Educación
Galiza arrinca dous días de folga na escola pública: “Se o ensino non mellora, a sociedade non avanza”
Desde a madrugada deste martes arranca unha folga de 48 horas en todo o ensino público galego, convocada polos sindicatos CIG, CUT e STEG, que afectará a todos os niveis educativos: desde Infantil e Primaria ata Bacharelato, ademais da Formación Profesional e os ensinos de réxime especial —como conservatorios, escolas de idiomas e centros de artes—. CCOO, UGT e ANPE, que asinaron un acordo coa Consellería de Educación a finais de 2023, decidiron non respaldar a protesta.
Segundo a CIG, mais de 30.000 docentes entre funcionarios, interinos e substitutos están chamados a secundar a protesta, cun impacto estimado sobre 374.000 alumnos da rede pública, cifra que se achega aos 400.000 se se suman os estudantes de réxime especial.
A Xunta de Galiza estableceu os servizos mínimos mediante unha orde publicada no Diario Oficial de Galiza (DOG) este luns, garantindo a apertura e peche dos centros educativos durante as xornadas de paro, que se estenderán desde as 00:00 do 28 de outubro ata as 24:00 do 29 de outubro de 2025.
A CUT sinalou que apoia a folga, pero mostróuse unha vez máis, moi crítico coa convocatoria: “A asemblea da CUT tamén decidiu mostrar a súa rexeitamento á forma en que novamente se desenvolverá o paro: sen consenso entre os sindicatos críticos, sen consultar nin informar previamente ao profesorado, sen planificación, coa elección de datas irrelevantes no calendario escolar e cun chamamento á Consellería a negociar unha serie de medidas que consideramos moi insuficientes”.
Secundan, con todo, a folga: “Compartimos pois a reivindicación como ferramenta válida e imprescindible para que a educación mellore e a sociedade avance, pero lamentamos as formas elixidas e as condicións en que se pretende desenvolver a folga”.
As demandas do profesorado
Entre as principais reivindicacións figuran a redución de ratios en todas as etapas educativas a partir do curso 2026-2027 e a recuperación do horario lectivo suprimido entre 2011 e 2012. Tamén esixen o fin da desigualdade horaria nos centros de Formación Profesional e nos ensinos artísticos.
O profesorado reclama ademais medidas efectivas para atender a diversidade, un plan real de simplificación burocrática —que inclúa máis tempo de dedicación para equipos directivos, coordinacións e titorías—, así como melloras salariais e a redución de xornada a partir dos 55 anos. Entre as peticións tamén figura a recuperación das licenzas retribuídas para formación.
Mobilizacións en toda Galiza
Os sindicatos convocantes anunciaron unha marcha este martes baixo o lema “Viramos San Caetano”, coa que buscan “dar un xiro ás políticas educativas da Xunta”. Para o mércores, están previstas manifestacións fronte ás Delegacións provinciais da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!