Deportes
U.D. Ourense: un club que si é popular

En xullo de 2014 ocorreu un apagón no sur de Galicia. Dos que se deixan sentir. A luz do Club Deportivo Ourense, equipo histórico da cidade, fundado en 1952, esmorecía ao entrar en fase de liquidación. Pasaba a converterse noutra Sociedade Anónima Deportiva que engrosaba un camposanto estatal no que choran afeccións orfas.

Bancadas da U.D. Ourense
Bancadas da U.D. Ourense Zélia García
16 may 2017 10:45

Unha débeda de máis de 2,5 millóns de euros, pagos pendentes de máis de 160.000 euros con antigos xogadores, e o incumprimento do concurso de acredores de 2006 condenaron un equipo que botou 13 tempadas en Segunda e que a piques estivo de eliminar ao FC Barcelona da Copa do Rei no 2000. Méritos xordos.

De entre as tebras xurdiu unha alternativa para non deixar sen fútbol o ourensanismo. A Plataforma SOS Ourense, que convocara manifestacións e presentara alternativas para evitar a desaparición, inscribía o 4 de xullo de 2014 a Unión Deportiva Ourense. A finais dese verán comezaba a competir. Facíao no chanzo máis baixo do fútbol galego, a Terceira Autonómica, cando ata hai uns meses a cidade vivía fútbol de Segunda B. A UD Ourense vén de acadar o seu obxectivo fundamental, chegar a Preferente, logo de tres ascensos consecutivos. Con máis de 1.300 socios e 14 equipos de fútbol base é xa o equipo máis representativo da cidade. Éo cun modelo sostible, onde o afeccionado é o gobernante.

“Aínda hai hoxe xente que agarda un tropezo para poder dicirche: ‘Xa cho dicía eu’, pero vano ter difícil”. “Xa non hai ningunha dúbida sobre que o Ourense somos nós, esa fase está máis que superada”. “Imposible facer unha valoración máis positiva destes tres anos, sobre todo co nivel de implicación da xente”. Estes tres testemuños correspóndense con tres piares do proxecto: Diego Soto, xogador e un dos capitáns da UD Ourense; Rubén Conde, secretario e directivo; e Modesto García, presidente da entidade, “cargos puramente testemuñais, pois non vemos un duro polo que facemos. Nin queremos que sexa así”, indican.

Fútbol popular: un raio que non cesa

O equipo ourensán é unha pola máis dun movemento coñecido como fútbol popular, baseado no principio de ‘un socio, un voto’, cunha ducia de exemplos. O decano estatal, o Atlético Club de Socios (2007), nace froito do descontento de seareiros do Atlético de Madrid coa xestión da familia Gil. Toman o exemplo do AFC Wimbledon (2002), e do FC United of Manchester (2005), os primeiros en explorar esta vía. Dentro deste grupo tamén hai exemplos coma os da UDO, nacidos trala desaparición dun histórico. É o caso de Unionistas de Salamanca (2013), fundado en homenaxe á UD Salamanca, ou a SD Logroñés (2009), fundada por afeccionados do CD Logroñés. Neste último caso, o equipo compite coa UD Logroñés, unha SAD fundada paralelamente. Algo semellante ocorre co Xerez Deportivo FC (2013), que aínda convive co Xerez CD SAD.

Despois está o CAP Ciudad de Murcia (2010), erixido por seguidores do Ciudad de Murcia; o FC Tarraco (2012), sen ningunha filiación por outro club; o Avilés Stadium (2015), nacido da crise do Real Avilés; o CFP Orihuela Deportiva (2016); e a UD Aspense (2016), que ocupa o baleiro deixado polo club que desapareceu en 1998. Xunto con este crecemento paulatino, o fútbol popular fixo fronte este ano a unha baixa, a do CD Palencia Balompie, nacido en 2011 como continuador do CF Palencia, pero que co ascenso a Segunda División caeu en mans dun grupo inversor. O último desatino ocorreu o 23 de novembro. O novo presidente Javier Rodríguez e os seus achegados aprobaban a conversión en SAD (sociedade anónima deportiva) do club popular, algo que os propios estatutos prohibían. O cambio quedou anulado pola xustiza en decembro e agora os socios loitan por recuperar o seu mando.“O que sucedeu en Palencia serviunos de advertencia a todos”, conta Rubén Conde, que relata como a UD Ourense vén de modificar os seus estatutos: “Para ser socio (os fundadores son arredor de 360), tes que botar dous anos de aboador”. “Así evitas que veña calquera voitre, dende fóra, con 400 tipos a roubarche o club saneado”, engade Modesto García. 

Nada sen eles, os ex do CD Ourense

Un dos factores diferenciais da UD Ourense foi contar dende o comezo co apoio dos ex xogadores do CD Ourense. “Algún levaba catro ou cinco anos sen xogar e volveu ao campo por este equipo, porque o sentía seu”, lembra o presidente, que pon os exemplos de Victor Arias, Adolfo Domínguez Cendón ou Ramón Dacosta. Pero se os tres protagonistas deste relato teñen que dar un nome este é o de Antonio Dacosta, o adestrador das tres primeiras tempadas da historia da UD Ourense, ex do Deportivo, que chegara a xogar co Mallorca en Primeira, “e que cubriu a xogadores como Maradona”.

Antonio Dacosta foi unha das persoas que sentiu máis fondo a perda do CD Ourense: “A débeda do club era asumible, había solucións… Pero hai que mirar ao feito e ao futuro. O fútbol non é so negocio e traer e levar xogadores dun lado para outro. Por iso eu me involucrei neste proxecto dende o inicio. E a experiencia ten sido moi positiva, malia que as veces sentísemos en carne propia como nos negaban axudas, campos…”.
Logo de ascender a Preferente, Dacosta pode abandonar un club “imposible de entender sen este apelido ou o de Currás”, segundo lembra Rubén Conde. Tito Currás é central da UD Ourense e Fernando, xogador do CD Ourense dos 90 e 2000, coordina a base. Cristian Dacosta é un dos artilleiros unionistas.

O último en unirse foi Rubén Durán, que pasou de xogar en Segunda B co Marbella a Primeira Autonómica. “Isto é algo que só pode pasar nun club como a UD Ourense. Que alguén teña ofertas profesionais, pero que escolla volver á casa. O que pensou que viña aquí a marcar goles e facer florituras trabucouse. Foi todo esforzo”, sinala Soto, quen indica que neste equipo as personalidades dilúense. “Eu mesmo decidín dar un paso ao lado esta tempada. Foi frustrante porque vía que aínda que quixese, non podía achegar no campo. Pero o equipo está por riba de calquera xogador”, sinala o capitán, que o ano que vén comezará a adestrar na base da UDO, logo de anunciar a súa retirada.

A dura tarefa de tecer o músculo futuro

Na canteira é onde o equipo das Burgas quere dar un paso adiante. Na actualidade conta con 14 conxuntos, pero quédalles moito por facer: “Teñen que ser o músculo do futuro, pero agora mesmo están lonxe de selo. Só van os primeiros pasos”, asevera Soto, que sabe que “non hai cousa que máis lle guste a un seareiro que ter xogadores cos que se vexa representado no campo”.

O aluguer dos terreos para que os mozos xoguen é unha das partidas máis custosas para a UDO. “Na cidade hai unha enorme escaseza de campos, tendo en conta o número de licenzas. Nós alugamos os Salesianos (o ano pasado pagaron 12.680 euros ao colexio ourensán), e aproveitamos os poucos campos públicos que nos ceden”, explica o presidente. Este destaca o papel que esta tempada xogaron algúns canteiráns, coma o central Diego Pousa. A todos estes xogadores hai que sumarlles os dous equipos do Jinshajiang Road Primary School, un colexio de Shangai que leva as cores e viste a camiseta unionista por iniciativa do seu adestrador, o tamén ex ourensanista Cote Iglesias.

Malia as lesións, a UDO asegurou a segunda praza —só se viu superado polo Bande—, a falta de varias xornadas para o remate da Primera Autonómica, o que lles permite o cambio de categoría. Fíxoo diante de case 1.500 seareiros no Couto, “o templo do fútbol ourensán”. Os xogadores ergueron as bandeiras do extinto equipo e soaron os acordes do seu himno nun estadio polo que loitaron. O primeiro partido no que fora o campo do CD Ourense foi o 21 de decembro de 2014 (comezaron nos Remedios), diante do Palmés. “Había 2.000 persoas nun partido de Terceira Autonómica. Foi incrible”, rememora Modesto García.

O fútbol estatal como meta fundamental

Tamén no Couto xoga o Ourense CF SAD, nome que adoptou o Ponte Ourense CF SAD logo de confirmarse a desaparición dos vermellos, nun intento por ocupar o espazo que este deixaba. “En todas as películas ten que haber un malo. En parte estámoslle agradecidos”, sinala o máximo dirixente da UDO. O equipo do barrio da Ponte militou esta campaña en Preferente, cunha asistencia aos seus partidos que apenas sobrepasa o cento de afeccionados, nun estadio con capacidade para 6.000. Nos seus comezos, o equipo popular recibiu unha oferta da SAD ourensá. Tamén houbo contactos para fusionarse co Covadonga, o decano da cidade, que daquela militaba en Primeira Rexional. Con isto buscábase que puidera partir dunha categoría máis alta. “Con perspectiva, ir pola nosa conta foi o mellor que puidemos facer”, aclara o secretario.

“Unha das grandes virtudes deste club é a súa independencia. Para ben ou para mal, o que vaia pasar é cousa dos seus socios”, defende Soto. En xuño de 2016 a UD Ourense aprobou un presuposto —cumprirán tres anos de superavit—, do que tan só o 15% se correspondía con subvencións, cando a SAD chegara a depender case un 70% destas axudas. “E aínda temos sen cobrar as de 2016. O idóneo é que a porcentaxe fose do 30%, por respeto á masa social que representamos. Xa que deixaron morrer o CD Ourense, que polo menos agora non afoguen a UDO”, argumenta Modesto García. Co salto a Preferente, as obrigas do ascenso directo reláxanse. “Agora o reto é ser o equipo da provincia para chegar a Terceira o antes posible e devolver á cidade a onde, como mínimo, debe estar: unha categoría estatal”, sentencian.

ELAS TAMÉN XOGAN E GAÑAN
O seareiro da UD Ourense ten que multiplicarse. Aos partidos do conxunto masculino engadiu á axenda, dende a temporada 2015/2016, os do equipo feminino. A UDO Féminas arrancou en Segunda Autonómica para que as rapazas da cidade e da provincia puideran xogar a fútbol once, logo da desaparición do veciño UD Barbadás. Helena Ferreiro foi unha das compoñentes daquel conxunto ao que, igual que o CD Ourense, deixaron morrer.
Agora exerce de centrocampista dun dos núcleos punteiros da Primeira División galega que, ás ordes de Rubén García, acadou o ascenso no seu primeiro ano de vida. “Na UDO todo o que vexo é ilusión. A do masculino transmítese a nós. E pola actitude do presidente, dos directivos e dos socios, somos conscientes de que hai unha aposta decidida por nós. Iso dános confianza”, comenta a xogadora.
O club ourensán impulsou o ano pasado a creación da primeira Copa Diputación contra o Rúa no Couto, que se adxudicaron as locais. Dentro do fútbol popular, a SD Logroñés, o CAP Ciudad de Murcia e o FC Tarraco tamén teñen seccións femininas na súa estrutura.
“É unha marabilla velas xogar. É un orgullo que leven o noso nome por toda Galiza, e aínda máis, sendo o único equipo feminino da cidade”, sostén o presidente da UDO Modesto García, nun xuízo tamén compartido polo directivo e secretario Rubén Conde. Este lembra que as rapazas sofren tamén o calvario dos campos e teñen que xogar en Velle, a varios quilómetros do centro de Ourense, o que dificulta o desprazamento dos socios.
Helena comezou con 13 anos nos infantís do Celanova, que daquela eran mixtos. Tito Currás, capitán da UD Ourense, foi o seu primeiro adestrador. Pero como tantas outras cativas, tivo que mudar o seu rumbo. “A partir dos 14, as nenas non poden xogar con eles. Ou ben pasan a estar coas maiores ou optan, como moitas de nós, polo fútbol sala”, lembra quen foi xogadora do Cidade das Burgas, nunha cidade na que o futsal ten a supremacía. Xa con 18 consegue facerse un oco no fútbol once no Barbadás, até a disolución deste: “Non nos tiñan en conta na súa estrutura”.
A UDO Féminas non é allea ao brusco salto de idade. Helena fala do caso das súas compañeiras Zaira (13 anos), Aída ou Andrea (ámbalas dúas con 15). Malia a súa corta idade, teñen gañado minutos e experiencia nunha tempada marcada polas lesións na que, como lembra Rubén Conde, algunha xogadora de campo tivo que pórse na portería. Fronte a estas dificultades, unha segunda volta de ensoño na que as unionistas presentaron a súa candidatura para o ascenso.
“Era o noso obxectivo primeiro. Xa por nós, porque subir conleva unha boa subvención que faría máis doadas as cousas. Pero a metade de tempada tivemos que refalalo. E dende aquilo, todo foi a mellor, conta unha futbolista que ve un feixe de deberes pendentes aínda neste deporte: “Moitas compañeiras doutros equipos tiveron que marchar. E non a Estados Unidos ou Alemaña, a Portugal… Non se pode entender que nin en Primeira sexan profesionais co nivel que hai”.

Archivado en: Fútbol Galicia Deportes
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Ayuntamiento de Madrid
Madrid Obras nocturnas, recursos y licencias con otro nombre: las curvas que esperan a la Fórmula 1 en Madrid
Las obras del futuro ‘Madring’ siguen adelante en turnos de mañana y noche, también los recursos de oposición y plataformas vecinales, que tras ser admitidos a trámite esperan que les den acceso a toda la documentación.
Alicante
Alicante Los 25 años del Hércules C.F. en manos del constructor Enrique Ortiz
El club alicantino ha perdido parte de su identidad y su historia desde que está en manos del empresario vinculado a numerosos casos de corrupción.
Deportes
Deporte contra el racismo “Hay que estar”: el día histórico de Top Manta que no quieres perderte
El sindicato mantero organiza en Barcelona la Primera Carrera Antirracista para combatir los discursos de odio.
Crisis climática
Investigación El cambio climático multiplicó las muertes por doce en Madrid y por seis en Barcelona durante la ola de calor
Un estudio estima en 2.300 las muertes durante la pasada ola de calor en Europa. Barcelona ha sido una de las urbes con más fallecimientos y Madrid, la que más ha visto incrementarse la mortalidad por culpa del cambio climático.
Sphera
Minería La inacabada historia de la minería en Asturias
VV.AA.
Uno de los accidentes recientes más graves en la minería asturiana vuelve a cuestionar el sistema de controles y ayudas públicas para las minas en proceso de reestructuración.
Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Opinión
Opinión Javier Milei y el “leninismo de derecha”
Milei se apropió de la “técnica” del populismo, produjo un significante vacío (“casta versus pueblo”) y asumió el mandato de terminar con la inflación.
Transición ecosocial
Transición ecosocial El Informe Albanese: neutralizar la impunidad, reinterpretar el derecho
Poner negro sobre blanco los nombres y apellidos de buena parte de las mayores corporaciones del mundo ligadas a la extensión del capitalismo colonial que hace negocios arrasando las vidas de miles de personas, representa un paso relevante.

Últimas

Andalucía
Derechos Humanos Decenas de barrios en Sevilla, Granada y Almería viven otro verano récord en calor con cortes de luz diarios
Endesa mantiene a miles de vecinos de decenas de barrios populares en las ciudades de Granada, Sevilla y Almería sin electricidad. Las instituciones siguen sin atajar una situación que lleva enquistada más de una década en muchas zonas.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Camas cerradas y urgencias saturadas: el verano en los grandes hospitales de Madrid
Los pasillos de las urgencias del Gregorio Marañón rebosan de camas, mientras se cierran 300 en planta. En el conjunto de la comunidad los hospitales vivirán un verano con un 30% menos de camas, de media.
El Salto Radio
El Salto Radio Que no sean
Ellas lo conocieron como Dani. Ellos, como Sergio. Pero ni Dani ni Sergio existieron jamás. Estas son las consecuencias de las infiltraciones policiales. Y también, las formas de resistirlas.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Solo dos pediatras se incorporarán a los centros de salud de la Comunidad de Madrid
85 médicos y médicas de familia entrarán en la plantilla. 15 de ellos irán en grupo a levantar centros de difícil cobertura que estaban caídos.
Opinión
Opinión Sindicatos estadounidenses en la larga lucha contra Amazon: ¿una luz al final del túnel?
Amazon es el paradigma de la política empresarial antisindical en Estados Unidos, pero su suerte puede cambiar en los próximos años. El movimiento sindical se juega su supervivencia en ello.
Más noticias
Opinión
Opinión Kneecap y Bob Vylan logran lo que el punk no pudo: aterrorizar a los medios británicos
Hasta ahora, que unos veinteañeros punkis dijeran un puñado de tacos se consideraba un escándalo, pero no un motivo para cambiar todo el modus operandi de una de las cadenas de televisión más importantes y prestigiosas del mundo.
Análisis
Análisis Los mass media y el espectáculo de la presidencia imperial
La saturación mediática de la era Trump tiene un objetivo: desplazar el foco absorbiendo el ancho de banda disponible tanto de los medios de comunicación como de nuestro proceso cognitivo.

Recomendadas

Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.
Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.