Balea Cultural
Mezzanine: Deconstruíndo a Massive Attack

Massive Attack non tiñan ningún medo a mirar cara atrás para poder construír o son tan futurista que desenvolveron neste disco, chegando a empregar parte das letras de cancións do ano 1960.

mezzanine 1
BALEACULTURAL.NET
16 mar 2019 12:48

Nestes últimos anos celebráronse as dúas décadas de moitos discos fundamentais lanzados na década dos anos 90. Boa parte destes traballos contan aínda coa súa música na nosa memoria e nas nosas playlists, ben pola súa indubidable calidade ou pola propia nostalxia que traen consigo. Sen embargo son moi poucos os álbumes que, varias décadas despois da súa publicación seguen a manter un son completamente vixente.

O Mezzanine de Massive Attack é un deses contados exemplos. O disco nin sequera está a celebrar os vinte anos, xa que foi lanzado en 1998, sen embargo a banda atópase inmersa nunha xira de celebración co nome Mezzanine XXI, xogando coa idea do cambio de século. Estes concertos están a supoñer todo un exercicio de retrospección e deconstrución dos elementos e as distintas influencias que permitiron sacar adiante este traballo.

O disco nin sequera está a celebrar os vinte anos, xa que foi lanzado en 1998, sen embargo a banda atópase inmersa nunha xira de celebración co nome Mezzanine XXI, xogando coa idea do cambio de século.

Mezzanine foi o terceiro disco de estudo do proxecto Massive Attack, conformado por aquel entón por Robert Del Naja (3D), Grant Marshall (Daddy G) e Andy Vowles (Mushroom). O trip-hop estaba a gañar cada vez máis popularidade, consolidando unha escena musical propia de Bristol da que tamén xurdiron outras bandas como Portishead.

Dende os instantes iniciais da primeira canción do disco, o hipnótico baixo de sintetizador e a percusión minimalista de Angel amosan que o son do Mezzanine aínda podería pasar perfectamente polo dun lanzamento actual, con esa produción tan coidada como minimalista que está a definir a música dos últimos anos. Sen embargo a realidade é que o esqueleto desta primeira peza xa estaba composto, gravado e publicado dende máis de dúas décadas antes.

mezzanine 2

O proxecto de Massive Attack xurdiu do colectivo cultural The Wild Bunch, que xiraba entorno á cultura dos graffitis (a teoría de que a verdadeira identidade de Banksy é en realidade Robert Del Naja é unha das que máis circulan por aí hoxe en día) e do hip-hop. Os membros de Massive Attack comezaron a súa carreira musical como DJs dende unha visión da música na que o sampleado era unha parte fundamental. E a pesares de que no Mezzanine estas orixes semellen menos aparentes que en traballos anteriores, en realidade están por todas partes. Comezando por esta primeira canción, que non é máis que unha reinterpretación da pista de reggae de Horace Andy You Are My Angel, lanzada orixinalmente en 1973.

E é que Massive Attack non tiñan ningún medo a mirar cara atrás para poder construír o son tan futurista que desenvolveron neste disco, chegando a empregar parte das letras de cancións do ano 1960 como Where Have All The Flowers Gone de Peter Seeger en singles como Risingson, no que tamén ten cabida un pequeno sample de I Found A Reason de The Velvet Underground.

Mezzanine é un disco polo que tamén pasan sons reciclados de cancións de bandas tan icónicas como Led Zeppelin, Pink Floyd ou The Cure. Pequenos clips de audio editados e modificados para que cobren sentido nun novo contexto. Unha resignificación sonora que transforma a vellas gravacións musicais nunha capa máis dunha produción de música electrónica e hip-hop. Todo isto recuberto con ambientes escuros característicos do dream-pop e o post-punk, como evidencia a colaboración de Elizabeth Fraser, cantante dos Cocteau Twins en tres pistas do disco, entre elas o icónico single Teardrop.

Mezzanine é un disco polo que tamén pasan sons reciclados de cancións de bandas tan icónicas como Led Zeppelin, Pink Floyd ou The Cure. Pequenos clips de audio editados e modificados para que cobren sentido nun novo contexto. Unha resignificación sonora que transforma a vellas gravacións musicais nunha capa máis dunha produción de música electrónica e hip-hop.

Pode ser que unha das razóns polas que o Mezzanine segue a soar tan actual a día de hoxe sexa precisamente seu uso acertado de música atemporal, que soaba ben nos anos 60, nos 90 e no 2019. Este disco foi tamén un dos maiores alegatos que deu de si a década dos 90, xunto ao Endtroducing… de Dj Shadow (1996), a favor do valor creativo da música sampleada, como un medio para dar nova vida a traballos antigos, que require coñecer unha técnica e saber aplicala de maneira axeitada para lograr un resultado orixinal, tal e como amosaron discos como o Mezzanine.

A xira Mezzanine XXI na que Massive Attack se atopan inmersos a día de hoxe está a supoñer en boa medida unha reivindicación de todas estas influencias ocultas que había detrás deste disco así como algunha canción máis que inspirou á banda como por exemplo o clásico single de Bauhaus Bela Lugosi’s Dead. Todas estas pistas son interpretadas en directo xunto co material do Mezzanine, reordeado e arranxado de novo, de maneira similar a como sucedeu con toda esa música sampleada neste traballo.

Tamén está previsto o lanzamento dunha reedición do álbum este ano que virá acompañada dun segundo disco de remixes que tamén permitirán ollar a estas cancións dende unha perspectiva diferente. Se algo caracteriza a Massive Attack é a súa capacidade de mirar cara o pasado de maneira constante, nunca con nostalxia, senón con con ganas de recuperar ideas para facer algo novo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
LGTBIAQ+
Mana Muscarsel “La amistad da más juego para salir de la lógica de la familia porque tiene menos reglas"
La autora y psicóloga argentina pone en valor la amistad frente a los modelos relacionales centrados en la pareja y la familia. Tampoco le interesa la familia elegida: “Marca una línea muy clara entre lo que pertenece y lo que no”.
Río Arriba
Río Arriba Javier Guzmán: “Desde la izquierda falta la visión de que el derecho a la alimentación es un tema básico”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast donde hablamos de soberanía alimentaria, políticas públicas relacionadas con la alimentación, tratados de libre comercio y sus efectos sobre la agricultura, ganadería y alimentación.
Análisis
Análisis La propuesta abolicionista de Igualdad, un intento más de regular el cuerpo de las trabajadoras sexu
La figura de la prostituta no es solo una categoría laboral o una práctica sexual, sino que es uno de los dispositivos más antiguos y eficaces del patriarcado para disciplinar a todas las mujeres.
La vida y ya
La vida y ya La manera natural
Si te alejas un poco y miras a todo ese grupo desde fuera, podrías llegar a pensar que esa forma de construir vidas en común es un modo de resistir.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez resiste, los aliados se ilusionan y Feijóo se llena de barro
Se apaga el ciclo político antes del receso de verano con un líder del PSOE que ve la luz al final del túnel, a pesar del desplome en las encuestas.

Últimas

Pesca
Pesca ¿Sostenible para quién? Detrás de las bambalinas del acuerdo de pesca sostenible entre la UE y Madagascar
Gracias a un acuerdo pesquero con la Unión Europea, en 2023 Madagascar autorizó el acceso a sus aguas territoriales a 65 barcos europeos. Aunque el acuerdo promueve una pesca “sostenible”, las técnicas empleadas agravan la crisis ecológica.
Salud mental
Salud mental Familia y escuela son los principales factores de protección para la salud mental de adolescentes LGTBI+
Las personas con una orientación sexual divergente con la heterosexualidad muestran mayor grado de depresión e ideación suicida que las heterosexuales. Los vínculos son clave para mitigar los riesgos, según un estudio.
Río Arriba
Río Arriba Javier Guzmán: “Desde la izquierda falta la visión de que el derecho a la alimentación es un tema básico”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast donde hablamos de soberanía alimentaria, políticas públicas relacionadas con la alimentación, tratados de libre comercio y sus efectos sobre la agricultura, ganadería y alimentación.
Países emergentes
Cumbre de Brasil BRICS en la encrucijada: la cumbre que expuso su poder (y sus grietas)
Los próximos cinco años constituyen una ventana crítica para los BRICS, donde su hoja de ruta post-Río despliega ambiciones transformadoras cargadas de fragilidad.
Partidos políticos
Partidos políticos La extrema derecha se dispara en un CIS en el que el PSOE acusa el golpe del Caso Koldo
El barómetro mensual señala un empate virtual entre PSOE y Partido Popular y anticipa un crecimiento de Vox. El CIS no pregunta por el caso Koldo, pero éste se hace notar en el resultado.
Justicia
Juana rivas La defensa de Juana Rivas pide a España escuchar al menor ante la contradicción de la justicia italiana
La defensa de Juana Rivas alerta sobre una “grave contradicción” en el proceso judicial italiano y pide a los tribunales españoles que escuchen al hijo menor para evitar contravenir los principios fundamentales de protección a la infancia.

Recomendadas

Barcelona
Chatarreros El reciclaje invisible: la relación entre la chatarra y la ciudad de Barcelona
La red de reciclaje en Barcelona es de una complejidad casi hermética, más aún si hablamos de los recicladores informales, más conocidos como chatarreros. Salimos a la calle a entender una economía sumergida que está a la vista de todos.
Medios de comunicación
Medios de comunicación El futuro del periodismo no lo está escribiendo una máquina
El periodista Pablo Mancini, estratega dentro de The Washington Post, defiende una profesión aquejada de múltiples problemas. El primero, y más crucial, la deserción de miles de personas que ya no quieren estar informadas.
Entrevista La Poderío
Andalucía Virginia Piña: “Con la Guerra Civil y su posguerra intentaron aniquilar nuestra conciencia”
Quien tiene el poder, tiene los recursos, y quien tiene los recursos también tiene la palabra. Virginia Piña (Jaén, 1988) la lleva tomando en los últimos seis años, dándole forma para hablar de figuras clave en la historia de las mujeres en Andalucía
Laboral
Laboral Jornadas de 50 horas semanales haciendo tareas de categoría superior: así se trabaja en hostelería
Es uno de los sectores con más sanciones e intervenciones de la Inspección de Trabajo, con más de 12.000 trabajadores extranjeros aflorados en las intervenciones y que cuenta con el 21% de las sanciones emitidas por este organismo.