Cine
Oliver Laxe: “As especies en extinción non poden convivir cos cazadores”

Conversamos de cinema con Oliver Laxe, que ven de apresentar a súa última película O que arde, e o primeiro cineasta do Estado español premiado en todas as súas participacións en Cannes.

8 oct 2019 18:00

Cada regreso do cineasta galego Oliver Laxe (París, 1982) é un fito. O creador sabe tomarse o seu tempo para perfilar, con coherencia, gañas, delicadeza e unha impresionante veta imaxinativa aberta, os sucesivos proxectos. Todo un santuario do cine, o Festival de Cannes, da o seu beneplácito a estes singulares traballos dun xeito insólito. Coa reflexión sobre a propia historia do cine localizada en Marrocos, Todos vós sodes capitáns (2010) acadaba o premio FIPRESCI da Quincena de Realizadores ubicando no mapa a unha xeración de cineastas galegos capaces de traballar desde marxes iconoclastas e insobornables. Con Mimosas (2016), aventura norteafricana, vencía na Semana da Crítica e amosaba a vertente máis espiritual da súa obra. Chega as salas o 11 de outubro con distribución de Numax a súa terceira longametraxe, O que arde (2019), un relato cheo de contención e brillo formal que parte da saída de prisión dun pirómano e o tránsito ao seu hábitat, un entorno tosco cheo de fermosura natural. Un filme inesquecible que explora nas raíces do esencial, localizado nos Ancares, rodado en galego e premiado esta vez en "Un Certain Regard". Falar con Oliver Laxe sempre é estimulante. Existe unha simbiose honesta entre o que di e o que fai, unha visión propia do mundo que acredita a excelencia do seu traballo fílmico.

Cine
Afluentes
O venres 27 de outubro estrenouse en salas comerciais o documental Esquece Monelos, de Ángeles Huerta.
Como xurde o proxecto O que arde?
A partir de varias cousas en paralelo. Gañas de filmar en Vilela, onde me fixen cineasta. Gañas de traballar o que dou en chamar a soberana sumisión, os valores que asumín cos meus avós no lugar, algo que xa tentei en Mimosas, e despois obviamente o lume e a raiba pola desaparición dese patrimonio, e ao tempo, a atracción polo lume. E aínda máis, as gañas de facer unha película sobre a misericordia, a indulxencia, o perdón, a tolerancia. Sei que fago filmes sobre cuestións que eu mesmo teño que traballar. Son alguén moi perfeccionista e traballo na arte da imperfección, porque o cinema é unha arte de sumisión.

Foi complicada a procura de financiamento e o traballo de produción?
Foi máis fácil que antes. E fomos humildes. O proxecto ía ter 400.000 euros ao comezo. Sumouse xente, xente de principios, e creceu. Ten que ser duro, ten que haber obstáculos. Afortunadamente é complicado. Querer filmar no lume a nivel institucional foi complexo. Penso que ter as anteriores peliculas en Cannes fixo que poideramos presionar.
Quero, e confío nas imaxes, as emocións perennes que hai despois dun visionado

Todas as secuencias do lume son brutais. Plantexas —así o analizan outras voces— a túa historia máis sinxela, de narrativa máis lineal. Porén, na túa obra sempre está ese material epidérmico, sensorial, poesía das imaxes na que xogas cunha alquimia moi deliberada. En Todos vós sodes capitáns estaba o relato de aprendizaxe, en Mimosas ese singular conto de aventuras metafísico. Sinxeleza e complexidade van sempre unidas. Aquí teño a impresión de que navega en paralelo ao mundo que amosas, conciso, austero, pero no que se intúe o moito soterrado.
Si, estou tentando aprender. Creo que o cinema é capaz de facerme sentir o misterio do mundo, o que se agocha detrás das formas materiais, das formas sutís ou espirituais, iso que palpita, vibra, ese mundo que está habitado. Nas miñas anteriores peliculas penso que a maneira de intentar capturar esa transcendencia ou ese mundo habitado era demasiado directa. Agora gústame moito pensar nunha cruz na que o eixo horizontal é o da causalidade, da narracion e do mundo normal, o mundo relato humano, de espazo-tempo, e despois está ese eixo vertical, o da trascendencia, o rapto estético ou a experiencia de embriaguez. Todo aquilo que sentimos en moitos momentos da nosa vida e puntualmente diante dunha obra de arte. Ese eixo vertical non ten espazo nin tempo, e o cinema ten a capacidade de facernos sentir iso. Como cineasta procuro ubicarme no centro desa cruz. Estou entendendo que canto máis te enraízas nese relato humano é máis fácil voar, ou convidar ao espectador a esa viaxe ou a esa sensación de estrañamento, que as veces sintes diante dunha imaxe. Estou contento porque procurei esta claridade pero gardei a escuridade dos anteriores filmes, sen caer na abstracción. Cando ti unicamente estás nese eixo vertical, é moi fácil que remates por ser abstracto ou críptico. Quero, e confío nas imaxes, as emocións perennes que hai despois dun visionado. E agora sí que tento traballar máis as emocións no momento. Nese sentido abrir o poro da pel e que entren esas imaxes mellor, produce un traballo máis equilibrado.

É dicir percibes esa aprendizaxe, ese elemento evolutivo no teu cine, que da maneira máis conceptual estaba expresado en Mimosas, porque en Todos vós sodes capitáns aparecía como hábil mestura de alta cultura e cultura popular mesma. En O que arde consegues que o misterio vaia nunha estrutura que pode fascinar e atrapar ao espectador en todo momento.
Sempre o meu cinema vai ter abstracción, interésame o mundo espiritual e non lóxico.

Pero un mundo tamén de emocións, de sentimentos, sobre todo esa relación materno-filial establecida e que muda no desenvolvimento. Como o vías ti?
Desde o comezo quería sinxeleza e ir a cousas esenciais. Gústanme moito as mulleres, as mulleres galegas e da miña familia; tiña gañas de crear un personaxe como Benedicta que quere a pesares de todo. E despois están estes solteiros de montaña. Amador é un arquetipo moi galego e do rural global, este ser moi sensible que é doutro mundo e non ten as ferramentas para vivir nun mundo ao que non lle gusta a fraxilidade. Eran dous arquetipos moi presentes en mín

Hoxe en día hai unha exaltación das personalidades e peléxase por ser alguén, cando o que debemos é competir por non ser ninguén

Arquetipos que se van desenvolvendo na pelicula coas súas complexidades, de feito os non actores funcionan moi ben. Suman esencialidade de vida e dificultade de comunicación.
Son a clave. Puidemos facer unha proposta esencial, con pouca psicoloxía, grazas a ter dúas persoas que posúen un silencio, un xesto habitado, un xesto do campo. Creo que o máis fermoso que me dixeron da película é que non sucede nada pero estás pegado á imaxe porque son dúas persoas conectadas coa súa esencia e iso síntese. Estivemos en Rusia, en Canadá, en moitos sitios, á xente elle familiar o que percibe. Hoxe en día hai unha exaltación das personalidades e peléxase por ser alguén, cando o que debemos é competir por non ser ninguén. Non me interesan a personalidade, as máscaras. Non me interesa a psicoloxía e a personalidade que envolve a esencia. Quero ir a esa esencia. É máis fácil que conecte con outras sensibilidades culturais.

Hai outra parte, ten que ver tanto co inicio da película como coas secuencias con lume, que persegue a túa traxectoria, un coidado técnico exquisito. As sutilezas e matices co son, todo o traballo de fotografía, un proceso de traballo impecable.
As miñas películas sempre son moi excesivas e, afortunadamente, supéranme. Penso que nesta pelicula traballamos con mais precisión, tempo e medios. Hai unha mistura entre unha actitude de cazador que sabe que leva a súa presa ao seu obxectivo e unha actitude máis de pescador que esta agardando. O meu equipo somos cinco cineastas filmando. Estamos todos moi alerta, existe moita sensibilidade. Mauro Herce —o director de fotografía— complementa moito. Eu son moi dionisíaco, el apolíneo. É como unha guerra estilizada. O meu traballo nalgúns aspectos é frustrante con ese exceso de control no técnico, pero positivo para os relatos. Espero ir matando o autor que teño dentro e invisibilizarme cada vez máis ao longo das miñas películas.

Oliver Laxe (2)
Esa procura de transcendencia, de embriaguez, ese elemento telúrico, esa natureza son moi difíciles de plasmar á hora de realizar un filme. Ata que punto iso está presente ou xurde logo a través dun proceso elaboradisimo xusto co camarógrafo e o resto do equipo?
Está presente na intención, por iso as veces sospeito de se está habitado ou non o filme, porque é unha gracia que sucede que acaba habitando as imaxes moitas veces a través do accidente ou do azar. O importante no meu cinema é que hai imaxes moi esenciais, que me acompañan e que teño a forza de impoñelas nas miñas rodaxes, como a secuencia inaugural d’O que arde. Esta secuencia quería rodala en Marrocos, levo anos con esta secuencia de bulldozers coméndo unha plantacion de eucalipto. Compuxemos a película como unha ópera ou un movemento, primeiro moi sinfónico, que nos permitía a contención emocional do medio e ese non satisfacer as necesidades do espectador. E teño a sorte de ter productores que defenden esas secuencias que aparentemente a película non precisa, porque cando tes pouco orzamento nunca te chega e sacrificas.

O papel dos festivais e o teu vindeiro proxecto son outras cuestións sobre as que queríamos saber.
Os festivais parecenme parques naturais. E os parques naturais precisan gardas forestais. Síntome como unha especie en perigo de extinción: cada vez hai menos xente a ver estas películas. Incluso en Francia cada ano é peor, o público concéntrase nos mesmos títulos. Marchan xeracions cinéfilas. E outro público está masturbándose, vendo series nas casas. Preocúpame. Estou canso de ter un discurso moderado. Estou canso de mín mesmo, de dicir que teñen que convivir varias maneiras de facer cine. Non é así. Hai un cine que se está a comer a outro. Se as fontes de financiamento do cinema de mercado fosen do propio mercado todo ben, como acontece en Francia ou en Corea. Canto mellor lle vaia ao cinema comercial mellor lle vai o de autor porque o financia. Aquí non, as fontes de financiamento son compartidas, son tamén películas subvencionadas. Pois xa está ben de dicir que hai que convivir, non se pode meter no parque natural a cazadores. As especies en extinción non poden convivir cos cazadores.

Estou canso de mín mesmo, de dicir que teñen que convivir varias maneiras de facer cine

Respeto o meu próximo proxecto estou contento porque creo que é bastante popular, volvemos ao cine de aventuras, épica interior e iniciática, con tres referentes: Mad Max, Easy Rider e Stalker. Un grupo de punks ravers que buscan unha festa en Marrocos no deserto. É un proxecto que comecei cunha axuda de guión e unha imaxe moi icónica que me habita, unhas carreiras de vehículos no deserto. Estoume deixando levar. O proxecto vai despacio. Estou tamén cun proxecto da UE de granxa pedagóxica en Vilela, onde rodamos o filme. É un proxecto a 5 anos que me vai ter bastante ocupado na parte da xestión. En febreiro comezamos as obras. Imos crear salas multifuncionais na palleira da casa, habitacións para aloxar xente e comezamos as actividades en outubro. Van ser doce eventos culturais o ano nos Ancares tentando rehabilitar e revivificar aquilo xerando sinerxias culturais e económicas.

Nese discurso sobre o cine e o conglomerado audiovisual actual desmitificas o mundo da series como un proxecto de consumo que acapara unha atención inusitada e racha posibilidades vinculadas ao propio cine.
Paréceme a excitación, situacións puntuais que se deshinchan rápido. Está moi ben que haxa series, que haxa o Mundial de baloncesto. Moi ben, mais o problema é que unicamente nos distraemos. Os hábitos dese tipo de consumo parecenme nefastos. Esas series están deseñadas para manter a excitación. Cando non hai ese grao de excitación hai públicos que non poden ver este cinema esencia. A esencia non é excitante, non te empalmas. Ou doe ou as películas non están habitadas. Prometeo ten que ir lonxe na procura do lume ou apagase a chama. Penso que aí é onde hai que feminizar o mundo, non nas cotas. Feminizar a mirada, pareceme moi lucrativo todo.

A distribución está vencellada ao feito de traballar con Numax, cooperativa independente que ten un papel dinamizador cultural robusto facilitando proxectos selectos.
Tiñamos gañas de crecer con Numax. O filme vai estar de xira por 12 salas galegas, lugares nos que acompañaremos á película. Para nós é moi importante non só facer traballos de pedagoxía de públicos, tamén contribuir con proxectos sans a esta distribución e exhibición en versión orixinal.

Archivado en: O Salto Galiza Cine
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Peinando canas 3: ¡Vamos al cine!
En el tercer capítulo de esta serie dedicada al colectivo sénior destacamos el trabajo de El Parlante, entidad organizadora del festival La Gran Pantalla.
Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Opinión
Opinión Espejismo España
La descomposición del Gobierno de coalición es un reflejo de la expansión de la ola ultraderechista, pero no implica que los movimientos de transformación no puedan organizarse para contrarrestar esa amenaza.
Naciones Unidas (ONU)
Cumbre de la ONU ¿Quién teme una arquitectura de la deuda justa?
Aunque muchos Estados habían presionado para que se establecieran compromisos de reformas estructurales ambiciosas, el texto final revisado del 'Compromiso de Sevilla' las eliminó o diluyó. La sección sobre deuda no es una excepción.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Cae el techo de la entrada principal del Hospital Isabel Zendal
El hospital de pandemias, inaugurado por Isabel Díaz Ayuso en 2020 y que generó unos sobrecostes del triple de lo presupuestado en su construcción, ha visto cómo se desplomaba el techo de entrada.
Córdoba
Turismo El número de pisos turísticos en Córdoba se reduce a los tres meses de la moratoria para nuevas licencias
Otras normas tratan de limitar la proliferación de las viviendas de uso turístico por la ciudad. Un portavoz de Stop Desahucios predice que estos pisos se trasladarán a los barrios no afectados por la moratoria.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.

Últimas

Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.
Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.
Oriente Medio
Oriente Medio La plantilla de EFE en Oriente Medio denuncia salarios por debajo de los mil euros
La delegación, formada por 24 personas, anuncia paros en sus funciones al verse reducida más de un 25% su nómina sin opción a negociar.
Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.
Comunidad de Madrid
Sanidad privada Inspección propone sancionar a un hospital de Quirón por exponer a la plantilla a sustancias cancerígenas
El organismo inicia un procedimiento administrativo sancionador por infracción grave. Tras una visita al Hospital Quirónsalud Sur, de Madrid, constataron deficiencias en la zona de almacenamiento de los productos farmacéuticos y en el mortuorio.
Más noticias
València
València Una comunidad vecinal lucha para impedir el enésimo proyecto de bajos turísticos en València
El vecindario de un bloque en Aiora se organiza contra la construcción en su patio de luces de catorce alojamientos turísticos en una zona ya saturada de este tipo de negocios.
Sphera
Sphera Nueva convocatoria para medios independientes de Europa
La red Sphera financia con un máximo de siete mil euros vídeos cortos documentales elaborados por medios independientes de todo el continente. El plazo finaliza el 12 de julio.

Recomendadas

Malasia
Malasia Durian, la fruta fétida que triunfa en Asia
El durian es tan maloliente que su consumo está prohibido en interiores, pero la popularidad de esta fruta, considerada un superalimento, no deja de aumentar en China y en el resto de Asia.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.