Coronavirus
Residencias de maiores, negocio ou mala praxe?

Os últimos casos de coronavirus dentro de residencias para maiores confirma para as familias de usuarios e traballadoras, o abandono ou desleixo por parte de autoridades e empresas de cara as atencións a persoas de idades moi avanzadas. Recentemente a Xunta decidiu tomar o control de dúas residencias onde o número de contaxios desbordou as posibilidades materiais e humanas do persoal.

brecha de género en pensiones
2 abr 2020 13:30

A atención ás persoas maiores converteuse nun negocio lucrativo, por iso fondos de investimento decidiron entrar nel, “para crear unha fuga de capitais” di Alba, nome ficticio, traballadora nunha residencia da provincia da Coruña. Outras traballadoras tamén apuntan cara a mesma idea, que as residencias son un negocio puro e duro. “Por ahí é por onde escapan as pensións de moita xente maior”. Parte do motivo está nunha escasa oferta de prazas públicas comparada coa oferta privada. Mesmo as residencias privadas poden acceder a prazas concertadas mediante concurso feito pola administración.

Política

“Isto é unha cuestión de política” di Paulino Campos, da Federación REDE, que engloba diferentes asociacións familiares de usuarios e usuarias. “Teñen medo doutro Prestige, que non poidan controlar a cousa e que ao final lles pase factura electoral”. As palabras de Paulino Campos apuntan á intervención directa da Xunta de Galicia sobre as residencias de DomusVi de Barreiro en Vigo e Aldán en Cangas do Morrazo. O motivo da intervención é o incremento do número de infeccións por coronavirus dentro desas instalacións. As eleccións autonómicas estaban fixadas para o 5 de abril, mais co estado de alerta foron aprazadas e aínda non hai unha data oficial para a súa celebración.

“Teñen medo doutro Prestige, de non poderen controlar a cousa e lles pase factura electoral”

Non son poucas as voces que sinalan unha “connivencia” entre xente vinculada ao PP e á empresa DomusVi, propietaria dunha boa parte das residencias privadas en Galicia e tamén no resto do Estado. Hai quen apunta ás boas relacións entre o goberno autonómico presidido por Núñez Feijóo e a actual dirección de DomusVi encabezada pola CEO do grupo para toda España, Josefina Fernández Miguélez.

A presunta connivencia entre Fernández e políticos do PP viría dos seus primeiros anos dentro do negocio das residencias para maiores. A súa carreira comezara na residencia de Laraxe, perto de Ferrol. As instalacións pertencían a CaixaNova, logo NovaGalicia e agora Abanca. O motivo foi que das poucas residencias que había na época, había varias que eran propiedade de obras sociais das caixas de aforros e doutras entidades.

Negocio

En Galicia existen tres modelos aos que poden acollerse as persoas maiores que queiran ingresar nunha residencia. As residencias con prazas públicas, que realmente son moi poucas. O modelo concertado, onde residencias privadas entran nun concurso por quedar cunha serie de prazas cubertas con diñeiro público e que teñen unha concesión de 25 anos. Por último, está o modelo totalmente privado. Este pode dividirse en residencias con afán de lucro ou sen afán de lucro. As primeiras buscan o rendemento económico e as segundas son aquelas que figuran en fundacións que poden ir desde as relixiosas como obras sociais.

DomusVi é actualmente o nome baixo o que están un número moi importante de residencias. É un holding de empresas participado por un fondo especulativo (“fondo abutre”) de capital francés. Non obstante, a creación de DomusVi en España veu da fusión de dúas grandes empresas, Geriatros, afincada en Galicia e Sarquavitae de Cataluña. O resultado da fusión ficou en mans dun fondo especulativo británico que logo vendeu DomusVi aos franceses PAI Partners.

DomusVi é un holding de empresas participado por un fondo abutre de capital francés.

Cinguíndonos a Galicia, segundo cálculos de Comisións Obreiras (CCOO) o total de prazas existentes entre as catro provincias divídense da seguinte maneira: 4.327 prazas públicas do Consorcio de Benestar, 3.571 prazas concertadas (centros privados con prazas cubertas pola administración pública) e 15.692 prazas privadas. En total, 20.000 prazas estarían en mans privadas. Logo están as residencias que, aínda sendo de titularidade pública, privatizaron a xestión dese centro. “Desde hai moito tempo o señor Núñez Feijóo fala de construir sete novas residencias, unha para cada unha das sete grandes cidades de Galicia, cremos que ao final serán privadas” apuntan fontes de CCOO.

O rendemento económico débese a que a sociedade está envellecida. Cada vez son máis as persoas que teñen unha pensión, en Galicia das máis baixas do Estado, e por iso existe un importante nicho de mercado atractivo para a iniciativa privada. Canto pode custar unha praza privada? Os prezos poden variar, mais en moitas ocasións xunto coa pensión da persoa usuaria, os familiares teñen que facer aportacións para facer fronte ás mensualidades. Porque os prezos poden ir desde os 1.500 aos 3.000 euros a fin de mes en caso de ser totalmente privada. Sobre as prazas concertadas, fontes sindicais indican que para o sector privado esas prazas non son rendibles por teren os prezos conxelados. “Se non son rendibles, por que entón seguen abertas?”.

Condicións laborais

“Non hai persoal, non resisten nin as condicións laborais nin as salariais” din representantes das traballadoras da residencia DomusVi de Ribadumia, privada con prazas concertadas. “Existe unha carencia enorme de profesionais da enfermaría, médicos, psiquiátras e psicólogos”, algo que é moi común en residencias privadas logo de consultar varias fontes para este traballo.

As mesmas traballadoras sinalan como salario base 1.100 euros para enfermeiras. As xerocultoras ou auxiliares teñen 1.035 euros como base salaraial en DomusVi e, de momento, o persoal de limpeza cobra uns 945 euros por mes, até que se lles sumen as subidas que indica o Goberno para ter o salario base de 950 euros.

A falta de persoal que atenda debidamente ás persoas usuarias é tamén parte da extensión do coronavirus dentro das residencias. Ademais de ser, como xa dixemos, consecuencia da política retributiva de DomusVi. “Estamos diante dun caso de absoluta neglixencia, dunhas prácticas de usura que buscan sobre todo non gastar en persoal” di Paulino Campos da Federación REDE.

“Estamos diante dun caso de absoluta neglixencia, dunhas prácticas de usura que buscan sobre todo non gastar en persoal”

A situación chega a extremos de darse casos de só dúas persoas na quenda de noite para atender a 150 usuarios e usuarias. Tamén se dan casos de persoal non especializado facendo tarefas para as que non están preparados, como introducción de intravenosas que debera realizar alguén coa preparación necesaria para administrar medicacións.

Paulino Campos engade que “temos que ter en conta que todo isto crea unha situación de estrés e cansanzo físico e mental nas propias traballadoras”. O cansanzo está propiciado por carga de traballo excesiva, con quendas que poden ter ata dez días de traballo sen libranza (sete días de traballo deberan ter día e medio) e tamén realizar as tarefas que necesita cada persoa usuaria.

Nestes momentos a situación laboral nas residencias de DomusVi, sobre todo nas da provincia de Pontevedra, levou a unha división entre os cadros de representantes laborais. Os motivos están en acusacións de presunta connivencia entre a compañía e as grandes centrais sindicais para “controlar” os comités de empresa. O conflito acabou derivando na creación dun novo sindicato, Traballadoras das Residencias de Galicia (TREGA). Pola súa parte, centrais sindicais consultadas, CIG, UGT e CCOO, din non entender moi ben esta postura ou que teñen descoñecemento de prácticas irregulares na elección de comités de empresa.

O cansanzo das traballadoras está propiciado por carga de traballo excesiva, con quendas de até dez días de traballo sen libranza.

Mais o que si ven moi necesario é, primeiro o cumprimento íntegro do convenio laboral para persoal de residencias privadas. “Hai dous convenios, un para as públicas, que si se cumpre, e o das privadas que non se desenvolve como é debido” din desde CCOO. Tamén piden que o persoal reciba a retribución por días festivos traballados, que se suban os salarios acorde as subidas marcadas polos decretos laborais e a mellora nas contratacións.

A persoa usuaria

A intervención pública de DomusVi prodúcese cando non só o mal do coronavirus está feito, senón que xa había males anteriores. Casos de sarna en centros desta empresa, casos de usuarios e usuarias desatendidos ou cunha atención moi minguada. Mais se algo botan en falta as familias son “especialistas para os coidados que requiren –mesmo en saúde mental– para tarefas ocupacionais e desta maneira que non perdan capacidades de maneira progresiva e rápida”.

As traballadoras quéixanse de que as mesmas familias ás veces son quen máis as presionan en relación coa atención aos seus maiores. Existen diferentes graos de dependencia e, por exemplo, “cando unha persoa que está en grao dous e ves que é necesario pasala a grao tres, coméntaselle á familia, ese cambio de grao custa diñeiro e moitas veces as familias non queren cambiar”. A descrición deste punto feita por Alba, é frecuente. “En residencias privadas pagas por todo, mesmo por un andador”.

Se algo botan en falta as familias son especialistas para os coidados que requiren os usuarios, para tarefas ocupacionais e que desta maneira que non perdan capacidades de maneira progresiva e rápida

Outro problema que están enfrontando as residencias segundo CCOO, é que se derivan persoas que estaban en hospitais psiquátricos a residencias para maiores. “Cando preguntei por que se facía isto, a resposta foi que houbera un cambio de nomenclatura, xa non eran ‘residencias para maiores’ senón simplemente ‘residencias’” comenta Paulino Campos, quen relata a experiencia dunha persoa nova que foi enviada a unha residencia. Nun momento dado esta persoa bateu a unha auxiliar. O motivo, esa auxiliar non está preparada para atender unha persoa cun problema psiquiátrico.

Persoas maiores que non padecen doenzas mentais ás veces teñen que convivir con persoas que si sofren esas doenzas e aí poden aparecer problemas de convivencia. Por iso se reclama persoal especializado para diferentes áreas. “En residencias públicas ten que haber un psicólogo ou dous, as privadas non teñen obriga” describe Campos que ademais apunta que “se desde o Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia queren enviar alguén de maneira voluntaria, pois precisan dun permiso da Xunta para enviala”.

Un dos problemas que teñen agora mesmo as residencias privadas en Galicia é que o modelo de negocio impide a estabilidade laboral. Esa falta de estabilidade entre o persoal laboral recae sobre as persoas usuarias. Así, usuarios e usuarias manifestan consencuencias como a aparición de brotes de sarna e, como se veu agora, a expansión case sen freo do coronavirus en residencias de maiores. En vista dunha posible factura política, entenden familiares de usuarios, a Xunta decide intervir para que non se lle escape todo das mans. Mentres tanto, non houbo ningunha proposta para cambiar o modelo de xestión ou de negocio con estas residencias.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid El Juzgado de Leganés suspende las declaraciones de ex altos cargos del Gobierno Ayuso por el Caso Residencias
De esta manera se inhibe en favor del Juzgado de Instrucción número 3 de Madrid, aceptando así la petición realizada por uno de los investigados, Francisco Javier Martínez Peromingo.
Comunidad de Madrid
Protocolos de la vergüenza Suspenden la declaración como testigo del asesor sanitario de Ayuso en la pandemia al considerarle imputable
Antonio Burgueño reconoce en sede judicial que fue nombrado mando único durante la pandemia, tras ser llamado a declarar en un juzgado de Leganés por la no derivación hospitalaria de residentes enfermos durante los meses más duros del covid.
Residencias de mayores
Comunidad de Madrid Un segundo proceso judicial amplía los altos cargos de Ayuso imputados por las muertes en residencias
Además de los responsables de los protocolos excluyentes, un juzgado de Leganés añade al director del SUMMA 112, Pablo Busca Ostolaza, y a una geriatra de enlace por primera vez, entre otros investigados.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.
Opinión
Opinión Espejismo España
La descomposición del Gobierno de coalición es un reflejo de la expansión de la ola ultraderechista, pero no implica que los movimientos de transformación puedan organizarse para contrarrestar esa amenaza.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade ”La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra del Hospital Virgen de la Victoria de Málaga defiende otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.
Oriente Medio
Oriente Medio Los empleados de EFE en Oriente Medio denuncian salarios por debajo de los mil euros
La delegación, formada por 24 personas, anuncia paros en sus funciones al verse reducida más de un 25% su nómina sin opción a negociar.
Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.

Últimas

Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.
Comunidad de Madrid
Sanidad privada Inspección propone sancionar a un hospital de Quirón por exponer a la plantilla a sustancias cancerígenas
El organismo inicia un procedimiento administrativo sancionador por infracción grave. Tras una visita al Hospital Quirónsalud Sur, de Madrid, constataron deficiencias en la zona de almacenamiento de los productos farmacéuticos y en el mortuorio.
València
València Una comunidad vecinal lucha para impedir el enésimo proyecto de bajos turísticos en València
El vecindario de un bloque en Aiora se organiza contra la construcción en su patio de luces de catorce alojamientos turísticos en una zona ya saturada de este tipo de negocios.
Sphera
Sphera Nueva convocatoria para medios independientes de Europa
La red Sphera financia con un máximo de siete mil euros vídeos cortos documentales elaborados por medios independientes de todo el continente. El plazo finaliza el 12 de julio.
Malasia
Malasia Durian, la fruta fétida que triunfa en Asia
El durian es tan maloliente que su consumo está prohibido en interiores, pero la popularidad de esta fruta, considerada un superalimento, no deja de aumentar en China y en el resto de Asia.
Tribuna
Tribuna El juicio del siglo contra Greenpeace y el derecho a la protesta
El juicio contra Energy Transfer arranca hoy, 2 de julio, en los Países Bajos, donde Greenpeace busca justicia invocando por primera vez la nueva Directiva anti-SLAPP de la UE.

Recomendadas

Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.