AGANTRO
De movementos de rebeldía e fronteiras

A liberdade de movemento dos privilexiados fronte a inmobilidade das 'outras' é unha peza decisiva na xénese e a reprodución da desigualdade no mundo.

Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (Agantro)

30 sep 2020 10:34

“Emigrer constitue objectivement (c’est-à-dire, à l’insu de tous les partenaires et indépendemment de leur volonté) un acte, à n’en pas douter, politique”

- Abdelmalek Sayad-

As fronteiras son ese animal mitolóxico que se manifesta na ruptura dos lugares e as humanidades que conteñen. A sustancia elemental para a edificación de diferenzas, a fronteira  institúe propios e alleos, cidadáns suxeitos de dereito e estranxeiros (estraños)  excluídos deles.

A fronteira é un feito multifacético, de personalidade vaga, cambiante, contraditoria. Nela superpóñense e recréanse moitas fronteiras, ideolóxicas, xeográficas, históricas, políticas, económicas, culturais, raciais, que case nunca ditan pero que se precisan mutuamente. A fronteira é o sitio imaxinado que adquire materialidade ou se evapora segundo o momento e as circunstancias. É un artificio humano que abrangue significados distintos e xeralmente opostos para quen as habita dun ou doutro lado.

A fronteira cría novas identidades, mantén vivas ou transforma as vellas, ou condénaas a morte, ás veces en sentido figurado, outras en sentido literal.  Privativa duns para salvagarda doutros, a fronteira ocupa moito máis do que o mero espazo polo que se estenden os muros e se esparexen os aramados. Desde os discursos pronunciados nos parlamentos ás conversacións nas colas do INEM, a fronteira está en todas partes; mesmo sen invocala explicitamente, a fronteira ocúpanos por completo, percorre a nosa subxectividade e dálle forma.

A fronteira cría novas identidades, mantén vivas ou transforma as vellas, ou condénaas a morte, ás veces en sentido figurado, outras en sentido literal.

A fronteira tal e como a coñecemos, do mesmo xeito que o estado-nacional ao que rodea, é un invento recente. Produto da historia convulsa que a foi esculpindo, as funcións que leva a cabo hoxe en día a fronteira son unha resposta a esa historia. Unha revista rápida ao pasado descóbrenos unha pauta subxacente á propagación capitalista: a expansión das fronteiras e o consecuente dislocamento dos seres humanos polo mundo. Desde o valado dos commons ingleses no s.  XVI á fixación dos límites territoriais dos estados modernos de Europa coa Paz de Westfalia, e desde 1492 en diante co caprichoso trazado dos termos imperiais occidentais en América, Asia e África, que logo derivarían na fronteiras nacionais dos estados postcoloniais; cada vez que a historia asiste a un momento de acumulación de capital, as fronteiras multiplícanse, amplifícanse e intensifícanse.

A fronteira é o instrumento chave da reprodución do sistema capitalista. A través da fronteira xestiónase e organízase a forza de traballo a escala global e tamén dentro dos territorios nacionais. A fronteira é o cribo dos estados, nela sepáranse e escóllense de entre os continxentes poboacionais desprazados polos Programas de Axuste Estrutural, a aquelas persoas catalogadas como man de obra 'axeitada' para a realización de certas tarefas. É o mecanismo por medio do que se orquestra o transvasamento de traballadores baratos desde as zonas empobrecidas (pola forza) da Terra, cara aos centros neurálxicos da globalización.

As fronteira non xorden por azar, alguén as colocou onde están para baixar sempre os rendementos do traballo e incrementar os do capital. Ao ritmo que marcan as necesidades dos mercados, atraen ou expulsan man de obra para ser empregada nos traballos sucios que ninguén quere en tempo de bonanza, crea lóxicas de competencia entre pobres que son incapaces de recoñecerse como iguais polo artificio da raza, mentres reduce os costes do despedimento de todas, do prezo por hora de todas. E cando considera que aínda non abonda a fronteira dislócase e leva a empresa lonxe en busca doutras pobres ás que fragmentar. “Divide e vencerás”. A fronteira institúe subclases no proletariado, converte ás explotadas deste lado da raia en explotadores das explotadas do outro lado, e se as cousas se poñen moi feas sempre aparece un Abascal, unha LePen, un Salvini, un Trump, para expiar os pecados dos amos nos corpos migrantes que, nunha nova versión do último contra o penúltimo, encarnan o inimigo interno, os novos xudeus.

As fronteira non xorden por azar, alguén as colocou onde están para baixar sempre os rendementos do traballo e incrementar os do capital.

O procedemento de clivaxe que se opera nas fronteiras é artellado ao redor da invención de identidades ás que se adxudican calidades definidas como desexables ou indesexables nos imaxinarios colectivos das sociedades receptoras dos fluxos migratorios. Co instrumento da fronteira, as nacións aplican normas de segregación interna que, insostibles desde o paradigma ético dos Dereitos Humanos debido ao seu carácter radicalmente sexista e racista, son inseridos na nosa cotidianidade por medio da política migratoria.

A fronteira instaura así apartheids sutís, ao clasificar o conxunto dos habitantes dos estados en función de atributos de xénero, raza (chamada agora de `diferenzas culturais´ ou de nacionalidade) e clase. Dita catalogación, implementada desde o sistema lexislativo-administrativo mediante a concesión de status de dereito diverxentes, permite lexitimar a desigualdade social e situar aos ‘autóctonos’ en posición de vantaxe aparente con respecto ás ‘alóctonas’.

A carta de cidadanía, o pasaporte, os permisos de residencia e de traballo e outros dispositivos fronteirizos dan soporte físico ao 'nós' contra o 'elas'. É a través deles que se facilita a instalación regular de uns mentres se obstaculiza a de outras. Nunha proposición tramposa o réxime tautolóxico da fronteira produce persoas ilegais. As leis de inmigración do Estado Español son neste sentido unha versión edulcorada das Leis de Indias, unha reformulación tácita das liñas abismais de De Sousa Santos que volven dividir a humanidade en seres e non-seres. Os dereitos políticos e civís e as liberdades dos cidadáns son edificados sobre a extirpación dos mesmos ás non-cidadás.

A carta de cidadanía, o pasaporte, os permisos de residencia e de traballo e outros dispositivos fronteirizos dan soporte físico ao 'nós' contra o 'elas'. É a través deles que se facilita a instalación regular de uns mentres se obstaculiza a de outras.

É na denegación da cidadanía que se fabrica a condición de subhumanidade das outras migrantes, pero nela ábrese tamén a porta á subhumanización de todas. Se manter a certo número de mulleres en situación de irregularidade resulta un negocio rendible para os mercados e os estados, que o é; a 'ilegalidade' é antes de nada unha estratexia eficiente de disciplinamento da vida e antes ou despois acaba por comprometernos a todas.

Afortunadamente, por esa inclinación fatal das masas á rebelión, por esa fixación obsesiva que senten pola supervivencia, a fronteira escapa ao control absoluto de ninguén. A pesar das forzas hexemónicas que se cinguen sobre ela, a fronteira é incorporada, executada e sublevada polas persoas inesperadas que tódolos días a atravesan en cada dirección, en calquera sentido. Así, as canles habilitadas para o paso duns poucos individuos desexados son ocupados, reivindicados por unha maioría á que nunca se pregunta polos seus desexos.

O mundo non constitúe un espazo aberto. Fracturado por demarcacións que confinan, adscriben e fixan ás xentes en posicións e lugares concretos, só unha minoría excepcional semella ostentar o dereito ao libre tránsito. Para eles as liñas que coartan os desprazamentos de case todas non limitan, non prohiben, non exclúen; emerxen en consecuencia dúas categorías antitéticas de persoas segundo as súas posibilidades de mobilidade.

Turistas e migrantes son as figuras icónicas desta orde transnacional das cousas que se estrutura e estende a ambos os dous lados das fronteiras que abren e pechan o camiño segundo de quen se trate. Os primeiros, cidadáns claros do Norte, incorporan o privilexio do movemento; as segundas, unha colectividade grande e diversa do Sur coloreada en múltiples tonalidades, sen moito máis en común que a súa subalternadidade revelada nas restricións que vixían os seus pasos.

A liberdade de movemento dos privilexiados fronte a inmobilidade das 'outras' é unha peza decisiva na xénese e a reprodución da desigualdade no mundo. Pero coas fronteiras acaba por pasar o que coas palabras, as mulleres e os homes dispútanas, altéranas e úsanas de acordo aos seus propios criterios, os cales adoitan diferir dos fins conforme aos que foran definidas. A resignificación que as migrantes fan dos mecanismos de fronteira imaxinados e deseñados no centro para circunscribir a periferia e aos seres que a habitan, é un xesto conmovedor de defensa da humanidade de todas. Ao utilizar as vías para elas proscritas, as migrantes transgreden os límites impostos polo capitalismo neoliberal/neocolonial ao seu desenvolvemento vital ao tempo que descobren a natureza cínica da fronteira.

Turistas e migrantes son as figuras icónicas desta orde transnacional das cousas que se estrutura e estende a ambos os dous lados das fronteiras que abren e pechan o camiño segundo de quen se trate.

Saltar os valados, franquear os arcos da aduana sen permiso, sen pedilo sequera, pon en cuestión a lexitimidade do sistema socioeconómico global e a quen se agocha nas sombras que proxectan os muros de carga que o sosteñen. Porque o movemento autónomo é un dereito inalienable do ser humano, cruzar a fronteira, rebasala, esquecela, desobedecela, é un desafío directo aos réximes de dominación que se estruturan e operan a través dela.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
PSOE
Crisis de Gobierno “El Gobierno está en la UCI”: los aliados de Sánchez afilan el discurso en clave electoral
A la espera de nuevas pruebas que puedan afectar directamente al presidente del Gobierno o algún indicio de financiación ilegal del PSOE, Podemos radicaliza su crítica al bipartidismo y Sumar habla de “un cambio de 180 grados”.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.
Navarra
Navarra Denuncian la criminalización de menores y falta de recursos en Marcilla
Trabajadoras del COA de Marcilla denuncian criminalización de menores, falta de recursos y condiciones indignas, mientras el Gobierno de Navarra traslada a 23 menores y refuerza la seguridad tras el brote racista.

Recomendadas

Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.