Contaminación
Hidrocarburos e chumbo contaminan as Rías Baixas

Un estudo de investigadoras do Centro Oceanográfico de Vigo alerta de niveis preocupantes de metais e de hidrocarburos aromáticos policíclicos nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. A de Muros é a ría menos golpeada por contaminantes orgánicos e inorgánicos.

Puesta de sol mar vigo
A ría de Vigo vista desde a cidade. Miguel Núñez
14 jun 2020 06:00

A investigación dos contaminantes orgánicos e inorgánicos da costa atlántica española é un dos retos para a ciencia galega. Avaliar o impacto humano nas nosas rías é fundamental para realizar un diagnóstico da situación actual dun sector clave para a economía galega e española. Nesta liña, Begoña Pérez Fernández, Lucía Viñas e Victoria Besada –investigadoras do Centro Oceanográfico de Vigo, do Instituto Español de Oceanografía (IEO)– veñen de presentar un completo estudo sobre a presenza de contaminantes nas Rías Baixas

A investigación levada a cabo analizou unha ampla selección de contaminantes nas rías de Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo. Os contaminantes analizados inclúen compostos orgánicos: hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs), difenil éteres polibromados (PBDE), bifenilos policlorados (PCB), metaloides (As) e pesticidas organoclorados (OCP) e metais: litio (Li), aluminio (Al), cromo (Cr), manganeso (Mn), ferro (Fe), níquel (Ni), cobre (Cu), cinc (Zn), cadmio (Cd), mercurio (Hg) e chumbo (Pb).

Ademais, como valor engadido, levaron a cabo a inferencia e presentación dos denominados valores benchmark (BM), que son uns valores de referencia necesarios á hora de avaliar episodios de contaminación.

O estudo determinou a concentración de 81 contaminantes, dos cales algúns non teñen só unha orixe antropoxénica (humana), senón que se atopan de modo natural no medio, como os metais e PAHs, cuxa presenza mostra variabilidade xeográfica.

As conclusións do estudo destacan as relativamente altas concentracións de chumbo atopadas na ría de Vigo e niveis altos de hidrocarburos na ría de Arousa, así como nas estacións máis internas da ría de Pontevedra. Pola súa banda, a ría de Muros non presenta valores altos para ningún dos contaminantes estudados.

En canto aos seus posibles efectos sobre os seres vivos, contaminantes como os pesticidas —que poden causar alteracións do comportamento e dos sistemas inmunitario e reprodutivo ademais de ter actividade carcinoxénica (capaz de producir cancro)— atopáronse en concentracións relativamente baixas neste estudo. Pola contra, nalgunhas estacións as concentracións detectadas dalgún PAH ou de metais como o chumbo, atópanse en niveis aos que resulta probable que poidan estar a causar efectos sobre os organismos mariños.

Os resultados do estudo ofrecen unha avaliación crítica do estado ambiental das Rías Baixas de gran importancia económica. Ademais, presentan unha nova ferramenta que pode ser útil nas avaliacións ambientais. Con todo iso, facilitarase o establecemento de medidas para a protección do medio mariño e para o uso sostible dos océanos que redunda nun beneficio social.

Falamos coas autoras da investigación sobre como se realizou o estudo, os seus resultados e a súa utilidade.

Ría de Vigo vista desde o Morrazo
A Ría de Vigo vista desde o Morrazo.

Cando se realizou o estudo e cal foi a motivación e obxectivo do mesmo?

A campaña oceanográfica, onde se recolleron as mostras analizadas para o estudo, desenvolveuse entre o 5 e o 14 de xullo de 2016 a bordo do buque oceanográfico ‘Ramón Margalef’. Con posterioridade, realizáronse no laboratorio as análises necesarias para determinar o contido dos diversos contaminantes estudados así como o posterior tratamento destes datos. Estas tarefas estendéronse ata finais de 2017.

O Instituto Español de Oceanografía (IEO), organismo ao que pertence en Centro Oceanográfico de Vigo no que desenvolvemos o noso labor, encárgase de dar cumprimento ao control ambiental da contaminación mariña da costa española. Parella a esta tarefa encádrase o labor investigador e froito desta unión é posible desenvolver proxectos como o presentando neste traballo.

A motivación principal é o estudo, seguimento e control da situación ambiental da costa española. O IEO é o organismo encargado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico da Implementación do Directiva Marco de Estratexias Mariñas 2008/56/CE. Máis aló deste deber, o control ambiental é, e será sempre, un obxectivo en por si do IEO.

Os valores benchmark serven coma referencia á hora de avaliar episodios de contaminación

No traballo presentado propuxémonos ademais un obxectivo engadido, que era a presentación dos valores denominados benchmark; estes valores pretender prover á comunidade científica duns valores de referencia que representen unha situación de baixo impacto e  que resultan de gran utilidade á hora de realizar estudos de incremento da contaminación. Trataríase duns valores de referencia necesarios á hora de avaliar episodios de contaminación.

Que novidades achega a metodoloxía utilizada nesta investigación?

Para o estudo de contaminantes tanto orgánicos como inorgánicos no medio mariño, o sedimento é a matriz máis amplamente recoñecida. Deste xeito, o proceso de estudo de contaminantes no medio mariño comeza coa mostraxe de sedimento e este é, posteriormente, tratado no laboratorio. Os pasos de determinación analítica inclúen: unha etapa de extracción dos contaminantes, etapa na que os diversos contaminantes tanto orgánicos (pesticidas, hidrocarburos...) como inorgánicos (metais) se poñen en disolución para poder ser analizados; unha etapa de limpeza para eliminar posibles interferencias no paso final de análise química, e finalmente a análise química ou  determinación analítica propiamente dita en equipos de análises como poden ser a  cromatografía de gases ou líquidos asociada a distintos detectores ou a espectroscopía de absorción atómica.

A metodoloxía empregada é metodoloxía amplamente establecida e contrastada; así debe ser para poder realizar estudos comparativos cos resultados obtidos. Neste caso empréganse métodos contrastados e que se someteron a controis de calidade.

O que si é novo no traballo é a presentación dos valores benchmark, que son necesarios para, en base a eles, poder definir unha situación de incremento da presenza dalgún contaminante. Algúns contaminantes non teñen só unha orixe antropoxénica, senón que de modo natural se atopan no medio (como os metais e hidrocarburos) e mesmo a súa presenza ten unha enorme variabilidade a nivel local (especialmente metais). É por iso que o cálculo destes valores a nivel rexional ten gran importancia.

Por que elixiron estas catro rías e non outras?

As catro rías seleccionadas son as máis grandes da costa galega, con áreas de 120-230 quilómetros cadrados. A maiores, as catro rías seleccionadas permiten dispoñer dun amplo abano, desde unha ría pouco poboada e afectada por industrias (ría de Muros), a unha ría sometida a un impacto industrial e poboacional alto (ría de Vigo).

Hai niveis altos de hidrocarburos e metais, pero non de pesticidas e compostos clorados

En conxunto, que se observou nestas catro rías?

Como resumo do estado xeral das catro rías analizadas, poderíase destacar que a concentración atopada, nas rías de Arousa, Pontevedra  e Vigo, para diversos metais, podería causar efectos biolóxicos adversos nalgunhas especies; do mesmo xeito, as concentracións de hidrocarburos atópanse en niveis por enriba dos recomendados nalgúns puntos da ría de Arousa. Pola contra, outros contaminantes estudados do tipo pesticidas e compostos clorados atópanse en niveis que non é probable que causen efectos nos organismos mariños.

Comparando as catro rías, cal está en mellor e peor estado?

As conclusións do estudo indican que os niveis máis altos de contaminantes determináronse nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, particularmente hidrocarburos na de Arousa e metais na de Pontevedra. E os niveis máis baixos para todos os contaminantes estudados analizáronse na ría de Muros.

Hai, entón, problemas de contaminación específicos para cada ría?

En cada unha das rías detectáronse problemas específicos. Hai que destacar as relativamente altas concentracións de chumbo atopadas na ría de Vigo, os niveis máis altos de hidrocarburos na ría de Arousa, así como nas estacións máis internas da ría de Pontevedra. Pola contra, como diciamos, a ría de Muros non presenta valores altos para ningún dos contaminantes estudados.

Os altos niveis de hidrocarburos poden deberse aos tratamentos para o mantemento das bateas

Pódese identificar a orixe ou as causas dos contaminantes para cada caso?

O estudo presenta probables causas dos niveis de contaminantes atopados, aínda que pode ser necesaria máis investigación neste sentido. Como exemplos, comentar a alta concentración de chumbo na ría de Vigo ou de hidrocarburos na de Arousa. A contaminación por chumbo estivo sempre ligada aos combustibles; na actualidade, non resulta moi plausible que esta sexa a causa principal mais alá dunha contaminación acumulada, e a presente achega de chumbo ao medio mariño debe proceder doutra ou doutras fontes. A presenza na ría de Arousa de niveis de hidrocarburos máis altos aos atopados noutras rías podería deberse aos tratamentos para o mantemento das bateas. Este último aspecto xa foi apuntado nun traballo anterior noso.

Cal dos contaminantes atopados se pode considerar máis perigoso ou daniño?

É difícil  identificar un ou varios contaminantes como os máis perigosos, xa que o seu efecto sobre o medio estará fortemente correlacionado coa súa concentración. Así, contaminantes como os pesticidas, ou outros contaminantes clorados como os PCBs que poden causar alteracións do comportamento e dos sistemas inmunitario e reprodutivo, ademais de ter actividade carcinoxénica, atopáronse en concentracións ás que non é probable que causen efectos nos organismos mariños. Pola contra, nalgunhas estacións as concentracións detectadas de hidrocarburos ou de metais como o chumbo atópanse en niveis aos que resulta probable que poidan estar a causar efectos sobre os organismos mariños. Estes efectos no caso do chumbo incluirían, por exemplo, danos no sistema inmune.

Hai diferenzas significativas nos resultados entre contaminantes orgánicos e inorgánicos?

O vasto número de contaminantes estudados permite realizar unha completa avaliación das áreas estudadas, incluíndo tanto contaminantes orgánicos como inorgánicos comunmente avaliados por separado. A determinación de ambos os grupos de contaminantes nas mesmas estacións dá a opción de comparar a presenza e os efectos causados por ambos os dous tipos. Ademais, é importante destacar as posibles sinerxias de contaminantes, de modo que se poden prever maiores efectos daniños ao determinarse a presenza de varios grupos de contaminantes.

Detectouse unha presenza xeneralizada de contaminantes inorgánicos (metais) en tres das rías estudadas (Arousa, Pontevedra e Vigo), con maior presencia de cromo,  mercurio ou chumbo na de Arousa, Pontevedra e Vigo, respectivamente. Pola súa banda, a presenza de contaminantes orgánicos parece máis focalizada nas rías de Arousa e Vigo.

Que novidades presentan estes resultados respecto a outros estudos?

Todo o traballo representa un importante avance no estudo da contaminación nas rías galegas. Aínda que algunhas das rías —especialmente a de Vigo— e algúns contaminantes —en particular, metais— foron estudados anteriormente, nunca antes se fixo un estudo tan amplo, tanto xeograficamente (catro rías), como en número de contaminantes estudados (81 compostos). Ademais, a derivación de valores benchmark significa unha achega moi valiosa para o seguimento e control da contaminación no medio mariño; dispoñer de valores de referencia é moi importante para a estimación do alcance de eventos de contaminación química e para unha correcta xestión do medio e dos seus recursos.

Invertir en estudos aos contaminantes nunha rexión mariña, pode parecer pouco útil, pero se trasladamos este coñecemento á xestión das zonas, redundará directamente en benestar para a sociedade

Que utilidade teñen estes resultados e que consellos se poden dar en base a eles?

O estudo presenta datos realmente valiosos para axudar na xestión da contaminación. Preséntanse niveis de concentración de 81 contaminantes tanto orgánicos (PAHs,  PCBs, OCPs e PBDEs) como inorgánicos, en catro rías galegas. Identifícanse os puntos cos niveis máis altos para hidrocarburos e metais potencialmente perigosos como  mercurio, cromo ou chumbo. Ademais, determínanse e presentan os valores denominados benchmark, que ten gran utilidade para realizar a avaliación e seguimento da contaminación mariña.

Tamén queremos salientar que nun momento como o actual, no que parece que a sociedade pode valorar máis o que supón a ciencia ou a investigación, gustaríanos destacar que un dos retos que se nos expón como civilización é o cambio climático e, en xeral, as agresións ás que estamos a someter os ecosistemas. Dedicar tempo e esforzo ao estudo dos contaminantes nunha rexión mariña pode parecer inicialmente pouco útil ou interesante, pero este coñecemento, se o trasladamos directamente á xestión das zonas mariñas, redundará directamente en benestar para a sociedade. Trátase de investigación aplicada e aplicable desde o primeiro minuto.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Economía social y solidaria
Litigios estratégicos La economía social llega a los tribunales: el auge de los juicios con impacto social y medioambiental
La litigación estratégica va tomando fuerza en España como herramienta de defensa de derechos humanos y de modelos económicos más sostenibles y justos social y medioambientalmente
Ecologismo
Eperanza realista Esperanza realista
La esperanza realista es la defensa del espacio de posibilidad que le queda a un mundo en el que merezca la pena vivir.
Córdoba
Disidencias Córdoba vive su primer orgullo crítico LGTBIAQ+ con una agenda de actividades y la mirada en Palestina
La plataforma convocante no ha organizado una manifestación por ser un movimiento recién nacido, pero la promete para 2026. El manifiesto publicado en redes pone en primer plano la “urgencia” de denunciar el genocidio en Palestina.
Asturias
Lucha sindical El Gobierno asturiano pedirá el indulto para Las 6 de la Suiza el próximo lunes
El ejecutivo de PSOE-IU-Convocatoria por Asturies dirigido por Adrián Barbón discutirá este lunes en su Consejo de Gobierno el indulto para estas trabajadoras, condenadas a penas de cárcel por un piquete.
Opinión
Opinión Algunas claves para hacer un análisis feminista de las masculinidades y el patriarcado
Aunque el repunte patriarcal que estamos viviendo lleva tiempo consolidándose, ahora se le está otorgando la importancia que merece en el debate público, también en Euskal Herria.
Camino al paraíso
Camino al paraíso Lógica para un futuro
Cómo hacer que quienes vienen detrás luchen por un planeta habitable y escapen de la espiral actual de individualismo, polarización y consumo.

Últimas

Laboral
Laboral Huelga contra “el peor convenio de la historia de Correos”
CGT convoca paros estatales este viernes y sábado cuando se acaba el plazo para negociar el acuerdo marco que, según el sindicato, trae “recortes y desregulación” pero que ha sido apoyado por otros como CCOO y UGT
Laboral
Laboral Europa confirma que las indemnizaciones por despido improcedente en España son insuficientes
El dictamen, que se conoció en febrero pero se hace público este viernes 27, debe ser para CCOO el arranque de una negociación a tres bandas entre gobierno, patronal y sindicatos.
Opinión
Opinión Pisarse la lengua
Orgullo Crítico Madrid difundió en redes un nuevo posicionamiento contra la psicología que se ha saldado con la salida de varios colectivos históricos de este espacio. ¿Por qué se llenó la publicación de comentarios de reproche?
Cádiz
Genocidio en Palestina Colectivos educativos de Jerez se niegan a que el fondo proisraelí KKR utilice espacios municipales
Asociaciones de Familias y otros colectivos pro educación pública se han manifestado frente al Ayuntamiento para denunciar que KKR, a través de la empresa de formación MEDAC, utiliza el espacio municipal del Chapín para su labor económica.
Más noticias
Tribuna
Tribuna La licencia social de las renovables, en la cuerda floja
España tiene que avanzar en sus obligaciones de implementación de renovables, pero debe hacerlo garantizando la licencia social de todos los nuevos proyectos. Para ello, hay que mantener comunicación fluida y tener en cuenta a cada comunidad.

Recomendadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
Federación Regional de Asociaciones Vecinales de Madrid (FRAVM)
Jorge Nacarino “El movimiento vecinal tiene que seguir siendo punta de lanza de la presión social”
Vivienda, turistificación, gestión de residuos, la masificación de eventos así como reimpulsar la participación ciudadana, son solo algunos de los retos que observa, como prioridades, el joven presidente de la FRAVM.
Madrid
Violencia machista Almeida elimina los Espacios de Igualdad y los transforma en centros especializados en violencia de género
Trabajadoras y oposición denuncian un cambio de un modelo participativo hacia otro asistencialista, en el que no se atenderá a todas las mujeres y se perderán actividades de prevención y sensibilización.