Balea Cultural
A outra Bauhaus: 40 anos de post-punk dende a ultratumba

Para celebrar as catro décadas do nacecemento de Bauhaus, Murphy e David J. están a realizar unha xira na que interpretan de xeito íntegro o primeiro álbum da banda. Estes concertos están a ser a proba da importancia e o interese que Bauhaus segue a suscitar na actualidade e cada noite congregan a audiencias de idades e gustos moi diversos.

Concerto de Bauhaus
Imaxe dun concerto de Bauhaus. Foto: Pedro Figueiredo
BALEACULTURAL.NET
1 dic 2018 12:30

Cando a xente fala de Bauhaus, o máis frecuente é que se estean a referir á escola de arte e arquitectura fundada en Alemaña en 1919, característica por acoller unha gran diversidade de vangardas e por tratar de favorecer en todo momento o compromiso político e social. Pero haberá outras persoas que ao escoitar o termo Bauhaus pensen primeiro na banda inglesa de post-punk liderada por Peter Murphy.

Comezando a súa andaina como grupo no ano 1978, Bauhaus publicarían o seu primeiro single en agosto do ano seguinte, unha canción de máis de nove minutos, gravada nunha soa toma no estudio, titulada Bela Lugosi’s Dead. Un primeiro single para esta banda que tamén se converteu na primeira canción de todo un xénero, o rock gótico. Aínda que outras bandas que se adoitan relacionar con este estilo como The Cure ou Siouxsie and the Banshees lanzaran discos nese mesmo ano ou antes, o seu son aínda se atopaba enmarcado unicamente dentro do post-punk, sen incorporar aínda os elementos estéticos que definirían ao xénero do rock gótico.

O primeiro single desta banda converteuse na primeira canción de todo un xénero: o rock gótico

Bela Lugosi’s Dead pola contra conta co pack completo. A unha instrumentación misteriosa, sinistra e escura conformada por unha batería sinxela e sen pausa de David Haskins complementada perfectamente co baixo de David J e a expresiva guitarra de Daniel Ash, súmase a voz de Peter Murphy, cantando unha letra referida ao actor húngaro Bela Lugosi, coñecido por interpretar a Drácula na adaptación da novela homónima filmada en 1931, e falecido 23 anos antes da publicación deste single. A canción non entrou nas listas de vendas do Reino Unido pero serviu para comezar a dar a coñecer a banda. A día de hoxe conta con máis de dezaseis millóns de escoitas en YouTube.


O primeiro disco de longa duración de Bauhaus chegou co comezo da nova década. In The Flat Field foi publicado o tres de novembro de 1980 a través da discográfica 4AD. Neste novo traballo a estética do rock gótico mantíñase en todo momento, combinándose cun son moito máis agresivo, distorsionado e disonante. Arrancando co caos sonoro de Double Dare e pechando coa máis melódica Nerves, In The Flat Field ofrece a consolidación do son de Bauhaus, unha evolución do punk, máis escura, con especial mención para a carismática voz de Murphy.

O disco, que desta vez si logrou entrar nas listas de vendas aínda que cunha posición moi modesta, recibiu boas valoracións en publicacións independentes e fanzines, pero foi considerablemente ignorado e desprezado polos principais medios de crítica musical. A revista NME afirmou no seu momento que o álbum contaba con “nove xemidos carentes de significado e do interese máis superficial, un disco que merece todos os adxectivos condenatorios que, polo xeral, apuntan aos modernistas de rostro sombrío”.

In The Flat Field foi publicado o tres de novembro de 1980, recibiu boas valoracións en publicacións independentes e fanzines, pero foi ignorado e desprezado polos principais medios de crítica musical

No seu segundo álbum, titulado Mask (1981) e lanzado un ano despois, a banda explorou novos sons mediante instrumentacións máis variadas, nas que aparecían por vez primeira os sintetizadores ou as guitarras acústicas así como elementos que lembraban ao glam rock e mesmo ao funk. O single Kick in the Eye é o mellor exemplo deste novo son máis variado. A pesar de todo, a música da banda continuaba a ser completamente recoñecible, con cancións como Mask, que se atopan entre as pistas máis escuras de toda a discografía de Bauhaus.

Esta tendencia continuou nos seguintes discos, The Sky’s Gone Out (1982) e Burning from the Inside (1983). Cun son cada vez máis influenciado pola música de David Bowie, a banda chegou a gravar unha versión de Ziggy Stardust que gozou de bastante éxito. Con todo, Bauhaus decidiron separarse no ano 83. Unha semana antes da publicación do seu cuarto disco, David J pechou o concerto celebrado no Hammersmith Palais de Londres dicindo as palabras “rest in peace” antes de abandonar o escenario.


Por sorte, a día de hoxe xa sabemos que esta non sería a fin definitiva de Bauhaus. A banda volveu subir aos escenarios quince anos despois coa xira Resurrection. Os seus directos seguían a manter as súas marcas de indentidade, a enerxía e unha teatralidade perfectamente executada, sempre necesaria comandada pola carismática presenza de Peter Murphy no escenario, a súa impoñente voz e unha hixiene xestual brutal. A banda xuntouse de novo en 2005 cunha actuación no festival Coachella, que comezou con Murphy cantando pendurado boca a baixo dende o alto do escenario.

Esta nova reunión culminaría co lanzamento do último disco de Bauhaus, Go Away White, publicado o tres de marzo de 2008. Este último álbum, o primeiro da banda en 25 anos, está composto por un total de dez cancións gravadas en directo e nunha única toma. Go Away White cumpriu a función de poñer un punto e final definitivo á carreira de Bauhaus tras a súa curta vida nos anos oitenta e a posterior volta entre os mortos en 1998.

A día de hoxe o rock gótico é un xénero que se atopa en boa medida desorientado, resultando por momentos caricaturesco, con destacables excepcións como podería ser o caso de Chelsea Wolfe. Non obstante, a influencia de Bauhaus continúa a estar moi presente en bandas de xéneros moi diversos como poden ser Chvrches, quen lanzaron unha versión de Bela Lugosi’s Dead en 2014, canción que foi sampleada por Massive Attack para a súa pista Small Time Shot Away, e interpretada en directo por Nine Inch Nails e TV on the Radio acompañados polo propio Peter Murphy.

A influencia de Bauhaus continúa a estar moi presente en bandas de xéneros moi diversos como poden ser Chvrches ou Massive Attack

Este ano cúmprense catro décadas dende o nacemento de Bauhaus, e para celebralo, Murphy e David J atópanse realizando unha xira na que están a interpretar o primeiro álbum da banda de maneira íntegra, enchendo salas ao longo do mundo. Estes concertos están a ser a proba definitiva da importancia e o interese que Bauhaus segue a suscitar na actualidade, congregando cada noite a audiencias de idades moi diversas e gustos completamente diferentes.

Ademais, o pasado 23 de novembro publicouse o EP The Bela Session, que recolle as cinco pistas que a banda rexistrou nas sesións de gravacións das que saíu o clásico Bela Lugosi’s Dead, tres delas inéditas ata o de agora. Sen lugar ás dúbidas un lanzamento interesante que permite escoitar os primeiros pasos musicais de Bauhaus antes de converterse na banda de culto que son a día de hoxe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Crisis climática
Investigación El cambio climático multiplicó las muertes por doce en Madrid y por seis en Barcelona durante la ola de calor
Un estudio estima en 2.300 las muertes durante la pasada ola de calor en Europa. Barcelona ha sido una de las urbes con más fallecimientos y Madrid, la que más ha visto incrementarse la mortalidad por culpa del cambio climático.
Instituciones culturales
Real Decreto Ley El BOE nombra varios “acontecimientos de excepcional interés público” y los patrocinadores se frotan las manos
El nombramiento como acontecimientos de excepcional interés público concede beneficios fiscales a patrocinadores, donantes y mecenas de eventos como el BBK Live o el Barcelona Mobile World Capital.
Sphera
Minería La inacabada historia de la minería en Asturias
VV.AA.
Uno de los accidentes recientes más graves en la minería asturiana vuelve a cuestionar el sistema de controles y ayudas públicas para las minas en proceso de reestructuración.
Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Opinión
Opinión Javier Milei y el “leninismo de derecha”
Milei se apropió de la “técnica” del populismo, produjo un significante vacío (“casta versus pueblo”) y asumió el mandato de terminar con la inflación.
Transición ecosocial
Transición ecosocial El Informe Albanese: neutralizar la impunidad, reinterpretar el derecho
Poner negro sobre blanco los nombres y apellidos de buena parte de las mayores corporaciones del mundo ligadas a la extensión del capitalismo colonial que hace negocios arrasando las vidas de miles de personas, representa un paso relevante.

Últimas

Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Camas cerradas y urgencias saturadas: el verano en los grandes hospitales de Madrid
Los pasillos de las urgencias del Gregorio Marañón rebosan de camas, mientras se cierran 300 en planta. En el conjunto de la comunidad los hospitales vivirán un verano con un 30% menos de camas, de media.
El Salto Radio
El Salto Radio Que no sean
Ellas lo conocieron como Dani. Ellos, como Sergio. Pero ni Dani ni Sergio existieron jamás. Estas son las consecuencias de las infiltraciones policiales. Y también, las formas de resistirlas.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Solo dos pediatras se incorporarán a los centros de salud de la Comunidad de Madrid
85 médicos y médicas de familia entrarán en la plantilla. 15 de ellos irán en grupo a levantar centros de difícil cobertura que estaban caídos.
Más noticias
Opinión
Opinión Sindicatos estadounidenses en la larga lucha contra Amazon: ¿una luz al final del túnel?
Amazon es el paradigma de la política empresarial antisindical en Estados Unidos, pero su suerte puede cambiar en los próximos años. El movimiento sindical se juega su supervivencia en ello.
Opinión
Opinión Kneecap y Bob Vylan logran lo que el punk no pudo: aterrorizar a los medios británicos
Hasta ahora, que unos veinteañeros punkis dijeran un puñado de tacos se consideraba un escándalo, pero no un motivo para cambiar todo el modus operandi de una de las cadenas de televisión más importantes y prestigiosas del mundo.

Recomendadas

Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.
Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.