Os piquetes arrincan en Galiza nos polígonos industriais de Vigo a Ferrol

Delegados e afiliados da CIG, CUT, CGT, CCOO ou UGT agardan ás portas dos polos industriais do país para frear os turnos de noite, cun foco especial na automoción.
Lear Valadares folga 11n
Delegados da CIG e o seu secretario xeral, Paulo Carril, impiden a entrada de camións na sede da multinacional Lear en Valadares (Vigo).

Miles de delegados sindicais e traballadores arrancaron xa os primeiros piquetes da folga deste 11 de novembro en Galiza. Para empezar a frear o turno de noite —o primeiro en entrar na xornada de paro—, os sindicatos do país, como CIG, CUT, CGT, CCOO ou UGT, apostáronse ás portas das principais fábricas dos polos industriais galegos. Fundamentalmente, Vigo, Ferrol e A Coruña, aínda que tamén en moitos outros polígonos nas provincias de Lugo e Ourense.

A folga xeral convocada para este mércores ten como pano de fondo o encarecemento do custo da vida, a perda de poder adquisitivo dos salarios e o deterioro das condicións laborais. A CIG, sindicato maioritario en Galiza, sitúa tamén a vivenda e o retroceso dos servizos públicos entre os principais motivos para secundar o paro.

No seu manifesto, a central nacionalista denuncia que o incremento dos prezos da electricidade, dos combustibles e dos produtos básicos está agravando as dificultades económicas das familias traballadoras, mentres as grandes empresas continúan rexistrando beneficios. O sindicato sinala especialmente a especulación nos mercados da enerxía, da alimentación e da vivenda, así como o impacto das modalidades de contratación precarias e das sucesivas reformas laborais.

A CIG reclama aos gobernos galego e español un plan de choque que inclúe elevar o salario mínimo interprofesional ata os 1.374,74 euros mensuais, intervir os prezos de produtos básicos e alugueiros, prohibir os desafiuzamentos e reforzar os servizos públicos. Entre as súas propostas figuran tamén a creación dunha Empresa Pública Galega de Electricidade e unha tarifa eléctrica propia para Galiza, ademais de medidas para reducir o gasto militar e destinar eses recursos a protección social.

Pola súa banda, a Central Unitaria de Traballadores (CUT) chama a participar na folga cunha reivindicación que transcende o problema do acceso á vivenda. “Enfocamos esta folga contra o sistema e non só contra unha das súas consecuencias”, sostén o sindicato, que vincula a precariedade da clase traballadora cun modelo económico baseado na acumulación de beneficios.

A CUT, porén, mantén unha posición crítica coa data escollida para a convocatoria, á que atribúe unha “clara cor electoralista”, ao considerar que sitúa o debate político arredor do enfrontamento entre PP e Vox e unha suposta esquerda defensora dos dereitos sociais. Malia as súas discrepancias, o sindicato anuncia que participará nas convocatorias unitarias nas localidades onde ten presenza baixo o lema: “Non é só a vivenda, é o sistema”.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...