Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva

A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Ulloa Viva
Algunhas das persoas que conformaron o primeiro grupo motor da Plataforma Ulloa Viva. Brais Lorenzo

Non é habitual que ocorra nas plataformas veciñais de persoas afectadas. Non obstante, a dimensión social que acadou a protesta contra a macrocelulosa de Altri e a Xunta de Galiza e as diferenzas nas estratexias que deberán tomarse a partir de agora, levaron á Plataforma Ulloa Viva —punta de lanza deste movemento social— a celebrar unhas eleccións á súa xunta directiva sen unha proposta de consenso entre as súas socias e socios.

No proceso, que se celebrará este sábado día cinco de xullo, concorren dúas listas diferenciadas máis nas formas que, a priori, no obxectivo, que seguirá sendo frear este macroproxecto industrial. Así o explicaron a esta redacción cadanseus representantes. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta coa estratexia do primeiro grupo motor, co asemblearismo e a sociocracia como base, fiadas con posicións ecofeministas e horizontes alternativos enmarcados na economía social e solidaria; e, polo outro, unha alternativa que considera fundamental incorporar á plataforma a persoas de toda Galiza máis alá dos territorios afectados, que é menos reticente a achegarse ás organizacións sociais vinculadas ao nacionalismo institucional e que está organizada a través da democracia representativa.

Ningunha persoa sobra e todas son necesarias. Ese podería ser o denominador común e positivo dos testemuños recollidos por O Salto das persoas que apoian a unha e outra opción. Ademais, obviamente, de que comparten fin. De feito un dos obxectivos manifiestos en ambas declaracións de intencións é ampliar a base social mobilizada —non as socias— e, para iso, ambas candidaturas recalcan que fomentarán o seu “carácter apartidista”.

Preservar a transversalidade que ata agora mantiveron non podería lograrse doutro xeito. “Proba diso é a cantidade de doazóns anónimas que recibimos na campaña de financiamento para a estratexia xudicial”, recordaba hai non moito nunha palestra Adrián Gallero, unha das persoas que estaba naquel primeiro grupo de Whatsapp no que empezou todo.

Dous enfoques diferenciados para lograr un mesmo obxectivo

Ambas candidaturas están accesibles, ao igual que os estatutos, na web da plataforma. En primeiro lugar, a lista continuísta confórmana María Soledad González Prieto, Marta Álvarez Quintero e Zoe Iriarte Costas como presidenta, secretaria e tesoureira, respectivamente. A súa proposta de folla de ruta céntrase no asemblearismo, na organización horizontal alcanzada a través das ferramentas da sociocracia: “Unha metodoloxía que demostrou ser extraordinariamente eficaz e que encaixa á perfección co noso espírito”, explican. Un exemplo paradigmático deste enfoque é que foron a única organización que fixo público o expediente do macroproxecto que agora é accesible para todo o mundo, algo certamente anómalo neste tipo de casos.

Na práctica, esta forma de traballo tradúcese na creación de diferentes grupos de traballo abertos, “nos que calquera socia interesada pode participar e achegar os seus coñecementos”. “Cada un destes grupos está conformado por persoas expertas nese campo específico, que toman decisións de forma independente, baseadas no seu coñecemento, na confianza mutua e na corresponsabilidade para perseguir xuntas un obxectivo común”, desenvolven nas súas bases.

Precisamente neste aspecto é onde, segundo o seu testemuño, reside unha das grandes diferenzas coa outra candidatura. Entenden á “directiva formal” só como “as caras visibles destes grupos de traballo”. “En ningún caso poden ser figuras de decisión verticais que impoñan as súas ideas sobre o traballo colectivo”, sinalan. Diferenciando o funcionamento do noso sistema político, baixo este prisma, a directiva “non debe ser un órgano de poder que centralice as decisións, senón un servizo á plataforma, garantindo a súa operatividade legal e administrativa”.

Outra das diferenzas estratéxicas das candidaturas ten que ver con como incorporar á loita ás grandes organizacións do país e ata onde ampliar a súa base asemblearia. Neste caso e tendo claro que todas elas son necesarias, a candidatura continuísta aboga porque enormes organizacións galegas como a Confederación Intersindical Galega (CIG) —sindicato maioritario en Galiza con arredor de 90.000 afiliados— xoguen un papel de apoio clave e case que único pola súa dimensión na facilitación da rede de apoio, pero secundario na elaboración da estratexia política e discursiva en favor da asemblea de persoas afectadas.

“A historia demostrounos que, cando os intereses veciñais se confunden cos intereses partidistas, a causa común soe saír prexudicada”, explican e engaden: “É imperativo que a directiva rexeite calquera intento de instrumentalización por parte de axendas políticas que non sexan as propias de veciños e veciñas. A nosa misión é defender o territorio, non servir de trampolín para intereses alleos”, recalcan. Ademais, a súa dialéctica ao longo desta loita foi enmarcándose no feminismo e no ecoloxismo como forma de habitar este conflito, algo que tamén xerou tensións.

En conversa con este diario, desde esta candidatura insisten en que as grandes organizacións “só deben acompañar respectando as decisións de veciños e veciñas, dándolles prioridade, nunca marcando estratexia”. Desde hai uns meses, manifestan a súa “intensa preocupación porque o movemento se instrumentalice cun obxectivo electoralista”. Comentan que desde que están activas no movemento e moitas organizacións galegas e estatais participan, ven diferentes formas de apoio: “Unhas desde un apoio incondicional e outras desde unha postura máis fiscalizadora. Non ten sentido que a cantidade de afiliación a unha organización faga que esta tome decisións por riba da propia plataforma”.

Por último, remarcan que non son unha plataforma “Altri Non, senón Ulloa Viva”. É dicir, unha construción en positivo: “Unha plataforma que nace cunha vocación de futuro para defender o territorio que habitan fronte a miles de ameazas en forma de proxectos que pretenden acabar cos recursos naturais”.

A candidatura rupturista: incorporar ás grandes organizacións e mudar o relato

Na outra cara da moeda, atópase a candidatura encabezada por Juan Pedro Sánchez Morcillo, Ana Otero Gómez e Serxio Núñez Martínez, como presidente, secretaria e tesoureiro, respectivamente, a lista máis rupturista co actual modelo. En conversa con O Salto, Serxio Núñez explica que o obxectivo prioritario será sempre frear este macroproxecto. “Nós entendemos a plataforma como un lugar común para xente de diferentes ideoloxías e tradicións. Polo tanto, calquera persoa e organización que comparta o noso obxectivo é unha aliada”, argumenta e engade que en calquera caso reforzarán “o apartidismo da plataforma sen facer proselitismo de ningunha organización”.

“Quizais onde máis diferimos é en que esta plataforma ten que abrirse a todo o país. Certo, é veciñal, pero pode ser veciñal de calquera lugar onde as persoas se sintan aludidas por este proxecto”, reflexiona. O candidato a tesoureiro explica que unha das aspiracións do seu equipo é que todas as organizacións se incorporen “sexan da corda que sexan” e que “non se lles corte ningunha iniciativa” e sentenza: “Entendemos que a plataforma non pode acaparar a loita”.

Quizais este sexa o punto de maior fricción entre ambas propostas: “Un conflito que ocorre é que hai xente que considera que hai organizacións que teñen demasiada prevalencia. No caso da CIG, que é unha organización grandísima, cun nivel de mobilización grande, hai xente que considera que pode ser un perigo para a plataforma. Nós cremos que non”. Núñez di que “houbo suspicacias” para vincualos ao nacionalismo e, nese sentido, quere ser claro: “Eu son militante do BNG e delegado sindical da CIG, pero iso é só unha parte da miña vida”.

O candidato a tesoureiro argumenta que esa militancia non o condiciona a “seguir as directrices da organización” á que pertence e engade: “O gran matiz é que non imos facer proselitismo de ningún tipo de ideoloxía particular”. E prosegue na súa elaboración: “Eu podería facelo do nacionalismo e non o vou facer. Outra xente fala do feminismo e o ecoloxismo e non é a finalidade da plataforma, que non é nin ecoloxista nin feminista. É unha organización transversal”. “Creo que hai que combater a demonización de que fagamos política”, conclúe a este respecto sinalando que formar parte de organizacións políticas é unha forma lexítima de participar da vida pública.

Por último, para os compañeiros e compañeiras de Serxio Núñez, é “unha anomalía democrática” que se vaia a refrendar agora á directiva e din ter o apoio de boa parte dos Grupos Vivos, pequenas asembleas deslocalizadas fóra de A Ulloa, que “queren ter un papel máis relevante” na plataforma. Como conclusión, Núñez resalta: “A pesar de que este enfrontamento na maneira de ver a estratexia se deu hai bastante tempo, o traballo fíxose exactamente igual. Fíxose con responsabilidade e non se socializou, algo que nos fixo manter a transversalidade e mobilizar a moita xente”.

De feito, esa é a declaración final da súa candidatura: “Defender o noso territorio. Por iso, gañe quen gañe, será fundamental seguir colaborando co mesmo espírito colectivo, xeneroso e combativo que nos trouxo ata aquí”.

Outros actores que tomaron partido

Un dos xestos significativos que aconteceu desde as grandes organizacións que orbitan a este movemento é a toma de posición da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) no proceso, unha das máis grandes asociacións ecoloxistas de Galiza. Hai apenas uns días, Adega, historicamente máis achegada ás posicións da segunda candidatura, enviou un mail a todas as súas persoas socias no que convidaba a participar das eleccións: “Dada a relevancia desta asemblea no devir da mobilización e da reivindicación social e xurídica contra a macrocelulosa de Altri, é de vital importancia que todas as persoas socias de Adega que tamén son parte da plataforma Ulloa Viva participen na asemblea xeral do próximo sábado”.

Insistían na importancia de acudir e ofrecían a posibilidade de organizar a delegación de votos, tanto para levar os doutros socios e socias como para delegar o propio. Desde boa parte do resto de organizacións ecoloxistas con presenza no territorio cualificárono, en conversa con O Salto, como “inxerencia”, aínda que Adega non chamou ao voto a ningunha das dúas listas en concreto.

O punto clave agora é a estratexia xudicial

Sexa cal for o resultado do voto dos máis de 1.500 socios e socias, que se saberá na tarde do sábado, o que está en xogo non é menor. Fundamentalmente, a orientación da estratexia xudicial que se levará a cabo desde a plataforma contra o proxecto amparado polo Goberno de Alfonso Rueda, a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia. Ambas candidaturas están de acordo no esencial e aspiran a traballar xuntas.

Entre as principais accións xurídicas previstas pola Plataforma Ulloa Viva atópase a impugnación de, ao menos, tres actos administrativos clave: a captación de augas, a Autorización Ambiental Integrada (AAI) e a declaración como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).

En consecuencia, interporanse todos os recursos administrativos e xudiciais que procedan. Isto inclúe un recurso de alzada contra a AAI, así como recursos contencioso-administrativos e demandas xudiciais ante os tribunais competentes: o xulgado correspondente no caso da captación de augas, e o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza respecto á AAI e o PIE. Ademais, dentro destes procesos xudiciais solicitaranse medidas cautelares para paralizar as concesións, autorizacións e proxectos en cuestión, e elaboraranse informes periciais técnicos que respalden as impugnacións.

Así mesmo, se chegasen a concederse subvencións públicas, xa sexa mediante fondos de descarbonización ou como axudas directas vinculadas a proxectos de interese comunitario, tamén se recorrerán legalmente.

Por último, no caso de que o procedemento da AAI non prospere e os fondos recadados pola campaña legal non sexan necesarios, a Plataforma comprométese a abrir un proceso participativo entre os seus socios para decidir colectivamente a que iniciativas do territorio se destinarán ditos recursos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Laboral
Laboral Yolanda Díaz asegura que el Gobierno tramitará el indulto a las Seis de la Suiza
La ministra de Trabajo reconoce sentirse “escandalizada” tras la reunión con las sindicalistas condenadas y asegura que no va a “aceptar retrocesos” en los derechos laborales
Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en micro empresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Opinión
Opinión Espejismo España
La descomposición del Gobierno de coalición es un reflejo de la expansión de la ola ultraderechista, pero no implica que los movimientos de transformación no puedan organizarse para contrarrestar esa amenaza.

Últimas

Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Cae el techo de la entrada principal del Hospital Isabel Zendal
El hospital de pandemias, inaugurado por Isabel Díaz Ayuso en 2020 y que generó unos sobrecostes del triple de lo presupuestado en su construcción, ha visto cómo se desplomaba el techo de entrada.
Naciones Unidas (ONU)
Cumbre de la ONU ¿Quién teme una arquitectura de la deuda justa?
Aunque muchos Estados habían presionado para que se establecieran compromisos de reformas estructurales ambiciosas, el texto final revisado del 'Compromiso de Sevilla' las eliminó o diluyó. La sección sobre deuda no es una excepción.
Córdoba
Turismo El número de pisos turísticos en Córdoba se reduce a los tres meses de la moratoria para nuevas licencias
Otras normas tratan de limitar la proliferación de las viviendas de uso turístico por la ciudad. Un portavoz de Stop Desahucios predice que estos pisos se trasladarán a los barrios no afectados por la moratoria.
Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.
Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.
Más noticias
Oriente Medio
Oriente Medio La plantilla de EFE en Oriente Medio denuncia salarios por debajo de los mil euros
La delegación, formada por 24 personas, anuncia paros en sus funciones al verse reducida más de un 25% su nómina sin opción a negociar.
Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.
Comunidad de Madrid
Sanidad privada Inspección propone sancionar a un hospital de Quirón por exponer a la plantilla a sustancias cancerígenas
El organismo inicia un procedimiento administrativo sancionador por infracción grave. Tras una visita al Hospital Quirónsalud Sur, de Madrid, constataron deficiencias en la zona de almacenamiento de los productos farmacéuticos y en el mortuorio.

Recomendadas

Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.
Malasia
Malasia Durian, la fruta fétida que triunfa en Asia
El durian es tan maloliente que su consumo está prohibido en interiores, pero la popularidad de esta fruta, considerada un superalimento, no deja de aumentar en China y en el resto de Asia.