Culturas
Crise, que crise? Vaia Vaia coa cultura autoeditada!

O Vello Cárcere de Lugo acolleu unha aposta xove pola cultura do fanzine e a autoedición. O Vaia Vaia, celebrado o 21 e 22 de novembro, contou na súa primeira edición cunha axenda na que tiveron lugar coloquios, obradoiros, proxeccións e concertos xunto co mercadiño de fanzines que se atopaba na rúa.

Vaia vaia Lugo
O Vaia Vaia celebrouse o 21 e 22 de novembro en Lugo. Foto: Noelia Alpe
22 dic 2020 12:05

O bo tempo acompañou toda a fin de semana da primeira edición da feira. O antigo centro penitenciario e os seus redores enchéronse de artistas tanto locais coma de fóra de Lugo. Creado a finais do século XIX —seguindo o modelo panóptico de Berthand—, o edificio celebra este ano o seu 133º aniversario, superando o pasado de barbarie e represión que habitou nel. Reconvertido dende hai uns anos en centro cultural, a audiencia privilexiada podería ver no Vaia Vaia os concertos ofrecidos no patio interior, como os do grupo Trinità. No que agora é o auditorio, atopábanse os diversos coloquios e proxeccións: o documental Grapas ou as curtas de David Fidalgo, Alfonso Rey ou Antía Carreira. Asomando despois un pouco a cabeciña, o cráneo privilexiado chegaría a ver o mercadiño de fanzines na rúa onde Cool Cats, Ema&Emo, Broza Nova, Nuba, Kutxyllo e outros proxectos froito da autoedición puideron expoñer e vender o material. Namentres, Riquinha, Beta, Rivers Z, Dan Castellaneta ou Toninja, eran os encargados de poñer B.S.O á paisaxe e calaban —de paso— os bucinazos cos que os manifestantes contra a Lei Celaá contaminaban o ambiente calmo do domingo lucense nos seus carros, cuxo itinerario pasaba, irónicamente, por diante do Vello Cárcere.

Cultura autoeditada

“Somos xente toda local, pero que estivemos vivindo fóra un tempo. Unha das organizadoras abriu unha galería de arte, Solaina, e alí mesmo falamos entre todas e nos demos conta de que compartiamos inquedanzas, como a de facer cousas culturais en Lugo”. Deste xeito relataba Natalia Pía Conde como a falta de oferta cultural na cidade fixo que este grupo de xoves artistas se plantexaran voltar á súa cidade para renovar e diversificar os aires da movida artística lucense. Procedentes das ramas artísticas máis diversas como a ilustración, dirección de curtametraxes, deseño, etc, non extraña deste xeito que a axenda do festival tamén fose do máis variado.

No medio da matriosca de crises acentuadas pola pandemia —na que o sector cultural é un dos máis afectados— a sorpresa de poder facelo en físico é algo a salientar nestes momentos

“Apoiaronnos en todo, e iso que contabamos ao final con moi pouco tempo, mais puidemos facer todas as actividades que tíñamos pensadas” comentaba Conde sobre a participación do Concello de Lugo. No medio da matriosca de crises acentuadas pola pandemia —na que o sector cultural é un dos máis afectados— a sorpresa de poder facelo en físico tamén é algo a salientar nestes momentos, tendo en conta ademais que foi o propio concello o que propuxo o espazo: “A verdade é que damos un dez á preparación e á axuda da organización e protocolo da xente do concello”.

Á parte do uso obrigatorio das máscaras e a recollida de datos da xente que entraba no edificio, ampliouse o espazo das casetas a tres metros para facilitar a distancia social de seguridade entre a xente dos postos. Para os participantes que viñeron de zonas con peches perimetrais, habilitouse un permiso de desparazamento.

Arte participativa

Ademais do clásico boca a boca, abriuse unha convocatoria nas redes para participantes amadores ou profesionais da autoedición: “O criterio de escolla das participantes non foi máis aló do da páxina [web], isto é, quixemos que fose todo o aberto e participativo posible, partindo dunhas bases claras e obvias: o rexeitamento do sexismo, machismo, racismo, etc”. Sorprendida pola resposta que tivo a convocatoria, Natalia Conde destaca o altruismo da xente á hora de compartir o evento ou participar nel.

O certo é que a potestade que teñen as redes nestes momentos na difusión dos proxectos culturais é unha realidade a ter en conta, e máis se falamos da accesibilidade e posibilidade de participación para a xente que aínda non tivera experiencia neste campo. Este é o caso de Guille Núñez e Olivia Torres, que participan por primeira vez nesta clase de eventos. Foron co seu proxecto Mismos gilipollas, nuevas formas de hacer el ridículo, unha parodia da hipocresía que pulula polas redes: “É toda unha oportunidade para reforzar a cultura e para a xente, tanto amadora como consolidada que forman parte da oferta dentro do mesmo festival”.

“O criterio de escolla das participantes non foi máis aló do da páxina [web], isto é, quixemos que fose todo o aberto e participativo posible, partindo dunhas bases claras e obvias: o rexeitamento do sexismo, machismo, racismo, etc”

Outro participante do mercadiño, Raio, tamén chegou dende A Coruña co seu proxecto Laconcongrelos grazas á convocatoria que se fixo por Instagram: “Sen eventos desta clase morre a autoedición” afirmaba mentres nos falaba do seu proxecto propio de serigrafía e risografía: “Interésame crear comunidade e que a xente saiba que se poden facer esta clase de cousas na Coruña”. A presencialidade parece ser imprescindible e non só nas aulas, senón sobre todo nesta clase de eventos onde diversos artistas intentan darse a coñecer e onde un dos obxetivos é sen dúbida a creación de comunidade, tal e como explicaba Raio.

Culturas
Galiza en zines

O país conta con tres festivais de autoedición consolidados e os fanzines son cada vez máis visibles nas librarías.

Para a creación de comunidade cultural, a fisicidade segue a reivindicarse, tal e como resaltaba unha xornalista do Pensa Lugo: “O streaming está ben, pero non podemos olvidar o factor humano”. O evento soubo conxugar dito factor humano carácterístico do local, coa a apertura que posibilitan as redes cara a un público mais amplo e deste xeito contribuir ao replantexamento do que significa o local en si mesmo. Desta mesma pregunta partiron as impulsoras de Pensa Lugo cando decidiron ofertar á xente un xornal crítico en galego, baseado nas redes de interacción das persoas que crean o local, e non necesariamente nos límites xeográficos: “O espazo aberto é bo no nivel de precaucións respecto á pandemia, pero tamén para dar visibilidade e achegar a cultura fóra da ghettificación á que tende”.

A presencialidade parece ser imprescindible nesta clase de eventos onde diversos artistas intentan darse a coñecer e onde un dos obxetivos é sen dúbida a creación de comunidade

Pero non só no caso da xente amadora, senón tamén no da ilustradora Julia Lago —quen xa estivera nalguns eventos similares—, o eloxio de cara á organización radicaba na súa vontade de crear este tipo de espazos nestes momentos: “Nestas circunstancias e con todo tan parado, anima atoparse con xente tan aberta apoiada polo Concello. Que haxa espazo para a cultura fomentado por un colectivo xove é inspirador”.

Fronte á incomodidade de meses de mascaras, de crise sanitaria, de incertidume e de restriccións intermitentes, a comodidade acadada no Vaia Vaia foi unha sensación comentada entre as asistentes e as participantes. Os do grupo Trinità fixeron fincapé no papel das profesionais que traballaban no evento: “Gústanos que está moi enfocado ao artista e houbo poucas trabas. Moi cómodos. Igual a sonoridade do lugar era complicada, mais as profesionais técnicas eran moi boas, tiñan experiencia e fixeron un gran traballo”. Para os organizadores tamén parecía un dos obxectivos principais: “Queríamos que cando a xente pensase en Vaia Vaia, tivese en mente un espazo seguro, e que se sentise a gusto e incluida. Vese a necesidade dun evento así, todo o mundo o colleu con moitas ganas”, aseguraba Natalia Conde.

Concerto Trinitá Lugo Vello Cárcere
Concerto do grupo Trinitá durante o Vaia Vaia Lugo. Foto: Noelia Alpe

Crise, que crise?

Parece que xa nos acostumamos a escoitar que o sector da cultura se atopa nunha grave crise e, aínda que todos sufrimos en maior ou menor medida as consecuencias, o certo é que parece existir tamén unha tendencia a actuar como o protagonista daquela significativa portada de Supertramp: mirando cara a outro lado mentres as ruinas se erguen ao seu redor. Neste tipo de reivindicacións e obxectivos marcados no Vaia Vaia en canto a evento cultural —e máis se se fala dende o terreo do fanzine— queda claro que a motivación de facer este tipo de eventos non vai máis aló de crear redes como das que falaba a xornalista de Pensa Lugo. O beneficio económico é mínimo e o lucro prácticamente imposible. Esta foi unha das temáticas que se comentou no coloquio con Sol Charlotte, Carola Gelabert e Victoria Rojo, tres das mulleres que iniciaron o movemento fanzine en Panamá con proxectos coma A Ex Señorita, Pánico ou Ultragirls, en conexión con Barcelona. Este xénero, como ben explicaron elas, naceu da man da nova onda do feminismo. O Vaia Vaia resultou pois un evento cultural que dende o seu carácter de reducto supervivinte asumiu moitas das reivindicacións que se están a facer hoxe en día dende o eido das artes.

A motivación de facer este tipo de eventos non vai máis aló de crear redes xa que o beneficio económico é mínimo

É precisamente esa falta de lucro, de achegas á engranaxe neoliberal, o que fai que este tipo de eventos culturais parezan prescindibles? Pode que nestes momentos de rúas ateigadas de consumismo propio do Nadal, as críticas polas “aglomeracións” do evento que sairon a relucir na TVG poidan ser reconsideradas. Fronte á posibilidade das críticas, o artista Iago Míguez, quen participou na feria co colectivo Broza Nova declara: “O certo é que se nos fixamos ben, parece que O Vello Cárcere efectivamente non fai falla agora mesmo. O edificio co seu panóptico é prescindible na medida na que a moral xerada polo panoptismo é incentivada dende os discursos institucionais”. Deste xeito argumentaba o artista como cada veciña se convirte nunha denunciante en potencia lexitimada pola responsabilidade colectiva: “Unha vez pasaron os arrebatos de tolerancia e irmandade revelanse as desconfianzas e os mesmos prexuizos e intereses de sempre. Mais tratándose, como viamos a dicir, dunha iniciativa xove, agora que a imaxe da xuventude está a ser sendo esnaquizada en cada telexornal”, conclúe.

Diante deste panorama ruinoso da sociedade, o mellor que se pode facer é poñer unhas lentes de sol e disfrutar do bo tempo para a autoedición que deixou o Vaia Vaia. Natalia Conde móstrase moi optimista: “Sí, temos pensado continuar a facer mais. E mais aínda tendo en conta o éxito que tivo esta edición, que ao noso ver é moito máis modesta do que poderíamos facer noutras circunstancias”.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Feminismos
Andrea Proenza “Debemos aproximarnos a nuevos horizontes feministas en nuestra forma de amar”
‘Cartografías del deseo amoroso’ es el título de un ensayo intimista sobre chicas que quieren ser Bravo y buscan no solo el amor, sino un buen relato.
Alimentación
Soberanía Alimentaria ¿Cómo hacer más accesible la alimentación sostenible a población en vulnerabilidad?
Existen proyectos en España que están intentado informar, sensibilizar y mostrar buenas prácticas en alimentación sostenible a personas en situación de inseguridad alimentaria, en los barrios o desde la infancia.

Últimas

There Is Alternative
There Is Alternative There Is Alternative #2: de supermercados, las cosas del comer y todo lo que no sea Juan Roig
Segundo episodio del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de los supermercados, las grandes superficies y sus alternativas cooperativistas.
1 de mayo
1º de Mayo ‘Contra la guerra y el capitalismo’ en este Primero de Mayo interseccional de Madrid
Decenas de colectivos exigen en la calle acabar con el militarismo creciente, las violencias transversales y un espacio para todos los colectivos en la lucha de clase.
1 de mayo
1º de Mayo Euskadi se moviliza contra la 'patronal explotadora' este 1º de Mayo
Además de los temas laborales, ha habido otras reivindicaciones y recuerdos a favor del Euskera, los presos o el genocidio israelí en Palestina.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio 600 señales
Señales de Humo cumple 600 emisiones y hace memoria: propuestas, prioridades y gente que ha ayudado a mantener el sueño de una comunicación transformadora.
Laboral
1º de Mayo Inmigración y sindicatos: derechos universales o derrota colectiva
Los líderes sindicales no pueden ofrecer soluciones realistas para la situación de las personas migrantes, porque parecen asumir la vieja tesis de que la inmigración perjudica a la clase trabajadora en su conjunto.

Recomendadas

Cómic
Fabien Toulmé “Hablar de trabajo es menos sexy que hablar de amor o de guerra”
En su libro ‘Trabajar y vivir’, el autor francés recorre distintas realidades reflejando cómo las personas se relacionan con ese mandato ineludible de hacerse con un empleo para sostenerse económicamente.
Empresas recuperadas
Natalia Bauni “En este primer año del Gobierno de Javier Milei casi no hubo empresas recuperadas”
Natalia Bauni es coordinadora del Observatorio Social sobre Empresas Recuperadas y Autogestionadas del Instituto Gino Germani de la Facultad de Ciencias Sociales de la Universidad de Buenos Aires.
Eléctricas
Sistémica eléctrico Del lobby nuclear a la burbuja de las renovables: comienza la pugna por encontrar al culpable del apagón
Un crecimiento desmedido de las renovables guiado por intereses corporativos y una red eléctrica que no ha sido actualizada a la nueva realidad energética son algunas de las causas señaladas del apagón del 28 de abril.