e non sabemos do país, aprender e derrubar tópicos aprehendidos nunha educación que aínda non consegue afastarse do seu cariz colonial cando do Sur global se trata. 

A tradución desta novela ao galego corresponde a unha importante iniciativa por coñecer a literatura que se produce nos distintos países do continente africano. Paga a pena preguntarnos: que imaxe nos proxectan estas traducións deses territorios? E mesmo: como nos relacionamos desde Europa con esas realidades descritas? Alén da empatía, que papel xogou Europa co seu proxecto colonial e continúa a xogar coas políticas neoliberais nas ex-colonias?  

Após a lectura desta novela, fico co degoiro de ler máis literatura africana na que impere a vida e a ledicia, pensando que o que lemos ten impacto na nosa construción desas ‘outras’ realidades. Todo isto baixo a hipótese persoal de que, así como América Latina é moito máis que a etiqueta do “realismo máxico”, África está composta por relatos que non sempre teñen que ver coa guerra e a violencia. Non porque estes non sexan imprescindibles, senón porque é importante amosar todos os lados do prisma da realidade. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Países emergentes
Análisis Los BRICS acentúan en Kazán su perfil como alternativa
El bloque de los países emergentes, que integra a casi la mitad de la población mundial, llama en su última cumbre a una reforma del sistema de Naciones Unidas y de las estructuras financieras globales.
Sudáfrica
Sudáfrica Prostitutas y madres sudafricanas: “La gente se cree que no tenemos hijos, que sólo somos nuestro trabajo”
En 2013, tras más de dos décadas dedicada a la prostitución, Duduzile Dlamini decidió impulsar un programa que velara por los derechos de mujeres que, como ella, estaban obligadas a conciliar el trabajo sexual con la crianza de sus niños.
Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.
Andalucía
Derechos Humanos Decenas de barrios en Sevilla, Granada y Almería viven otro verano récord en calor con cortes de luz diarios
Endesa mantiene a miles de vecinos de decenas de barrios populares en las ciudades de Granada, Sevilla y Almería sin electricidad. Las instituciones siguen sin atajar una situación que lleva enquistada más de una década en muchas zonas.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Camas cerradas y urgencias saturadas: el verano en los grandes hospitales de Madrid
Los pasillos de las urgencias del Gregorio Marañón rebosan de camas, mientras se cierran 300 en planta. En el conjunto de la comunidad los hospitales vivirán un verano con un 30% menos de camas, de media.
Opinión
Opinión Sindicatos estadounidenses en la larga lucha contra Amazon: ¿una luz al final del túnel?
Amazon es el paradigma de la política empresarial antisindical en Estados Unidos, pero su suerte puede cambiar en los próximos años. El movimiento sindical se juega su supervivencia en ello.
Opinión
Opinión Kneecap y Bob Vylan logran lo que el punk no pudo: aterrorizar a los medios británicos
Hasta ahora, que unos veinteañeros punkis dijeran un puñado de tacos se consideraba un escándalo, pero no un motivo para cambiar todo el modus operandi de una de las cadenas de televisión más importantes y prestigiosas del mundo.

Últimas

Opinión
Opinión Archivo de gestos: lo mínimo como resistencia
Archivar no es solo conservar, es también decidir qué queda fuera. Todo archivo es una forma de poder, pero también puede ser —cuando se invierte desde los márgenes— una forma de desobediencia.
Dependencia
Dependencia Extremadura, entre las regiones con mayor “limbo de dependencia”
Extremadura, con un 11,8% sobre el conjunto estatal, ocupa el cuarto lugar entre las Comunidades con mayor “limbo de dependencia”, un término que hace referencia a las personas pendientes de recibir prestación.
Opinión
Opinión Juanma Moreno será Baltasar, blackface mediante, y otras aberraciones presentes en la Andalucía colonial
El presidente andaluz será el rey Baltasar en la Cabalgata de 2026 de Sevilla dejando un claro mensaje racista y violento y sacando a relucir toda la cultura colonial en la que se sigue sustentando el territorio.
Más noticias
Ocupación israelí
Israel Netanyahu viaja a Washington para reunirse con Trump y valorar una posible tregua en Gaza
Hamás ha dado el visto bueno al acuerdo; pero los israelíes quieren peinar algunos flecos pendientes. El grupo islamista pide garantías y la retirada de las FDI del enclave.
Estados Unidos
Estados Unidos Las inundaciones en Texas causan 80 muertos en el contexto de recortes a la lucha contra la crisis climática
Siguen los trabajos de rescate y localización de personas desaparecidas en Texas. La respuesta a las lluvias torrenciales dejan en evidencia los hachazos presupuestarios a los servicios de prevención y emergencias de la administración Trump.
Cooperación internacional
Tribuna Extremadura ante el espejo del rearme: ¿más tanques o más derechos?
Una reflexión, con mirada extremeña y desde el mundo de la cooperación, sobre el preocupante giro hacia la militarización de las políticas públicas y de la economía.

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.