Agricultura
“Atrapadas no mercado”: Ampliando a lente sobre as protestas do agro

Nas últimas semanas numerosas protestas de labregos e labregas están a suceder non só en todo o estado, senón tamén en diversos países europeos como Francia ou Alemaña. Unha das reivindicacións centrais (entre outras) é a obtención dun prezo xusto polos alimentos que producen.


Tractorada
Tractorada para pedir prezos xustos.
AGANTRO (Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural)
26 feb 2020 16:03

Nas últimas semanas numerosas protestas de labregos e labregas están a suceder non só en todo o estado, senón tamén en diversos países europeos como Francia ou Alemaña. Unha das reivindicacións centrais (entre outras) é a obtención dun prezo xusto polos alimentos que producen. Precisamente hai uns días, intentando informarme sobre esta cuestión, apareceu no meu ordenador un anuncio que chamou a miña atención, e que ao mesmo tempo me espantou.

A publicidade —dunha coñecida e potente cadea de supermercados alemá—  tiña como fío condutor  un ficticio movemento artístico. En ningún momento se menciona isto último (artístico) e dunha forma vaga e xenérica fálase de ‟novo movemento”. O home que o explica é en teoría un doutor experto en “movementos emerxentes”. Pero dende o comezo do anuncio enuméranse os antecedentes deste “movemento” (neoclasicismo, impresionismo, vangardismo) e a ficción transcorre no que claramente se pode identificar como salas de museo; de pezas de arte primeiro e de alimentos (elevados á categoría de arte polo seu baixo prezo) despois. Na publicidade denominan o movemento en cuestión preciobajismo’, o suposto experto apostila literalmente: ‟el precio elevado a arte”. E dicir, prodúcese unha constante promoción da venta a prezos extremadamente baixos nos que estes son elevados á categoría de arte.

Nunha conversa con Jose Antonio Cortés — un compañeiro antropólogo que investiga tamén o rural— expoñía a idea de que a pretensión deste anuncio non era nin máis nin menos que crear unha barreira entre os produtores e os consumidores. A chave está precisamente en elevar os baixos prezos á categoría de arte para despoxalos do seu carácter precario e das prácticas de consumo habitualmente asociadas ás clases baixas. Sen importar o que haxa detrás destes prezos, dos alimentos, e das persoas que os producen.

Prodúcese unha constante promoción da venta a prezos extremadamente baixos nos que estes son elevados á categoría de arte

Ante tal disparate, non puiden evitar lembrarme de John Berger, este si, un verdadeiro experto en arte, pero que tamén explicou e narrou de forma maxistral a forma de vida das labregas e labregos no mundo rural. Preguntábame que pensaría el deste anuncio e non puiden evitar lembrarme da súa novela Puerca Tierra, na que se narra a vida dedicada á terra nun contexto no que o mundo rural esta a piques de esborrallar. Ao contrario do que acontece na publicidade mencionada, evoca dun xeito maxistral todo o que se agocha tras o traballo na terra e a produción dun alimento.

Esta novela de Berger —que tiña constantemente na cabeza durante toda a elaboración da miña tese doutoral sobre granxas familiares de leite en Galicia— forma parte dunha triloxía, De sus fatigas, na que o autor narra a morte da forma de vida campesiña, centrándose en familias que primeiro loitan por manter o seu medio de vida e que finalmente acaban marchando á cidade. A perspectiva histórica e extensa desta triloxía permite ampliar a lente para observar os procesos que atravesan ao campesiñado.

Esta mesma perspectiva é central tamén para entender as actuais problemáticas das labregas e labregos e por que saen ás capitais dos países europeos a facer tractoradas e demandar prezos xustos para os alimentos que producen; pero tamén máis alá para poder comprender as problemáticas que afectan ao rural en xeral, con procesos como o baleirado do mesmo (Galiza baleirada, España vaciada) e incluso tamén o auxe da extrema dereita neste contexto.

A perspectiva histórica permite analizar estas cuestións cunha lente máis ampla e observar as dinámicas de carácter global que levaron ás labregas e labregos a esta situación, que é necesario ter en conta máis alá do papel da distribución e as grandes superficies, ou dos distintos actores relevantes na cadea alimentaria.


Gandeiria en Galiza
Gandeiras traballando

Para abordar a actual situación que atravesan as e os protagonistas destas protestas dende unha perspectiva máis ampla, é esencial o concepto de réxime alimentario’ ou food regime. Un enfoque marxista no que distintos autores (McMichael, Friedmann ou Bernstein) teorizan a creación dos sucesivos sistemas alimentarios no contexto da construción e o desenvolvemento da economía capitalista a nivel mundial. A través deste concepto establécense tres réximes en distintos momentos da historia nos que se producen distintas crises e transformacións, tamén importantes relacións de poder.

No primeiro réxime —década dos 70 do século XIX ata a dos 30 do XX— a través da importación de gando e grans básicos dende as colonias tropicais ata Europa,  exponse o establecemento dos sectores agrícolas nacionais dentro dos novos estados colonos (E.E.U.U., Canadá, Australia) e xorden as dinámicas pensadas entre o sector agrícola e industrial.

No segundo réxime alimentario —posguerra da Segunda Guerra Mundial e a década dos 70— o fluxo de excedente alimentario de Estados Unidos rediríxese aos imperios de estados postcoloniais que estaban situados en contornas estratéxicas da Guerra Fría. Este excedente era enviado en forma de axuda alimentaria, e alentou a industrialización selectiva do “terceiro mundo” asegurando ademais a lealdade destes países cara aos mercados imperiais e contra o comunismo. Adoptan as tecnoloxías da Revolución Verde e deste xeito, as relacións de mercado vanse estendendo ao mundo rural. Neste proceso a agroindustria vai desenvolvendo vínculos entre os sectores agrícolas nacionais, uníndoos por cadeas de produción e distribución globais.

Distintos autores teorizan a creación dos sucesivos sistemas alimentarios no contexto da construción e o desenvolvemento da economía capitalista a nivel mundial

As regras implícitas de produción e consumo a escala mundial deste réxime reflicten cambios de poder entre o Estado, os lobbies, as clases e o capital que se explicitan a través de experiencias prácticas e negociacións entre os estados, as corporacións, lobbies agrícolas e de consumidores, etc.  A agricultura, mediante un modelo de agroexportación, convértese nun sector excepcional a nivel mundial, e Estados Unidos no exportador dominante. Prodúcese unha internalización’ do negocio da agricultura e orixínase un cambio que provoca un movemento do Estado ao capital como principio organizador da economía mundial.

O terceiro réxime —dende finais da década de 1980 en diante— supón un florecemento do réxime de libre comercio, cun forte protagonismo das biotecnoloxías, que se establecen como a tecnoloxía central neste novo réxime; tamén unha maior importancia das políticas ambientais e o xurdimento do que se denomina ’Capitalismo Verde’.

En xeral, ao longo do transcurso destes tres réximes, prodúcese un cambio do público á iniciativa privada, un desprazamento do Estado, entrando en xogo a industria privada. Institucionalízase o poder industrial e o liberalismo económico no sistema alimentario global, que profunda as relacións de mercado privatizando os estados. Nesta sucesión de cambios, a Organización Mundial de Comercio será unha institución chave, porque este proceso politicamente instituído de liberalización económica comunícase a través do acordo de agricultura deste organismo (OMC), pero tamén a través doutras institucións supranacionais como a Unión Europea. Os subsidios outorgados mediante a Política Agraria Común, neste marco de liberalización económica, supoñen pagos directos aos produtores, separando así os custos de produción dos prezos.

gandeiria galiza 2
O que se xesta en definitiva é a neoliberalización da natureza’, unha maior industrialización da produción agrícola ao mesmo tempo que o coñecemento ecolóxico e dos “ciclos naturais” diminúe. Un concepto chave para comprender este proceso de neoliberalización da natureza’ é o de  ‘metabolic rift’ (fractura metabólica) un termo acuñado primeiramente por Marx, no que se conceptualiza a separación da produción social da súa base natural e biolóxica. Expresa a subordinación da agricultura ás relacións de produción capitalista, e supón a abstracción do proceso agrícola mediante o desenvolvemento de fenómenos como a agricultura química e a biotecnoloxía, xerando procesos nos que o lugar —a terra— non ten xa tanta importancia.

Precisamente que a terra, o lugar,  xa non teña tanta importancia, como Berger narra na súa triloxía, fai que a xente que a traballa e a habita tampouco. Deste xeito danse fenómenos como os que vemos na actualidade nos que o rural queda sen xente porque a produción industrial de alimentos está a substituír á pequena produción familiar, que non pode facer fronte aos baixos prezos e aos elevados costes de produción. Entre outros factores, isto é en gran medida consecuencia do desenvolvemento da Política Agraria Común que, como se mencionaba, separa os custos de produción dos prezos e reduce os prezos de garantía, ata chegar a políticas baseadas fundamentalmente no desmantelamento dos instrumentos de regulación dos mercados e a produción. Todo isto favorece unha maior volatilidade dos prezos.

Un destes instrumentos desmantelados son as cotas lácteas —eliminadas no 2015— e supoñen aínda unha maior liberalización do mercado lácteo. Unha das consecuencias máis inmediatas disto é unha forte baixada nos prezos pagados ás produtoras e produtores de leite, que desembocan, ese mesmo ano, en fortes protestas –como as que estamos vendo estes días– en toda Europa, no estado e particularmente en Galiza. Cando estas protestas estalan atópome realizando traballo de campo para a miña investigación en granxas familiares produtoras de leite na provincia da Coruña, e moitos dos meus informantes participan nelas. Do mesmo xeito que nas protestas que se producen estes días, o que reclamaban era un prezo xusto polos alimentos que producen.

Realizar esta investigación permitiume observar que estas gandeiras e gandeiros, manifestaban constantemente a sensación de ‟sentirse atrapados” —tanto nun sentido material como ideolóxico e moral— entre o mercado e o anhelo de conseguir alcanzar unha vida digna, certo benestar, pero sobre todo poder manter o seu medio de vida no rural, en definitiva, poder continuar sendo gandeiras e gandeiros. O prezo xusto xurde aquí como o elemento central que permite expresar esta percepción de ‟sentirse atrapados”.

O prezo xusto xurde aquí como o elemento central que permite expresar esta percepción de ‟sentirse atrapados”

A pesar desta forte sensación de ‟estar atrapados” continúan coa súa granxa, coa súa explotación, en condicións difíciles na maioría dos casos –como non chegar a cubrir os custos de produción a maioría dos meses– sempre sentindo que nalgún momento poden chegar a ‟tirar a toalla”. E continúan porque facer fronte ao que lles espera é tan duro e demoledor como o expresaban algúns dos que xa pasaran por esa situación cando falaban do momento do cese da produción na súa propia granxa: observar como todo se desfacía’, a familia, o medio, o traballo, o teu medio de vida, algo teu’, algo propio’.

Nesta percepción de ‟sentirse atrapados” o valor social prima por riba do valor de mercado. Por iso un prezo xusto polos alimentos que producen, xunto cunha agricultura na que volva a importar a terra, o lugar e a xente é a ferramenta que estes homes e mulleres deben continuar empregando nas súas reivindicacións.

Esta é unha colaboración da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO) para O Salto Galiza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro A fantástica integración e a deconstruente sociedade do porvire
Convén razoar que o declive demográfico galego pode mudar grazas ás persoas migrantes que son as que, nos últimos tempos, xa teñen alterado os números de natalidade. Iso para nós é un milagre.
AGANTRO
AGANTRO Antropologia, vida e terra: apontamentos acerca de uma agenda de pesquisa.
Acredito que antropologia: vida e terra, possa ser uma forma de enunciação de pautas que se estão impondo às pesquisas antropológicas em diferentes contextos contemporâneos, já seja na América Latina ou na Europa.
AGANTRO
Entrevista Astrid Ulloa: “O extractivismo en América Latina exacerbouse creando novas violencias cara as mulleres”
A profesora da Universidad Nacional de Colombia fala sobre extractivismo, a importancia das mulleres indíxenas na loita polo medio ambiente e Colombia e o concepto de xustiza ambiental relacional.
Elecciones
Elecciones europea Las europeas agudizan las contradicciones de Sumar y el lugar de IU sigue en disputa
Fuentes de la coalición aseguran que el puesto de Izquierda Unida en la lista de europarlamentarios todavía no está claro. Yolanda Díaz sueña con recuperar a Palop, veta a Manu Pineda y tensa la cuerda al máximo con Más Madrid.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Acusan a una agencia pública catalana de complicidad con el apartheid y el genocidio en Palestina
Un reciente informe denuncia a ACCIÓ, la agencia gubernamental para la competitividad de las empresas catalanas, por impulsar relaciones económicas con Israel a pesar del “riesgo plausible de complicidad con genocidio y crímenes contra la humanidad”.
Catalunya
Antirracismo Las muchas voces de Catalunya: identidades diversas, segregación y más de 300 idiomas
En las últimas décadas la sociedad catalana se ha transformado con la llegada de personas migrantes, que ya suponen un 21% de la población. Aunque la exclusión y el racismo siguen ahí, en el día a día lenguas, experiencias e identidades se mezclan.
País Vasco
Los audios del PNV Itxaso Atutxa, sobre adjudicar un contrato: “Deben ser tres empresas de confianza del partido"
Hordago publica audios exclusivos grabados en Sabin Etxea que muestran a la presidenta del Bizkai Buru Batzar domesticando al entonces alcalde de Mundaka para acatar la disciplina del partido en materia de contratación pública en el consistorio.
Anticapitalistas
Miguel Urbán “En el inicio de Podemos dijimos que sin autoorganización nos iban a hacer mierda... y nos han hecho mierda”
El eurodiputado más longevo de la llamada política del cambio no repetirá en las elecciones de junio. En esta entrevista, repasa los asuntos más importantes del espacio de la izquierda institucional y las perspectivas de futuro de la Unión Europea.
Análisis
Polarización Una inflación de insultos y demagogia
En este clima de enfrentamiento que es ya el único referente de socialización política para algunas generaciones, el ciudadano parece tener que elegir entre qué mal es menos punible e inmoral.
ETA
Opinión Mis relaciones con ETA
Hay quien sigue empeñado en utilizarlo como espantajo electoral, pero es un argumento que no durará. Eso no quiere decir que debamos olvidar lo que pasó, pero sí evitar utilizar la memoria como arma de guerra y confrontación
Cuba
Proyectos artísticos en la isla El arte y la cultura como válvula de escape para resistir la crisis en Cuba
Entre todos los desafíos que enfrenta Cuba, el arte y la cultura se mantienen como refugios de creatividad y resiliencia.

Últimas

El Salto n.74
Revista 74 Cuando los algoritmos te explotan: no te pierdas el número de primavera de la revista de El Salto
De cómo los algoritmos y la IA gestionan el trabajo de cientos de millones de personas con ritmos y condiciones del siglo XIX, y de mucho más, hablamos en nuestro número de primavera. Ya disponible para socias y en los puntos de venta habituales.
Genocidio
Opinión La resistencia no necesita del derecho internacional
Los pueblos oprimidos no necesitan reivindicar la autoridad sobre su propia opresión, puesto que el desarrollo de su historia ya les otorga esa autoridad. Tampoco necesitan demostrar la barbarie de la ocupación.
Análisis
Análisis La responsabilidad como forma de poder
La enunciación continua de que el alcance de nuestros actos es limitado, reafirma nuestra distancia respecto a ciertas situaciones en las que nuestras acciones podrían llegar a generar una diferencia.
Laboral
Laboral CC OO, UGT y USO rechazan firmar el convenio de Decathlon al no incluir la cláusula de garantía salarial
Decathlon ha firmado el acuerdo con el sindicato mayoritario, SGICD, auspiciado por la propia empresa. El convenio para 2024-26 incluye un incremento salarial del 15%, que recupera la pérdida del 12% de los dos anteriores.
Italia
Italia El gobierno Meloni allana el camino a los antiabortistas
La Cámara de Diputados italiana ha aprobado por amplia mayoría una ley que permite a las organizaciones anti-elección entrar a los centros de asesoramiento público donde acuden mujeres que están pensando en interrumpir su embarazo.
Ley de Memoria Histórica
Memoria democrática La ofensiva legislativa de PP y Vox contra la verdad, justicia y reparación
Las asociaciones memorialistas del estado hacen frente común en la Unión Europea y no descartan acudir a los tribunales para defender los derechos de las víctimas del franquismo.
País Vasco
Los audios del PNV Las presiones de Unai Rementeria a un alcalde: “Le tienes que exigir que se pringue"
Hordago destapa nuevos audios sobre una operación del PNV para torcer el brazo de un funcionario de la administración local y un técnico de la Diputación Foral de Bizkaia y revestir de legalidad contrataciones públicas.

Recomendadas

Ocupación israelí
Palestina El Salto te ofrece una camiseta para apoyar económicamente a la UNRWA
No cesamos de buscar nuevas vías para visibilizar un mayoritario clamor social que pide un alto el fuego al que apenas se da cabida en el discurso mediático convencional. Todos los beneficios de esta campaña irán destinados a la UNRWA.
Palestina
Rafeef Ziadah “En honor a los poetas palestinos caídos siento que debo llevar sus palabras al escenario”
Rafeef Ziadah es activista palestina, poeta y periodista. El Mediterráneo es su casa y la palabra su resistencia. Con el recital “Let it be a tale”, intenta mantener vivas las palabras de los poetas palestinos asesinados por Israel.
Especulación urbanística
Turistificación Canarias dice basta: activistas organizan una movilización histórica en las islas frente a la turistificación
Precarización, pobreza, desigualdad y dificultad de acceso a la vivienda, así como la enorme contaminación de los espacios naturales causada por el modelo turístico, son algunas de las problemáticas por las que Canarias sale a la calle el próximo 20 de abril.