Incendios
Vixilantes e emisoristas do servizo contra incendios esixen á Xunta que revise as súas categorías profesionais
O colectivo de vixilantes e emisoristas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) esixe un recoñecemento profesional “acorde ás súas funcións, responsabilidades e evolución tecnolóxica”, ao entender que o seu actual encaixe laboral “non corresponde adecuadamente” coa “realidade” de as tarefas que desempeñan a diario.
Segundo explican nun comunicado, o labor dos vixilantes de caseta “vai moito máis alá” da “simple observación” desde unha torre, xa que inclúe a detección temperá de incendios, a localización e o aviso dos focos, o seguimento da súa evolución e tamén a vixilancia das condicións meteorolóxicas, entre outras funcións.
Os emisoristas-vixilantes, pola súa banda, encárganse de recibir, procesar e transmitir información, coordinar as comunicacións e apoiar a toma de decisións operativas. Para desempeñar estas tarefas empregan ferramentas e aplicacións tecnolóxicas incorporadas progresivamente ao servizo, ao tempo que asumen “o elevado nivel de estrés propio da xestión das emerxencias”.
O colectivo sostén que ao longo dos anos se produciron “importantes cambios” tanto nas funcións desempeñadas como nos medios empregados, pero que o recoñecemento profesional “non evolucionou” ao mesmo ritmo.
A súa principal demanda consiste en que a Xunta abra unha negociación específica sobre a clasificación profesional de vixilantes e emisoristas-vixilantes, atendendo ás funcións que realmente realizan, a responsabilidade que asumen, a cualificación que requiren e a evolución do propio sistema de prevención e defensa contra incendios.
No caso do persoal funcionario, reclaman que se estude o seu paso ao subgrupo C1; para o persoal laboral, piden revisar a súa clasificación actual e apostan polo grupo III como referencia de mellora.
O colectivo solicita ademais que se valore a aplicación de medidas de xubilación anticipada ou de coeficientes redutores para quen desenvolve actividades especialmente penosas, perigosas ou de alta exposición dentro do operativo de prevención e defensa contra incendios forestais.
“Non pedimos privilexios. Pedimos que se recoñeza profesionalmente o traballo que realmente facemos”, conclúe o colectivo no seu comunicado.
Galicia
Una aldea de sacrificio
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!