Balea Cultural
David Simon, o xornalista obrigado a facer series

Vinte anos de oficio no Baltimore Sun ata que o deixou nun momento de transformación. No xornal deixouse de facer xornalismo, coma noutros tantos. Viviu nas súas propias carnes como o contido deixou de importar e as primicias, a imaxe e, en definitiva, a proximidade postelevisiva o inundaba todo.

David Simon_1
David Simon. Foto: Mucbound
28 abr 2018 12:00

A proliferación das plataformas de VOD (Video on Demand) como Netflix ou Amazon Video fai que teñamos produtos audiovisuais cada vez máis ao alcance das nosas mans, preparados e empaquetados para o noso consumo. Vivimos nunha efervescencia das series, unha burbulla que terá que explotar nalgún momento pero que de momento segue subindo e subindo dun xeito que non parece ter fin. Nalgún momento a terá e probablemente teña consecuencias bastantes importantes para a industria, pero hoxe non é momento de falar diso.

O paradigma comunicativo cambiou nas últimas décadas. O avance das tecnoloxías transformou o modelo de comunicación de masas nun de autocomunicación de masas -tal e como di o sociólogo Manuel Castells- no que os usuarios son seres individuais e que se comunican non só entre eles senón cos emisores de información. As series de televisión -aínda que o xeito de ver televisión fuxa precisamente do aparato orixinal- fanse para un nicho de público concreto. Analízanse os gustos dos consumidores a través de complexos algoritmos e prodúcese contido en virtude do que dite o código binario. Pero hoxe tampouco é momento de falar diso.

E de que é momento de falar? Do que importa, respondería calquera con dous ollos de fronte ante o espello da impunidade e dunha suposta liberade individual. E que importa? Preguntaría un curioso ao final da sala -probablemente con americana e lentes- cunha tonalidade chea de cinismo. “Da cidade de Baltimore , da guerra de Iraq, da Nova Orleans tras o furacán Katrina, dos baixos fondos do Nova York dos sesenta”. Sería unha posible resposta da imaxe que ten a miña cabeza de David Simon e a súa calva. Historias humanas que nun mundo no que se producen series de televisión nun xeito pseudofordista e co único fin de ser consumidas. Recentemente anunciou o seu último proxecto, A dry out, do que aínda non se sabe nada máis que a súa temática: as brigadas internacionais durante a Guerra Civil española.

David Simon_2
Fotograma de The Wire. Fonte: HBO
Antes de dedicarse a este mundo audiovisual, Simon foi xornalista. Vinte anos de oficio no Baltimore Sun ata que o deixou nun momento de transformación. No xornal deixouse de facer xornalismo, coma noutros tantos. Viviu nas súas propias carnes como o contido deixou de importar e as primicias, a imaxe e, en definitiva, a proximidade postelevisiva o inundaba todo. O que fai ao xornalismo ser merecedor dese nome é a interpretación. Cando xa non foi posible seguir facéndoo, conseguiu que outros interpretasen as súas historias aínda que fose dun xeito diferente.
Non se debe facer contido sen trasfondo. E isto é o que Simon demostra e con creces: é un xornalista que fai series de televisión, quizais o mellor herdeiro do Novo Xornalismo Americano.

O que non cambiou foi a súa deontoloxía profesional. En primeiro lugar, Simon sabe que un xornalista debe ser imparcial pero nunca neutral. Conta as súas historias dun xeito case documental -con feitos ficticios claro está- pero completamente verosímiles dentro do mundo no que se desenvolve a historia. Un mundo real, coma a vida mesma. Ou polo menos parte do mundo. Este laureado autor non xulga, amosa. Non recrimina, narra. Cos seus claroscuros, ninguén é bo, todos temos as nosas teimas e nun mundo de barro, ata o máis coidadoso se mancha.

Por outro lado, o xornalista que foi -e que aínda demostra ser aínda que a redacción do Sun quede xa moi atrás no tempo- ten un enfoque e un estilo característico. Mostra aos maltratados polo sistema capitalista, rompe o mito do “se queres podes”, do soño americano, dun emprendemento que non é posible. Se naces nunha barriada suburbial de Baltimore Oeste, por moitos cartos que gañes, non se pode escapar do xogo nin das súas normas. Ademais, as súas historias adoitan ser corais porque non lle interesa amosar un individuo, senón unha persoa, un colectivo, unha clase social ou incluso unha cidade, como é o caso de The Wire.

The Wire está considerada a obra mestra da filmografía de Simon. Se The Corner falaba dunha esquina da cidade, a obra que fala de Baltimore na etapa postindustrial, fala da cidade enteira. É unha serie na que saen policías pero non é unha serie policial, na que saen gángsters pero non é unha serie sobre ladróns, na que hai xogo político pero non é unha serie sobre políticos. Pero si sobre política, sobre o determinismo dos habitantes dunha cidade. En palabras de Simon “é unha novela visual” tanto por estrutura como por tratamento. Despois chegaría Tréme, Generation Kill ou The Deuce pero nunca chegou un produto tan redondo.

David Simon_3
Fotograma de The Deuce. Fonte: HBO
David Simon, aínda tendo unha obra mestra nas súas mans, nunca tivo as mellores audiencias, nin foi aclamado mundialmente polas súas obras. Non o agardaron en aeroportos, ninguén -agardo realmente que sexa así- se pelexou por tocalo. Por que? Por unha simple premisa que sempre leva implícita nas súas obras: “que se foda o espectador medio”. Non hai explosións, non se espectaculariza a morte, non se contan inmediatamente as causas dos feitos -ás veces nin sequera se contan con palabras. Teñen numerosas capas. O máximo expoñente neste senso é Tréme, que “dende o propio título é unha declaración de intencións que vai ser todo o contrario a unha serie mainstream”, sostén Jorge Carrión, autor de Teleshakespeare.

Isto tamén lle vén do xornalista que ten no sangue. Non se debe facer contido sen trasfondo. E isto é o que Simon demostra e con creces: é un xornalista que fai series de televisión, quizais o mellor herdeiro do Novo Xornalismo Americano. Dende logo, creo que todos os consumidores debemos dar grazas por iso. Curiosamente triunfa no medio que o botou indirectamente do seu traballo. Ironías da vida.

Hoxe non é momento de falar diso pero a obra mestra da que falei antes estivo sempre coa ameaza enriba de cancelarse. Estivo a punto de ser trasladada a Atlanta polas presións do Concello de Baltimore. É unha serie que apenas tiña apoios comerciais e que nunca se faría se HBO non puxese empeño na súa produción. Serializouse Homicidio, un libro do propio Simon sobre Baltimore para a NBC, unha canle de televisión convencional. Jon Fontana era o guionista principal e o produtor executivo. “Cando Fontana quixo escribir tres capítulos seguidos nos que un violento traficante de drogas escapaba a todo castigo, dixéronlle que só lle permitirían facelo se os detectives disparaban e mataban o vilán ao final do cuarto episodio”, declara o propio Simon respecto ao modelo televisivo non premium.

Amosar o mundo capitalista dun xeito realista no que os pobres son pobres e os ricos se aproveitan deles non conviña. Tampouco mostrar unha sociedade na que hai unha drogadicción absoluta e persoas sufrindo a desindustrialización. Todo debe ser de cor de rosa para os que poñen os cartos. A publicidade mata os medios. Ao igual que os xornais soamente poden ser contra hexemónicos se os propios lectores os financian. Ou é así ou, aínda que se queira, non haberá marxe de manobra.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.
Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.
Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.
València
València Una comunidad vecinal lucha para impedir el enésimo proyecto de bajos turísticos en València
El vecindario de un bloque en Aiora se organiza contra la construcción en su patio de luces de catorce alojamientos turísticos en una zona ya saturada de este tipo de negocios.
Tribuna
Tribuna El juicio del siglo contra Greenpeace y el derecho a la protesta
El juicio contra Energy Transfer arranca hoy, 2 de julio, en los Países Bajos, donde Greenpeace busca justicia invocando por primera vez la nueva Directiva anti-SLAPP de la UE.

Últimas

China
Pulsos bajo el cielo Gum Bleed: bésame, soy punk
El cantante de Gum Bleed nos habla sobre ser musulmán en China, internacionalismo y apoyo a Palestina, el fútbol en China y las tensiones que existen entre el Partido y las minorías étnicas
Opinión
Opinión Veinte años no es nada
Tantos años después de la aprobación del Matrimonio Igualitario, nuestro mundo ha cambiado y apenas hemos advertido que un nuevo contexto exige nuevos discursos y nuevas herramientas de trabajo.
Palestina
Palestina Israel bombardea un cumpleaños infantil y asesina a 39 personas en otra jornada mortífera en Gaza
Las Fuerzas Armadas de Israel siguen extendiendo la muerte por todo el territorio de Gaza. Un ataque contra una cafetería frecuentada por periodistas acaba con la vida de varios niños y niñas, un fotoperiodista y una artista plástica.
Movimiento BDS
Movimiento BDS Sidenor cede a la presión y anuncia que dejará de vender acero para las armas israelíes
La acerera vasca toma esta decisión después de que los sindicatos ESK, LAB y ELA requiriesen información y exigiesen acciones para frenar la complicidad con el genocidio.
Literatura
Andalucía Juan Pinilla, el cantaor que compró su propio libro
Juan Pinilla publica su primera novela, ‘Los colores de la nieve’, con la fuerza del compás y el ritmo de la seguiriya y de la amistad y contra la posverdad.
Educación
Policialización del ámbito educativo Haciendo frente a la policialización del ámbito educativo
Ante la creciente normalización de la presencia policial en espacios educativos, emerge una reflexión sobre las formas no punitivas de hacerse cargo de los conflictos escolares

Recomendadas

Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.