Ana Rivera e o espazo roubado ás mulleres no preito Tabera - Fonseca

A historiadora Ana Rivera protagoniza o terceiro episodio de Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña, cunha mirada necesaria sobre os silencios da historia.
ana rivera historiadora
A historiadora Ana Rivera.
10 mar 2026 16:50

A historiadora Ana Rivera protagoniza o terceiro episodio de Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña, cunha mirada necesaria sobre os silencios da historia. Investigadora especializada en historia, Rivera analiza o papel das mulleres nun contexto de conflito que tradicionalmente foi narrado en clave masculina. No preito Tabera - Fonseca, documento fundamental para entender a revolta, só hai unha muller como testemuña e iso ten un motivo.

Na conversa con David Gesteira aborda tanto a presenza feminina na sociedade galega do século XV como as razóns polas que a historiografía apenas deixou rastro delas nos relatos sobre a Revolta Irmandiña. O episodio reflexiona tamén sobre como se constrúe a memoria histórica e que consecuencias ten deixar fóra determinadas experiencias.

Un capítulo que amplía o foco e convida a repensar a Revolta Irmandiña desde unha perspectiva feminista e crítica.

Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña é o título que abarca unha narrativa transmedia que conta con dúas canles principais: a audiovisual, enfocado ás redes, e o podcast. Producido por O Salto, CRU e máis Descifrando a Historia, poderás atopar pílulas en vídeo nas redes que funcionan a modo de verificadores de feitos dalgunhas das ideas máis estendidas sobre este episodio no imaxinario popular. 

Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña está financiado con recursos públicos grazas ao certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia, promovido pola Deputación da Coruña.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...