Derecho a la ciudad
O barrio da Tinería e o traballo sexual: cando os dereitos non son os mesmos para tódalas cidadás

Tinerías
O barrio histórico da Tinería leva tempo sufrindo un proceso xentrificador Elena Martín
20 sep 2018 08:20

As rúas de calquera cidade son vida, a vida da xente que as pasea e as utiliza. Porén, moitas veces parece que nas rúas non hai os mesmos dereitos para todas. En Lugo, por exemplo, hai tempo que se vén iniciando unha campaña para intentar botar do espazo público unha parte da poboación, nun ataque clasista contra os colectivos máis vulnerables da sociedade. Persoas sen fogar, sen recursos ou, como é no caso do barrio da Tinería, as traballadoras sexuais.

Desde hai décadas situadas neste barrio lucense, ao lado da porta Miñá da muralla, este grupo de mulleres sempre exerceu o seu traballo do xeito máis discreto posible, procurando unha boa convivencia coas veciñas e donas dos diferentes bares e cafeterías abertas da zona. Porén, dende hai uns anos, baixo a escusa de que son un problema para o barrio, están sendo atacadas coa intención de botalas do que leva décadas sendo o seu fogar. “Nos só queremos que nos deixen traballar e vivir en paz”, afirma Lucía (nome ficticio), unha das prostitutas afectadas pola nova situación da zona. “Pretenden que vaiamos a outro lado, pero onde imos ir? Non camiñamos espidas pola rúa ou practicamos sexo á vista como din de nós. Acúsannos de exhibicionistas e sucias, pero todo é mentira, preocupámonos polo barrio, levamos anos vivindo aquí e ata agora non tivemos tantos problemas”.

O problema comezou cando algúns dos hostaleiros da zona, a través do Observatorio de Empresarios y Vecinos para la Seguridad Ciudadana, se queixaron ao Concello do traballo que exercen estas mulleres no barrio, culpándoo da falta de clientela e da mala fama que carga a zona dende hai tempo, e demandando un maior control policial e de seguridade. Porén, para moitas, o problema fundamental é que o Concello de Lugo, coa alcaldesa do PsdeG-PSOE, Lara Méndez á cabeza, e co apoio do PP e de Ciudadanos, atendeu estes intereses sen ter en conta os das traballadoras sexuais, facendo unha clara distinción entre cidadáns. Este apoio vese sobre todo reflectido na borrador que xa intentara aprobar no seu momento o antigo alcalde en funcións da cidade, Xosé López Orozco, a Nova Ordenanza de Convivencia e Seguridade Cidadá, coñecida tamén como Ordenanza Mordaza.


Este borrador, que converte a cidade nun territorio onde case todo está prohibido e que para moitas é comparable á lei franquista de ”vagos y maleantes”, cébase particularmente coas prostitutas, xa que sanciona con multas de ata 750 euros ás traballadoras sexuais que busquen clientes na rúa, o que engade unha maior vulnerabilidade ás vidas destas mulleres, converténdoas en criminais. Ademais, sancións como a que pode comportar sacar chairas ao exterior das casas, coa excepción das terrazas dos bares, ou a posibilidade de que os axentes de policía accedan a vivendas particulares pola simple sospeita de que se exerza traballo sexual, non deixan de ser ataques directos contra elas, para facerlles a vida máis complicada. A isto engádese o interese que existe agora de crear un parque infantil na zona, unha petición de Lugo Monumental que, aínda que din que pretende atraer a familias con nenos ao barrio, parece outra escusa para poñerlles máis trabas ás traballadoras sexuais, xa que exercer preto de zonas onde hai nenos entraría dentro das consideradas como faltas moi graves, o que implica multas de entre 1501 e 3000 euros.

En contra desta nova Ordenanza, naceu en Lugo a Plataforma Lugo sen Mordazas, da cal forman parte varias asociacións relacionadas co tema da prostitución. Dúas destas asociacións, centradas no tema da prostitución, Aliad e Translurpies, coinciden en que esta nova ordenanza busca botar as prostitutas do barrio por un tema de imaxe, coa escusa de que espantan os turistas, e ten que ver coa xentrificación á cal o barrio se está vendo sometido actualmente para atraer un novo sector poboacional e económico. “Hai un tema detrás de todo isto e é a limpeza social das persoas máis vulnerables, xa sexan persoas pedindo esmola, sen fogar ou prostitutas por unha cuestión puramente “estética”. Multalas só implica que vaian exercer a outro sitio, co risco que iso implica para elas, ou que se agochen, sen que se debata o tema da prostitución ou se dea unha solución para estas mulleres en situación de vulnerabilidade”, din desde Aliad. Xosé López Orozco chegou a propoñer trasladalas a unha nave no Polígono do Ceao, o que as poría en situación de maior inseguridade.

Tinerías_2
O xardín do Carme leva anos sendo o fogar destas mulleres Elena Martín

O único que se consegue con esta nova ordenanza e que a fractura de clases que xa existe na sociedade sexa aínda maior. E ademais, centra o problema nas prostitutas, sen ter en conta os seus clientes que, moitas veces, son máis responsables do ruído e da mala imaxe que se crea ao redor deste negocio. Ademais, trata as mulleres de delincuentes, e non ten en conta en ningún caso o que elas precisan e queren. Moitas das veciñas do barrio, ademais, teñen claro que o problema da Tinería non son as prostitutas, senón o estado deficiente en que se atopan moitas das infraestruturas, e que non foi un lugar interesante para o Concello ata que se iniciou este proceso xentrificador. Parece como se o único que lle preocupase ao goberno fose o turismo e o feito de que pola cidade pasa o camiño de Santiago.

“Un veciño que tiñamos aquí ao lado tiña moi boa relación connosco ata que un día decidiu mudarse”, comenta unha das traballadoras. “Había xente que dicía que era pola nosa culpa, así que eu funlle preguntar e díxome que non, que nós non lle molestabamos, pero que tiña a casa infestada de ratas e con goteiras, e que non podía vivir nunha situación así. E que por iso marchaba”.

Para ela, como para o resto das traballadoras sexuais, a situación é clara. Entenden que os hostaleiros teñen o seu negocio, pero elas tamén precisan traballar, e non pode ser que o Concello só teña en conta os intereses dun grupo de empresarios sobre tódalas cidadás. Ademais, están fartas de que as maltraten e discriminen polo seu traballo, sen ter en conta que este é o seu modo de vida, e moitas veces a súa única opción. A violencia que sofren e as mentiras que se din sobre elas só empeoran máis as cousas. Desde Translurpies advirten que “a ordenanza vai supoñer un aumento dos ataques, ameazas e coaccións que estás mulleres levan xa anos sufrindo no canto de todo o contrario”.

Porén, no barrio da Tinería non só hai detractores do labor destas mulleres, e hai veciñas que as apoian e entenden que, dalgún xeito, que estean na rúa e se coñezan ten unha parte positiva. Lucía di que non é a primeira vez que é ela quen chama aos servizos de emerxencia cando hai un accidente, ou, por exemplo, son elas as que coidan e alimentan os gatos que viven na rúa, dándolles un sitio no cal durmir.

“Non é un problema local”, din desde Aliad, mentres desde Translurpies advirten de que esta situación so contribúe á estigmatización deste sector da sociedade. “A solución pasa pola súa propia autoorganización, autoxestión e autodefensa, tanto das traballadoras como da veciñanza da cal forman parte e da cal sofre en primeiras carnes a xentrificación e imposición da Ordenanza Mordaza”, afirman desde a asociación.

Sexa como sexa, o que desde Lugo sen Mordazas entenden é que non se pode permitir que unha cidade vaia en contra das súas propias habitantes, diferenciando as persoas pola súa clase, discriminando e tendo máis en conta as razóns económicas que a xente. Os concellos deberían velar polo que queren aqueles que viven a cidade, e o que é indubidable é que a Ordenanza Mordaza parece que busca xusto o contrario, dividir os cidadáns aínda máis, contribuír á falta de comunicación entre veciñas e prohibir a vida dentro das rúas lucenses.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Turismo
TURISTIFICACIÓN ¿Cómo reducir nuestro impacto como turistas? P2
En este segundo artículo atendemos aspectos más concretos sobre cómo practicar un turismo de menor impacto, como dónde ir, dónde alojarnos…
Bilbao
Espacio Público Ecos de actualidad #9
Los colmillos de la Sociedad. Ecos de actualidad es una producción de Antonio Cantero para Hordago.
Bilbao
Bilbao Espazio publikoan gatazka ikusezin bihurtzeko hiru hamarkadako prozesua
Kalea bilakatu da espazio publiko. Ezarri zaio ordena diseinuaren, arauen eta bigilantziaren bitartez. Higienismo garaikidea aztertu dugu Bilboko errealitatea ardatz hartuta.
Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.
Análisis
Análisis Negar, polarizar, avanzar: el asalto de la ultraderecha a las políticas climáticas
El llamado Pacto Verde Europeo se ha convertido en el principal caballo de batalla de la guerra cultural del negacionismo climático, sobre el que anudar los diferentes discursos negacionistas de la extrema derecha.
Sevilla
Cumbre de la ONU en Sevilla Cumbre de la ONU en Sevilla: sin EEUU, sin hablar de Palestina y con poca ambición según las ONG
Más de 150 representantes internacionales debatirán en la Cumbre de la ONU hasta el 3 de julio con el objetivo de firmar el Compromiso de Sevilla, un acuerdo “hipócrita y poco ambicioso”, según las organizaciones sociales

Últimas

Barcelona
Derecho a la vivienda Amenazas de violencia extrema y una paliza a los habitantes de un bloque okupado de Barcelona
El Salto accede a las llamadas y mensajes de audio amenazadores que un grupo de desokupa envía al vecindario del bloque Llenguadoc, donde confirma cumplir con el mandato del propietario del edificio.
Palestina
Palestina 72 personas asesinadas en Gaza en las últimas horas
Los ataques se han intensificado en el norte del enclave y la población continúa siendo atacada por el ejército israelí en los puestos de distribución de comida de la Fundación Humanitaria Gaza.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición La fuga de más diputados de Sumar, en manos de Sánchez
Más representantes de las confluencias aguardan a la comparecencia del presidente del Gobierno del 9 de julio como la última señal para no saltar al grupo Mixto.
Medio ambiente
Tribuna Mapa de los conflictos del agua: una herramienta para la defensa de los ríos, acuíferos y humedales
A pesar del grado y extensión del daño que sufren los ríos, acuíferos y humedales, las administraciones públicas no están tomando las medidas necesarias para frenar el deterioro y responsabilizar a las entidades que lo causan.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.