Deportes
O odio que produce o odio

“Son América. O pedazo que vostedes non recoñecen, mais deben acostumarse a min. Son negro, enfonchado, seguro de min mesmo. É a miña relixión, o meu nome, non o de vostedes”. Un Xúpiter de ébano, con 18 anos, acaba de saír dun restaurante do East-End de Louisville, Kentucky. Negáranse a servirlle pola cor da súa pel, recomendándolle que volvese a África. Doíalle a man pola dereita recta que lle deu á porta ao saír, pero máis lle doía a alma.

ali malcolm x
26 abr 2020 12:32

Despois de proclamarse campión olímpico en Roma, conta a lenda que no ano 1960 Cassius Clay, un amigo e a súa inseparábel medalla de ouro no peito entraron nun bar co cartel “Non servimos a negros”, coa esperanza que dada a súa condición de campión olímpico houbese unha excepción e non fose aplicado con el. Lonxe da realidade, no local atoparon a negativa a servirlles pola cor da súa pel. O feito desatou a rabia e a impotencia de Clay, e levouno a lanzar a medalla ao río Ohio. Polo menos esta é a versión da historia que podemos ler na súa autobiografía “The Greatest”, publicada e 1975. Anos máis tarde, cando foi preguntado pola historia en cuestión, o propio boxeador desmentiu tal historia. “Non lembro onde puxen a medalla”, declarou o púxil.

Posibelmente o mito comezou en Miami. Cassius Marcellus Clay era un boxeador novato profesional, cheo de ambicións. O adestrador Angelo Dundee, que acabou dirixindo case toda a súa a carreira, coñecíao de 1957 dunha viaxe que fixera a Louisville, Kentucky. Clay entón tiña 15 anos e pediu conversar con Dundee. Angelo lembraba, hai uns anos, que falaron tres horas e que o mozo anunciou que gañaría o ouro olímpico. E así fixo. Acto seguido comezou a súa carreira profesional e no seu primeiro combate tivo na súa esquina o que fora o seu adestrador como amateur, Fred Stoner. O combate foi o 29 de outubro de 1960 contra  Tunney Hunsaker, o xefe de policía dunha pequena localidade de apenas 2000 habitantes.  Durante os seis asaltos Clay martelou a Hunsaker, recorrendo aos jabs mentres danzaba arredor do policía. No cuarto asalto abriulle unha fenda nunha cella. Chegaron á distancia, sen conseguir tumbar a Hunsaker e gañou Clay aos puntos por decisión unánime. Os tímidos asubíos do público, quizais, sinalaban que en Louisville agardaban unha noite mellor.

Despois escolleu a unha lenda do boxeo como adestrador, Archie Moore, que estaba a piques de retirarse e combinaba as preparacións dos seus combates con adestramentos a outros boxeadores mozos en California.  “Archie non tiña tempo para o mozo”, lembraba Dundee nunha entrevista en 2010. “Cometeu un erro. Díxolle a Clay que varrese a cociña do campamento de prácticas. O mozo respondeu: non varro a cociña nin na casa da miña nai”. Durante eses días, ademais, Clay recibiu outra alegría: un grupo de 11 empresarios (brancos) de Louisville formaran a compañía Louisville Sponsoring Group para ser os seus representantes. Os empresarios querían procurarlle un adestrador e, incluso, xa comezaran algúns contactos con Angelo Dundee. Houbo acordo e a promesa de Louisville mudouse para Miami. 

“Cometeu un erro. Díxolle a Clay que varrese a cociña do campamento de prácticas. O mozo respondeu: non varro a cociña nin na casa da miña nai”

Cada vez máis a cidade do seu nacemento e a súa infancia foi mudando a un lugar na memoria. Atrás quedaban os días nos que saltaba polos andadeiros do Central High entre as clases. Eran os anos 60, e naqueles tempos o boxeo estaba tutelado pola mafia e liderado por Floyd Patterson e Sonny Liston. Dundee decidiu levalo paso a paso. Clay vivía en Overtown e como adestramento ía trotando desde a súa casa ata o ximnasio, e viceversa. Antes do solpor debía deixar Miami Beach, porque non estaban permitidas as persoas de color pola noite na zona. Combateu 5 dos seus 19 primeiros combates en Miami Beach. 

Con Dundee aprendeu non só boxeo senón tamén a promoverse, e gañou o alcume de “bocalán”. En xuño de 1961 acumulara 5 vitorias consecutivas por nocaut, e o seguinte era Duke Sabedong. Na previa do combate atopouse co loitador de wrestling Georgeous George. Ese encontro fortuíto exerceu unha fonte de inspiración e influencia decisiva na súa carreira, xa que escoitou a George atrevidas declaracións nas que describía como remataría ao seu rival. En 1961, o 22 de xuño tivo un combate contra Alonzo Jonhson en Louisville, televisado en todo o país. Terminou 1961 con dez vitorias consecutivas, sete delas por nocaut. 

A súa ascendente carreira levouno a Nova York para combater contra Sonny Banks no Madison Square Garden en febreiro de 1962. E a experiencia non resultou doada, xa que Banks fixo que, por primeira vez, caera ao chan no primeiro asalto. Con todo, amosou como era capaz de responder na adversidade no ring, xa que dominou o resto do combate até que no cuarto asalto o réferi detivo o combate, outorgando a Clay a vitoria por nocaut técnico. Precisamente, na previa Cassius deu unha atrevida predición: dixo que sairía vitorioso en catro asaltos. O combate impresionou ao propio Angelo Dundee, quen anos despois declararía que nunca vira tal poder de recuperación en ninguén.

“E a experiencia non resultou doada, xa que Banks fixo que caera ao chan no primeiro asalto. Con todo, amosou como era capaz de responder na adversidade no ring”

Durante eses anos afirmou, tamén, as súas crenzas musulmás. Xa no tempo que pasara no instituto en Louisville, Cassius Clay estivera intrigado pola Nación do Islam. En 1962, o aspirante Clay viaxou a Detroit para escoitar a Elijah Muhammad e a Malcolm X. Elijah Muhammad e Malcolm X desdeñaban a estratexia da non violencia e proclamaban que o home branco era o demo. Cando Cassius coñeceu a Malcolm X, este non sabía quen era  boxeador. Pero desde o comezo, “Malcolm fascinou a Clay e atraeuno cara o círculo interno da Nación do Islam. Ao pouco, o púxil e o ministro da Nación do Islam, movíanse na mesma órbita. Aínda que o equipo de asesores en materia de boxística de Clay temía que o seu vínculo con Malcolm e a Nación botase por terra as súas posibilidades de loitar polo título mundial, Cassius semellaba  baixo un feitizo. 

Contra todo, cada vez que tiña ocasión, viaxaba para sentar aos pes de Malcolm e empaparse da súa retórica. Cando a prensa preguntáballe polas súas influencias, Clay gustaba responder: “Eu fíxenme a min mesmo”. Pero, en moitos sentidos, Malcolm deu forma ao home que logo coñecería o mundo enteiro. Cassius era consciente do perigo que podía significar aquela relación para a súa carreira, Malcolm X chamaba abertamente durante eses días á violencia e era contemplado polos xornais con desprezo polo seu radicalismo. Mais o rexeitamento non chegou só da América branca. Os negros máis destacados na loita polos dereitos civís vían con malestar o movemento. Martin Luther King, un pastor evanxélico predicador da non violencia, non foi o único que expresou desgusto ante a conversión de Clay á Nación do Islam. Existía a convicción de que Malcolm X estaba prexudicando ao movemento dos dereitos civís.

“Clay gustaba responder: “Eu fíxenme a min mesmo”. Pero, en moitos sentidos, Malcolm X deu forma ao home que logo coñecería o mundo enteiro.”

Tras alongar unha vaga de vitorias con outros catro triunfos, Clay enfrontou ao seu antigo adestrador, o veterano Archie Moore de 47 anos, en Los Angeles, California. Nesas datas os atletas negros debían ser respectuosos ante os rivais, e xamais amosar arrogancia. A comezos dos 60 Clay ridiculizaba aos seus rivais e proclamaba as súas virtudes. Clay atreveuse a subir a aposta e prognosticou que o combate acabaría no cuarto asalto, como así aconteceu: gañou por KO trala terceira caída de Moore. Estas predicións, xunto aos poemas e brincadeiras previas ao combates fixeron que o tomasen como un fala barato, facendo que a prensa tivese opinións adversas, mais as provocacións outorgábanlle certa vantaxe psicolóxica sobre o seu opoñente.

Con 18 combates invito, o talento de Clay xa era recoñecido, aínda que non era tomado en serio polo seu peculiar estilo de combate pouco ortodoxo. Cassius Clay modelou o seu estilo de combate en torno ao seu ídolo Sugar Ray Robinson; un estilo baseado nun constante xogo de pes, esquivando os golpes en vez de protexerse cos puños en alto, e contraatacando con veloces combinacións en lugar de procurar o KO pola vía rápida. O gran mérito de Clay radicaba en combater como o mellor dos pesos medios, pero pesando máis de noventa quilos. Aínda así, o público podía velo recorrendo o ring como un bailarín, cunha axilidade inaudita an alguén do seu tamaño. Nun deporte acostumado á confrontación directa, case estática, dos pesos pesados, Clay desconcertaba. Os seus golpes estaban selados cunha cadencia e unha métrica que Cassius marcaba cos pes, e que bautizou como dobre clutch. Como mostra da súa incipiente fama internacional, en xullo de 1963 enfrontou ao inglés Henry Cooper Cooper. O evento tivo lugar no Wembley Stadium con vitoria de Clay. Por esas datas o equipo de Clay xa tiña en mente enfrontar ao campión indiscutido dos pesos pesados: Sonny Liston.

“O gran mérito de Clay radicaba en combater como o mellor dos pesos medios, pero pesando máis de noventa quilos.”

Sonny Liston converteuse en campión mundial peso pesado en 1962 tras vencer a Floyd Patterson no primeiro round. Defendeu o seu título nun desquite que tamén gañou nun só asalto. Tras isto, moitos boxeadores non querían enfrontalo, o propio Patterson afirmou que iría a polo título mundial se é que non estaba Liston como campión. En 1963 existían seria dúbidas que Clay puidese plantar cara ao temíbel Sonny Liston. O 5 de novembro de 1963 asinaron o acordo entre Sonny Liston e Cassius Clay para combater no Convention Center de Miami Beach, o 25 de febreiro de 1964. Antes do combate, Clay recorreu á provocación, o día da pesada chamou ao campión “oso horríbel”, até chegou ser multado por conduta non apropiada. O día do combate a asistencia foi escasa, a metade do aforo: os xornalistas consideraban a Liston favorito e non achaban a Clay como rival, a xente pensaba que lle ía pasar por riba.

Durante os dous primeiros asaltos, e froito dos rápidos jabs e o constante baile no ring fixeron dubidar a Liston da súa fortaleza. Porén, aconteceu algo estraño e durante o terceiro e cuarto round, Liston tomou vantaxe, incluso provocando que Clay case abandonara debido á pouca visibilidade que lle quedaba. Clay recibía unha malleira; estaba case cego e entón, no descanso, Angelo Dundee díxolle: “Queda quieto, voute limpar con moita auga, para que desapareza o efecto. Agora tes que saír a bailar de lonxe. Que non te toque, rapaz, que pase o asalto enteiro sen que te toque”. O consello foi acertado para Clay e, posibelmente, marcou o comezo dun mito. O sexto round foi clave, debido a que Cassius puido dar a volta a situación a forza de enteireza e determinación. Tras este asalto, Sonny Liston comunicoulle ao seu adestrador que non podía continuar por mor dunha lesión no ombro. Non saíu no sétimo round e Cassius Clay foi declarado gañador por KO técnico. Contra todo prognóstico, o mozo Cassius Clay sorprendeu ao mundo tras arrebatarlle o título mundial dos pesos pesados ao temido Liston, favorito nas apostas por 7-1. “Traguen as súas palabras! Son o mellor!”. 

“Queda quieto, voute limpar con moita auga, para que desapareza o efecto. Agora tes que saír a bailar de lonxe. Que non te toque, rapaz, que pase o asalto enteiro sen que te toque”

Esa mesma noite, Clay desprezou a festa VIP dos patrocinadores, Marilyn Monroe incluída, e foi a unha celebración privada en Hampton House. As fotos desa noite amosan a Malcolm X sorrindo como nunca. Durante os días anteriores ao combate Malcolm X convenceu a Clay de que se acadase o campionato era momento de falar máis claro e máis forte. O día despois do combate, o 26 de febreiro, un xornalista nunha rolda de prensa preguntoulle se era membro con carné da Nación do Islam. “Con carné, que significa iso?”, respondeu. “Sei cara onde vou, coñezo a verdade, e non teño que ser o que vostedes queren que sexa. Son libre de ser o que queira ser”. Logo rexeitou o apelido Clay, porque os nomes dos afroamericanos eran herdados dos seus amos. “Serei coñecido como Cassius X”. Días despois Elijah Muhammad deulle un novo nome a Cassius X: Muhammad Ali.

Paradoxos, a amizade entre Muhammad Ali e Malcolm X non durou moito. O dirixente negro descubrira que Elijah Muhammad, xefe da Nación do Islam, tiña varios fillos ilexítimos tras sendas aventuras con adeptas e acabou denunciándoo en público. Elijah suspendeuno do seu ministerio, prohibíndolle predicar. Malcolm foi obrigado a abandonar a Nación do Islam, e pensou que Ali o acompañaría. Non foi así. O boxeador estaba comprometido coa súa relixión e deulle as costas a Malcolm X. Convencido de que o seu antigo mentor era desleal, só volveron atoparse unha vez máis. Foi en maio de 1964, cando Malcolm X e Muhammad Ali se atoparon en Ghana.

“Sei cara onde vou, coñezo a verdade, e non teño que ser o que vostedes queren que sexa. Son libre de ser o que queira ser. Logo rexeitou o apelido Clay”

Ali estaba facendo unha xira de promoción como novo campión de mundo por Exipto, Nixeria e Ghana. Malcolm viña de visitar a Meca e planeaba o seu retorno a Estados Unidos, camiñaba pola rúa no país africano cando escoitou a voz de Ali. Viu a Muhammad e alegrouse moito ao velo, “irmán Muhammad”, berrou cun leve sorriso. Non importou que apenas uns meses antes o boxeador xogaba coas fillas de Malcolm mentres preparaba o seu enfrontamento contra Sonny Liston. Ali tentou evadir ao seu antigo camarada, pero ao ver que estaba a carón, detívose fronte a Malcolm para reprocharlle: “falaches mal do honorábel Elijah Muhammad. Esa foi unha mala decisión, irmán”. Malcolm non tivo tempo para explicar que non deixara a congregación, porque fora expulsado. Nove meses despois, o 21 de febreiro de 1965, Malcolm X falecía nun hospital de Nova York tras recibir varios disparos no peito antes de participar nun mitin en Harlem.

“Darlle as costas a Malcolm foi un dos erros máis grandes da miña vida. Desexaría poder dicirlle a X que o sentía, que tiña razón en moitas cousas. Pero foi asasinado. Era un visionario, máis adiantado que calquera de nós”. Escribiu Ali anos despois. “Malcolm foi o primeiro en dicir e escribir a verdade, que a cor da pel non fai malvado a ningún home. Malcolm X era un gran filósofo e un amigo aínda mellor. Se non fose por el, talvez nunca sería musulmán. Se puidese regresar e facer as cousas de novo, nunca volvería a darlle as costas”, rematou o campión Muhammad Ali. 

Culturas
Muhammad Ali: Rimas como punhos
As rimas e os punhos, a oralidade e o corpo como ferramentas das oprimidas para a resistência e a imaginaçom política.
Racismo
Hai superheroes que non levan capa
Nos 50 as persoas negras debían viaxar na parte traseira dos trenes e autobuses, e só podían beber nas fontes públicas coa frase “colored”.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Juegos olímpicos
Machismo y racismo en los JJ OO La lucha por la medalla olímpica de Imane Khelif frente a los prejuicios
La participación de la boxeadora argelina Imane Khelif en los Juegos de París 2024 está generando titulares en todo el mundo y sobre ella han opinado desde Elon Musk o JK Rowling pasando por Donald Trump o Giorgia Meloni.
Boxeo
Chamarémolo Cassius Clay
Ali quedou pensando que faría agora. Sen campionato. Afastado do cuadrilátero. Con causas xudiciais pendentes e agora, incluso, sen nome.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Madrid
Movimiento republicano Miles de personas claman en Madrid contra la monarquía y por la República
En el 11 aniversario de la proclamación de Felipe VI, una marcha unitaria reclama que este reinado sea el último de España.
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Rap
Rap Los Chikos del Maíz: “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en la que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
La vida y ya
La vida y ya Un rato de cada lunes
Pero, lo más coincidente ha sido, expresado de distintas maneras, su agradecimiento hacia ese lugar. Su lugar elegido.

Últimas

Ocupación israelí
Movilizaciones Un centenar de organizaciones de 26 países denuncian a la empresa vasca CAF y su tren del apartheid
Más de 50 localidades salen a la calle este fin de semana para señalar a la empresa que construyó el tranvía que conecta Jerusalén con territorio ocupados y exigir el fin del genocidio en Gaza.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí La policía egipcia impide con violencia la marcha internacional a Gaza
La marcha de 4.000 personas a Gaza es reprimida por la policía del régimen de Al-Sisi. La organización pide a las embajadas que reaccionen y protejan a sus ciudadanos.
Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio De océanos y detenciones
VV.AA.
La acidificación del agua marina supera sus límites mientras Israel aborda la Flotilla por la Libertad.
Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.
Más noticias
Argentina
Extrema derecha La motosierra de Milei se ceba con los hospitales públicos y las personas con discapacidad
Los recortes del Gobierno afectan al Hospital Garrahan, un centro de alta complejidad, referente pediátrico nacional y latinoamericano, y también a los recursos de las personas con discapacidad, a los que el ejecutivo califica de “idiotas”.

Recomendadas

Pensamiento
Economista Clara Mattei: “El liberalismo y el fascismo están unidos en su protección del orden del capital”
El ambicioso ensayo 'El orden del capital' nos traslada al Reino Unido y la Italia de la I Guerra Mundial, que se contemplan como un momento bisagra: el auge de socializaciones y cooperativizaciones que tuvo lugar durante la contienda y la inmediata posguerra fue abortado a través de un 'shock' austericida destinado a restaurar la centralidad de los grandes capitales.
Derecho a la vivienda
Jaime Palomera “La vivienda necesita una revolución”
Investigador y uno de los fundadores del Sindicat de Llogateres, Jaime Palomera presenta ‘El secuestro de la vivienda’, un libro sobre el juego amañado en el que los propietarios son cada vez más ricos y los inquilinos cada vez más pobres.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Brasil
Extrema derecha Arte en tiempos de fascismo: cuando enseñar a Goya y Rubens le cuesta el puesto a un profesor
Una clase de Historia en la escuela municipal en una localidad del Estado de São Paulo desemboca en acusaciones contra el profesor y una campaña de difamaciones que encabeza el concejal de educación de la zona, de la extrema derecha bolsonarista.