Fútbol
Iribar History X

“Estiveches con Deus?”, foi a frase que atopou escrita Beñat nun papel que estaba no felpudo da súa casa de Basauri, despois de entrevistar en Lezama a Joxe Ángel Iribar esa mañá do 20 de novembro de 1984. Preferira volver a casa para escoitar a gravación, antes de ir aos estudos de Info7 Irratia para facer a montaxe da entrevista. Sorrindo, entrou na súa casa, coñecedor de que o autor da nota fora o seu pai.
Iribar 1
Iribar nun partido en San Mames co Athletic de Bilbao.
14 ago 2020 08:08

E si, estivera co “Txopo” (1). Mentres sacaba a cinta de gravación para escoitar no walkman e tomar notas, marabillado, lembraba a cercanía e humildade da entrevista. A conversa un privilexio para un xornalista, un luxo para un seareiro zuri gorri (2). O mellor porteiro de toda unha época, par con par entre os mellores do mundo, capaz de estar 18 anos na primeira plantilla do Athletic e disputar 614 partidos co escudo do club, case sempre coa súa característica camiseta negra. Planta unha árbore e lembrarán as túas raíces. E as raíces do Txopo son as do Athletic. Iribar e o Athletic, o Athletic e Iribar, teñen unha relación especial. Indisolúbel. “O Athletic é unha gran familia, un club que vive en cada casa de moitos sitios de Euskadi. É o segundo equipo de xente doutras moitas cidades porque ten a diferencia de que compite dun xeito moi semellante a cando comezou o fútbol. Que veñan e coñezan porque é o mellor xeito de entender que é o Athletic”, estes son os seus argumentos cando fala do Athletic. Eterno. 

Mentres comezaba sacar o equipo de son, Beñat lembrou que ao chegar a Lezama tivo a sensación de que a xente miraba ao adestramento dos xogadores cun só ollo, o outro ollo da xente estaba posto no banquillo, mirando ao Txopo (3). E, á primeira ocasión, sempre había alguén que aproveitaba a ocasión de apertar a súa man ou pedir un autógrafo. Cando estaba desenrolando os cables dos auriculares, Beñat pensou como durante a entrevista Iribar petaba coa man a mesa tras cada frase. Pareceulle tímido. Seguía séndoo, e durante a entrevista emocionáronse e riron xuntos, sobre todo coas anécdotas deportivas. Beñat sentou no sofá, e con todo preparado, premeu no walkman o botón de play:   

- Beñat: Lembra como empezou no fútbol? 
- Iribar: Lembro. De neno tiña a praia a setenta e cinco metros da miña casa. Cando baixaba a marea, xogabamos aí. A area, como porteiro, axudaba, porque aprendías a tirarte sen medo. No patio da escola tamén xogabamos, con pelotas que facíamos nós mesmos, eu tamén tirábame en superficie dura, aínda que usando máis as pernas para parar. Tamén aprendía a ter reflexos xogando no frontón. Todo sumaba. Íamos ao monte, de excursión, xogábamos, trepábamos, subíamos ás árbores, guindábamos, era un adestramento moi bo nunha infraestrutura natural. Na miña escola, en La Salle tamén había irmáns deportistas. Animábannos a facer deporte, e participábamos en torneos escolares de atletismo. Eu fixen medio fondo, 400 e 800 metros. Lembro que o irmán Ricardo trouxo o baloncesto, unha novidade; estou falando do ano 50. O primeiro equipo no que xoguei foi o Zarautz.
- Beñat: Curiosamente, cando xogaba no Zarautz, de xuvenil, acudiron a verlle da Real Sociedad. Para fichalo, verdade?
- Iribar: Si! Era unha oportunidade para min, para dar un paso na miña carreira. Pero non puiden coa presión. Xoguei moi nervioso e a Real desestimou a fichaxe. Naquel momento vinme máis torneiro que nunca.
- Beñat: E despois foi o Baskonia? Non?
- Iribar: Creo que tiña dezaseis ou dezasete anos cando entrei no Baskonia. Lembro que estaba en Zarautz, viume Salvador Etxabe, que era do Athletic e estaba cedido no Baskonia, e preguntou que se quería facer unha proba. Fun facer a proba, saíume mal, tiña un cóbado infectado e non me podía tirar sen dano. Pero era só un partido e non tiven moito traballo, por sorte. Non lles entusiasmei, tivo que ser Piru Gaínza, que estaba contratado como conselleiro do equipo, el foi quen dixo que me colleran. Dixéronlle que non fixera nada, pero el chamou a atención sobre o meu saque, e o xeito en como sacaba coa man. Logo outro Etxabe que fora porteiro do Baskonia viume atrapar un balón elevado e, ao ollar para min saltando cos brazos estirados, dixo: “¡Parece un txopo!”. E quedei co alcume. 
- Beñat: E co Baskonia ese ano eliminou ao Atlético de Madrid na Copa, unha fazaña.
- Iribar: Iso marcoume, foi un paso importante na miña carreira. No Atlético estaba Villalonga de adestrador, o que despois foi seleccionador, e fixouse en min. Despois de clasificarnos, xogamos contra o Barcelona e metéronme dez. Cando marchaba derrotado cara os vestiarios, viu Kubala e díxome que, se eu quería, eles me fichaban. Máis tarde souben que era verdade. Ofreceran tres millóns. Juan Alonso, presidente do Baskonia, era un chatarreiro moi duro negociando, e preferiu o Athletic. Tiña un compromiso entre ambos clubs, o Athletic cedía xogadores ao Baskonia e logo, se quería fichar algo, ían de balde. Alonso dixo que eu non ía ao Barcelona, pero tampouco ía saír gratis. O Athletic tivo que pagar un millón e, en represalia, rompeu os convenios de colaboración. Con ese millón construíron unha tribuna no campo, iso fíxome ilusión, porque parecía que o diñeiro foi gastado en algo positivo. 
- Beñat: O primeiro penalti na portería do Athletic foi contra Puskás?
- Iribar: E non era penalti! A falta a Manuel Bueno (non xogou Gento) de José María Orúe, o noso lateral dereito, foi fóra da área de xogo, pero o árbitro pitouna dentro. Ao pitar penalti liouse nas bancadas. A xente púxose a tirar cousas e encheu o campo de almohadillas. A escandaleira era enorme. Eu era practicamente debutante en San Mamés, só tiña xogado uns minutos en Málaga e contra o Betis. Cando chegou Puskás a tirar, fun e faleille: “Tírao fóra, que mira a que está a liar a xente, está todo moi revolto”. E contestoume: “Si, vouno tirar fóra agora, fillo de puta” [ risas ]. Ao ouvir esas palabras quedei alucinado, soaban moi mal. Eu non tiña escoitado esas cousas. Amancio, que estaba perto, díxome: “Tranquilo, non te preocupes, que este o primeiro que aprendeu a dicir cando chegou foi fillo de puta. Tódolos días chámanos a todos iso”. Logo Puskás era un home moi afábel e simpático. Tirou y meteuna ben dentro. Puskás, cando tiraba, no enganaba. Levantaba a cabeza, miraba e, onde poñía os ollos, aí tiraba. A cousa para o porteiro era chegar ata aí.
- Beñat:Un ano despois estaba xogando a final da Eurocopa cotra a URSS?
- Iribar: Imaxina. O 11 de marzo de 1964 debutei coa selección, en Sevilla, contra Irlanda, en partido da Eurocopa; e o 21 de xuño dese mesmo ano, xoguei a final. Os días previos a aquel partido estivemos concentrados en Berzosa, na serra madrileña. Había un casoplón, unha especie de pensión, e Villalonga meteunos aí, supoño que normalmente levaba alí ao Atlético. Viu moi ben para illarnos da presión. As relacións de España cos soviéticos non existían. Antes non se presentara na Eurocopa de 1960 para non xogar contra eles. Nosoutros estabamos tan metidos no partido que non reparamos no demais, a prensa estaba moi teledirixida. Como dicíamos, era a mellor prensa de España, porque só había unha. Ese foi o meu cuarto partido como internacional e teño que dicir que fun moi ben recibido polos veteranos. Arroupáronme moito Luis Suárez e compañía. Todo iso foi positivo para o que aconteceu despois, que foi como saír ao ruedo, case como gladiadores, diante das 80.000 persoas que había esa noite en Chamartín. 
- Beñat: Tocaron o himno da URSS antes da final da Eurocopa?
- Iribar: Posibelmente, non o lembro, a verdade. Todas as imaxes dese partido están manipuladas. No gol de Marcelino, o centro non é o centro, o que deu o pase de gol foi Pereda, pero no vídeo é Amancio. Coa escena dos himnos sería igual, retocada.
- Beñat: E estivo fronte ao seu ídolo, Lev Yashin, a Araña Negra.
- Iribar: Leveime a súa camiseta, aínda que non me atrevín a pedila eu. Foi Paquito. Paquito foi suplente ese día e despois do partido levoume ao seu vestiario para pedila. Yashin foi moi amábel e deume a camiseta, que era a do Dinamo, non a da URSS. Anos despois ollaba para a camiseta e tiña dúbidas sobre se era esa camiseta, pero repasando as imaxes si que é verdade que xogou esa final coa camiseta o Dinamo. Entón era así. Eu tamén agasallei a miña camiseta anos despois a un porteiro grego que ma pediu, do AEK de Atenas, o xogou unha eliminatoria da Copa de Ferias contra o Ajax coa miña camiseta da selección co escudo da aguia de San Xoan. Eses anos non existía tanta rixidez, só tiña que ser una camiseta distinta que a do resto do equipo e punto.
- Beñat: Como foi a recepción de Franco tras gañar a Eurocopa?
- Iribar: Varios non tiñamos traxe negro como esixía o protocolo. Fomos alugar uns, pero non había tallas e non puidemos conseguir. Eu tiña un príncipe de Gales gris, e foi o que puxen. Chegamos un pouco tarde por este contratempo e non pasou gran cousa. Franco non dixo nada. Parabéns, ou que sexa, e xa. Non houbo grandes discursos. Fomos pasando un a un e, cando me tocou a min, dixo: “E logo, ti es o benxamín do equipo?”. E xa. Eses días os que facían discursos moi politizados eran os que levaban las riendas da Federación. Aproveitaban calquera circunstancia nas cenas oficiais para soltalos. Era desagradábel. Eu facía como que non ouvía nada, como que non prestaba atención. Pero coa selección ía moi a gusto, era un escaparate. Despois dese triunfo, moitos saímos á palestra. Era positivo estar aí.
- Beñat: Deron moita prima por gañar?
- Iribar: Chegoume xusto para comprar un Simca 1000. Foron, aínda lembro, cento dez mil pesetas. Fun a Galicia de viaxe de noivos con el, á illa da Toxa. E moi ben. Anos despois, queimárono os amigos. Deixeillo á cuadrilla de Zarautz para que viñeran a unha final de Copa en Madrid e queimaron a xunta da culata porque fixo un calor infernal. [ risas ] Vaia, arranxouse e punto.
- Beñat: Falando de finais da Copa. Perderon unha contra o Zaragoza e os seareiros do Athletic celebrárono. Non? 
- Iribar: Foi algo incríbel. Celebrar despois de perder. Saín a ombros, puxéronme a txapela . Eu quería baixar, non era normal, quitei a txapela porque a txapela é de txapeldun , campión, gañador. E nós tiñamos perdido. Esa noite saíu a canción de “Iribar es cojonudo, como Iribar no hay ninguno”. Aí empecei coñecer o que é o Athletic Club. Xente capaz de celebrar despois de perder. Eso son cousas que marcan. Algo que inflúe á hora de decidir se quedas ou marchas, se acabas a túa carreira deportiva nun club ou non. 
- Beñat: Eliminaron ao Liverpool na Copa de Ferias.
- Iribar: E mira como. Empatamos, xogamos prórroga e pensabamos que habería penaltis, pero o árbitro dixo que non, que resolveríamos cunha moeda. Dos nosos foi Koldo Aguirre, que escolleu vermello. Entón o capitán do Liverpool estivo teimudo: “Non, non, os reds somos nós”. Quería o vermello. E Koldo dixo: “Pois para ti o vermello”. Saíu azul [ risas ], e pasamos nós.  
- Beñat: Cando gañaron a Copa contra o Elche foron recibidos como heroes en Bilbao. Agora iso é algo normal, pero nesa época, facía alguén máis eses recibimentos?
- Iribar: Naquela época non creo que recibiran así a ningún equipo. Non era moi normal. Non o lembro polo menos, así, tan multitudinario. Nós íamos nun camión, era emocionante. Cando, chegabamos a Bilbao, vías á xente saír… Era moito o sentimento que había aí. 
- Beñat: Nese Elche xogaba Del Bosque?
- Iribar: Xogaba, era moi técnico, coa estatura que tiña baixaba moi ben o balón e tiña toque. Colocación, chegada. Era moi interesante como xogador, non era moi rápido, quizais semellaba máis lento do que era pola zancada que tiña.
- Beñat: Estivo a piques de morrer.
- Iribar: Febre tifoide. Comecei atoparme mal, empezou subir a temperatura, semellaba como unha gripe, pero acabei necesitando transfusións de sangue. Cheguei pensar que estaba xa no outro lado. Pichichi morreu por isto mesmo. Eu perdín 18 quilos. Os traballadores de El Corte Inglés fixeron doazóns de sangue para min, despois agradecinllo. Que menos! Ah! E tamén tiven que ir dar as grazas aos que rezaron por min, aos pais xesuitas, que eran moi do Athletic. Ata fixéronme dar un mitin nunha igrexa [ risas ] .
Despois daquilo mudou a miña mentalidade, ollei a vida doutro xeito. Caín na conta de que estivera moi pechado no deporte. Empecei a valorar outras cousas, á xente, o que acontecía ao meu redor. Tratei de non estar illado. No fútbol parecía que todo ía ben, que todo era éxito e, a partir desta experiencia, tentei ser máis observador, aprendín a ouvir máis. Escoitar esa é a palabra, escoitar. A partir de aí, dinme conta da importancia que ten escoitar o que di a xente. 
- Beñat: Ademais da final da Copa contra o Elche, gañou outra Copa. Verdade?
- Iribar: Si. Foi contra o Castellón.
- Beñat: Noutra final de Copa. Hai unha foto, moi bonita, de Esnaola dándolle a man, vostede está coa cabeza baixa.
- Iribar: Si. Iso foi cando xa faiara o último penalti da final (4). 
- Beñat: Entre nós, ese partido foi un dos primeiros que me levou o meu pai a un estadio. O partido rematou despois das 12 da noite. A volta no tren foi conflitiva. Ese ano, 1976, foi moi triste porque o Athletic Club tamén perdeu a final da Copa da UEFA.
- Iribar: É que... Chispa! Xogamos moi ben esa tempada, desfrutamos moito sobre o campo, pero ao final os resultados non acompañaron. O equipo tiña uns automatismos moi bos. Perdemos as dúas finais por moi pouco. 
- Beñat: Con Clemente, hai dous anos. Chorou cando o Athletic foi campión?
- Iribar: Choramos. Teño unha relación moi boa con Xabier. Na primeira liga entroume unha chorera incríbel. Cando chegaron a Lezama, tiven que ir ás duchas e non podía parar. Era un sentimento. Estivemos cerca de gañar unha liga, pero eu nunca cheguei, por iso tiña tanto gardado e saíu aí. Na ría, no recibimento, que houbo? Un millón de persoas. O de sacar a Gabarra foi incríbel. 

Iribar 2
Iribar coa camiseta da selección española.

- Beñat: Podemos falar de política. Amólalle?  
- Iribar: Podemos. Non importa.
- Beñat: Os fusilamentos de Txiki, Otaegui e outros tres militantes da FRAP foron un impacto. Verdade?
- Iribar: Foi en 1975. Txiki era estremeño, pero vivía en Zarautz, moi cerca do caserío da miña familia. Aquilo marcou, marcou moito, daba que pensar. Eran unhas circunstancias tan dramáticas, un fusilamento. Co fusilamento de Txiki e Otaegi empezabas a sentir que algo non ía ben e pasabas ser cada vez máis crítico con todo. Non foi un antes e un despois, desde maio do 68 xa estabamos marcados; algo chegou, coñecías libros, pouca cousa, pero chegaban cousas. Cando vimos a cara da represión tan perto, algo mudou para sempre. Nós xogabamos en Granada e sacamos crespóns negros, pero non se publicou. É máis, chamounos a atención a policía e a directiva dixo que era polo falecemento dun ex xogador. Os que si botaron bemoles foron Aitor Aguirre e Sergio Manzanera, do Racing de Santander, sacaron dous brazaletes negros. Creo que lles puxeron unha multa importante. 
- Beñat: No ano 1976, nun derbi contra a Real sacaron unha ikurriña cando era ilegal.
- Iribar: A ikurriña coseuna a irmá de Uranga, un xogador da Real. Supoño que eles xa terían falado algo, viñeron unha hora e media antes do partido e propuxéronnolo. Consultamos entre o vestiario, e si, había certa sensibilidade ao respecto. Chegamos ao acordo que se había alguén en contra, non o faríamos, pero decidimos todos que si. 
Ese día había unha homenaxe a Gaztelu, había majorettes polo campo e todo. Tiñamos medo de que nola quitaran ao saír porque en Atotxa no túnel de vestiarios hai que baixar unhas escaleiras, hai sitio xusto para pasar e ese día aí estaba cheo de grises. Entón Uranga, que estaba lesionado, colleu a ikurriña e cando saímos, saltou, pasóunola, e entramos os dous capitáns con ela. Buf! Houbo unha reacción impresionante. Pouco tempo despois legalizaron a ikurriña. Agora, coa distancia, creo que o noso xesto foi un paso para que abriran a xanela.
- Beñat: Recibiu, recibiron ameazas?
- Iribar: Bueno. Si, quen non. O mellor é non facer nin caso. Seguir facendo a vida con naturalidade.
- Beñat: Que aconteceu coa selección española? Algunha vez comentou que non o chamaron pero que vostede iría, se fose chamado. Pero nunha entrevista ao diario Hierro, en outubro de 1976, dixo textualmente: “Non irei máis á selección, estou decidido a non voltar”. E máis adiante, na revista Punto e Hora de Euskal Herria, creo que en 1980, “reitero a miña decisión, ademais, o partido 50 xogueino xa coa selección de Euskadi”. Existen contradicións entre as súas declaracións. 
- Iribar: A primeira é a versión correcta, non me chamaron máis. Se fose convocado, eu xogaría. Non teño ningunha dúbida. 
- Beñat: Por que non o chamaron? 
- Iribar: A verdade nunca me preocupei en preguntar, non é o meu estilo. Non o sei. Aínda que cando deixaron de chamarme á selección, entendín que era unha mensaxe.
- Beñat: Que opina de Arconada? O seu sucesor na selección?
- Iribar: Fantástico. Extraordinario. É un pouco diferente a min, pero é un porteirazo. Dos que marcan época.
- Beñat: Unha selección de Euskadi? Sería un soño para vostede?
- Iribar: Si, claro. Hai que soñar. Eu penso que pode ser factíbel, existen diferentes xeitos de competir por seleccións. Hai modelos, por exemplo, as Illas Feroe: os seus equipos xogan na liga danesa pero eles son selección. Non é necesario que exista unha liga vasca, o modelo híbrido é admitido. Pero iso, hoxe, é un soño.
- Beñat: En 1978, vostede, formou parte da mesa nacional de Herri Batasuna?
- Iribar: Si. Ofrecéronme levar Deporte dentro de Cultura. Pensei que podía aportar algo nese tema, sen máis. Non era... Digamos que politicamente eu son un pouco ignorante. Ía ás escola con Santi Brouad a facer campañas, para que os nenos non probasen as drogas e fixesen deporte. 
- Beñat: Santi Brouad? O que hoxe é membro da Mesa Nacional de HB e presidente de Hasi?
- Iribar: Si
- Beñat: Ao ano e pouco marchou de Herri Batasuna?
- Iribar: Porque a miña vida é o fútbol. Chamábanme para ir a actos, quitábame tempo do meu traballo, do que aínda hoxe vivo.
- Beñat: Tras significarse politicamente, perdeu o cariño no resto de España. Verdade? No Sánchez Pizjuán, por exemplo, cando encaixaba un gol berrábanlle: “España, España, España”. 
- Iribar: Si. Pero sempre souben como quitarme as cousas negativas de enriba. A capacidade para centrarme no xogo sempre foi unha virtude que tiven. O que non interesa para o fútbol, é mellor ignoralo. A miña obsesión era xogar ben, facer bos partidos, e para iso se non estás ao que tes que estar, é mellor retirarse.
- Beñat: Falando de retirada. E xa para rematar. “Txetxu, marcho” (6). Esta mensaxe, ou unha semellante, saíu da súa boca en 1979?
- Iribar: O único que escoitou iso foi Txetxu Rojo. Como sabes iso? Fomos compañeiros, tamén na selección, compartíamos moitos momentos xuntos. Estabamos no hotel de Las Palmas de Gran Canaria. Fóra. E antes do encontro, díxenllo.
- Beñat: Aos trinta e sete anos vostede estaba roto, quería retirarse, e o club, nun paradoxo máis da súa carreira, non quería a súa retirada.
- Iribar: Certo. Tiña unha hernia discal, non era flexíbel, era un pao. Non podía facer nada. Tiña contracturas e moitos problemas para adestrar ben. Foi na tempada 78-79, en nadal, dixen que non podía máis, que contasen comigo para o que sexa pero que non podía xogar máis.

Cando rematou de escoitar o casette, Beñat recolleu o equipo de son e foi coller o coche para ir aos estudos da radio e facer a montaxe da entrevista para o programa deportivo das 12 da noite. Estaba preocupado pois era consciente que a longa duración da entrevista obrigaría a recortar na montaxe. Coa intención de desconectar das súas cavilacións, Beñat prendeu a radio do coche e escoitou como Info7 Irratia informaba que: pouco despois das 18.15 dese mesmo martes 20 de novembro, aniversario da morte do xeneral Franco, na consulta pediátrica do doutor Santi Brouard, situada no segundo piso da rúa da Alameda de Rekalde, número 12, no mesmo centro de Bilbao. Dous descoñecidos chamaron. Begoña, a enfermeira de Santi Brouad, abriu a porta aos dous homes. Os descoñecidos, aínda que non articularon moitas palabras, falaron en perfecto castelán. A situación non lle gustou nada á enfermeira. De súpeto, un dos descoñecidos tentou chegar ata a porta do despacho médico do dirixente abertzale. Instintivamente, a reacción da enfermeira foi tratar de avisar ao doutor: uns berros, algún que outro tirón. Os movementos que fixeron os descoñecidos foron rápidos, como se estivese planificado, entón sacaron unhas armas. Santi Brouad escoitou ruído, abriu a porta; e alí, sen máis, foi disparado a tres metros de distancia (7). 

Iribar 3
Iribar con Esnaola na final da Copa do Rei de 1977.

Santi Brouard recibira seis disparos que lle produciron a morte inmediata. Os dous asasinos utilizaran para o atentado unha pistola marca Husquarna do calibre 9 milímetros Parabellum, de fabricación finlandesa. E un subfusil, marca Army Jager, do calibre 22, de fabricación italiana. Os dous asasinos fallaran a moi pouca distancia do dirixente de HB catro disparos. Dos seis disparos que acertaron, Santi Brouard recibiu cinco tiros na cabeza e un na man. Os outros catro proxectís quedaron incrustados nas paredes e na porta de entrada ao despacho da consulta. Un dos dous homes disparou oito veces co subfusil italiano do calibre 22, mentres que o segundo, ao parecer menos experimentado, só premeu o gatillo dúas veces coa pistola finlandesa. Horas despois os dez casquillos foron recollidos polos servizos do Xulgado de Instrución número 1 de Bilbao, que dirixiu as investigacións para aclarar o asasinato. Un dos asasinos deixou a arma no mesmo vestíbulo da consulta, o outro nas escaleiras. Os dous levaban luvas e, obvio, non deixaron ningunha pegada dactilar. Saíron correndo do portal, non subiron a ningún vehículo. Dobraron a esquina da rúa, e unha vez aí xa non houbo testemuñas, ninguén soubo como fuxiron. Non pasaran máis de dous minutos. Begoña, a enfermeira, quedou inmóbil ante o cadáver do membro da Mesa Nacional de Herri Batasuna, Santi Brouad.

Se ben, nun primeiro momento o GAL reivindicou a autoría do atentado contra Santi Brouad, inmediatamente unha persoa con forte acento francés nunha chamada telefónica a radio San Sebastián negou que o nomeado grupo terrorista fora o autor do atentado. Durante un tempo os feitos non quedaron claros. Pescudas posteriores demostraron que un dos autores materiais do atentado fora Rafael López Ocaña, ex membro dos GAL. En novembro de 1994 foron absoltos, por falta de probas, o ex policía José Amedo, o teniente coronel da Guarda Civil, Rafael Masa, e o empresario Luis Morcillo. Beñat non existe, nunca existiu, é un xornalista ficticio. A entrevista con Iribar para Info7 Irratia, esa mañá do 20 de novembro de 1984, tamén é unha ficción. O resto de datos do texto son reais, a maior parte dos da entrevista están sacados desta marabillosa conversa con Iribar publicada en Jot Down (8). Hoxe, en 2020, Iribar segue vivo e cando un chega por primeira vez ao palco de San Mames ten a sensación de que a xente ten un ollo posto no terreo de xogo; e o outro ollo posto nun Txopo que segue dando unha alongada sombra (9). 

(1) https://www.naiz.eus/es/blogs/marakanatxikia/posts/los-75-anos-del-dios-rojiblanco 

(2) http://zurigorri100x100athletic.blogspot.com/2010/08/jose-angel-iribar.html?m=1 

(3) https://elpais.com/elpais/2019/12/12/eps/1576164519_801936.html 

(4) https://blogs.elpais.com/memorias-blanco-negro/2014/02/aquel-penalti-de-esnaola-a-ir%C3%ADbar.html 

(5) https://elpais.com/diario/1979/01/13/espana/285030013_850215.html 

(6) https://athletic.elcorreo.com/75-cumpleanos-iribar/iribar-txetxu-rojo-retiro-athletic-20180301170037-nt.html 

(7) https://elpais.com/diario/1984/11/25/espana/470185206_850215.html 

(8) https://www.jotdown.es/2019/01/jose-angel-iribar-cuando-dejaron-de-llamarme-a-la-seleccion-entendi-que-era-un-mensaje/ 

(9) https://elpais.com/deportes/2018/02/28/actualidad/1519840314_312802.html

Archivado en: Fútbol
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Genocidio
Genocidio Los seguidores del israelí Maccabi protagonizan una jornada de disturbios y enfrentamientos en Amsterdam
Israel manda dos aviones militares a los Países Bajos para “rescatar” a los ultras del equipo de Tel Aviv, mientras asesina al menos un centenar de personas en Gaza y Líbano en solo 24 horas.
Fútbol
Fútbol de clase ¿Qué se juega en el deporte?
Sobre la histórica relación entre deporte, política y movimiento obrero.
Fútbol
Fútbol El esperpento para elegir a un nuevo presidente de la RFEF
La nueva presidenta interina, María Ángeles García Chaves, 'Yaye', tiene por delante la tarea de llevar a cabo elecciones en el órgano rector del fútbol en España.
Oriente Próximo
Oriente próximo La diáspora kurda ante la caída de Bashar al-Assad
Siria enfrenta el fin de un régimen que durante décadas pareció inquebrantable. Desde la diáspora, la esperanza contenida de quien ha vivido demasiadas traiciones y promesas incumplidas.
Ley de Seguridad Ciudadana
Congreso de los diputados Reforma de la Ley Mordaza: ¿esta vez sí se puede?
Una de las mayores deudas de toda la izquierda del Estado español parece que está a punto de saldarse.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Literatura
Gustavo Faverón Patriau “Quizá la novela sea ahora mismo más relevante que nunca”
El escritor peruano Gustavo Faverón Patriau quería narrar en su nueva novela la historia de un boxeador que no sabía boxear pero tumbaba a sus rivales recitándoles al oído versos de César Vallejo. ‘Minimosca’ acabó siendo un cuentacuentos inagotable.
Galicia
Memoria histórica Así fue como el Patronato de Protección a la Mujer transformó Galicia en un convento de clausura
Las mujeres que cayeron en las redes del Patronato iniciaron un periplo de encierro, humillaciones, abusos y explotación que es desconocido para la mayor parte de la población. Queda hoy en la impunidad de un silencio que tenemos el deber de romper.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Derecho a la vivienda
Vivienda El Sindicato de Vivienda de Euskal Herria propone la “expropiación de pisos turísticos”
Ponen en el punto de mira los intereses del sector inmobiliario y tachan de “falsas” a todas las medidas propuestas por los partidos políticos como la Ley de Vivienda.
Opinión
Tribuna Todas las razones para decir ‘Altri non’
Aquí van unos cuantos motivos para juntarnos este domingo en Compostela y dejar clara nuestra postura frente a un expolio que nos están tratando de imponer disfrazado de progreso, pero que sólo trae beneficio económico a unos cuantos indeseables.
Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”

Últimas

Relato
Relato Descubrirse las manos
Descubres tus manos: el palmar y el dorso, la posibilidad futura de la pinza atrapacosas, dos miembros que te vinculan al chimpancé y al lémur. Aprendes su mecanismo.
Música
Música Un coro para homenajear las luchas obreras: “La canción protesta del pasado es historia viva”
El coro de canción protesta de Madrid nació para rescatar del pasado las tonadas de la lucha obrera y ponerlas al servicio de distintos activismos en el presente.
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando en el Álvaro Cunqueiro
Una de las victorias ideológicas del PP de Feijóo en Galicia ha sido hacernos creer que pagar por servicios esenciales en los hospitales durante el cuidado de nuestros enfermos es lo natural, que no hay otra manera de abordarlo, pero es mentira.
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.

Recomendadas

Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.