Insumisión
Pola presunción de culpabilidade

Por fin empeza a casta política a estar baixo a lupa inquisidora da opinión pública. Non lles abonda con ser bos cidadáns. A paulatina purga da caspa corrupta das nosas institucións pasa pola esixencia abafante da perfección. Non se lles pode pasar nin unha. Mesmo a que non é.

14 sep 2018 18:12

Podémonos conformar co pasto verdegaio que abriga os outeiros mollados. Marabillarnos co costumismo dun pobo de mans afeitas ó duro labor da terra. Perdernos entre as rebuldainas que falan de rumores e mitos, de verbenas e defuntos. É o país que vive illado tralos Ancares, o dos mil camiños cercados por vellos muros de mofo que levan a ningures. Que levan ó noso fogar.

Estamos afeitos a vivir nun tempo distinto ó da nosa época. E non é que vaiamos nós amodo, non. Imos ó ritmo dos que levan as rendas do carro galego, aínda que agora hai un esforzo por manter unha aparencia coidada de modernidade. Xa non é cousa de carros e coches, sachos e oficinas ou caciques e presidentes. Neste novo novísimo tempo, a vangarda mídese en termos de escrupulosidade política. A opinión pública esixe Xustiza alén da xustiza nun clamor que agora resoa nos hemiciclos anovados. É o momento de pedir as explicacións agochadas nas gabetas dos despachos. É tempo de non conformarse co que estamos acostumados.

Como era de agardar, os señores de sempre quedaron abraiados cos discursos de rexeneración. Dimitir? Que palabra é esa? Responsabilidade política? Si, señores. Non abonda con non cometer delitos, cousa que a moitos cargos políticos parece custarlles; senón que agora deben vostedes amosar unha transparencia e unha dilixencia incuestionable no seu labor como traballadores do público.

As regras de xogo son claras: se hai suposición, hai presunción de culpabilidade

O novo marco fálanos dunha achega da xente á política (e da política á xente), en definitiva, aspírase a humanizar e normalizar o quefacer político entre a cidadanía. A indignación social ergueuse con forza e puxo contra a parede a representantes e funcionarios que viviron coa tranquilidade da parsimonia e o esquecemento colectivo. Xa non é así, e agora mesmo aqueles que naceron como adaís da esixencia son devorados tamén pola sospeita incesante da imperfección. Quen lle ía dicir a Irene Montero e Pablo Iglesias que a marea crítica que eles forneceran de indignación chegarían a devoralos por mercar un chalé de 600.000 euros?

As novas regras de xogo son claras: se hai suposición, hai presunción de culpabilidade. Nos xuízos da opinión pública non caben dúbidas nin esclarecementos posteriores. E se nos cinguimos á máxima de limpeza das institucións e a aspiración de ter uns representantes que sexan cidadáns modélicos, esta presión sobre o poder político faise comprensible e necesaria. Non é o máis xusto, mais agora chegamos a un punto de non retorno. Co novo executivo presionado pola esquerda e pola dereita, o ácido da corrupción ameaza permanentemente con erosionar un goberno que naceu con afán rexeneracionista enmarcado en políticas de xestos. Non será sorpresa que roden (e sigan a rodar) cabezas nos vindeiros meses.

Así e todo, non sempre son necesarias as responsabilidades políticas, porque iso implicaría unha banalización da gravidade que leva consigo a corrupción e o mal obrar, sobre todo cando se pode albiscar mala fe. Nese senso a recente actualidade estivo marcada por ese último plano e as responsabilidades políticas vencelladas. Aínda que non se asumiran.

Non, non falamos da ministra Montón, que vén de dimitir. Tampouco de Sánchez, quen dará conta do seu en breve. Fagamos memoria e volvamos poñer a vista no país. Falemos do caso xa esquecido de Margarita Otero, a valedora do Pobo, quen foi acusada nunha sentenza do Tribunal Superior de Galicia de enchufar a irmá do voceiro do grupo parlamentar popular, Pedro Puy, nun posto de xefa.

O fallo, se ben recorrible no Supremo cun recurso de casación, exprésase con dureza e rotundidade. Hai moita irregularidade no procedemento que deixa entrever un interese por parte da valedora en colocar a esta señora (filla, por certo, do seu mentor e sobriña de Fraga) nun posto suculento case feito a medida en termos de requirimentos para a candidata.

Non houbo roubo, nin extorsión. E que? Non abonda con que a valedora dos dereitos fundamentais das galegas e galegos sexa acusada de enchufar alguén? Non hai gravidade abondo para entender que neste caso si cómpre dimitir? Unha sentenza non é a opinión dun xuíz, como expresou a señora Otero nunha entrevista en La Voz de Galicia, e dá vergoña que unha persoa que foi decana da Facultade de Dereito poida chegar a dicir semellante barbaridade.

Ata que unha masa anoxada llo pida a berros, non vai marchar; e mesmo así o fracaso da indignación está case garantido pola propia estrutura de poder

Despois da sentenza, a oposición non tardou en pedir a dimisión. A Valedora refuxiouse en que non é firme, que cabe recurso. O PP, se ben ó comezo semellaba disposto a deixar caer a Milagros Otero, finalmente volveu pechar filas. Agarrouse a un anaco de madeira que flota no mar, un salvavidas temporal que só consegue adiar o agónico e ridículo fin dunha carreira condenada ao estigma. Cando o Tribunal Supremo desestime o recurso... que vai facer Feijóo? Vai cesar a Valedora ou vai facer como que non pasou nada? Chegado o momento, a hemeroteca vai poñer contra a parede ao executivo galego e mesmo a señora Otero.

Ou poida que nos trabuquemos. O tempo pasa e a axenda muda a unha velocidade incesante, os temas nacen, brillan e murchan nas páxinas e na memoria da cidadanía dun día para outro. Xa sabemos todas e todos que o poder vive para e polo poder en si mesmo. O “poder sobre” nace do “poder de”, e é por iso que a capacidade de nos facer esquecer ou simplemente calar é a forza que mantén ergueita o andamio construído para que se poidan manter aló arriba sen que os molesten. O seu taboleiro, as súas regras, os seus negocios. Ata que unha masa anoxada llo pida a berros, non vai marchar; e mesmo así o fracaso da indignación está case garantido pola propia estrutura de poder.

Pasar páxina sae demasiado barato para uns e moi caro para outros

É por iso que os medios comprometidos teñen que manter o foco nestes asuntos anestesiados polo cambio constante de foco da opinión pública. Gran paradoxo imposible sería pensar nun cargo político ou administrativo que asuma responsabilidades políticas sen público que o esixa. Pasar páxina sae demasiado barato para uns e moi caro para outros. Non podemos deixar que se nos escape, que os medios fuxan detrás da actualidade efervescente máis frívola sen resolver os problemas do pasado recente. Estes sedimentan, crean unha bagaxe que xustifica dunha forma inexplicable o mal facer do poder político.

Convéncennos de que avanzamos moito en calidade democrática, mais os vergoñentos casos que saen a esgalla nas televisións amosan que as nosas institucións son vítimas de parasitas. Están convencidos de que son deles, e cando a democracia ou a xustiza queren botalos, protestan e falan de ilexitimidade. E todo iso cando o poder de condicionar o foco e a memoria colectiva non é abondo para conter a cidadanía indignada que esixe canto antes responsabilidades políticas.

Até que o “cuarto poder” non cumpra co labor de adaíl do pobo, seguiremos a escoitar historias de ladróns e caciques entretecidas co rumor da praza, coma contos de verbenas e defuntos que se van esquecendo co crepitar do lume na lareira.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Ocupación israelí
Masacre en Gaza Tal Mitnick, objetor israelí: “Tenemos que romper con esta lacra que supone el militarismo”
Con 18 años, Mitnick es el primer israelí que se ha negado a alistarse en el ejército desde el pasado 7 de octubre. Su decisión sacude una sociedad alineada detrás de un gobierno decidido a arrasar Gaza hasta el final.
Guerra en Ucrania
Guerras El silencio antimilitarista: ¿Hay alguien ahí?
No hay razones para no actuar hoy, ahora. Hay motivos de sobra. Cuando menos para juntarse, analizar, debatir, y ofrecer un mensaje.
Green European Journal
Green European Journal ¿Por qué los hombres blancos sucumben a la extrema derecha?
Aunque no solo son hombres quienes votan a la extrema derecha, la oleada ultra coge fuerzas a nivel global gracias a ellos. En vez de confrontar las desigualdades, los varones culpan a grupos minorizados de las dificultades económicas.
Ocupación israelí
Análisis De CAF a Sidenor: las empresas que hacen negocios en el genocidio
VV.AA.
CAF promueve la ocupación. Sidenor participa, lo conoce y no hace nada por evitar el genocidio. Los grandes bancos financian las industrias militares.
Sexualidad
Pitu Aparicio “Yo no he visto en el supermercado productos para el olor a pene”
Pitu Aparicio quiso centrar su formación en los dos tabús con los que creció: el sexo y las drogas. Una vez se hubo formado, decidió que su principal tarea era divulgar todo ese conocimiento que se nos había vetado.
Pensiones
Pensiones Cotizaciones ficticias, ¿un parche en la brecha de género en las jubilaciones?
La compensación por cuidados de hijos y familiares puede llegar a sumar hasta cinco años de cotización, pero no es suficiente para que muchas mujeres logren la pensión digna.
Galicia
Galicia La esperanza de la gestión colectiva frente al expolio: la Comunidad de Montes de Tameiga contra el Celta
Mientras varios proyectos industriales intentan privatizar y destruir los ecosistemas gallegos, algunos grupos de vecinos y vecinas organizadas hacen oposición social construyendo alternativas comunitarias. A veces, también ganan al gigante.
Italia
Enfoques Biocidio: la larga lucha contra la catástrofe ambiental en la Tierra de los Fuegos
Durante tres décadas, empresas, particulares y organizaciones criminales, con el beneplácito del Estado italiano, convirtieron esta región ubicada en Campania en una de las más contaminadas de Europa.

Últimas

Francia
Francia La izquierda francesa revalida sus liderazgos para recomponer la unidad y ganar en 2027
El socialista Faure, la ecologista Tondelier y el comunista Roussel siguen liderando sus respectivos partidos y mantienen el pulso al líder “insumiso” Mélenchon, en un Nuevo Frente Popular debilitado por sus disputas internas.
La vida y ya
La vida y ya Perturbaciones intermedias
En los intervalos intermedios, donde la frecuencia de las perturbaciones no es alta ni baja, parece darse un equilibrio que favorece la biodiversidad.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Da La Nota: la música como herramienta de emancipación
El programa musicosocial, nacido en Lavapiés, cumple diez años brindando formación y acompañamiento psicológico a niñas, niños y jóvenes.
Madrid
Fotogalería Más de 10.000 personas se manifiestan en Madrid por los 20 meses de genocidio en Gaza
La marcha por el centro de la ciudad fue convocada por la plataforma Fin al comercio de armas con Israel y la Red solidaria contra la ocupación de Palestina.
Más noticias
Ayuntamiento de Madrid
Orgullo en Vallecas “Frente a las trampas de la administración, Orgullo de barrio y autogestión”, lema de la manifestación LGTBIQ+
Con la manifestación de Orgullo Vallekano de este sábado, a las 18 horas desde la avenida Buenos Aires, se inician las diversas celebraciones del mes de la diversidad sexual en los barrios de Madrid.
Castellón
Castelló Salvar La Surera de Almedíjar: una llamada a la acción por el futuro del mundo rural
La cooperativa Canopia impulsa una campaña de financiación colectiva para asegurar la propiedad comunitaria y ampliar su base social.

Recomendadas

Pensamiento
Vincent Bevins “Me irrita que se piense que la decisión de usar la violencia la toman los activistas y no el Estado”
El autor de 'El método Yakarta' vuelve con 'Si ardemos', un ensayo sobre las protestas que tuvieron lugar en la primera década de los años diez en muchas partes del mundo.
Río Arriba
Río Arriba Brenda Chávez: “El consumo es un desmovilizador social, es el opio del pueblo”
Segunda entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de consumismo, Trump, gastos de recursos, economía social, clases medias y mucho más.
Economía social y solidaria
Litigios estratégicos La economía social llega a los tribunales: el auge de los juicios con impacto social y medioambiental
La litigación estratégica va tomando fuerza en España como herramienta de defensa de derechos humanos y de modelos económicos más sostenibles y justos social y medioambientalmente
Sindicatos
CCOO Euskadi Santi Martínez: “Sabemos que si algo molesta a Vox, además del feminismo, es el sindicalismo”
El nuevo secretario general de CCOO Euskadi tiene claro que “cualquier votante del PP o de Junts trabajador por cuenta ajena está a favor de la reducción de jornada”